Memoria da Biblioteca escolar Mario Pereira (2020-2021)

Page 8

Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 8

► Normas de uso da Biblioteca Informamos o alumnado sobre as “Normas de uso da Biblioteca” adaptadas ás restricións derivadas da COVID-19.

► Día Internacional da Linguaxe de Signos Celebramos o Día Internacional da Linguaxe de Signos lembrando o vídeo de Adela Otero (xente de noso) a Cantiga da montaña en lingua de signos, nun momento no que o uso das máscaras é unha dificultade engadida para as persoas xordas que non poden ler os nosos labios cando falamos, o que dificulta moito a comunicación.

► Día Europeo das Linguas As restricións derivadas da COVID-19 non foron un impedimento para conmemorar a efeméride desde as aulas, facendo un percorrido virtual pola paxina oficial do Día europeo das linguas a fin de comentar entre o alumnado os obxectivos de tal celebración, destacando o feito de promover, preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa.

► Quino : In memóriam Desde a Biblioteca rendémoslle homenaxe a Quino (Joaquín Salvador Lavado Tejón), o pai dunha das personaxes máis icónicas do mundo do cómic, Mafalda.

► BD no IES Aller Ulloa Unha vez máis alumnado do noso centro recibiu un recoñecemento pola creatividade no eido da banda deseñada, neste caso foron Álex Souto Sánchez e Sofía Gil Madriñán, premiados na 8ª edición do Certame de Banda Deseñada AX1 convocada polo IES Arcebispo Xelmírez de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordinados polo profesorado de Artes Plásticas.

► Día europeo contra a trata de seres humanos Conmemoramos o Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual, tratando de sensibilizar a comunidade escolar, e para iso achegamos datos estatísticos sobre esta terrible lacra social.

► Día Mundial da Animación Arredor do 28 de outubro, Día Mundial da Animación, programamos doce curtas con obras libres de dereitos de exhibición pública ou das que temos dereitos (para ver no Espazo TIC da biblioteca ou nas aulas durante titorías).

► Centenario da revista Nós e da Xeración Nós

Debido ás restricións derivadas da COVID-19, non puidemos conmemorar o Centenario da revista Nós e da Xeración Nós coa exposición interdisciplinar prevista no PLAMBE, no entanto achegamos información sobre o evento a través das aulas e do blog da Biblioteca. Agardamos poder desenvolver plenamente esta actividade o próximo curso.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.