Pandemias

Page 1

Pandemias



Pandemias



Pandemias é unha iniciativa interdisciplinar que nos achega información de forma moi atraente e sintetizada sobre o mecanismo de infección do SARS COV2 e as medidas de prevención xerais, complementadas cun vídeo, así mesmo podemos informarnos das trolas que hai arredor das vacinas e do que as redes socias como Instagram din a respecto das pandemias. Complétase o proxecto cunha recreación dos virus en maquetas, con murais, cunha visión das máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatura da problemática das doenzas en xeral e, por último, unha máis que interesante proposta de recreación artística das pandemias ou enfermidades en xeral. Claro é o obxectivo de concienciar o alumnado do coñecemento da problemática e de que sexa activo partícipe da dinámica solidaria. Lalín, maio de 2021


O proxecto Á vista da problemática internacional xerada a causa da pandemia da SARS COV2 xurdiu entre un grupo de profesorado a iniciativa de traballar co alumnado o tema das pandemias coa finalidade de recoñecer mellor o problema para en consecuencia incrementar o espírito solidario. Desde a Biblioteca moitas grazas a todo o alumnado participante

no Proxecto e ás profesoras coordinadoras e colaboradoras: María Armada (do Departamento de Debuxo), Mar Espinosa (do de Física e Química), Raquel Honrubia (de Bioloxía), Uxía Nogueira (de Lingua galega e Normalización), Marta Otero (de Xeogra-

fía e Historia) e Alba Payo (de Xeografía e Historia); así como ao profesor colaborador Luís Guitián (de Bioloxía).


Trolas sobre as vacinas

Alumnado de 2º de FPB









Sobre o SARS COV2 : mecanismo de infección e medidas de prevención xerais

Alumnado de 4º da ESO C de CuCi






Vídeo “Lavado de mans correcto”. 2º FPB


As pandemias en Instagram

Alumnado de 2º da ESO B e D


As pandemias en Instagram: @boticariagarcia

“Presentámosvos os tres mosqueteiros da inmunidade: a vitamina D, a vitamina C e o zinc, e os seus múltiples “d’artagnans”, como as vitaminas A, E ou todas as do grupo B”.

“Mentres Alexandre Dumas se revolva na súa tumba pensando nos símiles da boticaria, sabede, fermosas, que hai vida máis alá da laranxa e podemos atopar a vitamina C en pementos, amorodos, o meu amado brócoli ou as espinacas, entre outras froitas e verduras. A vitamina D está, por exemplo, nos peixes graxos, no fígado de tenreira, na xema dos ovos e nalgúns fungos e cogomelos. O zinc atópase nas ostras, na carne das aves, nos froitos secos ou os produtos lácteos, entre outros”.

“E agora que tanto se fala da vitamina D en contexto de pandemia, xa comentamos que non existe consenso científico sobre a necesidade de suplementarse para previr o #coronavirus. De feito, en España, polo de agora, non se recomenda. Podemos cubrir a inxestión recomendada a través da alimentación e dunha exposición ao sol moderada e responsable.” Autoría: Joel Porto Alejandro. 2º ESO B


As pandemias en Instagram: @deborahciencia “Os riscos de non vacinarse son moito maiores que os de facelo. Os números son rotundos. A realidade é que, antes ou despois, todos nos imos infectar con coronavirus, así que oxalá nos pille vacinados”.

“Hai opinións máis valiosas que outras. O que opine un músico ou un actor famoso sobre un tema que descoñece pode espertar curiosidade, pero non ten ningún valor, porque o valor das opinión reside nos coñecementos que as cementan. En materia de ciencia unha voz autorizada é a dun científico”. Todos coñecemos médicos ou científicos que teñen opinións disparatadas. Son minoría. Por iso é tan importante que a autoridade vaia á par do consenso. Se alguén se desvía demasiado do consenso científico, desconfía.

Autoría: Ana Palmou Otero e Nerea Reboredo Castro, 2º ESO B


As pandemias en Instagram: enfermerojorgeangel e @deborahgarcia E Déborah García tamén opina: “Liberar as patentes non solucionará o problema do reparto desigual das vacinas”. “Liberar unha patente non significa que a vacina sexa de balde”. “O 60% das vacinas chega só ao 16% da poboación. Ademais dun problema ético, é un problema sanitario global: cantos máis contaxios, máis oportunidades se lle dá ao virus de mutar e, así, producir novas variantes”. “Este sanitario mostra a súa experiencia coa administración da vacina da farmacéutica AstraZéneca, de como chegan ao fin dunha xornada de vacinación e das súas previsións para un futuro co 100% da poboación vacinada. Autoría: Isabel Fernández Portas (2º ESO B) e Daniela Castro Rielo (2º ESO D)


Pandemias na historia

Alumnado de 4º da ESO B e D


ORIXE E HISTORIA DA GRIPE ESPAÑOLA A Gripe Española foi unha das pandemias máis mortíferas da historia da humanidade, e tivo o seu punto álxido nos anos 1918 e1919. Aínda que hai diversas hipóteses, a maioría dos estudos sitúan o cociñeiro Gilbert Mitchell como o primeiro paciente da enfermidade, diagnosticado no campo militar de Fort Riley (EEUU) o 4 de marzo de 1918. Unhas horas máis tarde, xa tiñan síntomas máis de cen persoas. Así, a gripe española foise estendendo polo exército estadounidense ata chegar a Europa en abril. Hospitalizacións masivas de infectados,

A situación europea de guerra propiciou a expansión da pandemia, que atopou nas trincheiras o escenario perfecto para propagarse. En pouco tempo, a gripe converteuse nunha pandemia mundial e ningún territorio quedou libre do desastre.

Exército estadounidense en Nova York, 1918

Por que recibe o nome de gripe española? Algo curioso desta epidemia é que a Gripe Española non se iniciou no noso país como moita xente pensa debido ao seu nome. Naquela época España era neutral dentro da Primeira Guerra Mundial e polo tanto, o noso territorio non censurou a información sobre a epidemia e as súas consecuencias, a diferenza dos países implicados naquel conflito bélico, que eliminaron toda información ao respecto co obxectivo de non desmoralizar as tropas e non mostrar os seus puntos máis vulnerables ao inimigo. Por todo isto, os medios de comunicación españois foron os únicos en falar deste asunto sen censura. O nome de gripe española foi elixido polos países que observaban a prensa española, os que popularizaron a denominación. En España, os primeiros nomes que xurdiron foron produto dos medios de comunicación: "El soldado de Nápoles" ou "La enfermedad de moda".

Cartel inglés, 1918

A orixe da gripe española aínda é motivo de discusión entre os historiadores, e as hipóteses son moi diversas. As máis asentadas son as que sitúan en China o nacemento da enfermidade, mutando dunha gripe aviar en 1916. Outros estudos sitúan o comezo en Francia no ano 1917 e tamén hai quen afirma que o virus xurdiu no territorio estadounidense.

Grupo de médicos incentivando o uso de máscaras, Estados Unidos 1918

Autores: Miguel Cudeiro e Xoán Lois (4º ESO). Referencias:  https://www.nationalgeographic.es/historia/2020/11/cinco-pandemias-mas-letales-de-historia-de -humanidad  https://gacetamedica.com/investigacion/la-gripe-espanola-la-pandemia-de-1918-que-nocomenzo-en-espana-fy1357456/  https://www.gciencia.com/historias-gc/os-nomes-das-enfermidades/  https://www.rtve.es/television/20200324/gripe-espanola-virus-1918-40-millones-muertosenfermedad-volvera-sintomas/1318201.shtml


CONTEXTO HISTÓRICO DA GRIPE ESPAÑOLA No ano 1914 empezara a Primeira Guerra Mundial e dende aquelas un dura guerra estaba sacudindo o mundo. A aparición da gripe española coincidiu co último ano da guerra, 1918. Neste ano houbo unha grande ofensiva por parte dos alemáns (que perderían a guerra) e tamén se produciu a chegada dos estadounidenses

A IGM enfrontou as potencias centrais (Alemaña, Austria-Hungría e o Imperio Otomán) e os aliados (Imperio Ruso, Gran Bretaña e Francia). Ata aquel momento non houbera nunca unha guerra dese tipo, pois puxéronse en práctica novos inventos como tanques, armas químicas, metralladoras... e novas tácticas de guerra...

Os países implicados na guerra queríana gañar a toda costa e, polo tanto, mobilizáronse unha gran cantidade de homes e materiais. Isto xustamente axudou á transmi-

sión da gripe, ademais das trincheiras nas que estaban os soldados (en condicións infrahumanas). Estas trincheiras foron especialmente importantes xa que non había hixiene de ningún tipo entre os combatentes de ambos bandos.

Cabe destacar o papel dos gobernos da contenda na expansión da gripe. Como fora un mal ano para a poboación e estaban cansados da guerra, os países belixerantes decidiron ocultar os datos de mortos. De feito, a esta enfermidade chámaselle gripe española porque España, ao non estar en guerra, non censurou tanto os datos, só parcialmente.

Autores: Antonio Luís Nercellas Rodríguez e Eduardo Ezequiel Roa Riveros . 4º ESO B Referencias:  https://encyclopedia.ushmm.org/content/es/article/world-war-i  https://es.wikipedia.org/wiki/Primera_Guerra_Mundial https://elpais.com/elpais/2018/11/11/album/1541942101_349984.html#foto_gal_15


Consecuencias da Gripe Española Económicas: A caída da actividade económica tivo como consecuencia a paralización da actividade industrial, os espectáculos, as escolas e incluso a asistencia á igrexa. A isto súmaselle a falta de man de obra masculina polo que se opta pola inserción laboral das mulleres e o aumento do seu salario. A caída da produción tivo como consecuencia unha redución na oferta de produtos, o que provocou un aumento dos prezos nos de primeira necesidade, aumenta a pobreza e o medo ao contaxio causa absentismo laboral e polo tanto despidos masivos.

Sanitarias Nace a medicina social e créanse e renóvanse os ministerios de saúde. Prodúcese unha reforma do sistema sanitario para modernizalo e ampliar a súa cobertura ademais de establecer novos sistemas de vixilancia e control de epidemias (educación en hixiene, importancia dos illamentos e eficacia dos medios preventivos. O impacto xenético causado polo estrés afecta ás nais xestantes. A experiencia acumulada da gripe española de 1918 e o coñecemento do virus está a ser moi importante para afrontar a pandemia actual do Coronavirus.

Sociais Países como Francia e Gran Bretaña legalizaron o sistema de adopción a raíz da gran cantidade de orfos froito desta pandemia que tivo maior impacto nos grupos máis vulnerábeis acentuando as desigualdades sociais. Cómpre destacar o Impacto psicolóxico e emocional desta epidemia. Unha onda de depresión e fatiga afecta á recuperación da produtividade. A maior mortalidade entre os varóns de 20 a 40 anos xera un descenso de natalidade nesta xeración.

Políticas Constátase a importancia da cooperación internacional. Créase a Liga das Nacións coa organización da saúde en 1923, como centro de prevención e control de enfermidades. Xéstase a idea do Estado de Benestar, como medida de atención aos desamparados (viúvas, orfos…).

Autoras: Candela Sampayo Piñón e Nuria López Penas Referencias: - https://www.bbc.com/mundo/noticias-52473180 - https://es.euronews.com/2020/06/02/como-termino-la-pandemia-de-la-gripe-española-y-que-lecciones-podemosaprender-de-hace-un - https://theconversation.com/quince-virus-que-han-cambiado-la-historia-de-la-humanidad-149031


A GRIPE ESPAÑOLA EN IMAXES (I)

Enfermeiras que portaban os pacientes con gripe en Washington D.C., 1919 Eran as encargadas de levar onde se requiría o paciente para que non estivese dentro das ambulancias e aumentar o risco de contaxio.

Voluntarios da Cruz Vermella, foto tirada en Boston, 1918.

Cartel de medidas de prevención contra a gripe, Alberta, Canadá; 1919 Eran carteis que se colgaban nas portas para que a xente os lera e actuase en consecuencia e así evitar a propagación do virus.

Escola ao aire libre (1919) nalgunhas zonas para que así os nenos puidesen seguir asistindo sen tanto risco de contaxiar a enfermidade.

Un dos periódicos españois que compartían os verdadeiros datos sobre a gripe sen censura ningunha, 1919 Un dos únicos países que non censuraba os datos era España, esa foi a razón de porque se a denominou a Gripe Española.

“Outra vez a gripe”, El Fígaro, 14 de setembro de

Autoras: Iria Sierra e Mencía Vidal. Referencias: - https://www.elagoradiario.com/coronavirus/epidemias-historicas/imagenes-gripe-espanola-siglo-despues/ - https://www.madrid.es/portales/munimadrid/es/AyuntamientodeMadrid/Hemeroteca-Municipal/? vgnextfmt=default&vgnextoid=b8c9ba1b6bd7d010VgnVCM1000000b205a0aRCRD&vgnextchannel=2af809f68134b010V gnVCM1000000b205a0aRCRD&idCapitulo=11169660


A GRIPE ESPAÑOLA EN IMAXES (II) Cemiterios en Estados Unidos, 1919. A cantidade de mortos era tan grande en Estados Unidos que os cemiterios estaban colapsados.

Medidas tomadas contra a gripe, España, 1919. As máscaras xogaron un papel importante reducindo os casos cando foron suxeridas como medida de protección contra a enfermidade.

“No hay mal...”, El Fígaro, 17 de setembro de 1919 Representa a reflexión dun neno despois de que as escolas foran pechadas en España.

Hospital militar de urxencias durante a gripe española, 1919 Abríronse máis hospitais debido á gran cantidade de contaxios. Axente de policía recollendo o lixo en 1919. Os distintos corpos foron despregados polas rúas para limpalas e tamén en distintos locais comerciais para desinfectalos.

Ambulancias que se usaban para transportar os enfermos e evitar un maior número de contaxios. Autoras: Iria Sierra e Mencía Vidal. Referencias:

 

https://ethic.es/2020/04/gripe-espanola/ https://www.xlsemanal.com/conocer/historia/20180206/gripe-espanola-una-pandemia-mundial.html https:// conversacionsobrehistoria.info/2020/04/12/cuando-la-gripe-espanola-mato-a-millones/


A GRIPE ESPAÑOLA EN GALICIA A gripe española, chegou a España en 1918, extendéndose a Galicia en outubro dese meso ano. Esta infección afectou principalmente á provincia de Ourense, deixando máis de 10.000 defuncións, sendo estas principalmente das clases baixas, que presentaban un maior número de interaccións diarias con outras persoas, o que as facía tamén máis susceptibles a contraer dita enfermidade. Nesta época, debido ao escaso avance médico, non había moita diferenza entre a mortalidade das clases baixas e altas, pero, debido ás pobres condicións de vida do primeiro grupo, o seu sistema inmunolóxico estaba debilitado, o que facilitaba unha infección exitosa.

O rápido contaxio deste virus tamén é debido en parte a que é un virus de transmisión por aerosois, o que dificulta o súa contención, sobre todo cos métodos hixiénicos da época e o pouco entendemento do funcionamento dos virus e a súa propagación. Eventualmente fabricáronse máscaras, pero estas estaban feitas do mesmo material que calquera outra prenda de roupa, polo que a súa efectividade era practicamente nula. Parte do problema do descoñecemento vén da pobre decisión do goberno de manter en segredo a gravidade do virus co fin de evitar o pánico, o que provocou que, para cando se anunciaron publicamente as verdadeiras cifras da gripe española, moita xente xa estivese infectada ou defunta e as medidas fosen apresuradas e ineficientes. A suma total de defuncións pola gripe española en Galicia sobrepasou as 25.500, sendo un 8.5% das mortes en España pola mesma causa. A censura informativa impediu durante moito tempo ter unha visión axustada da gravidade da pandemia, o que obrigou os xornais a inventar as causas das mortes. Por exemplo, o diario El Progreso, escribiu con respecto a Foz que “se desenvolveu a epidemia nesa vila dun xeito que aterroriza e o número de defuncións a consecuencia da mesma é impoñente”; mentres que o 22 de outubro, o xornal La Región escribiu:“130 atacados, 10 deles gravemente. En catro días houbo cinco defuncións”. As medidas tomadas polos concellos consistían en:  Fechar as escolas até que desaparecese a enfermidade.  Prohibir a celebración de bailes públicos que tivesen lugar nos días festivos nos salóns parroquiais.  Prohibir toda xuntanza que dese lugar á aglomeración de xente.  Recomendar á veciñanza a que procedese a observar as maiores regras de hixiene, tendo ben limpas e ventiladas as habitacións.  Limpeza esmerada do corpo (baños e locións) e especialmente de boca e nariz,  Lavar as mans con coidado.  Branqueo interior e exterior con cal das vivendas.  Non visitar as persoas doentes da gripe Autores: Alberto Blanco Lamela e David Fernández Porral Referencias: - https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/o-virus-da-gripe-de1918/20200314174510093029.html - https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/09/24/victimas-gripeespanola/0003_201809H24C5991.html


AS ONDADAS DE GRIPE PRIMEIRA ONDADA Comeza durante a primavera do ano 1918. Concretamente, en España a terceira semana de maio. O primeiro caso foi detectado no campamento militar de Kansas (EEUU), estendeuse entre soldados da IGM e chamouse “Ondada heraldo” xa que é a primeira que anunciaba a chegada de outras tres. Esta ondada foi leve, aínda que produciu unha elevada mortalidade entre a xuventude. Afectou principalmente a soldados.

SEGUNDA ONDADA Comeza no outono de 1918. Pénsase que a expansión foi debida ao regreso ás casas no verán dos soldados que estaban a facer o servizo militar e dos soldados que volveron á casa logo da Primeira Guerra Mundial. A mortalidade disparouse. En España, nalgunhas localidades as campás non tocaban a defunto para evitar o pánico, os médicos infectábanse con facilidade. Foi a peor ondada, xa que se estendeu de forma xeneralizada.

TERCEIRA ONDADA Comeza nos primeiros meses de 1919. Afectou especialmente ao hemisferio sur. A idade dos falecidos comezou a variar, diminuíron os adultos novos e aumentaron os maiores. Non tivo un pico ou cénit senón que foi un goteo de casos e falecidos, como unha choiva fina, que durou entre tres e catro meses. CUARTA ONDADA Comezou en febreiro de 1920. Supuxo un pequeno aumento de casos que precedeu á súa desaparición definitiva. Os síntomas eran similares a ondadas anteriores aínda que a súa capacidade de contaxio estaba mitigada pola inmunización da poboación que causaran as ondadas anteriores ademais de que o tempo dese ano foi desfavorable para a expansión do virus. A isto súmanse tamén as medidas sanitarias.

Autoría: Aurora Couto, Raquel Montoto e David Fisteos Referencias: https://www.diariosur.es/sur-historia/segunda-oleada-gripe-20200704192755-nt.html


SOBREVIVIRON Á GRIPE ESPAÑOLA David Lloyd George, nado 17 de xaneiro de 1863 en Manchester e falecido o 26 de marzo de 1945 en Gwynedd. Foi un político británico, primeiro ministro entre 1916 e 1922 durante a primeira etapa da Primeira Guerra Mundial e primeiros anos de posguerra. O 11 de setembro de 1918, o ministro foi aclamado por multitudes nas rúas pola súa chegada a Manchester. Horas despois foi confinado e caeu na cama con febre , pasou 10 días inmóbil, cun respirador. Esta información foi ocultada á poboación para non causar alarma. O ministro sobreviviu a esta enfermidade, e o ano seguinte asistiu á Conferencia de París.

Woodrow Wilson, nado o 23 de decembro de 1856 en Stauton e falecido o 3 de febreiro de 1924 en Washington D. C. Foi un político e avogado estadounidense, vixésimo oitavo presidente dos Estados Unidos dende 1913 ata 1921. Participou na Conferencia de París, foi premio Nobel da Paz en 1919 como impulsor da Sociedade de Nacións e un defensor da segregación racial. Unha mañá de 1919 en París Woodrow Wilson contaxiouse da gripe (posiblemente no campamento militar de Kansas), sufriu de tose e febre, acompañada de diarreas e espasmos e non podía moverse da cama, a pesar disto superou a gripe.

Kaiser Guillerme II, nado o 27 de xaneiro de 1859 en Berlín e falecido o 4 de xuño de 1941 en Doorn. Foi emperador alemán e rei de Prusia dende 1888 ata 1918. En marzo de 1918 Guillerme II enfermou de gripe española. O aprehensivo, deprimido e convalecente Kaiser abdicou o 10 de novembro e o 11 asinou o armisticio.

Franklin Delano Roosevelt, nado o 30 de xaneiro de 1882 en Nova York e falecido o 12 de abril de 1945 en Georgia. Foi un político e avogado estadounidense que exerceu de 32º presidente de Estados Unidos dende 1933 ata 1945. Roosevelt contaxiouse da gripe cando esta se estendeu por Francia e foi un dos sobreviventes que debeu ser desembarcado en padiola do buque SS Leviathan, cando volvía a Nova York

Edvard Munch, nado o 12 de decembro de 1863 en Loten e falecido o 23 de xaneiro de 1944. Foi un pintor e gravador noruegués. As súas obras influíron profundamente no expresionismo alemán a comezos do século XX. Para Edvard Munch esta enfermidade serviulle de inspiración para unha das súas obras “Autorretrato despois da gripe española,” Autora: Alicia Fernández García Referencias:  - https://www.bbc.com/mundo/noticias-45818400  https://prodavinci.com/que-personajes-celebres-se-contagiaron-en-la-pandemia-de-la-gripe-espanola/  https://www.xlsemanal.com/conocer/historia/20180206/gripe-espanola-una-pandemia-mundial.html


VÍTIMAS DA GRIPE ESPAÑOLA Harold Lockwood (1887-1918) Newark,EEUU. Foi un actor cinematográfico de nacionalidade estadounidense, unha das maiores estrelas do cine da década de 1910. Actuou nun total de 23 cintas, moitas compartidas coa actriz May Allison. Os dous convertéronse nun dúo icónico da época. Faleceu o 19 de outubro de 1918 en Nova York pola gripe española a idade de 31 anos. O seu fillo, Harold Lockwood, continuou coa profesión de actor, actuando principalmente no cine mudo e con pequenas participacións no cine sonoro. Gustav Klimt (1862-1918) Baumgarten, Austria. Gustav Klimt foi un pintor simbolista austríaco e un dos maiores representantes do modernismo. Nos inicios da súa carreira artística foi un exitoso pintor de decoracións arquitectónicas, posteriormente as súas obras cambiaron de temática e foron criticadas e tachadas de pornografía. Gustav Klimt morreu con 55 anos a causa da gripe española o 6 de febreiro de 1918

Guillaume Apollinaire (1880-1918). Escritor, Roma. Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisiense de Montparnasse, tendo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon, Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp. En 1909 publicou o seu primeiro libro “O encantador en putrefacción”, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, “O bestiario ou o cortexo de Orfeo” (1911) e “Alcoois” (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais. Alistouse como voluntario en 1914 no exército francés, combatendo na Primeira Guerra Mundial. Foi ferido de gravidade na cabeza en 1916, morrendo dous anos despois, vítima da gripe española. Francisco de Paula Rodrigues Alves (1848-1919) Avogado, Brasil. En 1890 foi elixido deputado e en 1891 foi nomeado ministro de Facenda. En 1893 foi elixido senador polo seu estado, renunciando en 1894 para ocupar novamente a carteira de facenda no goberno de Prudente de Morais. Foi presidente de São Paulo en 1900 antes de asumir a presidencia brasileira, en 1902. Deixou a presidencia con gran prestixio, sendo chamado "o gran presidente". A súa administración foi recoñecida no Brasil e no estranxeiro, como unha das máis notábeis do réxime republicano. En 1912, foi novamente elixido presidente do estado de São Paulo e, en 1916, volveu a ocupar un asento no Senado Federal. Electo para o segundo mandato como Presidente en 1918, contraeu a gripe española, e non puido asumir o cargo xa que faleceu de dita enfermidade. Autores: Óscar Carral e Brais Crespo, 4ºESO B. Referencias:  https://www.bbc.com/mundo/noticias-45818400  https://prodavinci.com/que-personajes-celebres-se-contagiaron-en-la-pandemia-de-la-gripe-espanola/  https://www.lavanguardia.com/cultura/20200318/474240528248/los-artistas-de-la-gripe-de-1918.html  https://www.diariovasco.com/culturas/klimt-schiele-arte-gripe1918-20200515173352-nt.html  https://verne.elpais.com/verne/2020/06/11/mexico/1591837762_215182.html  http://cinentransit.com/de-la-gripe-espanola-al-covid-19-los-efectos-en-el-cine


A ORIXE DO CÓLERA Que é o cólera? O cólera é unha enfermidade infecciosa de carácter intestinal. Normalmente é causada pola inxestión de alimentos ou auga contaminados por serotipos (microorganismos bacterianos ou virus que presenta unha variación antixenérica con respecto aos da súa mesma especie) ou pola bacteria Vibrio cholerae. Ten un período de incubación curto, entre menos de un día e cinco días. A bacteria produce unha enterotoxina que causa unha diarrea copiosa, indolora e acuosa que pode conducir con rapidez a unha grave deshidratación e á morte se non se trata con rapidez. A maior parte dos pacientes tamén sofren vómitos. Cal é a orixe do cólera? Parece case seguro que a orixe desta enfermidade está na India, particularmente no río Ganxes, na cidade de Benarés. Esta é a gran cidade sagrada do hinduísmo e é famosa polos seus ritos sagrados de defunción, nos que os ricos incineran os mortos, pero os pobres, simplemente, os botan a auga. As primeiras descricións da enfermidade pódense ver nos escritos de Hipócrates e Wang Shuhe. Na historia da India antiga, existen escritos que describen a enfermidade nas poboacións que están preto da ribeira do río Ganxes. Con todo, non é demostrábel que ditas descricións sexan producidas especificamente polo cólera, nin tampouco é claro que se presentase na forma epidémica coa que hoxe en día se coñece a enfermidade. O primeiro caso de cólera documéntase na India, coa chegada de Vasco da Gama no ano 1498. A enfermidade propágase polos camiños e rutas comerciais cara a Rusia, logo ata Europa e finalmente ata Estados Unidos. En 1817 desátase no Sueste de Asia a primeira pandemia ou epidemia mundial, e propágase posteriormente a outras rexións do mundo. Estendeuse dende finais do século XIX por todo o mundo para, posteriormente, retroceder e volver concentrarse no sur de Asia. Os portos marítimos foron a vía de entrada habitual da enfermidade. Rexistráronse ao longo da historia seis pandemias que mataron millóns de persoas en toda Europa, África e América.

A sétima pandemia, que aínda está en curso, comezou en 1961 no sur de Asia, chegou a África en 1971 e a América en 1991. En 1992 houbo un gromo no estado de Madrás que algúns expertos consideran como a oitava pandemia. A enfermidade considérase endémica en moitos países e o axente patóxeno que causa o cólera hoxe en día non pode ser eliminado do medio ambiente. O gromo máis recente de cólera está rexistrado en Haití, por mor dos estragos do terremoto producido en xaneiro de 2010. Autores: Pablo Maceira López e Antonio Buján Ferreiroa (4º ESO). Referencias:  https://temas.sld.cu/colera/que-es/2116-2/  https://www.geografiainfinita.com/2020/04/el-colera-la-gran-epidemia-del-siglo-xix/  https://es.slideshare.net/Fundacionio/historia-del-clera  https://www.museodelferrocarril.org/saludymedicina/epidemias_colera.asp


O CÓLERA EN GALICIA En Galicia, arredor do ano 1833, chegou a segunda grande epidemia de cólera que entrou polo porto de Vigo. Isto orixinou a creación do Lazareto marítimo de San Simón. Co paso do tempo foise estendendo por todo o estado producindo sobre unhas 200.000 mortes en toda España.

En Galicia fixo moito dano especialmente na Coruña, sendo o territorio galego con mais mortes por esta enfermidade, producindo sobre unhas 300 mortes diarias na cidade. Aínda que desta enfermidade non se sabe moito a nivel español e moito menos galego, podemos dicir que acabou con case a metade da poboación da Coruña desa época, sobre 6.000 persoas.

Esta enfermidade propagouse moi rápido e segundo fontes de información fiábeis crese que a rápida propagación se debeu á Guerra de Sucesión portuguesa na que participaron moitos soldados que axudaron a expandir a enfermidade. Para tranquilizar a poboación prohibiuse que as igrexas tocasen as campás cando alguén falecía para que a xente non soubese realmente o número de mortos. Repartíase un xornal, o primeiro cada semana e despois cada mes que ofrecía información sobre a pandemia, consellos médicos, medidas hixiénicas. A terceira pandemia mundial do cólera afectou a España en 1853, entrando de novo polo porto de Vigo. O 19 de novembro, o navío de guerra Isabel a Católica fondeaba na Ría de Vigo e a súa tripulación pasaba a corentena no lazareto de San Simón. De pouco valeu a medida. En pouco tempo, o cólera propagouse con rapidez por toda España. Pero a cidade máis afectada do país (tras Badaxoz) foi A Coruña. O 6 de maio de 1854, a fragata Abella estaba fondeada no porto herculino. O seu destino era A Habana, onde conduciría a máis dun centenar de colonos procedentes de toda Galicia. Ese día un dos colonos enfermaba a bordo e falecía. Pouco despois morrían no barco catro colonos máis, polo que se decidiu enviar o buque ao lazareto de San Simón, para que pasase alí a corentena. Chegaba a Vigo o 9 de maio de 1854. En setembro dese mesmo ano, outro buque procedente de Vigo fondeaba no porto da Coruña para permanecer durante uns días en corentena. Pero un dos seus mariñeiros eludiu a vixilancia, dirixíndose ao seu domicilio na cidade. Era portador do cólera e a enfermidade estendeuse de xeito expoñente. Autoría: Andrea Blanco e Borja Camino Referencias: -ltura/el-colera-la-otra-pandemia-que-azotogalicia - https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/as-outras-epidemias-que-galicia-sufriu-na-sua-historia-daspestes-ao-colera-ou-a-gripeespanola - http://histagra.usc.es/es/blog/10/o-colera-morbo-na-galiza-de-1854


O Lazareto de San Simón Que é? Foi construído nas illas de San Simón e San Antón na Ría de Vigo en 1838, unindo ambas illas cunha ponte de pedra e gardando os edificios cun muro exterior. O lazareto comezou a súa actividade en 1842, dando así descanso ao Lazareto de Maó. Carecía de auga potable e alí os infectados dos portos europeos e caribeños purgaban as súas enfermidades. Converteuse en prisión entre 1936 e 1944, coincidindo co estalido da Guerra Civil. Nel, foron detidos moitos prisioneiros do bando republicano, principalmente de zonas próximas, aínda que tamén procedían doutras partes de España. O cárcere estivo operativo ata 1944 e aínda hoxe en Redondela hai testemuñas dos que estiveron detidos en prisións da illa. Por que se crea? Un conxunto de factores levaron a mediados dos anos corenta á creación do hospital ou lazareto da illa de San Simón. En primeiro lugar, declarouse en Vigo unha epidemia de cólera mórbida asiática en 1833, como consecuencia da chegada dun escuadrón á ría co exército do emperador do Brasil, Don Pedro (aspirante ao trono de Portugal naquel momento) que arribou de Inglaterra coa enfermidade a bordo. De feito Vigo sería o foco dende onde se estendería o cólera ao resto do país causando numerosas vítimas. A propagación desta enfermidade foi estudada e diagnosticada por Nicolás Taboada Leal, un doutor de orixe viveirense, que levaba uns anos instalado na cidade. É o responsable dos primeiros intentos de tratar de convencer as autoridades da época da necesidade de crear unha instalación sanitaria á que chegarían moitos barcos para evitar que se producisen novos episodios de contaxio entre a poboación local.

No século XIX chegou a febre amarela, máis tarde o cólera mórbido, e no século XX a gripe española, entre outras. A mercadoría como a tripulación dos barcos podía ser obxecto de corentena neste lazareto. Para iso instaláronse unha serie de edificios específicos para e estar illados durante corenta días, en observación, vendo a evolución da enfermidade. A mediados do século XVIII, xa había arredor de cincuenta lazaretos e estacións de corentena en Europa, a maioría situadas preto dos principais portos, pero tamén en varias rutas terrestres importantes e frecuentadas, especialmente no Mediterráneo, que era a vía de penetración. e dispersión da maioría destas "pragas". Un deles, arredor de 1720, atopábase nun lugar inexistente: Natzaret, xunto ao porto de Valencia; precisamente o seu nome é a catalanismo da palabra orixinal Lazareto, debendo a súa orixe a esta circunstancia. En España había uns 15 Lazaretos de "Observación", desde onde os infectados foron enviados aos dous Lazaretos "sucios". Xa no século XIX, a illa española máis importante construíuse na illa de Menorca, en Maó (1817), con todo tipo de instalacións que aínda existen, pero con tarefas e usos diferentes. Máis tarde, outra para o tráfico coas nosas colonias americanas, que maioritariamente entraron por Galicia. Para rematar, a mediados do século XIX constrúese un hospital. Autores: Samuel Canda Ferreiro (4º ESO B) e Hugo Alvarellos Galego (4º ESO C). Referencias:  http://lazaretodemahon.es/lazareto-de-vigo-isla-de-san-simon/  https://www.cultura.gal/gl/illadesansimon/lazareto-maritimo  https://www.vigoe.es/vigo/mas-vigo/san-simon-historia-de-la-isla-sanadora-de-la-ria-de-vigo/


HISTORIA DO VIH O 5 de xuño de 1981, os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades (CDC) convocaron unha rolda de prensa na que describiron cinco casos de pneumonía en Los Ángeles. Ao mes seguinte atopáronse varios casos dun tipo de cancro de pel. Os primeiros descubrimentos destes casos foron feitos polo doutor Michael Gottlieb de San Francisco. Aínda que os médicos coñecían a pneumonía e o cancro de pel, chamoulles a atención a aparición conxunta de ambos en varios pacientes. O caso máis antigo documentado remóntase a unha mostra tomada en 1959 A maioría destes pacientes eran homes homosexuais sexualmente activos, moitos dos cales tamén sufrían outras enfermidades crónicas que despois foron identificadas como infeccións oportunistas. As análises de sangue destes pacientes demostraron que carecían do número correcto dun tipo de células sanguíneas. A maioría morreron aos poucos meses debido á aparición de manchas rosadas no corpo do infectado, a prensa comezou a chamar SIDA á "peste rosa", causando confusión, atribuíndoa a homosexuais, aínda que pronto a sufriron inmigrantes haitianos nos Estados Unidos, consumidores de drogas con xiringas e receptores de transfusións de sangue. En 1984, dous científicos franceses illaron o virus da SIDA e purificárono. Por este descubrimento recibiron o premio Nobel conxunto, xunto con outro investigador en 2008, recoñecéndoos como auténticos descubridores do virus. En 1986 o virus recibiu o nome de VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana). O descubrimento do virus permitiu o desenvolvemento dun anticorpo, que comezou a usarse para identificar os infectados dentro dos grupos de risco. Tamén permitiu iniciar investigacións sobre posibles tratamentos e unha vacina. Son os anos oitenta! Nos últimos días da Guerra Fría, a Unión Soviética e os Estados Unidos abriron unha nova fronte propagandística acusándose sen probas de ter desenvolvido o virus da sida nos seus respectivos laboratorios militares. Francis Crick, premio Nobel polos seus descubrimentos sobre a estrutura do ADN, especulou con que o virus podería ter unha orixe extraterrestre. Do mesmo xeito, mentres circulaban as máis diversas lendas urbanas, algúns líderes políticos e relixiosos ultraconservadores apelaron ao inveterado expediente do castigo divino. A realidade. Os datos dispoñibles suxiren que o VIH foi o resultado dunha mutación dun virus similar que afectou a outras especies animais. Noutras palabras, como sucedeu, por exemplo, coa gripe, a SIDA sería inicialmente unha zoonose (unha infección que superaría a barreira entre especies para saltar aos humanos). Deste xeito, desde 1999, coa publicación dos investigadores dos equipos de Paul Sharp e Beatrice Hahn, corrobóranse as evidencias que dende hai tempo apuntan na mesma dirección: o virus da inmunodeficiencia simiana (SIV). Descubriuse unha estreita relación entre os dous tipos de virus da inmunodeficiencia humana e os que afectan aos chimpancés. Non obstante, aínda quedan importantes franxas por resolver. Que tipo de contacto sanguíneo facilitou a transmisión dos monos aos humanos? Cando sucedeu? Onde ocorreu? Cantas veces tivo lugar? Cal deles provocou a actual pandemia? Autores: Teo Blanco e Miguel Faílde. 4ºESO B. Referencias: MedlinePlus; Wikipedia; cuidateplus (MARCA); National Geographic.


OS DATOS DA SIDA VIH: Son as siglas de “Virus da Inmunodeficiencia Humana”. O VIH afecta as células inmunizantes encargadas de protexernos das enfermidades. Unha persoa con VIH pode non ter síntomas durante un longo período de tempo. Sida é o acrónimo de “síndrome da inmunodeficiencia adquirida”. Aparece cando a infección por VIH está nun estado avanzado e causou un grave deterioro no sistema inmune. Persoas que conviven co VIH na actualidade en todo o mundo: 1,7 millóns de persoas contraeron o VIH no 2019. 38 millóns de persoas vivían co VIH no 2019. 690 mil persoas morreron por enfermidades relacionadas coa SIDA no 2019.

OUTROS DATOS: En 2019, sobre 690.000 persoas morreron de enfermidades relacionadas coa SIDA en todo o mundo, no ano 2004 morreron sobre 1,7 millóns e no 2010 sobre 1,1 millóns, polo tanto a mortalidade pola sida diminuíu un 39 % dende 2010. Cada 17 segundos inféctase unha persoa con VIH no mundo. Dende o comezo desta pandemia morreron de sida 39 millóns de persoas en todo o mundo.

Mapa que mostra a prevalencia da SIDA en mozos e adultos (15-49 anos) despois de 2011

En España as persoas que morreron por VIH e SIDA entre 1981 e 2017 foron 59.102, 47.812 homes e 11.290 mulleres. O número de infectados por VIH en España entre 2010 e 2019 foi de 18.620 persoas. Dende o ano 2003 e coas sucesivas incorporacións ao sistema, not if icáronse un total de 56.748 novos diagnóst icos de infeción por VIH. As taxas anuais de novos diagnóst icos por 100.000 habitantes, sen axustar por retraso de not if icación, oscilaron entre 12,81 en 2008 e 5,94 en 2019. Ata o 30 de xuño de 2020 recibíronse, dende quince CCAA e Ceuta, as not if icacións de 2.698 novos diagnóst icos de VIH do ano 2019, o que representa unha taxa do 5,94 por 100.000 habitantes sen axustar por retraso na not if icación.

Autor: Pablo Gómez-Ulla Blanco. 4º C. Referencias: https://www.unaids.org/es, https://www.flsida.org/es/vih-sida, https://www.irsicaixa.es, https://www.elheraldo.co/ salud, https://www.mscbs.gob.es/, https://es.wikipedia.org/


VÍTIMAS DA SIDA (I) Freddy Mercury: nado o 5 de setembro de 1946 en Kensington, Londres. Foi un cantante, compositor, pianista, deseñador gráfico e músico británico de orixe parsi e indio, coñecido por ser o vocalista principal da banda de rock Queen. Morreu dunha broncopneumonía complicada pola sida o 24 de setembro de 1991. Non está claro como contraeu o VIH, xa que tivo dúas parellas antes de que llo detectaran. Segundo a súa parella, Jim Hutton, a Freddy diagnosticáronlle a sida despois da

Anthony Perkins: nado o 4 abril de 1932 en Hoollywood. Foi un actor estadounidense de cine e teatro. O seu traballo máis coñecido foi o seu papel como o asasino en serie Norman Bates na película Psicose. Anthony Perkins faleceu na súa casa de Hollywood acompañado da súa muller e dos seus fillos. Nunca quixo dicir como contraeu a sida e tampouco que estaba enfermo ata o día da súa morte que foi o 12 de setembro de 1992. Pódese supoñer que o feito de ocúltalo foi debido a que tivo varias relacións homosexuais ao longo da súa vida. Jaime Gil de Biedma: nado o 13 de novembro de 1929 en Barcelona. Foi un dos escritores poetas españois máis importantes da segunda metade do século XX e da Xeración dos 50. Gil de Biedma colleu o VIH cando tiña 56 anos. Jaime Gil de Biedma ingresou nun hospital de París cun nome falso debido a que era unha maneira de deixar constancia do tratamento que ía recibir ao ser un enfermo da estigmatizada sida. Morreu o 8 de xaneiro de 1990.

Gia Carangi: nada o 29 de xaneiro de 1960 en Filadelfia, foi unha modelo estadounidense, considerada a primeira super- modelo. Contraeu o VIH aos 26 anos en 1986. Foi internada debido a unha pneumonía e diagnosticada de VIH. Dise que a transmisión foi a causa dunha xiringa contaminada ou unha das diversas violacións que sufriu mentres mendigaba nas rúas. Autoras: Noelia Batán Gil e Vanesa Lamela López. 4ºESO C Referencias: - https://es.wikipedia.org/wiki/Freddie_Mercury - https://pousta.com/gia-carangi/ - https://es.wikipedia.org/wiki/Gia_Carangi - https://es.wikipedia.org/wiki/Jaime_Gil_de_Biedma - https://www.larazon.es/cultura/mantener-mi-enfermedad-en-secreto-me-parece-cada-vez-mas-dificil- https://es.wikipedia.org/wiki/Anthony_Perkins - https://elpais.com/diario/1992/09/14/cultura/716421614_850215.html


VÍTIMAS DA SIDA (II) Michael Foucault: nado o 15 de outubro de 1926 en París, foi un filósofo, historiador, sociólogo e psicólogo francés. Ademais foi profesor en varias universidades francesas, estadounidenses e catedrático de Historia. Durante a súa longa vida tivo varias relación homosexuais e foi debido á falta de medidas de protección que contraeu o VIH a finais dos anos 70, cando tiña 54 anos. Finalmente faleceu debido a esta enfermidade o 25 de xuño de 1984.

Rock Hudson: nado o 17 de novembro de 1925 en Beverly Hills, California, foi un prolífico actor de cine estadounidense famoso polos seus papeis de galán do cine clásico estadounidense. Contaxiouse do VIH na década de 1980 e foi diagnosticado o 4 de xuño de 1984.

Arthur Ashe: nado o 10 de xullo de 1943 en Nova York, foi un tenista estadounidense, o número dous do mundo e gañador de tres títulos de Grand Slam. Foi o único tenista afroamericano en gañar os campionatos de Wimbledon, o Aberto de Estados Unidos e o Aberto de Australia en individuais. Tamén foi o primeiro xogador afroamericano en ser seleccionado para integrar o equipo de Copa Davis dos Estados Unidos. Infectouse de VIH durante un postoperatorio tras someterse a unha cirurxía cardiovascular, probablemente despois da segunda operación. Faleceu aos 49 anos debido a esta enfermidade.

Tom Fogerty: nado o 9 de novembro de 1941 en California. Foi un músico estadounidense, guitarrista de Creedence Clearwater Revival. Tom Fogerty morreu na súa casa de Arizona a causa de fallos respiratorios derivados dunha tuberculose a raíz de ter contraído o VIH nunha transfusión sanguínea durante unha operación cirúrxica feita con 49 anos.

Autoras: Noelia Batán Gil e Vanesa Lamela López. 4ºESO C Referencias: - https://es.wikipedia.org/wiki/Michel_Foucault - https://es.wikipedia.org/wiki/Rock_Hudson#Enfermedad_y_fallecimiento - https://www.bogartmagazine.mx/homenajes/tom-fogerty-la-tragedia/ - https://www.abc.es/cultura/libros/abcp-michel-foucault-descubierto-201101110000_noticia.html - https://es.wikipedia.org/wiki/Arthur_Ashe - https://www.lanacion.com.ar/deportes/tenis/la-vida-corta-intensa-tragica-arthur-ashe-nid2392056/ - https://es.wikipedia.org/wiki/Tom_Fogerty



Pandemias e Literatura

Alumnado de 1º do Bacharelato A, B e D


Pandemias e literatura: o cancro

“Chamaron do hospital. Dixeron que tiña un cancro incurable. Que teño que ir alí para non sufrir. Que me quedan uns días. Uns días. Uns días. Uns días… Por máis voltas que lle dou, non consigo asimilalo.”

“Ía comezar coa quimioterapia. (...) Cada persoa reaccionaba de forma moi distinta ao tratamento. Habíaas que o levaban moi ben e outras que tiñan moitos efectos secundarios. A lista era tan longa que Aurora prefería non coñecelos por medo a suxestionarse”.

“Milleiros de mulleres pasan por isto, como unha maldición, un andazo, como se non fósemos entrar no século XXI (...) Galicia enteira inzada de mulleres calvas, sen cellas, sen perfebas, cuns chapeus ridículos para se protexer da friaxe ou da calor, ou de si mesmas”

Autoría: alumnado de 1º do Bacharelato A, B e C.


Pandemias e literatura: a sida

“ Deron en aparecerche eccemas na cara, adormecías cando sentabas... Estabas canso, demasiado canso...” (…) “Síntomas novos que aparecían de súpeto (erupcións na pel, descoordinación nos movementos, febres repentinas, diarreas...).”

O virus da SIDA navegaba polo noso fluxo sanguíneo facendo traumaticamente indeleble o noso idilio coa heroína

A SIDA estendíase imparable e os noticiarios estaban cheos de datos e imaxes aterradoras sobre esa expansión e as súas consecuencias: O rexeitamento social.

“Solitario, enfermo e fatigado, a morte anticipouse e chegou antes”. “ A sede por soñar aumenta a febre e causa hemorraxias invisibles exiliando do sangue os hematíes”

Autoría: alumnado de 1º do Bacharelato A, B e C.

“Todo se paralizou ao meu redor e deixei de ver, deixei de oír, deixei de falar, quedei inmóbil escoitando no meu cerebro: positivo, positivo... sen acabar de entender porque se empeñaban en atribuírme esa condición “


Pandemias e literatura: trastornos mentais

“A miña propia nai, a vergoña de ter un fillo así comíalle o corpo, así que decidiu pecharme nun cuarto sen ventás e esquecerme para sempre”.

“Son tan prisioneiro coma o paxaro que malvive engaiolado. Ninguén percibe o que ferve no seu interior; o seu aspecto é saudable e alégrase cando unha raiola lle acariña o lombo. Mais cando chega a época da migración ou do cortexo, cae nunha negra melancolía. Os nenos que o coidan non entenden a súa tristura, pois pensan que non lle falta de nada, agás a liberdade para ser un paxaro coma os demais”

“Na miña familia a ir ao psiquiatra chamámoslle desde hai moito tempo ir ao dermatólogo. É o xeito que inventou a avoa Úrsula para afrontar o estigma na conversa diaria”

“Anoréxica e bulímica, salvou a súa vida tras permanecer ingresada durante un mes nun hospital.”

Autoría: alumnado de 1º do Bacharelato A, B e C.


Pandemias e literatura: a varíola ¡Ai! ¿Como foi?... _Eu topábame fóra cando as negras vexigas lle deron; polo aramio súa nai avisoume i eu vinme correndo. ¡Coitadiño! Sentindo os meus pasos, revolveu cara a min os seus ollos. Non me viu... e chorou...¡ai!, xa os tiña ceguiños de todo. Non me acordo que tempo me estiven sobre o berce de dor debruzado; sólo sei que me erguín co meu neno sen vida nos brazos... Bolboreta de aliñas douradas que te pousas no berce baleiro, pois por el me preguntas, xa sabes que foi do meu neno.

“Estaba completamente cheo de chagas, centos de bostelas e bochas purulentas que lle inzaban a pel, a cara, os beizos, ata nos ollos pechos tiña avultadas feridas, semellaba un monstro deforme.” ‘‘Ines tiña outro problema máis: a vista. Era unha afortunada e a varíola deixáralle poucas picadas na cara e nas zonas visibles, aínda que tiña algunha máis pola barriga e as costas. Pero nos ollos tiña

problemas. Non quedara cega coma outros, nin cos ollos en branco, deformados ou con chagas, pero desde a varíola non vía coma antes.’’

Autoría: alumnado de 1º do Bacharelato A, B e C.



Arte e pandemias

Alumnado de 2º do Bacharelato de Artes


Arte e pandemia Autora : Iria Diéguez Eiriz. Referencia : “Hospital de apestados”, Francisco de Goya y Lucientes. Técnica: Grafito e pasteis. Na nova proposta de Iria partindo da obra de Goya, o lugar aparece amoblado con camas e cortinas nas ventás, aparece tamén una enfermeira asistindo ao enfermo. Dito feito dignifica a figura do doente.

Autora : Iria Donsión Fernández. Referencia : “Os filisteos golpeados pola peste ou O milagre da Arca”, Nicolás Poussin. Técnica: Témpera e tinta. Nesta versión do cadro barroco que podemos ver no museo do

Louvre. Iria elimina gran parte do xentío que aparece no cadro que emprega como referencia. Substitúeo por unha figura protagonista e unha silueta esbozada ao fondo. Fai referencia á distancia social, idea que aparece resaltada co cartel. As saídas ao supermercado, que vemos na proposta, eran das poucas ocasións nos que se pisaba a rúa no confinamento inicial. Autora : Lucía Pereiro Ledo. Referencia : “Autorretrato despois da gripe española”, Edvard Munch. Técnica: Gouache e acuarela.

No autorretrato de Munch, o autor aparece mirando directamente o espectador. Na opción de Lucía, o home mira cara á fiestra. A través dela podemos ver unha árbore sen follas onde colga un bambán solitario. Intensifica, deste xeito, o anhelo de saír ao exterior.

Autoras: Iria Diéguez Eiriz, Iria Donsión Fernández e Lucía Pereiro Ledo (2º Bacharelato) Referencias: “A peste”, Arnold Böcklin. “Hospital de apestados”, Francisco de Goya y Lucientes. “Os filisteos golpeados pola peste ou O milagre da Arca”, Nicolás Poussin. “Autorretrato despois da gripe española”, Edvard Munch.


Arte e pandemia Autora: Sara Capiscol Pérez. Referencia: “A peste de Tebas”, Charles Francois Jalabeat. Técnica: Gouache e acuarela. No obra tomada por referencia por Sara, represéntanse dúas figuras mitolóxicas, Edipo e Antígona, pai e filla. Aparecen retratados en Tebas rodeados da poboación que os rexeita. Na proposta de Sara, a parella parece máis unha parella de adolescentes, o emprego da mascara contextualízaos na pandemia. No seu caso o lugar é un contorno rural e a rúa está baleira. Autora: Paula Cambeiro Gil. Referencia: “Enterrando as vítimas da peste de Tournai”, anónimo. Técnica: Lapis de cores e rotuladores. O gravado que tomou Paula como referencia forma parte do libro medieval Crónicas de Gilles Li Muisis (1349), que podemos ver na Biblioteca Real de Bélxica (Bruxelas). Neste caso o que mostra a imaxe é o enterro das vítimas da peste negra en Tournai. A proposta de Paula tamén acompaña un breve texto. No debuxo, aínda que tamén fai referencia ás vítimas mortais, teñen gran protagonismo os sanitarios. Autora: Suevia García García. Referencia : “Napoleón visitando os apestados de Jafa o 11 de marzo de 1799”, Antoine-Jean Gros. Técnica: Acuarela e tinta. Na obra á que se remite Suevia na súa proposta, o protagonista é Napoleón, como en moitas obras do mesmo autor. Este relevante personaxe aparece tamén na ilustración da alumna. No seu caso, o alegre cromatismo contrasta coa crueza da situación retratada. Do mesmo xeito tamén contrasta o azul dos enfermos e sanitarios co laranxa da figura de Napoleón e o militar que o acompaña. Autora: Begoña Buján García. Referencia : “A epidemia de peste”, anónimo. Técnica: Lapis de cores. Na obra barroca tomada como referencia por Begoña aparece representada unha cidade histórica amurallada. A alumna emprega este mesmo urbanismo na súa proposta, aínda que o automóbil e a indumentaria das tres persoas que están a desinfectar a cidade é moito máis actual. Autoras: Sara Capistol Pérez, Paula Cambeiro Gil, Suevia García García, e Begoña Buján García (2º Bacharelato). Referencias: “A peste de Tebas”, Charles Francois Jalabeat. “Enterrando as vítimas da peste de Tournai”, anónimo. “Napoleón visitando os apestados de Jafa o 11 de marzo de 1799”, Barón Gros. “A epidemia de peste”, anónimo.


Arte e pandemia Autora: Carolina Taboada Batán. Referencia: “Peste en Roma”, Jules-Élie Delaunay . Técnica: Rotuladores e grafito. No cadro do século XIX que podemos ver no museo d´Orsay, o autor fai referencia a unha obra anterior, un fresco de 1476. Nesta obra os golpes que o home cuberto dun pano escuro dá na porta, indican o número de mortos de dita vivenda. Carolina emprega a mesma figura do anxo que acompaña o personaxe anterior. Neste caso este está ao carón dun doente nunha cama de hospital rodeado de virus de gran tamaño.

Autora: Kelly Vence Balo. Referencia : “Un episodio de la fiebre amarilla en Buenos Aires”, Juan Manuel Blanes. Técnica: Lapis de cores e grafito. A obra de Juan Manuel Blanes ten un carácter documental claro. Kelly emprega a mesma composición na súa versión. A cor amarela da muller é outro enlace claro á obra de referencia.

Autora: Noelia Pereiro Fernández. Referencia: “A peste”, Arnold Böcklin. Técnica: Lapis de cores e rotulador. Na pintura do pintor simbolista suízo aparece unha rúa onde unha singular figura ataca os seus viandantes. No debuxo de Noelia hai tamén unha rúa, cun aspecto máis contemporáneo. Neste caso a figura con aparencia fantasmagórica sobrevoa a estrada baleira deixando unha nube de virus no seu traxecto.

NOTA : O nexo común de todas as propostas é reinterpretar obras pictóricas que trataran o tema dunha pandemia e as súas consecuencias sociais e emocionais. A pretensión nesta nova versión é modificar en parte as obras iniciais, de xeito que teñan unha lectura máis contemporánea e actual. Como é lóxico nesta nova proposta o SARS-CoV-2 (COVID-19) é o protagonista. Autoras: Carolina Taboada Batán e Noelia Pereiro Fernández (2º Bacharelato). Referencias: “Peste en Roma”, Jules-Élie Delaunay . “Un episodio de la fiebre amarilla en Buenos Aires”, Juan Manuel Blanes. “A peste”, Arnold Böcklin.


A peste negra (simulación xornalística)

Alumnado de 2º da ESO





Murais

Murais: Alumnado de 4º da ESO B e C





Maquetas virus

Maquetas virus: Alumnado de 1º da ESO






Pandemias Edición e maquetaxe: Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa. Maio de 2021.



IES Ramón Mª Aller Ulloa


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.