III concurso literario "Mª Vitoria Taboada"

Page 1

13/05/2016

III Concurso literario Mª Vitoria Taboada de relato curto, poesía e sketchs teatrais Programa

. IES RAMÓN Mº ALLER ULLOA


INTRO MUSICAL Alba Conde (violín) e Azazel Fernández (piano) interpretan Liebeslied de Fritz Kreisler Presentación do acto a cargo de Adela Otero Vázquez e Jesús Peña Rodríguez. 1. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE SKETCHS TEATRAIS: O xurado integrado por Sebastián Anxo Rozas Álvarez, Mª Pilar Espiño Espantoso e Ángeles García Otero, acorda por unanimidade outorgar o 1º PREMIO do III Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de sketchs teatrais ao titulado Un tesouro quizais, asinado por DAVID NÚÑEZ OUZANDE: por “saber manter a intriga ata o final e pola sorprendente resolución do misterio, mesmo provocando un sorriso”. Entrega do premio ao gañador DAVID NÚÑEZ OUZANDE (Lectura por parte da persoa premiada, David Núñez, dun treito). PEZA MÚSICAL: Alba Conde (violín), Andrés Otero (piano) e Adela Otero (pandeireta) interpretan o Valse Kabalevsky, en versión neoclásica de Alba Conde.

1


2. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE RELATO CURTO (ACCÉSIT): O xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Susana Rodríguez Rodríguez e Servando Lois Silva, acorda por unanimidade outorgar un accésit no III Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto ao relato A voz de RUBÉN CAMPELO CAMARERO, “por, á parte de estar ben articulado literariamente, usar axeitadamente as figuras da linguaxe, debuxando con acerto imaxes que abalan entre o onírico e a realidade”. Entrega do premio ao gañador RUBÉN CAMPELO CAMARERO (Lectura dun fragmento por parte do premiado, Rubén Campelo). 3. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE RELATO CURTO (1º PREMIO): O xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Susana Rodríguez Rodríguez e Servando Lois Silva, acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio do III Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto a Pandora de ANA GARCÍA LOIS, asinado co pseudónimo de Ceres: “por lograr unha correcta estrutura e mostrar un axeitado manexo da linguaxe literaria”. Entrega do premio á gañadora ANA GARCÍA LOIS. (Lectura dun fragmento por parte da premiada, Ana García). PEZA MÚSICAL: Alba Conde (violín) e Azazel Fernández (piano) interpretan Canción xitana de Antonín Dvořák.

2


4. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE POESÍA (ACCÉSIT): O xurado integrado por Sebastián Anxo Rozas Álvarez, Mª Pilar Espiño Espantoso e Ángeles García Otero, acorda por unanimidade outorgar un accésit no III Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía aos poemas Contemplei-te, Misteriosa soidade e Soños incontestados de NEREA ÁLVAREZ GONZÁLEZ asinados co pseudónimo Loira: “Pola marcada diferenza con respecto aos outros traballos na disposición dos versos e por ser quen de concentrar o que quere expresar en poucas palabras”. Entrega do premio á gañadora NEREA ÁLVAREZ GONZÁLEZ. (Lectura dun fragmento por parte da premiada, Nerea Álvarez).

5. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE POESÍA (1º PREMIO): O xurado integrado por Sebastián Anxo Rozas Álvarez, Mª Pilar Espiño Espantoso e Ángeles García Otero, acorda por unanimidade outorgar o 1º Premio do III Concurso literario Mª Vitoria Taboada de poesía aos poemas Preciso un comezo, Transición e infortunio e Á espera dun punto final da autoría

de

DAVID

CABALEIRO

OTERO,

asinados

co

pseudónimo

Comoaugademaio: por “reflectir sentimentos moi profundos cargados de emoción mais sen engadir dramatismo e pola elegancia na construción dos poemas, así como polo emprego dun vocabulario coidado e ben escollido”. Entrega do premio ao gañador DAVID CABALEIRO OTERO. (Lectura dun dos poemas por parte da premiada, David Cabaleiro).

PEZA MÚSICAL: Adela Otero (pandeireta) e Moncho Faílde (gaita) interpretan a peza popular A Camposa. CLAUSURA DO ACTO A cargo da directora dos IES Ramón Mª Aller Ulloa, dona Xoana Mouriño. 3


4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.