Instituto Ramón Mª Aller Ulloa . LALÍN
Tres cursos de Toc-Toc-A_Ciencia
Instituto “Ramón Mª Aller Ulloa” . LALÍN
Tres cursos de Toc-Toc-A_Ciencia
Exposición “D. Ramón Aller” Ano Internacional da Astronomía (2009)
Biblioteca “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2010-2011- Pax. 10
Toc-toc-A-Ciencia Toca a Ciencia. Tocaba xa. Tocar a ciencia fóra do laboratorio. Convidar a tocar cousas, ás veces tan abstractas. Toca a ciencia –é unha invitación. A suxestión partiu dunha compañeira de Física e Química. Xente de todos os departamentos científico tecnolóxicos sumáronse, tamén de debuxo e de música. A idea era simple: a partir dun experimento, facermos unha demostración, unha pequena exposición, unha breve recompilación de fontes..., e por iso funcionou. Abrimos un blogue específico para recoller a actividade e mostrar parte do material empregado, mormente as presentacións (que recollen os paneis que explicaban o experimento ou o xogo) e, cando foi o caso, os vídeos. Estas foron as trece actividades: Física e Química (14-18 de xaneiro)
Un indicador de pH A partir dunha col lombarda obtívose un indicador do pH dos alimentos. Realizouse: Presentación. Vídeo. Pequena exposición vídeo-bibliográfica.
Alumnado de 4º ESO e 1ºBAC explicou o procedemento durante os recreos
Bioloxía e Xeoloxía (21-25 de xaneiro)
Recoñecemento de material de laboratorio Exposición de material de laboratorio. Fóra do seu espazo propio, cubetas, pipetas, vasos, xiringas... adquiriron un novo significado e espertaron novas curiosidades (E isto para que é?)
Matemáticas (28 xaneiro -1 de febreiro)
Xogos de estratexia e partidas rápidas Este tipo de actividades asociadas aos xogos e enredos matemáticos sempre teñen moi boa acollida. Mesmo sorprende que gran parte do noso alumnado non os coñeza previamente. Realizouse:
Confección de fichas e taboleiros Presentación (con modelos para imprimir e as regras de xogo)
Biblioteca “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2010-2011- Pax. 11
Tecnoloxía (4-8 de febreiro)
Circuítos analóxicos con sensores Presentouse un circuíto con sensores de temperatura, luz, posición, ruído, humidade, presión ou contacto... que ao se activaren producían o seu sinal. Realizouse: Presentación. Vídeo. Pequena exposición vídeo-bibliográfica. Física e Química (25-1 marzo)
Química recreativa: reaccións químicas Mostráronse dous elementais experimentos: Incoloro + incoloro = ? e Radiografía dun ovo. Realizouse: Presentación. Vídeo: incoloro + incoloro. Vídeo: radiografía dun ovo. Pequena exposición vídeo-bibliográfica. Alumnado de 4º ESO realizou e explicou os experimentos durante os recreos
Bioloxía e Xeoloxía (4-15 de marzo)
Amidón por xamón!!! Unha proba moi simple permítenos comprobar a presenza de amidón nos alimentos e sabermos se aqueles que o conteñen están debidamente etiquetados ou nos están dando amidón por xamón. Presentación. Vídeo.
Alumnas de PDC realizaron as explicacións
Matemáticas (28 xaneiro -1 de febreiro)
O Tangram As sete pezas deste crebacabezas de orixe chinesa repetiu o éxito dos xogos anteriores. Realizouse:
Confección de fichas.
Presentación de modelos. Paneis informativos sobre o funcionamento, a historia e o anecdotario do xogos.
Biblioteca “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2010-2011- Pax. 12
Metroloxía (4-8 de febreiro)
Medindo o universo: a historia das medidas. A exposición Medindo o universo: a historia das medidas, elaborada polo Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia e ofrecida desde o seu portal educativo, permitiunos desenvolver unha serie de actividades, entre elas: Exposición de aparellos antigos de medida. Pequena exposición vídeo-bibliográfica. Impresión de guías didácticas.
Física e Química (15-19 abril)
Física sorprendente: efectos da presión atmosférica Semellan dous retos imposibles: Como encher con auga un vaso boca abaixo... e Como introducir un ovo nunha botella.... Realizouse: Presentación. Vídeo: auga e vaso. Vídeo: ovo e botella. Pequena exposición vídeo-bibliográfica.
Bioloxía e Xeoloxía (22 - 26 abril)
Observando artrópodos Microscopios e lupas binoculares permitiron ver os “monstros” que habitan entre nós. Os detalles dos artrópodos provocaron unha enorme expectación. Acompañouse con: Unha mostra de fotografías da sección micro de Fot Ciencia. Pequena exposición vídeo-bibliográfica Tecnoloxía (29 –3 de maio)
Sistemas pneumáticos
Presentación de modelos. Paneis explicativos. Vídeo.
Biblioteca “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2010-2011- Pax. 13
Matemáticas (6 –10 de maio)
Nanogramas Nesta última proposta de enredos matemáticos, realizouse:
Impresión de 16 modelos diferentes, clasificados en tres niveis. Follas informativas sobre o funcionamento, e regras do xogo Un concurso. Entre os que os cubrisen correctamente sortearíase a asistencia á viaxe da biblioteca, dúas prazas por nivel A participación foi escasa. Pensamos que, en gran medida, debido ás datas elixidas, polo que nos propoñemos repetilo o próximo curso, con algunha modificación
Música / Física (20-29 maio)
Física acústica e música Estudo das ondas sonoras: construción dun instrumento musical con vasos de auga e adaptación de partituras ad hoc. Presentación. Impresións dos paneis explicativos e das partituras Alumnos do bacharelato musical compuxeron e interpretaron unha obra, con acompañamento de frauta e guitarra: Vídeo 1 e Vídeo 2.
Toc-toc-A-Ciencia
(2013-14) Física e Química (12-24 de xaneiro)
Exposición “Desde o Big Bang ao LHC” A partir dos recursos proporcionados polo propio CERN: Imprimimos os paneis correspondentes os paneis correspondentes á exposición. Alumnado de 2º BAC realizou a tradución dos mesmos Realizamos un tríptico cuestionario de seguimento. Exposición recomendacións video-bibliográficas. Fixemos unha impresión "xigante" de Alice y la sopa de quarks y gluones, para o no noso "super-atril Organizamos o encontro con Manuel Caamaño “Impacto social da investigación en física nuclear”. Charla de Claudio Cerdeiriña: “Física, enxeñería e universidade” (1º-2º BAC)
Bioloxía e Xeoloxía (24-31 de xaneiro)
O microscopio óptico Xa o comprobamos o ano pasado: á xente gústalle mirar polo microscopio e os microscopios gañan outro atractivo fóra do laboratorio. Nesta ocasión, tocoulles aos microscopios ópticos, cos que puidemos observar ás de bolboreta, o aparello bucal dun mosquito femia, os ollos compostos de insecto, a hidra de auga doce, o pole do piñeiro e varias cousas máis... Unha presentación (Estrutura e manexo do microscopio óptico) axudounos a guiar a mirada. A exposición das fotos gañadoras da Fotciencia11 compartiron o espazo. A impresión deste tipo de fotos é un recurso económico e rendíbel. Ademais de serviren de “reclamo” (pola súa espectacularidade) para outro tipo de actividades, son un recurso de diversas aplicacións. A foto é un tipo de documento que temos algo descoidado e debemos promover máis desde a biblioteca.
Biblioteca “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2010-2011- Pax. 6
Matemáticas (4-14 febreiro)
Matemáticas máxicas Estes xogos de paradoxos ópticos (sempre con sorpresa e case sempre con explicación fácil) tiveron grande aceptación durante os quince días en que se expuxeron.
Impresión e elaboración dos materias. Presentación (con modelos para imprimir )
Tecnoloxía (21-28 marzo)
Experiencias magnéticas e electromagnéticas Realizouse: Presentación. Vídeo. Pequena exposición vídeo-bibliográfica.
Física e Química ( 1-7 abril)
Propiedades dos líquidos Tratábase de desenvolver un pequeno proxecto de investigación no laboratorio sobre varias propiedades físicas dos líquidos (densidade, tensión superficial e viscosidade) e de explicalo publicamente. Unha vez feito, as alumnas levaron os experimentos ao espazo Toc-toc, axudáronse dunha presentación para explicalo e realizaron un vídeo da exposición .
Bioloxía e Xeoloxía (7-24 de abril)
Observación de minerais. Cumpría lembrar que se iniciou o ano internacional da cristalografía así que elaboramos unha presentación explicativa e unhas fichas, e expuxemos diversos tipos de minerais e modelos cristalográficos, coa súa correspondente exposición video-bibliográfica.
Matemáticas (abril- maio)
A mente mente: ilusións ópticas Impresión
e exposición de láminas de diverso tipo. Presentación. Vídeo das alumnas de Cultura Audiovisual. Directorio web.
Biografías científicas( 2-20 xuño)
Xincana biográfica Se cadra un xeito de humanizar a ciencia é mostrar os científicos como persoas próximas. Está ben coñecer os seus descubrimentos e xenialidades, pero tamén circunstancias máis correntes nas que se moveron. Con ese ánimo: Confeccionamos 58 fichas biográficas e distribuímolas polo instituto
Imprimimos a serie 40 Imprescindibles de la Ciencia.
Seleccionamos biografías dos fondos da biblioteca.
Elaboramos catro cuestionarios aos que, por grupos e a xeito de concurso, debe responder o alumnado.
Toc-toc-A-Ciencia e outras actividades de ciencia
(2014-15) Primeiro trimestre
► Exposición: A enerxía móvenos.
Partindo dos materiais do CSIC de “La energía nos mueve”, acompañámolos con: Presentación PPT para a súa proxección na Bufarra (1) Tríptico de seguimento para 1º e 2º da ESO.
Cuestionario na Aula Virtual, para 2º de ESO.
Encontro con Ramón Cid: A enerxía nuclear a debate.
Exposición vídeo-bibliográfica dos nosos fondos.
► Día ciencia en galego e Biblioteca e matemáticas Asociamos esta conmemoración, ao tema de matemáticas/biblioteca e ao centenario Martin Gadner:
Conferencia de Gonzalo Navaza: O matemático de Bermés, sobre Xosé Rodríguez. Proxección na bufarra(1) da corrixida e aumentada presentación sobre Xosé Rodríguez
Exposición Martin Gadner, libros e seleccións de xogos divulgados por el..
Exposición de 51-8: 21 libros de xogos e enredos matemáticos.
Exposición Poesía e matemáticas. Centrámonos en doce poemas(temas), maiormente de escasa difusión e/ou traducidos ao galego por profesorado do centro desde a lingua orixinal.
A concoespiral foi a nosa icona de Biblioteca Escolar, Matemático! (1) É
a pantalla de TV que hai no vestíbulo e á que enviamos a información desde a biblioteca
Xaneiro
Exposición “Materia e antimateria” Tomando material de divulgación elaborado polo Instituto de Física Teórica da Universidade Autónoma de Madrid: Imprimimos e adaptamos a exposición enteira. Completámolo con nove paneis de elaboración propia (Físita e química, sección bilingüe) en galego en inglés. Folletos informativos do CERN. Realizamos un tríptico cuestionario de seguimento, con recomendacións documentais. Exposición recomendacións video-bibliográficas, con especial atención a obras de ficción sobre o tema. Celebramos o encontro Seguindo as trazas dos quarks no LHC: materia e antimateria con Bernardo Adeva Andany.
Encontro con Bernardo Adeva
Febreiro
Os plásticos. Sobre este tan gabado, como vilipendiado, tema elaboramos coa condución de departamento de Bioloxía: Un xogo de paneis desde unha perspectiva histórica: Novas necesidades, novos materias. Un xogo de paneis máis específico Os plásticos, sobre as súas avantaxes e inconvenientes, tipos e tratamento. Unha recollida e exposición de plásticos de uso común. Un pequeno directorio de referencias web. Celebramos o encontro Os plásticos na sociedade actual con Carmen Pérez.
Encontro con Carmen Pérez
Terceiro trimestre.
Ano internacional da luz (I). Na primeira metade do terceiro trimestre desenvolvéronse unha serie de iniciativas que confluíron nunha ampla exposición con material elaborado fundamentalmente desde disciplianas técnico-científicos, sempre seguidos pola biblioteca.
1. Fotografía.
Concurso de fotografía científica e texto coa luz como tema, dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO.
Finalistas e premiados
A exposición das anteriores acompañouse doutra coas mellores imaxes do Hubble, segundo The Guardian, cos textos de Robin McKie traducidos do inglés por 2º BAC B.
Exposición Light beyond the bulb, que descargamos e imprimimos desde lightexhibit.org
Vista da exposición
A exposición Light beyond the bulb
Ano internacional da luz (II). 2. Paneis informativos Ademais dos carteis conmemorativos dos 150 anos da síntese electromagnética de Maxwell e 100 anos da teoría da relatividade xeral de Einstein, a exposición incluía xogos de paneis informativos sobre os seguintes temas: Funcionamento dun microscopio óptico e dun telescopio.
O mecanismo da visión e percepción da cor. O espectro electromagnético. Acompañouse coa exposición dun modelo anatómico do ollo.
Fundamento teórico dun láser e as súas aplicacións prácticas.
Comparativa de diversas lámpadas ofrecidas polo mercado, en canto a consumo enerxético e luminosidade proporcionada, coa colaboración do alumnado de PDC.
As cores das lapas, unha introdución á análise química. Os fogos de artificio.
3. Experimentos e observacións Na mostra puidéronse realizar diversos observacións e asistir (activa ou pasivamente) a algúns experimentos: Observacións a través de telescopio.
Observacións a través de microscopio.
Confección e mostra dun proxecto experimental (realizado polo alumnado de 4ºA) consistente na transmisión de son na luz do láser.
Maqueta interactiva para a análise comparativa dos distintos tipos de lámpadas
Experimento público da medida da velocidade da luz cun forno microondas (actividade realizada co alumnado de 2º de BAC). Cámara escura: experiencia realizada en 1º da ESO, co apoio do bacharelato da Artes e de Xulia Ferradás, alumna do máster de profesorado. Elaboración do vídeo.
Polo demais confeccionouse o habitual Tríptico seguimento da exposición.
DĂa da Ciencia en galego