AXENDA DE CAMPAÑA E PLAN DE MEDIOS Elodie rodríguEZ
Ada seoane
Laura Seijas
María vilariño
1. ÉTICA
A nosa base como partido céntrase no obxectivo de que a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra se converta nun modelo a seguir como exemplo de Universidade Galega por excelencia. Por iso os pilares de Galónimus repousan baixo 2 puntais básicos: -A lingua galega, como lingua de uso xeral na facultade e nas súas actividades comunicativas. -A identificación coa terra, ampliando ó termo facultade española un novo recoñecemento: “A Universidade Galega” á hora de situarnos nos contextos nacional e incluso internacional permitindo a clara identificación do noso modelo respecto das demais universidades do país.
Baixo estes dous epígrafes, Galónimus é o partido comprometido en defender e loitar polos intereses dos alumnos da facultade, primordialmente axudándolles a relacionarse directamente cos principais persoeiros do audiovisual de Galicia. Sempre levando o trato persoal e directo por bandeira, tanto co alumnado, cos profesionais externos como co propio persoal do centro, facendo da cooperación o mellor xeito de crecemento conxunto, no que Galónimus será o mellor nexo e promotor dos acordos.
Por outra banda, Galónimus ten como meta a EcoFacultade, un compromiso co medio, os alumnos e o centro no que entre todos e con pequenas cousas faremos da facultade un lugar concienciado co coidado da terra e respetuoso co medio ambiente.
Con respecto da representación de Galónimus, o seu candidato será anónimo baixo o nome de “O Galónimus”, xa que no partido as caras son pouco importantes...O primordial no partido son os obxectivos que se resolven nunha idea común que representa “O Galonimus”. En resumo podemos definir a “O Galonimus” como o candidato que reúne 3 ideas básicas: 1- Baixo o seu nome arroupa a cada un dos participantes da FCSC que se sinta identificado cos seus valores 2- Galónimus máis ca un partido é un xeito de pensar e actuar 3- O obxectivo é ser o Modelo de Universidade Galega
2. ESTÉTICA:
A identidade corporativa gráfica de Galónimus consite nun “G” maiúsculo (inicial de Galónimus) con dous puntos no seu interior formando un símbolo semellante ó dun emoticono. Con este símbolo identificamos o nome do partido cos seus valores referidos á proximidade e á mentalidade aberta e actual. Grazas á mestura de trazos circulares e cadrados no logo conseguimos representar a mestura entre innovación, tecnoloxía ou comunicación (ramas propias da FCSC) e unha parte máis dinámica e informal grazas ós puntos circulares incluídos nun ton máis suave. Con respecto á cor, Galónimus aposta polo azul, unha cor de recoñecido funcionamento á hora de aplicalo en marcas e logos. Ó mesmo tempo apostamos por dúas tonalidades diferentes: unha escura para os trazos rectos e cadrados e un máis claro para os círculos, reforzando así as dúas ideas resumidas no parágrafo anterior.
IDENTIDADE CORPORATIVA GRÁFICA
LOGO
LOGO SOBRE FONDO B/N
LOGO CON NOME
LOGO CON NOME B/N
LOGO ALTERNATIVO
LOGO ALTERNATIVO B/N
CONTRATIPOS
CONTRATIPOS B/N
PANFLETO
CARTEL
ADHESIVO
3. REDACCIÓN: O estilo dos textos de Galónimus será próximo e coloquial, lonxe dos formalismos e das complexidades do linguaxe político. Como partido dos alumnos a súa linguaxe será a próxima á utilizada polos estudantes sen caer nun linguaxe inapropiado ou falto de seriedade. Primarán as frases curtas, directas e necesarias.
Como partido defensor da lingua, un gabinete de alumnos voluntario estará a disposición de calquera membro do centro para ofrecer a súa axuda se fose necesaria á hora de traducir carteis, notas ou outros textos ó galego, facilitando así o obxectivo fixado de aumentar o uso do galego nas acción comunicativas levadas a cabo na FCSC.
4. PLAN DE MEDIOS Panfletos: Tamaño: Din A5, b&n. Solicitándoas con un día de antelación: 0’03€/folio DinA4 En cada folio collen dous panfletos. Facemos 150 folios (150x 0’03€= 4’5€): 150 folios=300 panfletos. Carteis: Tamaño: Din A3 cor, 10 carteis. A 0’5€ por DinA3 (10x0’5€)= 5€ Pegatinas: 15 folios adhesivos: 2’90 € +impresión a cor: 0’3€/impresión (15x0’3€)= 4’5€ 4’5€+2’90€= 7’4€
Coste final: Panfletos 4’5€ + Carteis 5€ + Pegatinas 7’4€= 16’9€
5. AXENDA DE CAMPAÑA
Día 1 de abril: 9h: Pegada de carteis e preparación do posto. 10h a 14h: Charla nas clases. 16h: Charla nas clases.
Día 2 de abril: 10h: Repartir panfletos. 12h: Explicación das propostas do partido. 16h: Repartir panfletos. 17h: Explicación das propostas do partido
Día 3 de abril: 12h: Discurso do candidato e ronda de preguntas. Repártense adhesivos. 17h: Discurso do candidato e ronda de preguntas. Repártense adhesivos.
Día 4 de abril: 11h: Xornada de reflexión sobre a ecoloxía. Durante todo o día: recollida de latas, pilas, baterías, tapóns, etc.
Día 5 de abril: Durante todo o día lanzaranse mensaxes polas redes socias onde estarán os nosos votantes para recordarlles os noso obxectivos e propostas.
Día 6 de abril: Anunciar o discurso pola maña nas redes sociais. Pola tarde subir un vídeo ás redes sociais do candidato cun pequeno discurso.
Día 7 de abril: 10h: Almorzo. 16h: Merenda.
Día 8 de abril: 10h: Visitar aos profesores e traballadores do centro. 16h: Visitar aos profesores e traballadores do centro.
Día 9 de abril: Xornada de reflexión.
Día 10 de abril: Votacións