Carta samaín 2014

Page 1

Ola rapaces e rapazas! Un ano máis, xa está aquí o outono, aínda que o tempo destes últimos días lémbranos máis ao verán que á estación de cores marróns, ocres, alaranxados, amarelos, vermellos... Buf, que ganas teño xa de ver todas as árbores así pintadas! Fixádevos cómo van cambiando co paso dos días... Ai! Eu son unha romántica desta época... Pero tamén me sinto unha aventureira cando marcho polos bosques arriba en busca de cogomelos, noces, castañas..., e mesmo landras! Xa sei que a vós non vos gustan, pero para min son unha das miñas debilidades. E ver unha película papando un bo puñado de landras... Iso non ten precio! Vós seguide dándolle aos flocos de millo, que así quedan máis belotas para min!!! Bueno, quen di ver unha peli tamén di ler un libro... Ademais, cantas historias que vemos no cine non foron contadas primeiramente na literatura? Centos delas! Que digo centos! MILES delas! Que digo miles! MILLÓNS delas! Non vos gustaría que unha historia creada por vós fora gravada polas cámaras para transformala nunha curta, ou nunha longametraxe? Buf! A min encantaríame!!! E como sei que a vós tamén, aquí vos brindamos a primeira oportunidade do curso para comezar a soñar con ser guionista de cine... Convocamos o V Concurso de Relatos de Medo, coincidindo coa celebración do Samaín. Ao mellor, dentro duns anos algún/algunha de vós nos da unha sorpresa tan grata coma a que nos deu este curso Ángel. Como xa sabedes, durante este curso o tema do noso Proxecto Integrado é o cine, así que non estaría nada mal que as vosas historias de medo estiveran relacionadas co mundo cinematográfico. Podedes inspirarvos en todo o que xire ao redor desta industria xigante: profesións, xéneros, historias que xa foran contadas no cine (versionándoas vós, ou cambiándolles algunha parte...), aventuras que poidan suceder nunha sala de cine, etc. Dende logo o medo, o terror, o suspense, e temas similares estiveron presentes na grande pantalla dende o seu inicio, tanto en películas para meniños e meniñas coma en gravacións para adultos. Animádevos todas e todos! Quen sabe se a vosa historia pode rematar converténdose nun guión cinematográfico??? Ÿ Ÿ Ÿ Ÿ

Ÿ

Ÿ Ÿ Ÿ Ÿ

Ÿ Ÿ

As vosas historias terán en conta a temática do cine. Estarán escritas en galego. Entregaranse rotuladas unha vez corrixidas. Terase en conta a presentación: non é un concurso para que gañe a historia que meta máis medo pola cantidade de faltas ortográficas que teña, ou pola letra máis horrorosa, ou... NON!!! Así que sede coidadosos co traballo entregado!!! Pódense realizar ilustracións que acompañen o texto, a vós tamén vos gustan máis os libros que inclúen debuxos, non si? Pois igualmente me ocorre a min, e se son feitos por vós, xa nin vos conto! Encántanme!!! Iso si, se engadides ilustracións, rotuládeas e pintádeas ben bonitiñas... Como queredes que chegue á gran pantalla algo que se ve cun aspecto descoidado? Facédelle unha portada onde se poida ler o título da historia, o voso nome e, se queredes, unha ilustración. Se estades en Educación Infantil ou en 1º e 2º de Primaria, podedes escribir unha historia colectiva entre todas e todos. Para os que estades nos cursos de 3º a 6º, os traballos serán individuais. Os traballos meteranse no meu buzón, á entrada da Biblioteca, pero comunicádello antes á vosa mestra, para metelos todos xuntiños, senón non sei como vou facer para ordealos todos, porque conto con que participedes todas e todos!!!! O prazo de entrega remata o vindeiro mércores 29 de outubro. Entregarase un premio por ciclo o día 30, cando terá lugar a celebración desta festa no cole.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.