A QUE XOGAN OS LIBROS?
Cando ti non estás aquí Os libros da biblioteca Xogan sen que os vexamos. Practican tantos deportes A ver se os adiviñamos! Os libros da biblioteca Ás Olimpíadas si van E o que nelas suceda No teu maxín está. Os libros da biblioteca Xogan ás agochadas Métense baixo a túa mesa E botan toda a semana. Os libros da biblioteca Xogan botando carreiras Suben e baixan montañas E tamén as escaleiras. Os libros da biblioteca Practican a natación Nunha piscina sen auga Pois eles, mollarse? NON!!!