Diaños Bulreiros

Page 1

BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R.,

Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001. ? Miranda X. R. e Reigosa, A. X.,Arrepíos e outros medos: Historias galegas de fantasmas e de terror; Edición Xerais, Vigo 2004. ? Ilustracións: Ricardo Sánchez

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

O Diaño Bulreiro


Parente moi próximo aos trasnos. É un especialista en transformacións. Pode aparecer de home ben traxeado montado nun cabalo, de home descoñecio, de cabalo só, de burra branca, de carneiro, de bercerro ou mesmo de vulto sen forma definida. Cando os mozos regresaban das festas, cansos saíalles ó camiño en forma de cabalo. A diversión preferida deste ser é aparecérselles de noite aos camiñantes para despistalos e facer que se perdan, ou simplemente para lles meter medo.Algunhas veces ten boas intencións, pois entra nas casas a dar consello, pero se na conversa, se menciona un nome santo, desaparece no medio dun grande estrondo. Nunca é agresivo, pero sí moi molesto.

Lendas Naqueles tempos a xente viña a pé das romerias e das festas. Viñan todos os mozos dun lugar xuntos, para dárense ánimo uns aos outros. Non había luz nin había coches, e así era como tiña que ser. Ainda tiñan unhas boas leguas de camiño. E os deste lugar tiñan que vir por sitios escuros e cruzar ríos e regatos. E a noite non lles da a para tanto andar e xa chegaban con día.

Dunha vez atoparon un cabaliño negro, mansiño. O primeiro mozo colleuno polo cabestro e o animal deixouse. - E de quen será o cabalo? Dun chimpo montou nel e dixo: - Rapaces, eu vou ir descansando. O segundo rapaz dixo: - Tamén pode conmigo. E doutro chimpo montou detrás. O mesmo fixo o terceriro dos mozos, e o cuarto, e o quinto, e o sexto, e o séptimo. Cantos máis mozos montaban, máis se alongaba o cabalo. Un dos mozos dixo: -Xesús Maria, o cabalo non para de medrar, parece cousa do demo! E ao dicilo o cabalo estoupou en fume e caeron todos ao río. Por pouco afogan. Case morren co medo!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.