Como temendo ferir de máis, espetoulle no lombo a punta do coitelo. O lobo revirouse arregañando os dentes. O home botoulle os brazos ó pescozo, chamándolle: Fillo, Fillo!! e pedindolle perdón, salaiando. Daquela o pelello do lobo comezouse a abrir pola ferida, e coma se fora un folecho foise desprendendo do corpo. Unha sacudidela, un envorcallarse entre as uces e toxos, e o rapaz, o seu fillo!!, que recobrara o ser, esmaiolado, mais tal como el era antes de maldicilo. BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001. ? González Reboredo, X.M.,Galicia de Lenda; Editorial Hércules, Vigo 2001.
EQUIPO DE BIBLIOTECA
C.E.I.P. VICTOR SÁENZ
O Lobishome