Os Mariños

Page 1

BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R.,

Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edición Xerais, Vigo 1999. ? Teixeiro Rey, Xoán Xosé, Seres Galegos das augas: mitoloxía comparada; Toxosoutos, 2002

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

Os Mariños


Lendas Contan que no Franco (Asturias) unhas mozas ían por auga a unha fonte e un home marín axexábaas, seguías e, cando unha quedaba soa, apoderábase dela. Cazárono, pechárono, deixou de comer e morreu.

O Mariño, Home-Peixe ou Tritón. Dise que ten os dentes verdes, corpo de escamas, e que é a metade home e a metade peixe. Vivían en covas ou furnas. Dise tamén que antes arrasaban as costas, rompían as redes, etc. Eran avistados na costa da Coruña e tamén na costa do occidente asturiano.

Jerónimo del Hoyo, clérigo compostelán do século XVII refire, nas súas “Memorias del Arzobispado de Santiago”, varios casos de homes mariños das rías coruñesas. Conta como nunha das praias da Coruña viron peixes con figura de homes, agás o de teren as mans e os pés un pouco tortos por andaren sempre nadando en estilo ra. Na cabeza, peito e costas teñen unhas espiñas negras moi delgadas que parecen pelos. Dicían os mariñeiros que a súa presencia ea presaxio de moita pesca, que son amigos dos humanos e que hai que lles dar pan. Os homes mariños móvense polo mar pero ás veces tocan terra para raptar mulleres e teren relacións con elas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.