As Mouras

Page 1

BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edición Xerais, Vigo 1999. Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena ? Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001. Colectivo Crisol,Ana Manana; Editorial A Nosa ? Terra. Vigo 2001 ILUSTRACIONS: NinaR (www.ninarcomics.es) ? María Fernández Rodríguez

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

As mouras, donas ou encantadas


Mulleres belísimas e encantadas que viven nas fontes, castros, penedos, mámoas e ruinas de antigos monumentos ou castelos, baixo a auga ou baixo a terra. Teñen cabelos rubios ou louros, pel branca, meixelas con lixeiros tons vermellos e máxica fermosura. Lavan, tecen, fían e peitean os seus cabelos á luz do sol, sobre unha pena ou ás beiras da fonte cun peite de ouro. Gardan tesouros e visten marabillosamente. Prometen riquezas inesgotables a quen rompa o seu feitizo. Sacan os seus obxectos máxicos de ouro e póñennos a asollar (poñer ao sol) nunha tenda. O que pasa debe elixir o que máis lle gusta. Se atopas unha coida ben de dicirlle que o que máis che gusta é a tendeira, ou sexa, ela ¡Non elixas ningunha outra cousa! Dexesan ser desencantadas e colaboran dando instruccións e indicando onde están os tesouros.

Lendas

Un galego que viña de sega en Castela atopouse no camiño cun cabaleiro que lle deu un queixo de catro puntos para que levase ata a fonte de Meimón. Ao chegar á fonte tiña que berrar tres veces por Ana Manana. Unha bela muller se lle aparecería e entregaríalle os seus tesouros a cambio do queixo. O cabeleiro púxolle dúas condicións: ? o queixo tiña que chegar enteiro e ? tiña que gardar ben o segredo do encargo. O paisano agochou moi ben o queixo cando chegou á súa casa pero a súa muller levantouse de noite a ver qué era aquilo que o seu home agochara con tanto disimulo. Atopou o queixo e non puido resistirse a comerlle unha puntiña. Ao día seguinte o paisano foi onde a fonte de Meimón e berrou por Ana Manana tres veces. Unha fermosísima muller se lle apareceu e el entregoulle o queixo que aínda traía envolto. Ao velo ela tirouno no chan e este converteuse nun cabalo con tres patas. Ana Manana enfadouse moito pois era o cabalo que a ía sacar da fonte. En lugar do tesouro deulle ao paisano unha faixa para súa muller. De volta para a súa casa, este probouna nunha sobreira que ardeu de súpeto. Acababa de salverlle a vida á súa muller.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.