Lendas En Oleiros o Zampón ameazou con comer á mestra e as nenas dunha escola. Todas choraban agás unha. Era de lonxe e para ir e vir do colexio pasaba por un camiño no que había un formigueiro. Coas sobras da merenda fixera amizade cunha formiguiña e aquel día, por non chorar, contoulle do zampón. A formiga tranquilizouna: -Non te preocupes, Mañá cando veñas para a escola, métesme na blusa e cando veña o zampón xa verá. Así foi. a nena chegou á escola e a mestra ao vela recomendoulle que se volvese á casa, que o zampón estaba por chegar. - Non señora, non vou; que non me zampa non! Oironse os berros do zampón: -Eu son o zampón que vos veño zampar! Daquela a formiguiña saíu da blusa: -E eu son a formiguiña, que en pecándoche o cu, fu, fu, fu! Seica daba risa ver correr ao zampón a grandes berros coa fomiguiña adentándolle o cu.
BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001. ? Ilustrador: Miguel Angel díez
EQUIPO DE BIBLIOTECA
C.E.I.P. VICTOR SÁENZ
Os medos dos nenos