BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres mテュticos galegos; Ediciテウn Xerais, Vigo 1999. Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Ediciテウn Xerais, Vigo 2001. Blanco-Amor, Eduardo.Poemas Galegos; Editorial Galaxia, Vigo 1980.
EQUIPO DE BIBLIOTECA
C.E.I.P. VICTOR Sテ・NZ
Pedro chosco e os biosbardos
Cando cae a noite, e empezades a toquear e tedes un ollo pechado e o outro xa non o pededes abrir, poñédelle ao sono cara de avó sorrinte con longas barbas brancas. É Pedro Chosco, que entra pola fiestra de voso cuarto. Pedro Chosco é a cara do sono e trae tamén un ollo pechado e outro aberto, é cariñoso e ten unha voz grave e fonda coma se lle viñese de moi lonxe. Para nos adormentar, as nosas avoas cantábannos engordiño este cantar de arrolo que tamén viña de lonxe: Con Pedro Chosco teño un gran preito cando me toma logo me deito.
Pedro Chosco
Ai, Pedro Chosco! vaite deitar déixame aos nenos de meu, fiandar. O escritor galego Eduardo Blanco-Amor citou tamén a Pedro Chosco nunha das súas cancións de berce:
Os Biosbardos ou Gazafellos Ninguén sabe cómo son. Uns din que semellan paxaros fermosísimos, cantadores e riseiros; outros, en cambio opinan que se parecen a mozos de bo ver. Se cada tan só son unha ilusión. Quen os queira cazar ten que ir cun saco de boca ancha, en noite escura, ata un lugar afastado das casas onde non se escoite galo cantar nin can ladrar. E alí con paciencia, co saco coa boca aberta, debe invocalos así: Biosbardo vente ao fardo, que alpabarda por ti agarda.
Ruín Pedro Chosco que non queres vir para estes olliños que non queren durmir.(...) O bon Pedro Chosco xa comeza a vir. Probes meus olliños non pódense abrir! O mao Pedro Chosco comeza a chegar ladrón de istes ollos que venme a roubar.
Ou así: Gazafello ven ao rello. O que consegue meter algún no saco, terá sorte en todo o que emprenda, sempre e cando non llo conte nin llo ensine a ninguén. Por iso hai descridos que pensan que os biosbardos non existen e que son só bromas para burlarse dos inxenuos. Pero imos ver, se ti tiveses un gazafello, ías ser tan parvo como para dicílo?