Ilustración de ALEJANDRO VILLAR NEGREIRA (2º curso de Ed. Primaria) GAÑADORA DO “CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2015”
Dende o C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ DESEXÁMOSVOS UN
BO NADAL E UN FELIZ 2016!!! ANO NOVO Chegou xaneiro e un ano novo, días pequenos, noites de lobos.
Voan e cantan coma unhos tolos e o canto deles é un xogo longo.
Días de frío con sol serodio, roupa de abrigo tapando o corpo.
Tamén nós temos os nosos xogos, e as nosas horas de estudar moito.
Non nos queixamos pois vemos todos que os paxariños andan en coiro.
Somos alegres, temos relouco, e así empezamos este ano novo. Xosé Neira Vilas (1928-2015)