BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R.,
Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres mテュticos galegos; Ediciテウn Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Ediciテウn Xerais, Vigo 2001. ? http://www.amigosdamaruxaina.com/
EQUIPO DE BIBLIOTECA
C.E.I.P. VICTOR Sテ・NZ
As Sereas
Lendas
As sereas teñen corpo de muller fermosa, con longos cabelos, e da cintura para abaixo son coma os peixes. Viven en pazos de cristal cheos de riquezas, baixo o mar. Levan un espello e un peite, peitean a súa cabeleira e cantan con voz doce sobre unha rocha. É esta última a característica que mellor as define, pois o seu canto melodioso atrae os mariñeiros ou os navegantes. Mais, con que finalidade os seducían? Hai quen di que o fan para provocar o naufraxio dos mariñeiros. Pero outras noticias contan que canta, toca o corno ou berra cando vai mal tempo para avisar aos mariñeiros de que non se debe saír ao mar. Tamén hai sereas noutras partes do mundo: Portugal, Italia, Grecia, Inglaterra, Alemaña.
A Maruxaina A Maruxaina vive nas illas dos Farallóns, fronte a San Cibrao, no concello de Cervo (Lugo). Hai quen di que é boa e que toca unha corna para avisar aos mariñeiros cando hai perigos no mar. E hai quen di que é mala, e que canta para atraer a barcos e tripulantes a un naufraxio seguro. Como ninguén sabe con certeza como é, os mariñeiros lévana a terra tódolos anos. E alí, no mes de agosto, xúlgana, e uns anos condénana e outros, declárana inocente. A Serea das Illas Mirandas No mar de Ares, cabo das Illas Mirandas, vivía unha serea coa cor do salmón, vestida con escamas de prata. Pasaba o tempo correndo no mar, xogando cos golfiños e con todos os peixes, falando coas gaivotas e cos corvos mariños, e, ás veces, víana tomar o sol nas praias da ría. O resto do tempo pasábao en soidade nas deshabitadas Illas. Agora xa non se ve. Din que a sorprendeu un home nunha daquelas praias, que se namorou dela e que a levou vivir lonxe do mar. Ao mellor xa non ten escamas de prata, e a súa pel xa non é da cor do salmón. Incluso hai quen supón que tivo fillos, e que lles puxo Mariño e Mariña, que son nomes da nostalxia que vén do mar.