Texto 1 xogos antigos e modernos

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” XOGOS OLÍMPICOS ANTIGOS E MODERNOS Os Xogos Olímpicos ou Olimpíadas, son o maior evento deportivo internacional. Chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia na antigüidade, foron festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas na antiga Grecia durante o século VIII a.C. en honra ao Deus Zeus.

Neles participaban os atletas, que debían ser cidadáns (soamente homes), os cales se adestraban durante anos nos ximnasios. Existían diversas disciplinas, tendo cada unha un adestramento especial, e que se practicaban co corpo totalmente espido. As primeiras disciplinas foron: -Pankration (loita a morte). -Loita (practicamente tal como a coñecemos actualmente). -Boxeo (con menos normas que na actualidade). -Carreiras de Cuadrigas (carros). -Carreiras a pé. -Péntatlon (consistente en lanzamento de disco, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, loita e carreira a pé). -Música (considerada unha competición máis). En Olimpia chegáronse a celebrar 293 Xogos Olímpicos.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.