BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta
A LINGUAXE DA IMAXE. OS PLANOS (PARTE I). Unha película componse de fotogramas. Cada segundo, pasan 24 fotogramas pola pantalla, é dicir, a velocidade dunha película normal é de 24 imaxes (fotogramas) por segundo. O elemento máis pequeno para a toma de imaxes é, pois, o fotograma, e nace da fotografía. O fotograma representa a selección dunha parte do espazo que pode ver o ollo humano a través do obxectivo da cámara. Esta acción de delimitar o espazo chámase encadrar. O encadre tamén se denomina comunmente PLANO. Os distintos tipos de plano establécense en función da distancia entre a cámara e o obxecto filmado, tomando como referencia a figura humana. GRAN PLANO XERAL (GPX) Representa un espazo moi amplo (grandes escenarios ou multitudes). As figuras non se poden ver con claridade, xa que aparecen lonxanas, pequenas... É unha panorámica xeral que amosa o espazo físico onde se vai desenvolver a acción. Ten un carácter descritivo.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
Igualmente sucede no cómic, onde tamén é preciso delimitar a acción e, para dar sensación de movemento, os seus creadores fan os debuxos coma se estiveran “xogando” Nos cómics poderás atopar os c u n h a c á m a r a , diferentes planos sen necesidade dirixíndoa a onde de deter a imaxe, así que queren que o lector aprovéitaos para analizalos!!! mire.
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15
Rosiña films presenta
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
PLANO XERAL (PX) Tamén chamado plano de conxunto ou enteiro, ensina a figura humana completa en relación co espazo que a rodea ou con outras persoas.
PLANO AMERICANO (PA) Tamén chamado plano tres cuartos, presenta á figura cortada polos xeonllos. Chámase así porque era o máis frecuente nas películas do Oeste (”western”), para amosar os vaqueiros coas súas pistolas ao cinto. Este plano atoparédelo moito nas películas de acción, xa que permite observar o movemento dos personaxes ao mesmo tempo que coñecemos a súa identidade.
BIBLIOGRAFÍA: Iniciación ao audiovisual. Au2005. Xunta de Galicia. http://proyectointegradoescribimos. blogspot.com.es/ http://www.solosequenosenada.com/
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15