Texto 11 deportes olímpicos 6

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (VI) Tenis É un deporte de raqueta que se practica sobre unha cancha rectangular, delimitada por liñas e dividida por unha rede. Dispútase en individuais (dous xogadores) ou dobres (dúas parellas) masculinos, femininos e mixtos. O obxectivo do xogo é lanzar unha pelota golpeándoa coa raqueta de modo que bote dentro do campo do rival intentando que este non poida devolvela. Os partidos dispútanse en “sets”, que se dividen en xogos. En caso de empate realízase un desempate, chamado “tie-break”. Hai moitas teorías sobre a súa orixe. As primeiras referencias do tenis teñen lugar en Francia, chamado “jeu de paume” (xogo de palmas), xa que ao principio a pelota golpeábase coa man. A partir do S. XVIII expandiuse por Europa, e agora xa é un deporte universal e olímpico, aínda que non estivo presente en todas as edicións. Tenis de mesa Chamado tamén “pimpón” ou “ping-pong”, xurdiu a finais do S. XIX en Inglaterra, coma un xogo para despois da cea das familias de clase alta, coma unha alternativa ao tenis sobre herba. Improvisábase o equipo: unha morea de libros formaba a rede, o tapón dunha botella facía de pelota e as tapas das caixas, de raquetas. Incluíuse como deporte olímpico (masculino e feminino) no ano 1988 (Seúl). A súa dinámica é semellante á do tenis, pero o pimpón conta con sistemas propios de puntuación e servizo. Con 40 millóns de xogadores competindo en todo o mundo, é o deporte máis practicado.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.