Texto 12 deportes olímpicos 7

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (VII) Tríatlon Deporte de resistencia que inclúe natación, ciclismo e carreira, nesta orde. É un dos deportes máis duros e tamén máis recentes: a primeira proba oficial tivo lugar en 1974, en San Diego. A partir de aí popularizouse e decidíronse as distancias das disciplinas: 1,5 km. de natación, 40 km. de ciclismo e 10 km. de carreira. Incluíuse no programa olímpico en Sídney, 2000, cun evento único para homes e outro para mulleres. Os participantes deben facer todo o percorrido sen descansar nin sequera un minuto, e o primeiro que remata leva a medalla de ouro (non hai eliminatorias). Vela A navegación en barcos é unha práctica que xurdiu hai moitos séculos. Durante a Era dos Descubrimientos (S. XV e XVI), Portugal, España, e tamén Holanda, deron os primeiros pasos para que a vela se convertira en deporte.

O rei de Inglaterra Carlos II, converteuse tamén nun afeccionado do “jaght” (iate), propuxo melloras e fixo posible as primeiras regatas. Anos despois, xurdiría en Irlanda o club máis antigo de Vela do mundo, e realizouse a primeira competición internacional que aínda se disputa na actualidade: a “America's Cup” (Copa América). Incluíuse nos Xogos de 1896, e só o mal tempo impediu que non se puidera navegar na edición de 1904.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Texto 12 deportes olímpicos 7 by marichoni marichoni - Issuu