BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta
A LINGUAXE DA IMAXE. AS ANGULACIÓNS (PARTE I). Chamamos angulacións aos puntos de vista que adopta a cámara en relación co obxecto ou personaxe “mirado” por esta. O ángulo de visión é, pois, o punto de vista dende o que se observa a acción. Tendo isto en conta, a colocación da cámara pode darnos diferentes angulacións, coas súas características propias: ÁNGULO NORMAL Cando a cámara está á mesma altura que os ollos do personaxe ou do obxecto filmado, independientemente de que este se sitúe de pé, deitado, etc.
Ao igual que nos planos, tamén os ángulos se poden observar detidamente nos cómics.
ÁNGULO PICADO A cámara sitúase por enriba do personaxe, polo que a acción preséntase de arriba hacia abaixo. O personaxe queda como esmagado contra o chan. Este recurso é utilizado para minimizar os personaxes; por exemplo, se queremos amosar un personaxe débil, indefenso, ameazado..., a cámara en picado contribúe a causar esa impresión no espectador.
Este ángulo amósanos unha visión normal das cousas, de maneira horizontal.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15
Rosiña films presenta ÁNGULO CONTRAPICADO É o oposto ao anterior. A cámara mira ao obxecto filmado dende abaixo, e verticalmente, polo que a acción preséntase de abaixo hacia arriba. Este tipo de ángulo úsase para dar sensación de superioridade, para enfatizar e destacar a influencia, o poder, etc., do personaxe filmado.
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!! ÁNGULO CENITAL É o ángulo picado absoluto. Ofrece unha visión totalmente perpendicular da realidade.
ÁNGULO NADIR É o á n g u l o contrapicado absoluto.
ESQUEMA DOS PRINCIPAIS ÁNGULOS
BIBLIOGRAFÍA: Iniciación ao audiovisual. Au2005. Xunta de Galicia. http://infocusshot.blogspot.com.es/
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15