Texto 13 deportes olímpicos 8

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (VIII) Wáter-polo ou Polo Acuático Deporte acuático no que participan dous equipos de sete nadadores que tratan de introducir o balón na portaría contraria impulsándoo coas mans. Foi o primeiro deporte colectivo en formar parte do programa olímpico. Ao principio, o deporte parecíase ao polo, só que se usaban canoas en lugar de cabalos. Evolucionou coma se fora similar ao “rugby” en piscina ata que, no ano 1880, se incluíron unha serie de novas regras ata chegar ao concepto actual. Tamén cambiou moito a pelota utilizada: de caucho, de coiro... Os equipos contan con 13 xogadores, pero só 7 poden permanecer ao mesmo tempo na piscina. As medidas da piscina son distintas para homes e mulleres.

Ximnasia (Trampolín) O trampolín é a disciplina de ximnasia que se integrou ao programa olímpico máis recentemente: Sidney 2000, cun evento masculino e outro feminino. Esta modalidade creouna un mestre de Educación Física estadounidense, despois de observar aos trapecistas dos circos. O primeiro trampolín desarrollouno no seu garaxe, e pronto comezou a utilizarse no entrenamento de atletas de disciplinas como “Cravados ou Saltos”, “Esquí Alpino” e “Ximnasia Artística”. Incluso chegaron a probalo os astronautas!

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.