Rosiña films presenta
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
O CINEMATÓGRAFO Os inventores do cinematógrafo foron os irmáns Louis e Auguste LUMIÈRE, quenes presentaron o seu aparato o 28 de decembro de 1895. O nome do seu invento provén do grego, e quere dicir “escritura do movemento”. A simple vista era unha pequena caixa de madeira cunha manivela. Pero, ao xirar a manivela, a caixa capturaba imaxes da realidade que máis tarde podían ser proxectadas sobre unha pantalla. Toda unha marabilla tecnolóxica! Unha das “películas” máis exitosas dos LUMIÈRE foi A chegada do tren á estación. Cunha duración dun minuto escaso, amosaba un tren que se achegaba a unha estación, onde se detía. Tan reais resultaban as imaxes que, cando algúns espectadores vían que a locomotora se achegaba, fuxían espantados pensando que o tren ía atropelalos! DE ONDE SAÍU A IDEA Os irmáns LUMIÈRE inspiráronse nun quinetoscopio, desarrollado por William Kennedy Laurie Dickson mentras traballaba con Thomas EDISON. O quinetoscopio permitía a visión individual de bandas de imaxes, pero non a súa proxección sobre unha pantalla.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
BIBLIOGRAFÍA: Cerdá, Marcelo; Fontana, Patricio; R. Medina, Pablo: El cine no siempre fue así. Ediciones iamiqué.
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15