BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta
DIRECTORES DE CINEMA (I): STEVEN SPIELBERG Steven Allan Spielberg (Cincinnati, Ohio, 18 de decembro de 1946), coñecido como Steven Spielberg, é un director, guionista, produtor de cine e deseñador de videoxogos estadounidense. É un dos directores máis recoñecidos e populares da industria cinematográfica mundial. Foi candidato sete veces aos Premios Óscar na categoría de mellor director, acadando o premio en dúas ocasións, con “La lista de Schindler”(1993) e tamén co cinema “Salvando al soldado Ryan” (1998) e tres dos seus cinemas (”Tiburón” de 1975, “E.T.: El Extraterrestre” de 1982 e “Parque Jurásico” de 1993) conseguiron o récord de vendas, convertíndose nos cinemas de maior recadación no seu momento. O film co que Spielberg acadou a fama internacional foi “Tiburón” (1975), unha brillante adaptación da novela de Peter Benchley. Xunto a George Lucas, Spielberg creou un dos seus personaxes máis recordados, Indiana Jones, o arqueólogo aventureiro protagonizado por Harrison Ford, actor a quen Lucas levou ao estrelato co seu personaxe de Han Solo en “La guerra de las galaxias”. Nos anos 80 convertiuse nun dos personaxes máis importantes da industria cinematográfica.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta A SÚA FILMOGRAFÍA
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15