BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
Rosiña films presenta
ACTORES/ACTRICES(II): PAUL NEWMAN Paul Leonard Newman, coñecido artísticamente como Paul Newman, naceu en Shaker Heights, Estados Unidos, o 26 de enero de 1925 e faleceu en Westport, Estados Unidos, o 26 de septiembre de 2008. Foi un actor, director e produtor estadounidense, gañador de dous premios Óscar da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de Hollywood e un premio Globo de Oro da Asociación da Prensa Extranxeira de Hollywood. É un dos grandes mitos masculinos da historia do cine. Tamén tivo unha actividade digna de destacar como piloto de automobilismo, sendo xa actor famoso, ao alzarse con éxitos significativos en varias carreiras. Paul Newman comezou a súa carreira artística no teatro. Despois de pasar pola Escola de Arte Dramático de Yale e acadar varios papeis na televisión, foi aceptado como alumno no prestixioso “Actor´s Studio”. En 1953 debutou en Broadway con “Picnic”: alí foi descuberto polos executivos da Warner Bros, que o contrataron de inmediato. En 1954 estreouse no cinema con “El cáliz de plata”, un filme pouco acertado que non lle reportou boas críticas. Dous anos máis tarde interpretou a un boxeador en “Marcado por el odio”, e a súa brillante actuación encamiñouno cara ao estrellato. Outros dous filmes confirmaron a súa boa racha: “El largo y cálido verano” e “ La gata sobre el tejado de zinc”, que supuxo a súa primeira nominación ao Óscar en 1958.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15