Texto 19 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

DIRECTORES DE CINEMA(II): TIM BURTON Timothy "Tim" Walter Burton naceu en Burbank, California, o 25 de agosto de 1958. É un director, produtor, escritor e deseñador estadounidense. A maioría dos seus filmes caracterízanse pola presenza de mundos imaxinarios onde adoitan estar presentes elementos góticos e escuros e os seus protagonistas son seres enigmáticos. Emprega a técnica de animación “Stop motion”, que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio de imaxes fixas sucesivas. Aos 13 anos realizou a súa primeira curta animada xunto con algúns amigos, “The Island of Doctor Agor”, e anos despois fixo “Houdini”, onde interpretou ao escapista Harry Houdini. Desde entón tivo a inquietude de facer cine. Antes de adicarse a dirixir, traballou como animador nos estudios Disney para as películas “El Zorro y el Sabueso” e “Taram y el caldero mágico”. Dise que os seus xefes consideraban os seus deseños un pouco inquietantes e extraños, polo que descartaron a maioría deles. Adquiriu gran fama ao dirixir exitosos filmes, entre os que se atopan “Eduardo Manostijeras” e “Charlie y la fábrica de chocolate".

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Texto 19 cine by marichoni marichoni - Issuu