Texto 2 aneis e bandeira

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” OS ANEIS OLÍMPICOS Os aneis olímpicos son o principal símbolo dos Xogos Olímpicos. Este símbolo está composto por cinco aneis entrelazados de cores azul, negro, vermello, amarelo e verde. A BANDEIRA OLÍMPICA está composta polos aneis sobre fondo branco. A primeira persoa en propoñer esta simboloxía foi Pierre de Coubertin, un barón historiador francés máis coñecido por ser o fundador dos Xogos Olímpicos modernos, alá polo ano 1914, quen explicaba a súa elección deste xeito: “O emblema elixido para ilustrar o Congreso Mundial de 1914 (…): Ademais, as seis cores (co fondo branco da bandeira) así combinados representan todas as nacións sen excepción. O azul e o amarelo de Suecia; o azul e o branco de Grecia, os tricolores de Francia, Inglaterra e Estados Unidos de América, Alemania, Bélxica, Italia, Hungría, o amarelo e o vermello de España, xunto ás novas bandeiras de Brasil e Australia, e ás do antigo Xapón e la nova China. Velaquí un emblema verdadeiramente internacional.”

Os Aneis Olímpicos representan a universalidade dos Xogos, baseados na idea de que polo menos unha das seis cores (incluíndo o branco do fondo) está en todas as bandeiras dos países do mundo e de que os cinco aneis representan aos cinco continentes tradicionais. Ademais, o feito de que aparezan entrelazados simboliza a unión das nacións a través do deporte.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.