Texto 20 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta

FESTIVAIS DE CINE E PREMIOS CINEMATOGRÁFICOS Os festivais de cine son, como di o seu nome, festas. Son celebracións da industria cinematográfica nas que se proxectan novas producións de autores/as coñecidos/as ou novos/as. Os festivais de cine máis importantes son os internacionais, é dicir, aceptan películas de calquera parte do mundo. Pero tamén hai festivais nacionais e rexionais que limitan a participación de películas a unha zona específica (cine galego, latino, israelí...) ou a xéneros cinematográficos determinados (cine bélico, comedia, documentais, etc.). Unha vez seleccionadas as películas que conformarán o cartel do festival, este anúnciase para atraer ao maior número posible de público e medios de comunicación. En moitos festivais, ademais de proxectar as películas, tamén se entregan premios. Para iso é necesario formar un equipo de persoas que actuarán de xurado, aínda que nalgúns festivais tamén é moi importante a opinión dos espectadores, que valoran as proxeccións puntuándoas. Algúns dos festivais máis coñecidos (e os seus premios) son: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERLÍN. Celébrase na capital alemá e o premio que se outorga é o OSO DE OURO.

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CANNES, en Francia, onde o xurado entrega a PALMA DE OURO.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VENECIA. Nesta famosa cidade italiana o premio que se entrega é o LEÓN DE OURO.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.