Texto 22 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

ACTORES/ACTRICES (III): ACTRIZ MABEL RIVERA Mabel Rivera, (Ferrol, A Coruña, 1952). Actriz de enorme experiencia teatral. Iniciouse no teatro nos anos 70. En Galicia coñéceselle desde hai máis dunha década como a protagonista da comedia de maior éxito da TVG, “Pratos combinados”, onde interpretou o personaxe de Balbina. O recoñecemento a nivel nacional chegoulle por ser unha das actrices da oscarizada longametraxe “Mar Adentro”, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle otorgou varios premios: o “Premio Goya de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España” á Mellor Actriz de Reparto, o “Premio Sant Jordi de Cinematografía” á Mejor Actriz Española e outra longa lista de recoñecementos e excelentes críticas. Ademais de como actriz traballou como presentadora, tradutora, axudante de dirección e dobradora (no cinema, foi a voz de Michelle Pfeiffer en” La edad de la inocencia” de Martin Scorsese). Produciu, xunto ao director de fotografía e realizador de televisión Enrique Banet, os documentais: “El Salario del Silencio” (sobre a polémica instalación dunha planta de gas de grande capacidade no corazón da Ría de Ferrol) e “Unha lousa sobre o Courel” (sobre a extracción de lousa nunha das pasaxes emblemáticas de Galicia (O Courel).

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.