Rosiña films presenta
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
DIRECTORES DE CINEMA (III): ÁNGEL DE LA CRUZ Ángel de la Cruz (A Coruña, 1963). Escritor, director, guionista e produtor de cine. O seu primeiro contacto co mundo do cinema prodúcese en 1993, cando traballa como axudante de decoración na longametraxe “Tirano Banderas” de José Luís García Sánchez. Despois de gañar varios concursos de guión, dirixe a triloxía de curtametraxes “Sitcom show”, “Paranoia digital” e “Más difícil todavía”, entre 1995 e 1997. Desde entón, compaxina as labores de produtor, guionista e director. a súa primeira longametraxe, “El bosque animado” (2001), baseado na novela de Wenceslao Fernández Flórez, foi galardonado en numerosos festivais internacionais e obtivo o premio “Goya” á mellor longametraxe de animación. En 2005 estrea “El sueño de una noche de San Juan”, inspirado na obra “El sueño de una noche de verano” de Shakespeare, que tamén acadou o premio “Goya” á mellor longametraxe animada. No 2008 dirixe “Los muertos van deprisa”, acadando o premio “Mestre Mateo”.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15
Rosiña films presenta
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
É socio da “Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España”, da “Academia Galega do Audiovisual”, da “Asociación Galega de Guionistas” (AGAG), “Directores e Realizadores de Galicia” (CREA), e da “Asociación de Escritores en Lingua Galega” (AELG). Tamén participou na longametraxe galega "Enrugas” e foi unha das tres nominadas á Mellor Longa de Animación nos European Film Awards.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15