Texto 24 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

ADEMAIS DA PELÍCULA... Cando imos ao cine desfrutamos do visionado das películas que se proxectan. Igualmente cando mercamos un DVD. Pero ademais da película, como bos expertos cinematográficos, tamén debemos ter en conta: STORYBOARD: é o GUIÓN GRÁFICO, o conxunto de ilustracións que serven de guía para entender unha historia e previsualizala antes de filmala. Os detalles máis complicados poden explicarse con palabras na imaxe ou ao pé do storyboard. O storyboard pode facerse en branco e negro ou a cor; poden incluír moitos detalles ou simplemente trazos que esbozan unha idea con figuras. Na maneira que hoxe se coñece, foi desarrollado nos estudios de Walt Disney durante a década de 1930.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

TRÁILER: é un avance da película, a sinopse contada a través dun vídeo de corta duración (entre 30 segundos e menos de 3 minutos). TÍTULOS DE CRÉDITO: son os textos que se engaden ao FINAL dunha película para listar os membros do reparto e o equipo implicado na produción (actores e actrices, asistentes de produción e dirección, equipos de cámara, arte, son, iluminación, maquillaxe, vestiario, casting, efectos especiais, música, agradecementos, etc.) . O uso dos créditos de peche nas películas non se estableceu ata a década dos anos 70. Ata entón, a maioría das películas proxectábanse sen eles, aínda que si incluían os créditos de APERTURA, onde aparecen o reparto e os equipos principais, ademais do título da película.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.