Texto 26 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta ANÉCDOTAS SOBRE O CINE (I)

SABÍAS QUE...

Unha das películas máis exitosas dos irmáns Lumière foi A chegada ao tren á estación. Duraba menos dun minuto e amosaba un tren que se achegaba a unha estación, onde se detía. Tan reais resultaban as imaxes a algúns espectadores que, cando vían a locomotora achegándose, fuxían espantados porque pensaban que o tren os ía atropelar!!! O primeiro chiste da historia do cine está na curta dos irmáns Lumière O regador regado. Mentras un xardineiro rega o céspede, un neno inquedo achégase a modiño e pisa a mangueira. O xardineiro mira a boca da mesma para averiguar por que non sae auga e... sorpresa! O neno levanta o pé e a auga molla a cara do xardineiro.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Para unha escena de Viaxe á lúa, Méliès colocou a cámara detrás dunha peixeira e filmou desde alí. A idea era simular que os actores flotaban no fondo do mar... Méliès gastaba todos os cartos que gañaba en facer novas películas cada vez máis caras. Pese ao éxito que tivo, nos últimos anos da súa vida debeu vender golosinas e xoguetes para sobrevivir.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.