Rosiña films presenta
BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!
ANÉCDOTAS SOBRE O CINE (II)
SABÍAS QUE...
Cando se rodaba en exteriores, filmábanse de día escenas que transcurrían durante a noite. Para transformar o día en noite, poñíanse filtros escuros diante da cámara. A este truco chamábano “noite americana” e notábase moitísimo! As sombras no chan e as nubes no ceo delataban que filmaran a plena luz do día. Moitas veces hai que modificar a cor real das cousas para que despois se vexan ben na grande pantalla. Nos primeiros anos do cine algúns galáns debían pintar os beizos de cor escura para que as súas bocas non se confundiran co branco do rostro. O famoso cantor de tangos Carlos Gardel foi un deles. Pero os trucos non só son exclusivos do cine en branco en negro. En Cantando baixo a choiva, un musical en cor de 1952, á auga engadíronlle leite para que se notaran mellor as gotas de choiva.
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
Antigamente, antes da película poñían un noticiario. Ninguén o perdía, pois era a ú n i c a oportunidade de “ver” o que pasaba no país e no mundo. Os gobernantes, pola súa parte, aproveitaban as salas cheas para facer propaganda do máis espectacular da súa administración: discursos, inauguracións, firma de tratados con outros países, viaxes ao estranxeiro... En España coñecíase como NO-DO (acrónimo de NOticiario e Documental), e proxectouse entre 1942 e 1976 de xeito obrigatorio, e ata 1981 de maneira voluntaria.
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15