Texto 28 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta ANÉCDOTAS SOBRE O CINE (III)

SABÍAS QUE... 24 fotogramas e 45 centímetros de película son os que se necesitan para un segundo de cine. Para un minuto, 1440 fotogramas e 27,43 metros. Para unha película de 90 minutos, 129.600 fotogramas e 2468,7 metros de película... Máis de 2 quilómetros de longo!!

948 é o récord de películas producidas nun país durante un ano. Non sucedeu nos Estados Unidos, senón na India, en 1990. Esta industria chámase Bollywood e está establecida, principalmente, en Bombai.

SÉTIMO ARTE

7ª arte. En 1914, Ricciotto Canudo declarou que o cine é a “sétima arte”. Este italiano ampliou así a lista das artes que xa contaban centos ou miles de anos de historia: arquitectura, música, escultura, pintura, poesía (ou literatura) e danza.

As películas poden facer que as persoas cambien a súa maneira de vestirse, de peitearse, etc., pero tamén poden lograr que pensen dunha maneira determinada. Notaches, por exemplo, que nalgunhas películas os malos sempre son de determinados países? Que quererán que pensemos?

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

1.835.400.000 de dólares recaudou Titanic en todo o mundo. Foi a película máis vistas da historia, e tamén unha das máis caras: 200 millóns de dólares!

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.