Texto 4 cine

Page 1

Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

OS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS (Parte III) CINE HISTÓRICO Este xénero recrea momentos ou sucesos ocorridos ao longo da historia, tratando de ser o máis fieis posible á realidade. Pero sería enganoso definilo como un recurso totalmente crible. Os filmes históricos non deixan de ser un produto imaxinativo, polo que non adoitan ser moi fiables a pesar da perspectiva realista no tratamento dos sucesos do pasado. Adoitan basearse en relatos literarios e conceden gran importancia á ambientación (traxes, peiteados, complementos, mobiliario, etc.) Variantes deste xénero son o cine político (sobre historias ou personaxes políticos) e o cine de catástrofes, onde o desastre se orixina nun fenómeno da natureza (terremotos, maremotos, inundacións, avalanchas de neve...)

“Espartaco”, película que narra os feitos ocorridos durante a III Guerra Servil ou Guerra dos Gladiadores (anos 73 e 71 a. C.)

“Al Sur de Granada” (Fernando Colomo, 2003) é unha película española que conta a historia dun xoven inglés que viaxa a Granada para tratar de olvidar a súa vivencia na I Guerra Mundial, refuxiándose nunha colección de miles de libros.

CINE BÉLICO Xénero cinematográfico que trata de feitos épicos (temas heroicos, históricos ou lendarios) reais ou ficticios. As guerras do século XX, o cine de romanos e o cine épico estarían dentro das películas deste grupo.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

“300" (Zack Snyder, 2007) é a adaptación dun cómic que relata a batalla das Termópilas, onde se enfrontaron o Imperio persa e as polis gregas lideradas por Esparta no ano 480 a. C.

“Ben-Hur”, película ambientada na antiga Roma.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Rosiña films presenta

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

CINE DE AVENTURAS E DE ACCIÓN Trátase este dun xénero para entreter, no que a trama non nos leva a unha reflexión sobre as accións coma noutros xéneros máis “serios”. Os argumentos poden inspirarse en feitos históricos, en guerras, en historias policiacas, etc.. Neste grupo de filmes tamén se inclúe o cine de espías, de aventuras na selva, piratas, artes marciais e o cine de capa e espada. Outras características son as escenas de moita acción (batallas e persecucións); personaxes estereotipados (heroes fortes e traidores) que loitan por un obxectivo (tesouros, resolucións de misterios, rescates de persoas); baséanse en que “o ben prevalece sobre o mal”; con frecuencia a acción sucede no pasado; dáselle máis peso á ambientación, ao vestiario e aos efectos especiais que ao guión. “Tarzán”, baseada na novela de Edgar Rice Burroughs, é un exemplo moi popular do cine de aventuras.

BIBLIOGRAFÍA: Iniciaciónaoaudiovisual,Au2005.Audiovisualnasaulas.VV.AA,XuntadeGalicia.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

As adaptacións cinematográficas de Tarzán son moitas e moi diversas.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.