PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” MÁIS SÍMBOLOS E EMBLEMAS OLÍMPICOS Medallas olímpicas Son o tesouro máis preciado dos Xogos Olímpicos e co que soñan a diario miles de deportistas. Nos eventos olímpicos o premio para o primeiro lugar é unha medalla de ouro, para o segundo unha de prata e para o terceiro de bronce. No momento de efectuar a súa entrega, o gañador sitúase no centro do podio, o segundo á dereita do mesmo e o terceiro á esquerda do gañador. Cada medalla, unida a unha cinta, cólgase arredor do pescozo do gañador por parte dun membro do COI e ízanse as bandeiras dos países dos gañadores ao tempo que soa o himno nacional do país do deportista que leva o ouro. E os competidores que non gañan medalla? Do cuarto ao oitavo lugar reciben diplomas. Ademais, a todos os atletas se lles outorga tamén unha medalla conmemorativa. Como son as medallas olímpicas? As partes da medalla son o anverso e o reverso. Neste último, que se modifica para cada Olimpíada, aparece o emblema oficial dos Xogos en particular. As medallas variaron moito ao longo do tempo, tanto en peso e tamaño coma no seu deseño. Desde os Xogos Olímpicos de 1928 en Amsterdam ata Sydney 2000, as medallas mantiveron no seu deseño a Deusa da Victoria, Niké. Pero houbo algunhas excepcións: nos Xogos de Munich (1972), Moscú (1980) e Barcelona (1992), os Comités Organizadores realizaron deseños inspirados na cultura deses países. Medallas de Atenas 1896 e Barcelona 1992.
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016”
En Atenas 2004 o deseño recordou moito a Grecia: como a deusa Niké voaría ao Estadio para coroar ao mellor deportista, decidiron representar nunha das caras da medalla o interior dun estadio (o Panateneo, onde en 1896 se “reviviron” os Xogos). Na outra cara figura o deporte no cal foi gañada a medalla. Sabías que... As medallas entregadas en Londres 2012 teñen unha porcentaxe variable do metal co que se nomean. Así, a de ouro ten menos do 2% de ouro, 93% de prata e 5% de cobre. A de prata componse de prata nun 93% e de cobre o resto. A de bronce está feita principalmente de cobre. A última medalla de ouro sólido entregouse nos Xogos Olímpicos de Verán 1912, celebrados en Estocolmo (Suecia). O Kotinos Con este termo grego referímonos á rama de oliveira e á coroa do vencedor nos Xogos Olímpicos antigos. A pesar de ser un emblema simple, simboliza a importancia histórica da Grecia antiga, o ciclo da vida, a calidade imprescindible dos Xogos Olímpicos. É un símbolo de liberdade e esperanza, e é unha fonte de inspiración para os deportistas do mundo enteiro. As súas cores destacadas son a branca e a azul, que traen á mente o ceo e o mar grego. O Comité Organizador dos Xogos Olímpicos do 2004, celebrados en Atenas, decidiu incluíla máis de dezaséis séculos despois, rendindo así homenaxe á deusa da cidade. Segundo o mito, Atenea asegurou a tutela da cidade antiga frente a Poseidón (Deus do Mar), ofrecendo aos atenienses esta árbore nutritiva que despois se volveu sagrada.
BIBLIOGRAFÍA: GIFFORD, Clive: “La enciclopedia de los juegos olímpicos”, Ed. sm.
Unha deportista coa coroa de oliveira amosa a medalla que conseguiu nos Xogos Olímpicos de Londres (2012).
Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16