Texto 6 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta

PROFESIÓNS DE CINE (Parte I) Seguramente moitos/as de vós vos preguntaredes que hai detrás dunha película, quen é responsable de que ese produto audiovisual chegue ata nós... Verdadeiramente esta é unha tarefa moi difícil, xa que son tantas as persoas que participan na creación dun filme, que dependendo a quen se lle pregunte quen é o/a autor/a do mesmo, podemos recibir respostas ben diferentes: mentras unhas persoas se centrarán no nome do director/a, outras falarán dos actores e actrices, e incluso haberá quen recorde a produtora. Imos coñecer algunhas das profesións nas que traballan as persoas que se adican ao cinema. E para iso, clasificarémolas segundo as diferentes fases da súa produción: PRE-PRODUCIÓN (FASE DE PROXECTO E DIRECCIÓN) Unha vez creada a idea, esta primeira fase é a de creación do guión, xa que antes de comezar a rodar unha película hai moooito que facer! O guión pode ser orixinal, se a historia é inédita, ou adaptado, se está baseado nalgunha obra que xa exista. -PRODUTOR/PROMOTOR. É quen decide poñer en marcha o proceso, e que necesita á súa vez da colaboración doutros profesionais desde liñas diferentes (creativa, económica, artística, técnica...)

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

-GUIONISTA /EQUIPO DE GUIONISTAS. A partir dunha idea orixinal ou da adaptación dunha obra xa existente, elaboran e constrúen o texto (guión) que será a base do proxecto.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Texto 6 cine by marichoni marichoni - Issuu