Texto 8 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta

PROFESIÓNS DE CINE (Parte III) AMBIENTACIÓN E EFECTOS ESPECIAIS: -Infógrafo/Grafista por ordenador. Introduce efectos especiais a través do ordenador (realidade virtual). -Maquetista. Reproduce a escala partes do decorado que despois se incluirán nas imaxes grazas a un fenómeno óptico. -Profesionais de efectos especiais. Simulan ambientes non reais.

-FIGURINISTA. Deseña o vestiario de actores e actrices, e traballa conxuntamente co equipo de maquillaxe e peiteadores/as.

Deseños realizados para a película de Harry Potter, soldado romano e Juana la Loca.

-MODISTA/XASTRE. Encárgase de confeccionar o vestiario deseñado polos/as figurinistas.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Rosiña films presenta -CARACTERIZADOR. Estuda que maquillaxe e peiteado se adecúa máis a cada personaxe. En ocasións modifica o aspecto externo dos actores e actrices tanto que están irrecoñecibles.

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!! -FIGURANTES/DOBRES/EXTRAS. Non sempre son actores ou actrices profesionais. En ocasións teñen un diálogo ou unha intervención moi breve; noutras ocasións, non teñen ningún papel interpretativo.

A caracterización de Robin Williams como Señora Doubtfire (Chris Columbus, 1993) obtivos varios premios. As actrices aparecen en primeiro plano nun ximnasio. As personas do fondo son figurantes e non teñen ningún papel na película.

O actor Johnny Depp non parecía o mesmo na película Eduardo Manstesoiras (Tim Burton, 1990).

Co actor español Javier Bardem lograron un enorme parecido con Ramón Sampedro, historia contada na película Mar adentro (Alejandro Amenábar, 2004).

-ESPECIALISTAS DE RISCO/DOBRES DE ACCIÓN. Substitúen aos actores e actrices en escenas de risco (lanzarse desde unha ponte, chocar cun automóbil...), ou que requiren un coñecemento especial (montar a cabalo, facer unha carambola nunha mesa de billar...).

-ACTORES e ACTRICES PROTAGONISTAS. O seu papel é parte esencial da historia, xa que “prestan” o seu corpo, a súa voz e os seus xestos a cada personaxe. -ACTORES e ACTRICES SECUNDARIOS ou DE REPARTO. Desempeñan papeis secundarios.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Nesta película (Casablanca), os figurantes ocupan as mesas dun bar no que se está escoitando música en directo.

Santiago Segura e Gabino Diego con actores que traballaron coma os seus dobres en escenas máis perigosas.

BIBLIOGRAFÍA: Las profesiones del cine. Eva March Cucurull.

A escena do extraordinario salto de James Bond en Goldeneye: o regreso do axente 007 (M. Campbell,1995) está efectuada por Wayne Michaels, e non por Pierce Brosnan (actor principal).

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.