Os Xacios

Page 1

BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R.,

Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres míticos galegos; Edicións Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Edicións Xerais, Vigo 2001. ? Teijeiro Rey, Xoán Xosé; Seres galegos das augas; Editorial toxoxoutos, Noia 2002. Reigosa, A. e Miranda, X.,A flor da auga: ? historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas; Edicións Xerais, Vigo 2006.

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

Os Xacios


As Xacias e os Xacios son anfibios con figura humana. Viven nos pozos máis profundos do Miño, en Chouzán, Parleira, Cabeceira, ao pé do castro de Marce, entre as comarcas de Lemos e Chantada. As xacias son belísimas e atraen aos mozos á súa perdición. Dise que nos peagos posúen enormes tesouros. Pero nós non sabemos de ninguén que os vise e volvese para contalo. Viven en familias, clans ou tribos que se alimentan de peixes e segundo relatan as lendas adícanse a xantar carne humana. Algunhas veces, devoran e esnaquizan tamén aos membros da súa propia familia ou especie e incluso aos descendentes híbridos da relación humna cos xacios.

Lendas Unha xacia de Chouzán aparecéuselle a un pescador nun pozo do río e contoulle que se a bautizaba podería escapar do río e casar con el. O pescador ao vela tan guapa non resistiu a tentación e levouna á casa do cura para que a fixera cristiá e logo casou con ela. Os fillos que tiveron non facían máis que estar sempre no río bañándose e lapexando auga. O pai enfadábase por isto ata tal punto que, un día, rifou con eles e chamoulles fillos da xacia.

Tamén rifaba ca súa muller ata que ela, desprezada e maldita, colleu o camiño do rio e abandonouno para sempre; pero ao chegar a xunto das outras xacias, estas matárona porque era cristiá. Cando lle veo o trasacordo ao home, marchou en procura dela e viu o seu corpo en cachos nadando nas augas do pozo. Unha nena chamada Sabel, filla dunha xacia e dun pescador, ía de camiño ao monte pastoreando o gando, cando atopou de súpeto cunha xacia das que poboaban o río. As dúas comezaron a falar e axiña se fixeron amigas, o cal non era de estrañar dado que as dúas devecían polo baño nas augas. Pasou o tempo, e víanse decote na croa do monte. Daquela a xacia, por mor da amizade, agasallaba á meniña con grans dun millo máxico que ao ir a parar aos petos da saia de Sabel, trocábanse en ouro. Só lle puxo unha condición, e era que non lle contase a ninguén nada acerca dos galanos que lle daba. Ao primeiro, a nena estaba leda e reloucante amoreando ouro a mancheas, pero no paso do tempo e sen matinar na advertencia de que, trala revelación do segredo sería levada polos xacios, deu en llo contar todo ao seu pai. Logo de facer isto, marchou ao monte co gando e desapareceu. Vendo o seu pai, despois de moito agardar, que a nena non aparecía, coidou que algo lle ocorrera botándose ao monte na súa procura. Nin un rastro ou pegada dela se vía. Cando xa voltaba para a casa, escoitou unha voz fonda que saía de preto do castro de Marce, e dicía: - “Sabeliña, Sabelón fritida está no aceitón” O pai, desesperado, comezou a maldicir ás xacias e a laiarse por telas coñecido.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.