
1 minute read
Exposicións do alumnado de Bacharelato artístico


Advertisement
Exposición feita polo alumnado da materia ―Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica‖ de 2º Bacharelato de Artes, dirixido pola profesora Blanca Barrio, con motivo do Dia para a eliminación da violencia contra a muller.
Este ano o alumnado de Técnicas Gráfico Plásticas de 2º Bac de Artes, colaborou, como xa se fixera outros anos co Salón Do Libro. Nesta ocasión o traballo feito foi moi diferente e marcado sobre todo por certas dificultades, xa que foi feito en directo ,ao longo de varias semanas. Comenzouse por utilizar a estética das obras de Keith Haring, artista urbano que se prestaba moito como referente para este traballo. A partir de aí traballáronse distintas imaxes do autor, que en varias ocasións houbo que refacer a causa da choiva ou das agresións. (varias). O resultado probablemente non sería o que fixera Haring, pero para nós foi un bo traballo e bastante divertido.


Exposición de traballos feitos con caixas de mistos na materia de ―Volume‖ do Bacharelato de Artes, dirixidos pola profesora María José Barreiro.

No Parnasillo estiveron expostos os traballos de kirigami feitos en Volume polo alumnado do Bacharelato Artístico, baixo o título ―As cidades e a publicidade‖ , dirixidos pola profesora Blanca Barrio. Velaí unha mostra.







