3 minute read
Editorial: Cambios
XUNCOS
Revista trilingüe
Advertisement
do I.E.S. A Xunqueira I
Número 32 Ano XL Curso 2021-2022
Dep. Legal .– PO 505-2010
I.E.S. A XUNQUEIRA I Rua Alexandre Bóveda 36005 Pontevedra Teléfono: 886159721 Fax: 886159732 http://www.iesxunqueira1.com
ies.xunqueira.1@edu.xunta.es espois de dous anos sen editar a revista Xuncos por mor da pandemia do COVID 19, retomamos a tarefa coa ilusión de sempre para tratar de reflectir todas aquelas actividades e eventos que xalonaron a nosa estadía no centro durante o presente curso.
No curso 2019-2020, un pouco antes de declararse a pandemia, o equipo directivo, dirixido por Carmina Aguado Madrigal, decidiu o cambio de logo do centro. A nosa ra cumpliu dabondo e estaba cansa de posar. Deste xeito, e crendo que este simpático anfibio resultaba ser un pouco infantil para un centro de secundaria, optouse polo escudo en tonalidade dourada, que no seu deseño contén un X de Xunqueira e un xunco. Un logotipo un pouco máis formal.
Esperamos que o devandito logo acade unha longa vida e represente dignamente ao noso centro.
Un cambio substancial resultou ser a chegada ao centro dun novo director en substitución de Carmina Aguado que cesou no cargo por unha merecida xubilación e tras unha labor encomiable durante tres anos, nos que levou o temón do Instituto con mestría e unha profesionalidade encomiable. O elixido para o cargo, que terá que asumir os vindeiros catro anos, é Enrique Rey, profesor de Educación Física. Cesa tamén no cargo a profesora de Historia Mercedes Mora, que deixou a Xefatura de Estudos para entregala ao profesor de Educación Física Carlos Novo.
Este curso, o profesor Venancio Piñeiro foise por un ano, para volver no curso 22-23, destinado ao Instituto Español de Bogotá (Colombia). Tamén marchou Marily Pierres, profesora de Física e Química, con destino definitivo no Principado de Andorra. Aparte de Carmina Aguado, xubiláronse Ana Fontenla, Rafael Piay, Joaquín Castro, Mar Martín, Mar Rúa e Ramona Neira.
Foron nomeados novos catedráticos: Carlota Penelas e Elena Pazos de Francés, Sonia Soto de Filosofía, Joaquín Morales de Debuxo, Manuel Reboredo de Historia e José M. Ramos de Matemáticas e secretario do centro.
Por último, informar dunha boa nova, tal e como é o retorno do profesor de Educación Física e exdirector do centro, Luís Rascado, que vén dun periplo profesional en Sao Paulo (Brasil)
Tanto aos que se foron como os que voltan, desexámoslle o mellor na súas novas andainas profesionais e persoais.
A REDACCIÓN
Composición e maquetación: José M. Ramos González Colaboracións: Alumnado e profesorado do IES A Xunqueira I. Revisión textos en galego: Manuel Reboredo Tajes Revisión textos en castelán: José M. Ramos González
Portada: Margarita Filgueira Couto (2ºD Bac) Contraportada: Carlota Solé Pérez (2ºD Bac)
Imprime: Teucrograf Editorial: Cambios.....................................................................................................2 Coro IES A Xunqueira I ............................................................................................3 Nueva aula de música..............................................................................................4 Emilia Pardo Bazán..................................................................................................5 Centenario de la muerte de Emilia Pardo Bazán......................................................6 Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller............................7 ―O apalpador‖ o como surgen los mitos....................................................................8 Exposicións do alumnado de Bacharelato artístico ..................................................9 Lecturas recomendadas .........................................................................................11 Walking around EDUGAL. English Theatre: The Amazing Robin Hood .................12 Dous libros. Miscelánea de novas..........................................................................13 EDUGAL. 14 de marzo. Día de pi...........................................................................14 Opinión: 24 febrero 2022. Estalla la guerra en Ucrania..........................................15 Letrilla ligera para un día de primavera ..................................................................17 Biblioteca nova en tres espazos. Principal. ............................................................18 Biblioteca nova en tres espazos. Parnasillo - Terraza...........................................19 Estudaron no IES A Xunqueira I.............................................................................20 Andorra. Visita á policía local..................................................................................21 Outras saídas: Ver animais e plantas.....................................................................22 Concurso carteis de Entroido e tarxetas de Nadal..................................................23 ―Ben veñas maio‖ Premios Banda deseñada. Magosto no Instituto ......................24 Banda deseñada: Medo e amor pola lingua ..........................................................25 Normalización lingüística: Unha chea de actividades.............................................29 Concurso de microrrelatos. III Xogos Florais..........................................................32 Poesía. Gañadores III Xogos Florais......................................................................33 Poesía. Gañadores ―Ben Veñas Maio‖ ...................................................................34 Pasatempos. Concurso ..........................................................................................35 2