2 minute read
Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller
No Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller fixéronse dentro e fóra da Biblioxún os seguinte eventos, fixádevos:
IDENTIDADE. A NORMALIDADE DO NON COMÚN:
Advertisement
O autor da obra teatral Identidade, Nee Barros, veu falar sobre cuestións relacionadas coa identidade de xénero, e definíu moi claramente a diferenza entre conceptos como "sexo biolóxico", "xénero asignado", "identidade de xénero", "expresión de xénero" e "orientación sexual". Como sabedes, esta obra lese no Club de Lectura "A esmorga", dentro do novo grupo creado este ano sobre "Feminismos e LGTBI".
O mesmo día 25, fixemos o acto simbólico de plantar unha árbore, neste caso unha oliveira, no patio do noso centro. Axudaron nesta actividade un grupo de alumnos, alumnas e profesoras. O alumnado leu, ademais, unha serie de recomendacións para axudar a previr as violencias machistas entre os adolescentes. Foi moi emotivo! A choiva parou naquel momento para escoitar estas palabras e para lembrar ás 37 vítimas da violencia este ano en España... Por favor, nin unha máis!
O MEU DONO
NON QUERO TER MEDO POLA RÚA.
Dábame de comer. Comproume unha correa moi firme. Ás veces deixábame a liberfade de subir ao sofá. Cando facía algo que non lle gustaba, rifábame. Tratábame como unha cadela ata o punto de que ás veces eu mesma esquecía que era unha muller.
Sofía Abad Soliño 2ºC ESO
Era un día de Entroido, de camiño a casa, sós, na escuridade da noite, escoitei uns pasos tras de mín. Eran varias persoas disfrazadas que me seguían. Empecei a poñerme nerviosa e púxenme a berrar pedindo axuda. Ningúen, dos que me escoitaron, acudiron na miña axuda, sufrín insultos e intentaron botar man de min, pero logrei escapar. Fun á policía e puxen unha denuncia. Pasados uns días, fun chamada por un xuíz para declarar. Ó escoitarme, díxome que ninguén me mandaba ir soa pola rúa de noite, con saia corta e escote. Sinto vergoña e medo.
Una flor. Una margarita a la que un paseante decidió arrancar sus pétalos ¿Será mi culpa? Las caricias. Los besos. Los te quiero. Ahora son golpes, patadas, insultos. Solo me queda esperar a que llegue el fin.
No te vistas así. Llevas mucho escote. Esa falda es muy corta. Golpes, patadas, insultos. Una noria de sufrimiento. Las tres de la mañana y llegas con unas copas de más…
Ahora nos toca a nosotras. Ser el grito de las que no tienen voz. Ser el violeta de lo que en negro convertimos.