Plan de Convivencia de A Cachada

Page 1

PLAN DE CONVIVENCIA DO IES A CACHADA

BOIRO



1.- XUSTIFICACIÓN. 1.1. Marco lexislativo. 1.2. Observatorio da Convivencia Escolar do centro. 2.- CONSTRUÍNDO CONDICIÓNS PARA INICIAR O PROCESO DE MELLORA. 3.- ANÁLISE DA REALIDADE DA CONVIVENCIA NO NOSO CENTRO. 3.1. Contexto de centro. 3.2. Autorrevisión do centro en torno á convivencia escolar. 4.- MEDIDAS DE CARÁCTER PREVENTIVO: NECESIDADES DE FORMACIÓN E DE MELLORA PRIORITARIAS. 5.- MEDIDAS DE INTERVENCIÓN PARA RESOLVER OS POSIBLES CONFLITOS QUE SE PRESENTEN. 6.- OBXECTIVOS. 7.- BÚSQUEDA DE SOLUCIÓNS E ACTUACIÓNS. 8.- DESENVOLVEMENTO DESEÑADAS.

E

SEGUEMENTO

DAS

MEDIDAS

9.- AVALIACIÓN E ANÁLISE DOS RESULTADOS E DO PLAN. 10.- PROPOÑER E INSTITUCIONALIZAR MELLORAS. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS. ANEXO I. Normas de convivencia. R.R.I. ANEXO II. Cuestionarios. ANEXO III. Gráficas. Resultados das enquisas. ANEXO IV. Modelos de programas para a mellora da convivencia. ANEXO V. Programa de mediación escolar. ANEXO VI. Celebración do Día da Paz e a Non Violencia.



PLAN DE CONVIVENCIA

1.- XUSTIFICACIÓN. 1.1. Marco lexislativo. A Lei Orgánica 2/2006 de Educación (LOE) marca como principios a formación nos valores da responsabilidade e liberdade persoal, respeto e xustiza así como a educación para a prevención de conflitos e a súa resolución pacífica. E así, no seu artigo 121 establece que os centros disporán dun plan de convivencia que formará parte do Proxecto Educativo do Centro. A Lei Orgánica 8/1985 reguladora do dereito á educación (LODE), sustenta a formación no respeto aos dereitos e liberdades fundamentais dentro dos principios democráticos de convivencia. O Real Decreto 732/1995 polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos e normas de convivencia nos centros apunta que na educación transmítense e exercítanse valores que fan posible a vida en sociedade, adquirindo hábitos de convivencia e respeto mutuo. O Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia sinala como obxectivos: - Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. - Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacíficamente os conflitos. O Decreto 85/2007 do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego de Convivencia Escolar, determina a organización e funcionamento do Observatorio de Convivencia Escolar no seo do consello escolar, destinado a participar na dinamización do Plan de Convivencia e coordinación das actuacións relacionadas ca súa mellora.

1.2. Observatorio da Convivencia Escolar do centro. O OBSERVATORIO ESCOLAR DE CONVIVENCIA do noso centro, tal e como se regula no decreto 85/2007, está constituído dende o 19/02/08 e foi renovado o 11/12/08. Actualmente está composto polos seguintes membros: - O Director: Fernando Blanco Lado - O Xefe de Estudos: Joaquín Morales Leyva - Representantes do profesorado: - Juan José Rilo Nogueira - Mariano Muñiz Blanco -1-


PLAN DE CONVIVENCIA

- Ángeles Fernández López - Milagros Ares Touriño - A Orientadora do Centro: - Mª Isabel Castro González - Representante dos pais e nais: - Perfecto Domínguez Riveiro - Representante do alumnado: - David Laíño Blanco - Representante do persoal non docente: - Patricia Vázquez Rivera

2.- CONSTRUÍNDO CONDICIÓNS PARA INICIAR O PROCESO DE MELLORA. Previamente á elaboración e posta en práctica do plan temos que atender a tres aspectos: -

Clarificar e xustificar a proposta de elaboración do plan ante a Comunidade escolar. Faise a través do debate sobre o seu sentido, necesidade e pertinencia no seo da comunidade educativa. O profesorado (e toda a comunidade) ten oportunidade de coñecer este plan, os seus compromisos e a responsabilidade que conleva. Existe un acordo sobre a necesidade e a finalidade do plan. (Este documento facilita o coñecemento dos aspectos claves da política de prevención da violencia escolar). -

Clarificar e difundir os principios que deben orientar a convivencia no centro. Necesitamos un modelo básico de referencia e para iso establecemos os valores e principios que orienten a convivencia no noso centro. O modelo de convivencia que se quere desenvolver no centro é un modelo democrático. Como consecuencia estaría a participación do alumnado, pais e axentes sociais na xestión democrática do centro, respectando escrupulosamente os roles de cada quen. Os valores e as normas que rixen formalmente as relacións entre a comunidade escolar están recollidos no PEC e dentro deste, tamén, no RRI (ver ANEXO I). Neste documento tamén se poden consultar os dereitos e deberes do alumnado, do profesorado e dos pais e nais entre outros. No apartado referido ás normas de convivencia recollidas no RRI sinálase que toda a Comunidade Educativa e o Consello Escolar que a representa ten a obriga de defender os dereitos dos alumnos que cumpren cos seus deberes. O RRI tamén recolle as funcións principais da comisión de convivencia que consisten en propoñer e canalizar as iniciativas de tódolos sectores da comunidade educativa para mellorar a convivencia, o respecto mutuo e a tolerancia no centro.

-2-


PLAN DE CONVIVENCIA

-

Creación das condicións e estruturas que permitan o seu diseño e desenvolvemento. → No centro contamos co Equipo Directivo: Éste transmite a pertinencia de elaborar o plan e propicia os medios posibles para o seu axeitado desenvolvemento. Colabora na súa elaboración así como o resto da comunidade educativa aportando lexitimación ao plan que se vai incorporar ó PEC e que pretende axudar a desenvolvelo nalgúns aspectos sustanciais. → A participación na elaboración e desenvolvemento do plan de profesores, pais e alumnos: Para axeitar o plan ás necesidades do centro e poder levalo á práctica é necesaria a implicación dos profesores e para iso contamos coa súa participación a través dos órganos e estruturas de coordinación pedagóxica do centro. Neste senso, sería necesario potenciar os mecanismos de coordinación horizontal do profesorado en torno a niveis educativos. Informarase aos pais sobre a pertinencia de elaborar o plan e ofertaránselles posibilidades para a súa participación efectiva, incluso se pode organizar algunha actividade formativa específica (charlas, talleres,…). → No que se refire aos alumnos: Para conseguir a súa participación, opinión e aportacións utilizar sesións de tutoría, grupos de debate ou Xunta de Delegados. → Asesoramento e formación: para elaborar e desenvolver o plan pode resultar aconsellable que o profesorado participe nalgún tipo de actividade formativa que permita recibir asesoramento e formación, así como adicar un tempo específico ao debate, análise e reflexión en torno á convivencia escolar. O equipo directivo mantén contactos coas institucións responsables da formación permanente do profesorado para configurar un grupo de traballo. → A comisión de convivencia ampliada: O equipo directivo, a comisión de convivencia e o grupo de traballo están apoiados polo departamento de orientación, por asesores externos (docentes externos do grupo de traballo) e membros significativos do propio centro. Estas persoas elaboran o plan e poden axudar a elaborar propostas materiais, coordinar debates e colaborar na coordinación do proceso. → Reservar tempos nas estructuras e órganos de coordinación e participación: a CCP, os Departamentos, as Xuntas de profesores e as reunións de coordinación de tutores co Departamento de Orientación (DO), poden recibir e transmitir información, facer propostas de actuación, elevar demandas de formación e asesoramento, supervisar actuacións,…, durante o proceso de elaboración e desenvolvemento do plan. Concretaranse os tempos, procesos e recursos que a elaboración e desenvolvemento do plan van a requerir nos órganos de participación da comunidade (fundamentalmente o Consello Escolar e a Comisión de Convivencia). Entre os recursos cos que iniciamos a elaboración do plan está revisión do estado da convivencia no instituto.

-3-


PLAN DE CONVIVENCIA

3.- ANÁLISE DA REALIDADE DA CONVIVENCIA NO NOSO CENTRO. 3.1. Contexto de centro. - O Concello de Boiro: O IES A Cachada localízase no concello de Boiro. Boiro é un concello coruñés das Rías Baixas situado na vertente meridional da serra do Barbanza. Trátase dun espazo orientado ao sur, no que se aprecia o marcado contraste da montaña e a ampla franxa costeira que, aos seus pés, dá ao mar de Arousa. - Necesidades educativas do contorno: A principal necesidade educativa á que dá resposta o noso centro é a de escolarizar en Ensino Secundario Obrigatorio aos alumnos dos centros de primaria adscritos e aqueles outros que, habendo prazas, así o soliciten. O centro foi creado con cinco liñas de ESO. - Colaboración cos Servizos Sociais do Concello: Relación do Departamento de Orientación cos servizos sociais do Concello. Tramitación por parte do equipo directivo dos protocolos de actuación de absentismo escolar.

3.2. Autorrevisión do centro en torno á convivencia escolar. Para coñecer o estado da convivencia no centro e poder así elaborar este plan de convivencia formouse un grupo de traballo formado baixo o epígrafe “ANÁLISE DAS NECESIDADES DE INTEGRACIÓN DA CONVIVENCIA NO CENTRO” que está constituído polas seguintes profesoras: CALVO PONTE, PATRICIA DONCEL FERNÁNDEZ, JULIA FERNÁNDEZ LÓPEZ, Mª DE LOS ÁNGELES FERREIRÓS BLANCO, Mª TERESA LÓPEZ DÍAZ, MERCEDES SIEIRA PAZ, ESTHER A autorrevisión do centro levouse a cabo a través da elaboración, reparto e análise de diversos cuestionarios (anexo II) e tamén da posterior revisión e interpretación dos mesmos (anexo III). AS CONCLUSIÓNS DAS ENQUISAS REALIZADAS SON: 1.- Sobre o grao de participación: Onde houbo máis participación foi no grupo de alumnos/as (100%) e do persoal non docente, seguido do grupo de profesores/as (60%) e cun nivel moi inferior está a participación dos pais/nais(7%). Isto tradúcese en que no noso centro existe unha falla de participación dos pais/nais desta comunidade educativa.

-4-


PLAN DE CONVIVENCIA

2.-Sobre a enquisa aos alumnos: Tratamos de facer unha análise comparativa entre os diversos cursos/idades, xa que na etapa evolutiva en que se atopan os alumnos ao comezar a escolaridade no Instituto non é a mesma que ao rematar a escolaridade na E.S.O. Mediante 15 ítems analizamos varias categorías diferenciadas: ► Comportamentos de pasividade ou evitación ante as situacións de ensinanza-aprendizaxe: entre estas condutas podemos indicar non traer material á clase e o absentismo escolar. Na nosa enquisa está recolleito no conflito 12. A metade do alumnado segundo os alumnos de 1º-2º-3º teñen este conflito e no 4º curso este conflito aumenta. ►Inadecuada aceptación das normas do centro: entre estas condutas podemos indicar desobedecer aos profesores, non seguir as normas do centro . Na nosa enquisa están recolleitos no conflito 1 e 2. Ao longo dos cursos a metade do alumnado ten este conflito na clase. Pero cando nos referimos ó centro, sen un control dos adultos tan alto, aumenta significativamente este conflito dándose a maior porcentaxe nos cursos de 3º e 4º da ESO. ►Comportamentos disruptivos: nesta categoría englóbanse interromper, molestar na clase. Son condutas que sen ser agresivas interrompen o proceso de ensino-aprendizaxe. Na nosa enquisa está recolleito no conflito 3. Todos os cursos manifestan un índice significativamente alto neste conflito. ►Condutas de trato inadecuado cos profesores: nesta categoría só englobamos as agresións verbais como non respectar ós profesores ou reaccionar con ira e insultos ante amoestacións. Na nosa enquisa está recolleito nos conflitos 1 e 4. Nos cursos 1º e 2º a metade do alumnado teñen este conflito, que diminúe lixeiramente en 3º e volve a aumentar en 4º. ►Condutas de trato inadecuado entre os alumnos: nesta categoría englobamos as agresións verbais entre alumnos como insultos, alcumes, rirse de; rexeitar/illar; ameazar/chantaxear. Na nosa enquisa está recolleito nos conflitos 8, 10 e 11. En todos os cursos a maioría do alumnado considera que non existe os conflitos máis graves coma rexeitar/illar ou ameazar/chantaxear, pero si aumenta ao longo da vida escolar os alcumes e rirse de e entre eles. ►Comportamentos físicos agresivos cos profesores: recolleitos no conflito 5: facer dano físico ao profesor. Todos os cursos coinciden en que este conflito case nunca se dá. ►Agresións dos profesores aos alumnos: recolleitos no conflito 6 Todos os cursos coinciden en que este conflito case nunca se dá. ►Comportamentos físicos agresivos entre alumnos: recolleitos no conflito 9-14-15, inclúense tamén o estrago ou roubo de material entre alumnos. -5-


PLAN DE CONVIVENCIA

O curso que manifesta menos conflito neste apartado é o de 1º. Nos cursos de 2º-3º-4º indican que se dá nunha porcentaxe media-baixa. 3.-Sobre a enquisa aos pais/nais: A valoración da súa relación co equipo directivo e co profesorado é moi boa. Tamén consideran boa a relación que existe entre os alumnos do centro. Nun termo medio se encontran a valoración das relacións profesor-alumno, da disciplina do centro, da súa participación na xestión do centro, dos recursos do instituto e da información que teñen sobre o que acontece no centro. Por último indican nunha alta porcentaxe que non teñen suficiente información para resolver conflitos de convivencia cos seus fillos/as. 4.-Sobre a enquisa aos profesores: ► Comportamentos de pasividade ou evitación ante as situacións de ensinanza-aprendizaxe: entre estas condutas podemos indicar non traer material á clase e o absentismo escolar. Na nosa enquisa está recolleito no conflito 7. A metade do profesorado coincide cos alumnos de 1º-2º-3º en que teñen este conflito. O 65 % do profesorado escrutado coincide en que se necesita intervir sobre isto. ►Inadecuada aceptación das normas do centro: entre estas condutas podemos indicar desobedecer aos profesores, non seguir as normas do centro. Na nosa enquisa están recolleitos no conflito 1 e 2. Segundo os profesores a metade do alumnado ten este conflito na clase sen coincidir coa percepción dos alumnos. A necesidade de actuación é dun 75%. ►Comportamentos disruptivos: nesta categoría englóbanse interromper, molestar na clase. Segundo os profesores dase moi poucas veces, apenas se da no centro. A necesidade de actuación é dun 50%. ►Condutas de trato inadecuado cos profesores: nesta categoría só englobamos as agresións verbais como non respectar ós profesores ou reaccionar con ira e insultos ante amoestacións. Na nosa enquisa está recolleito no conflito 3. A maioría dos profesores coinciden en que este conflicto non se da entre os alumnos. A percepción do alumnado sobre este conflicto é máis negativa que a dos profesores. A necesidade de actuación é dun 50%. ►Condutas de trato inadecuado entre os alumnos: nesta categoría englobamos as agresións verbais entre alumnos como insultos, alcumes, rirse de; rexeitar/illar; ameazar/chantaxear. Na nosa enquisa está recolleito nos conflitos 5 e 8. Este conflicto non chega a producirse en menos da metade do alumnado segundo os profesores, sendo máis frecuentes os insultos e alcumes. A necesidade de actuación é dun 84 %.

-6-


PLAN DE CONVIVENCIA

►Comportamentos físicos agresivos cos profesores: recolleitos no conflito 4: facer dano físico ao profesor. Segundo os profesores, o 100% coincide en que non se dan estes conflictos, igual que a percepción dos alumnos. A necesidade de intervención é do 50%. ►Comportamentos físicos agresivos entre alumnos: recolleitos no conflito 6, 8, 9 e 10, inclúense tamén o estrago ou roubo de material entre alumnos. Este conflicto dáse en moi poucas situacións segundo os profesores. A necesidade de intervención é do 40%. 5.- Sobre a enquisa aos departamentos: Nesta enquisa o que se trata de descubrir son as posibles dificultades no centro que poden influír nas relacións de convivencia entre os compoñentes da comunidade educativa. Educación en valores: ► Os diferentes departamentos consideran que neste momento fanse poucas actividades para favorecer a integración dos alumnos no grupo-clase. A necesidade de intervención neste punto sería dun 77%. ► A participación dos alumnos nas normas de clase é baixa e a necesidade de intervención é do 33%. ► Na realización de tarefas de responsabilidade departamentos consideran que se fan. A necesidade de intervención é do 50%.

a

metade

dos

► Na realización de traballos en equipo ou en grupos os departamentos consideran que se fan nunha ampla maioría, sempre que sexan titorados polo profesor dentro da clase; pero fóra do horario escolar indican que se fan poucos. Sobre a necesidade de intervención é do 33%, máis inferior aínda na realización de traballos fóra do horario escolar. ►Sobre a ensinanza aos alumnos de habilidades sociais para previr/resolver conflitos unha porcentaxe alta indica que esta ensinanza non se da de forma suficiente no noso centro. A necesidade de intervención neste apartado é do 78 %. ►A metade dos departamentos consideran que a educación en valores tense en conta nas actividades complementarias e extraescolares. A necesidade de intervención neste apartado é do 45 %. ►Hai unha porcentaxe alta de profesores que indican que non teñen suficiente formación en Educación en valores e a súa aplicación. A necesidade de intervención neste apartado é do 88%. Ademais segundo os departamentos estes valores non están recolleitos de forma clara no Proxecto Educativo de Centro, pero non ven tan necesaria a intervención na súa recolleita formal neste documento (porcentaxe do 45%).

-7-


PLAN DE CONVIVENCIA

►Sobre as normas de convivencia no centro e a súa transgresión os profesores indican nunha significativa e alta porcentaxe que non son coñecidas por toda a comunidade educativa. Aínda que máis da metade do profesorado coincide en que estas normas son respectadas e utilizadas pola maioría do profesorado e que os protocolos de actuación ante os conflitos son os adecuados. Sobre a necesidade de intervención hai disparidade, para dar a coñecer as normas ao resto da comunidade educativa a porcentaxe é baixa 22%, mentres que para a aplicación destas normas e os protocolos de actuación a porcentaxe de necesidade de intervención é alta (78%-75%). Organización do centro: ► A maioría dos departamentos considera que o control dos accesos ao centro non é axeitado e que os espazos/recursos do centro non facilitan a identificación do alumnado. A necesidade de intervención nestes dous aspectos é alta do 79% e 78% respectivamente. Ademais a maioría dos departamentos consideran que as persoas de garda non son suficientes para vixiar de forma adecuada aos alumnos, aínda que a necesidade de intervención neste ítem ten unha porcentaxe menor 67%. ► Sobre a coordinación docente os departamentos indican unha porcentaxe alta de falta de coordinación e comunicación entre os profesores, comisión de coordinación pedagóxica, observatorio de convivencia, no claustro e co equipo directivo; pero nos departamentos non se da este problema. A necesidade de intervención é dun 89% entre os profesores e comisión de coordinación pedagóxica, no observatorio de convivencia hai unha porcentaxe moi alta de abstención, 45%, polo que a porcentaxe non é significativa, 77% entre o claustro, 56% entre o equipo directivo e os departamentos. Atención á diversidade: ► Algo máis da metade do profesorado manifesta non recibir regularmente información do alumnado por parte do titor e ademais coincide nesta mesma porcentaxe que o titor teña ferramentas suficientes na procura de información sobre o alumnado ao principio de curso. A necesidade de intervención en ámbolos dous problemas é do 74%. ► A metade dos departamentos indican que se van acadando os obxectivos propostos para o alumnado de atención á diversidade aínda que a maioría din que non teñen en conta esta diversidade no momento de realizar as programacións da aula. A organización dos apoios ten unha valoración media pero requirirían máis recursos materiais e humanos para atendelos. As necesidades de intervención son altas tanto para acadar os obxectivos propostos, a organización dos apoios e os recursos materiais, baixando esta necesidade de intervención na realización de programación de aula, 55% neste último aspecto.

-8-


PLAN DE CONVIVENCIA

► A colaboración familiar, a participación activa no centro e a relacióncolaboración cos servizos externos ó centro son puntuadas negativamente nas enquisas realizadas aos departamentos. A porcentaxe de necesidade de intervención é media-alta, 67% e no último punto é máis alta, 77%. 6.- Sobre a enquisa ao persoal non docente: ► Nun termo medio-baixo encóntranse os problemas de relación entre profesores, alumnos e persoal non docente (desobedecer e non respectar, reaccionar con ira e insultos); as relacións entre alumnos (insultos e alcumes). Segundo manifestan, aumentan un pouco máis os conflitos verbais entre alumnos. Aínda que non indican conflitos físicos entre profesores e alumnos ou persoal non docente e alumnos si sinalan unha porcentaxe baixa de agresións físicas entre alumnos. Hai unha porcentaxe alta de estragos en mobiliario e material docente. Sobre as necesidades de intervención as porcentaxes máis altas, do 100%, danse en case tódolos conflitos excepto cunha porcentaxe un pouco inferior no conflito de esnaquizar material de adultos, desobedecer e non respectar aos profesores e ao persoal non docente. Ó longo dos vindeiros cursos, tendo en conta as conclusións das enquisas realizadas, priorizaranse para traballar un ou máis obxectivos.

4.- MEDIDAS DE CARÁCTER PREVENTIVO: NECESIDADES DE FORMACIÓN E DE MELLORA PRIORITARIAS. Existen diferentes medidas de carácter preventivo que deben ser consideradas, entre outras: - Adaptación ao ingreso no centro: a transición da etapa de educación primaria á educación secundaria supón para o alumno un cambio moi grande (máis profesores, maior número de materias, diferente metodoloxía e ritmo de traballo,...) que pode xerar inquedanzas e desaxustes que se tratan de minimizar con actuacións facilitadoras. - Consensuar democráticamente as normas de clase e as consecuencias do seu incumprimento. As normas deben ser: ─ Reducidas, concretas e coherentes coas normas do centro. ─ Claras e realizables. ─ Educativas e redactadas en positivo. ─ Adaptadas á idade do alumnado. Estas normas poden ser recollidas nun contrato que será asinado polo profesor e por cada un dos alumnos, comprometéndose deste xeito todos a cumplilas e pola contra a acatar a sanción imposta. - Dar cabida nas actividades de aula ao tratamento transversal das emocións mediante a escoita activa, a empatía e asertividade.

-9-


PLAN DE CONVIVENCIA

- Incluir nas programacións medidas e actividades de atención á diversidade e de traballo en grupo, que propicien a participación e a cooperación entre tódolos alumnos. - Promover unha comunicación fluída entre o centro e as organizacións representativas dos pais/nais, así como entre titores e familias por medio de reunións tanto persoais como colectivas. Entre as estratexias didácticas xerais que se poden poñer en práctica están: - Reunións co alumnado nas clases sobre conflito e convivencia. - Debate na aula sobre conflito e convivencia. - Charlas nas titorías de maneira individual. - Charlas nas titorías de forma colectiva. - Participar ou organizar campañas en prol da convivencia. - Dinámicas de grupos, xogos de rol e/ou simulación, estudo de casos... sobre conflito e convivencia. - Xogos cooperativos. - Exercicios de resolución de conflitos. - Lectura de textos sobre conflitos e convivencia. - Comentarios de textos sobre conflitos e convivencia. - Entrevistas con pais e nais sobre conflito e convivencia. - Asambleas con pais e nais sobre conflito e convivencia. Sobre as necesidades de formación cabe dicir que aínda que a convivencia é unha preocupación constante entre o noso profesorado, son poucos os que recibiron unha formación específica sobre este tema e, case sempre, o tratamento que cada un fai ante un problema de comportamento que se presenta en clase é consecuencia do senso común, da aplicación do RRI ou do coñecemento que del se teña. Faise necesario posuir estratexias que nos permitan detectar que situacións son as que máis favorecen os conflictos entre os alumnos e entre alumnos e profesores para previlos. Tamén é imprescindible saber cómo intervir nos casos que estes conflitos se presenten. A formación debe contemplar que a reacción docente sexa coherente en todo o profesorado para evitar confundir ós alumnos e reforzar as mensaxes construtivas sobre as súas condutas. Convén artellar os medios para que de xeito permanente se leven a cabo accións de divulgación e de formación relacionadas con temas que teñan que ver coa convivencia no centro. Xunto a estes recursos externos, o centro conta cos seus proxectos onde quedan recollidos aspectos que se refiren a súa organización, o RRI, o Plan de Acción Titorial e a educación en valores explicitados nas nosas señas de identidade. Por outra banda, tendo en conta os resultados das enquisas realizadas e recolleitas no apartado anterior, formulamos as seguintes propostas de melloras prioritarias: - Aumentar a participación dos pais/nais na vida do centro e poñer á súa disposición información que lles sexa útil para afrontar os problemas e conflitos de convivencia cos seus fillos adolescentes. - Mellorar o plan de acollida dos alumnos que fan a transición á etapa da E.S.O. - Consensuar medidas para a prevención do absentismo e abandono escolar.

-10-


PLAN DE CONVIVENCIA

- Poñer en marcha estratexias para empatizar cos rapaces (por exemplo facer de profesor por un día, Vaello (2003)) que están desmotivados ou en risco de fracaso escolar. Desenvolver a súa autoestima e o respecto aos compañeiros e estimular o seu interese cara á vida do centro co fin de mellorar cara ao seu futuro. Compartir titorías entre profesores “pico” e “valle” (termos recolleitos en Vaello (2007)). - Facer fincapé nas normas da clase e de centro, tanto as explícitas como as implícitas (por exemplo técnica da elaboración progresiva de normas e actuación coordinada do equipo docente tendo en conta as mesmas (Vaello, 2007)). Seguir os protocolos de actuación que xa hai no centro cando se dean incumprimentos das devanditas normas. - Formar ao profesorado en educación en valores e habilidades sociais para a súa posterior aplicación de forma continuada durante todo o curso co alumnado e entre os adultos. - Fomentar unha maior coordinación entre o persoal docente tanto para mellorar a convivencia do centro coma para traballar os contidos das diferentes materias interdisciplinarmente. - Facilitar reunións de coordinación durante o curso pero sobre todo no principio coa finalidade de aportar información do alumnado obxecto de medidas de atención á diversidade. - Solicitar da administración maiores recursos materiais e humanos para acadar os obxectivos propostos e a organización dos apoios que fosen necesarios realizando unha xustificación rigurosa destas necesidades. - Atallar o trato que recibe o mobiliario por parte do alumnado aumentando e mellorando a organización da presenza activa do profesorado nos momentos de lecer. 5.- MEDIDAS DE INTERVENCIÓN PARA RESOLVER OS POSIBLES CONFLITOS QUE SE PRESENTEN. Existen diferentes procedementos que resultaron eficaces e construtivos para resolver os conflitos no contexto escolar. Entre eles están: - O servizo de mediación: O programa que se pon en marcha con este servizo, que é o máis eficaz, require para a súa consecución dunha abordaxe institucional dos problemas de convivencia nos centros. É preciso unha forma global de tratamento, onde toda a comunidade educativa está implicada dalgún xeito, e o faga dende múltiples aspectos educativos. Nembargantes, cremos que os procedementos de mediación poden ser un instrumento importante, xunto con toda unha serie de medidas e plantexamentos globais, para mellorar de xeito significativo a convivencia nos centros educativos. Segundo Álvarez García, Álvarez Pérez e Núñez Pérez (2007) o servizo de mediación consiste en que o centro educativo dispoña de persoas formadas en resolución de conflitos en xeral, e en mediación, en particular, ás que poder acudir voluntariamente en caso de necesidade. Os tipos que sinala son: modelo global, modelo profesorado-alumnado, mediación de pares, profesor mediador e mediador externo.

-11-


PLAN DE CONVIVENCIA

Os tipos de conflito ante os que se pode aplicar son ante pequenos e primeiros incidentes, se o feito é o suficientemente grave e repetido e pequenos conflitos. Este programa segundo Torrego (2007) consta de seis módulos: Presentación e introdución ó obradoiro de mediación. Os conflitos e os seus elementos. A mediación. Habilidades para unha comunicación eficaz. Experimentar a mediación. A mediación en marcha. Dentro do módulo IV desenvólvense diferentes habilidades, entre outras: - Técnicas de escoita activa: A escoita activa é a habilidade máis potente e útil para mediar en calquera conflito. É moi útil para que as partes en conflito se entendan entre sí e para que vaian pasando de posicións a necesidades. Antes de utilizar estas técnicas é necesario: - Ter unha actitude persoal de poñerse no lugar da outra persoa para poder comprender o que está dicindo e o que está sentindo. - Amosar comprensión e aceptación mediante comportamentos non verbais como un ton de voz suave, establecendo contacto visual… - Non utilizar, na medida do posible, ningunha das doce típicas: mandar, dirixir, ameazar, sermonear, dar leccións, aconsellar, consolar, animar, aprobar, desaprobar, insultar, interpretar, interrogar, e ironizar. A escoita activa é o resultado das seguintes accións: Mostrar interese, clarificar, parafrasear, reflexar e resumir. Mensaxes en 1ª persoa: É moi útil para mellorar a calidade da comunicación ó longo do proceso de mediación. O seu obxectivo é conseguir que a persoa que recibe a mensaxe cambie o seu comportamento despois de achegarlle a nosa información sobre como nos afecta o conflito. Entre as súas vantaxes está que reduce as posibilidades de malos entendidos, diminúe a temperatura emocional do conflito e, combinado axeitadamente coa escoita activa é o mellor antídoto contra a escalada do conflicto. Os obxectivos xerais do programa son: previr a violencia, ensinar as estratexias e habilidades necesarias para desempeñar a función de mediación en conflitos e fomentar un clima socioafectivo entre as persoas que participen no obradoiro de mediación. A metodoloxía que plantexa basease nos principios de motivación, actividade e interacción entre iguais. As orientacións metodolóxicas para poñer en práctica o obradoiro de formación de mediadores aparecen recollidas en Boqué (2005). -

- A rede de alumnos axudantes: Tal e como sinalan Álvarez García, Álvarez Pérez e Núñez Pérez (2007) consiste na creación dun equipo de estudiantes no centro, constituido por tres

-12-


PLAN DE CONVIVENCIA

alumnos de clase elixidos polos seus compañeiros, que son formados para actuar como alumnos axudantes e coordinados polo profesorado responsable do proxecto. O papel do alumno axudante é acoller a novos alumnos e axudar a compañeiros con dificultades persoais, de relación e/ou estudo. Unha das súas funcións é mediar de xeito informal. Pode ser empleado de xeito complementario ao servizo de mediación. Os alumnos axudantes poden detectar conflitos nas súas primeiras fases e actuar de xeito espontáneo. Para poñer en marcha esta rede establecen nove fases: Sensibilización para a aprobación do proxecto. Planificación. Selección de alumnos axudantes. Formación. Difusión. Posta en marcha. Seguemento. Expansión da experiencia. Avaliación. Este alumno non ten porque saber resolver calquera tipo de caso. Durante o proceso de formación déixanse claros que casos deben derivar e pedir apoio ao seu coordinador co fin de decidir a solución máis axeitada. - A asemblea de aula: É unha das posibles formas de practicar o consenso en grupo. Trátase dunha reunión entre o alumnado dunha clase e o seu profesor co fin de tratar temas que inciden na vida do grupo, tanto no relacional coma no académico. Pódese desenvolver nunha sesión, coordinada polo profesor, para tratar algún tema específico dunha materia (tamén se pode levar a cabo en horario de titoría, coordinada polo titor, para tratar cuestións máis xerais, tanto de carácter académico como extraescolar. É o medio máis axeitado para informar, analizar colectivamente e decidir en grupo. Pero, ademais, é un fin en sí mesma, xa que permite formar ó alumnado nas actitudes e habilidades necesarias para o afrontamento constructivo de conflitos. Tamén é o eido axeitado para elaborar, por consenso de grupo, un conxunto de normas de convivencia referidas á aula. Estas e outras consideracións aparecen recollidas en Álvarez García, Álvarez Pérez e Núñez Pérez (2007), así como o modelo para a convocatoria de dita asamblea. - O consenso de normas na aula: Segundo Álvarez García, Álvarez Pérez e Núñez Pérez (2007) esta é outra posible forma de practicar o consenso en grupo. A participación democrática do alumnado na elaboración das normas de aula e das consecuencias da súa violación, fai que estos as recoñezan, se impliquen na súa posta en práctica e as acepten con maior facilidade. Explicitar –dar formalidade- unhas normas que soen ser implícitas –informaisda lugar a que o alumnado saiba a que aterse e non vexa as sancións coma algo que o profesorado aplica con arbitrariedade. Ademais, se se elaboran normas - e correccións- tamén para o profesorado, os alumnos poden aceptar mellor o sistema normativo e implicarse no seu cumplimento, ó ver que o compromiso é compartido.

-13-


PLAN DE CONVIVENCIA

O traballo do profesor co alumnado para o consenso de normas e sancións segue un proceso de catro fases: Sensibilización. Produción de normas. Negociación e consenso. Aplicación e seguemento. Traballar o consenso de normas na aula permite que o alumno aprenda mediante a práctica o proceso de consenso en grupo, así como as súas correspondentes habilidades, principios, actitudes e valores. Pero o traballo de consenso de normas de aula ten que ir máis alá do alumnado, tratando de implicar ó equipo docente da clase e aos pais e nais dos estudantes.

6.- OBXECTIVOS. Unha vez debatidos e acordados, os obxectivos que nos plantexamos para colaborar na mellora da convivencia no noso centro son: - Sensibilizar á comunidade educativa sobre a necesidade dunha implicación colectiva para acadar un clima positivo de convivencia. - Tomar conciencia de que a mellora da convivencia e o logro dun bo clima educativo facilita o proceso de ensino-aprendizaxe. - Transmitir os valores democráticos a través das vivencias diarias e das múltiples actuacións do centro, creando puntos de encontro que favorezan as relacións sociais entre tódolos membros da comunidade educativa. - Previr as condutas problemáticas contando con mecanismos de detección das mesmas e con estratexias de prevención para evitalas. - Orientar as actuacións do centro cara ó densenvolvemento e utilización de habilidades comunicativas, como base da negociación e mediación para o tratamento da conflitividade. - Experimentar técnicas e procedementos que favorezan un mellor clima de traballo na aula. - Promover actuacións encamiñadas a unha xestión democrática e corresponsable das normas de aula. - Potenciar condutas non violentas e de diálogo como medio de resolución de conflitos. - Axudar ós alumnos a formarse unha imaxe axustada de sí mesmos, das súas características, posibilidades e limitacións que lles permita encauzar de forma equilibrada a súa actividade (escolar, de lecer…) e contribúa ó seu propio benestar.

7.- BÚSQUEDA DE SOLUCIÓNS E ACTUACIÓNS. As actuacións que imos por en marcha para colaborar na mellora da convivencia escolar pasan por: - Redactar este plan como documento. - Debatir e acordar os obxectivos e as actuacións que imos tentar acadar e levar a cabo. - Planificar o desenvolvemento e a avaliación dos obxectivos e a súa incorporación á dinámica do centro. -14-


PLAN DE CONVIVENCIA

- Favorecer a formación, coñecemento e análise de experiencias de profesores e centros, revisión de programas e materiais (bibliográficos…). Xa que logo, este plan de convivencia do noso centro ten como obxecto promover e desenvolver actuacións relativas ó fomento da convivencia e o xeito de buscar solucións ós problemas de convivencia detectados: A NIVEL XERAL: - Presentación do plan de convivencia aos pais, alumnos, profesores... a tódolos membros da comunidade educativa para a súa aplicación, seguemento e avaliación, a través das distintas reunións dos órganos colexiados e de carácter pedagóxico, reunións de pais e ANPA. - Debate e revisión do plan. - Organización do Día da Paz e a Non Violencia, o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi. Levaranse a cabo actividades relacionadas coas normas de convivencia, difusión e debate dos dereitos e deberes; traballarase o tema da paz, a convivencia,… a través de textos, visionado de películas,…; e mostraranse carteis no centro con este motivo. - Incidirase na mellora da vixiancia nos tempos de lecer e nos cambios de clase. ACTIVIDADES DE ACCIÓN TITORIAL: - Asembleas de clase para analizar a marcha da convivencia en cada grupo e propoñer actuacións de mellora e comunicación das conclusións. - Fomentar a participación, os grupos cooperativos e a toma de decisións. - Traballar o tema da agresión e a violencia dende técnicas máis concretas. - Entrenamento en habilidades sociais, técnicas de aprendizaxe en valores (xurado, dilemas morais, supostos morais,…), asembleas de clase e de niveis. - Elaboración das normas de convivencia na clase. - Revisión continua das incidencias de convivencia e coordinación do diálogo na clase para resolución dos conflitos. - Debates sobre dilemas morais. - Darase a coñecer o RRI, dereitos e deberes dos alumnos, participación, elección de delegado e subdelegado, organización do grupo clase, normas de convivencia e disciplina, Plan de convivencia e actuacións. - Detección e recollida de posibles imcumplimentos das normas de convivencia, agresións, alteracións do comportamento, acoso e intimidación por parte dos alumnos do seu grupo para levar a cabo unha intervención inmediata. - Nas sesións de avaliación, o titor ademais do rendemento académico avaliará cos alumnos as normas de convivencia, problemas de disciplina... e chegará a acordos de mellora co grupo de alumnos. Así mesmo o titor informará nas avaliacións das medidas e acordos adoptados. - Nas sesións de avaliación, detectar non soamente problemas de aprendizaxe senon tamén posibles problemas de integración, adaptación, problemas de conducta, acoso e intimidación para poder abordalos tanto a nivel individual como grupal. - Programar e desenvolver de xeito progresivo ó longo dos diferentes cursos e niveis educativos mediante aprendizaxes cooperativos temas como a adolescencia, o desenvolvemento da autoestima, a asertividade, as habilidades sociais...

-15-


PLAN DE CONVIVENCIA

- Comunicación inmediata á Xefatura de Estudios e/ou Comisión de Convivencia, segundo o procedimento establecido no RRI e o Plan de Convivencia, dos incumplimentos das normas de convivencia. - Fomentar a colaboración de pais e nais co centro para previr e abordar as posibles situacións contrarias ás normas de convivencia, alteracións do comportamento, acoso e intimidación a través de reunións de pais, informes de avaliación, entrevistas individuais, reunións cos pais do grupo... CLAUSTROS E DEPARTAMENTOS: - Actuación coherente de todo o profesorado en materia de convivencia para evitar ambigüidades e contradicións que poidan confundir ó alumnado e propiciar diferentes comportamentos segundo o profesorado presente. - O Departamento de Relixión realizará durante a semana do 26 ao 30 de xaneiro diversas actividades para conmemorar o día da paz. Distinguindo por niveis: Os alumnos de primeiro realizarán en cartolinas un traballo que consiste en recompilar todos os lemas das Xornadas Mundiais da Paz, desde o ano 1974 que deron comezo ata o ano presente. Unha vez realizadas as cartolinas serán expostas no corredor que leva ás súas respectivas aulas (Anexo VI). Tamén verán a película A Guerra da cal realizarán un coloquio-debate rematando cun cuestionario escrito. Os alumnos de segundo realizarán en cartolinas as palabras crave relacionadas coa paz, así como tamén traerán en cds cancións relacionadas coa Paz, que escoitarán en clase e as letras pegaranas nunha cartolina. Os alumnos de terceiro e cuarto farán un estudo das cinco grandes relixións de onde extraerán as máximas máis destacadas sobre a paz, que logo sintetizaremos nunha cartolina. - Participar en actividades formativas como o XXIV Encontros de Educación para a Paz en Santiago no mes de marzo, organizados polo Seminario Galego de Educación para a Paz. - Grupo de Traballo formado en torno á convivencia. - Formular propostas á CCP para a mellora da convivencia no centro e detectar posibles conductas problemáticas. - Incluir nas programacións dos departamentos e programacións didácticas actividades para traballar nos alumnos a formación en actitudes, valores e normas que forman parte dos contidos curriculares das materias. - Incluir nas programacións didácticas, actividades de recuperación, reforzo e profundización para atender á diversidade e previr o fracaso escolar. - Planificar nas programacións didácticas algunhas posibles situacións de aprendizaxe cooperativo. - Os profesores implicaranse no desenvolvemento das actuacións e procedementos planificados neste plan. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: - Dende o DO coordínanse os seguintes obradoiros: - Prevención drogodependencias de RIANXO: Educación Emocional. Presión de grupo. Destinado ós alumnos de 1º ESO, lévase impartindo seis cursos. - Programa Saúde da Cruz Vermella, destinado ó alumnado de 3º ESO, leva posto en marcha seis cursos.

-16-


PLAN DE CONVIVENCIA

- Prevención de Condutas Violentas, coordinado pola Cruz Vermella e destinado ó alumnado de 2º ESO, lévase impartindo dous cursos. -Obradoiro Sexualidade “Quérote” destinado a alumnos de 3º ESO -4º ESO, lévase impartindo tres cursos. Ademais, entre outras actividades do DO está: - Formular propostas para a mellora e aplicación do plan. - Asesorar, cando a problemática o requira, nos procedementos de alteracións de comportamento, acoso e intimidación. - Recabar información do Equipo de Orientación Específico (EOE) e dos centros de primaria dos posibles alumnos que van a chegar ó centro. - Participar, sempre que sexa posible, nas sesións de avaliación inicial e ordinarias. - Poñer a disposición dos titores, na medida do posible, materiais, cuestionarios, bibliografía (Anexo) para levar a cabo as actividades do plan. - Cooperar na relación titores-familia. - Realizar entrevistas individuais cos alumnos e/ou cos pais cando sexa requerido. FAMILIAS E ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS: - Información ás familias sobre o estado da convivencia no centro. - Dar a coñecer o plan a través de reunións de pais, entrevistas co titor, participando no Consello Escolar e/ou reunións da ANPA. - Charlas formativas. - Informar ao titor se os seus fillos sofren algunha alteración do comportamento ou situacións de acoso e intimidación para actuar rápidamente e evitar posibles danos no desenvolvemento da personalidade dos seus fillos. - Colaborar co centro nas medidas impostas ós seus fillos no caso de incumplimento de normas de convivencia, acoso, agresión e intimidación. - Colaborar co titor dos seus fillos e o centro en cantas cuestións se lles soliciten. PERSOAL NON DOCENTE: - Informar ó equipo directivo de calqueira situación que observen de condutas disruptivas, agresións, acoso e intimidación, alteracións do comportamento,... para a súa inmediata intervención. - Colaborar nas horas de recreo e de cambios de clase na vixiancia. ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS: - Dará a coñecer a todos os membros o Plan de Convivencia. - Potenciará a participación dos pais na vida do centro. - Organizará, se é posible, charlas, debates...sobre temas educativos como convivencia e comunicación, relacións pais e fillos, aprender a controlarse, poñer límites e tolerar os fracasos, resolución de conflictos... - Poñer os medios para que as familias se impliquen na Convivencia, especialmente a través da colaboración coas asociacións de pais e nais.

-17-


PLAN DE CONVIVENCIA

RELACIÓN CON OUTRAS INSTITUCIÓNS: - Coordinar actuacións con axentes exteriores como obradoiros, actividades deportivas, etc… - Participar na prevención e seguimento do absentismo escolar seguindo o protocolo de actuación. - Coordinar coa FiscalÍa de Menores, nos casos de desamparo, neglixencia e malos tratos no entorno familiar, así como nos casos máis graves de absentismo. - Coordinar actuacións con Cruz Vermella, Organizacións Xuvenís e co Servizo de Xuventude do Concello. - Coordinarnos co Concello e en especial con Servizos Sociais para desenvolver programas e actuacións e contar con diferentes recursos para colaborar na convivencia e no absentismo escolar. - Colaborar co Seminario Galego de Educación para a Paz intercambiando materiais e participando en actividades formativas.

8.- DESENVOLVEMENTO DESEÑADAS.

E

SEGUEMENTO

DAS

MEDIDAS

A fase de desenvolvemento do Plan de Convivencia consistirá en levar á práctica tódalas melloras pensadas, fundamentalmente grazas á coordinación e supervisión das actuacións a implementar. As accións imprescindibles que se acometerán nesta fase son: - Control do cumprimento dos seus cometidos por parte dos responsables das diversas actuacións. - Observación activa do desempeño das súas funcións por parte das estruturas encarregadas da coordinación. - Xestión do apoio e orientación, asesoramento e formación a tódolos responsables de levar a cabo o proxecto. - Previsión das medidas precisas para evitar que ante as dúbidas ou dificultades que posiblemente xurdirán se dilúan as iniciativas planificadas no plan. - Institución de mecanismos de participación e colaboración no desenvolvemento do plan necesarios para involucrar a toda a comunidade educativa. - Concreción curso a curso da implementación dos diversos programas e actuacións en función dos resultados obtidos da avaliación anual do plan. Teranse en conta os seguintes mecanismos para a difusión e seguemento do plan: A primeira actividade a realizar de difusión do plan de convivencia é a presentación do mesmo a tódolos sectores da comunidade educativa. Os cauces que se utilizán cara a este fin serán os seguintes: Charlascoloquio dirixidas aos pais, boletín informativo para as familias, sesións do claustro de profesores, copia do documento que contén o plan de convivencia en soporte informático, actividades específicas incluídas no plan de acción titorial...

-18-


PLAN DE CONVIVENCIA

A segunda actividade é relacionada co seguimento do mesmo, xa que durante todo o curso escolar farase unha revisión da evolución do mesmo. A comisión de convivencia, será a encargada de realizar o seguimento e avaliación do plan, cunha periodicidade trimestral, elaborando un informe que inclúa o que ocurreu en cada trimestre en materia de convivencia, as actividades e actuacións realizadas, a súa valoración e as propostas para o período seguinte. O Consello Escolar tamén participará do seguimento e avaliación do plan trimestralmente, xa que analizará os informes que elabore a Comisión de Convivencia.

9.- AVALIACIÓN E ANÁLISE DOS RESULTADOS E DO PLAN. A avaliación do plan consta dos seguintes aspectos: 1- Valoración do cumprimento dos obxectivos e do desenvolvemento das actuacións. 2- Conclusións e implicacións para a acción posterior: - Propostas de mellora para o curso seguinte. - Incorporación de procedementos e medidas educativas á organización e planificación do centro. - Documentación elaborada no desenvolvemento do plan, actas onde se reflictan acordos, programas e actividades para a mellora da acción titorial, procedementos para a resolución de conflitos,... A avaliación deste plan ten diferentes momentos: - INICIAL (autorevisión) (Apartado 3.2. do plan). - DESENVOLVEMENTO do plan. O seguimento e avaliación do desenvolvemento do plan permitirannos comprobar se se cumpren os compromisos acordados, e se as actuacións deseñadas son acordes coa realidade do centro. A avaliación do desenvolvemento e do progreso do plan realizarase pola comisión de convivencia e o equipo directivo, axudados coa información dos órganos de coordinación docente. - FINAL que se realiza sobre os resultados. Avaliar os resultados incorporando melloras ao centro e novas propostas. A consecución dos obxectivos propostos no plan deberá ser avaliada anualmente pola comunidade educativa.

10.- PROPOÑER E INSTITUCIONALIZAR MELLORAS. En función da avaliación realizada anualmente imos ser capaces de propoñer cales van ser as melloras necesarias para o vindeiro curso. Esas melloras, para que se leven a cabo, teñen que ser rexistradas nos diferentes documentos: o plan de convivencia, a programación xeral anual,...

-19-



to

ANEXO

REFERENCIAS BIBLIOGRテ:ICAS


REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS (Dispoñibles no centro) - ÁLVAREZ GARCÍA, D.; ÁLVAREZ PÉREZ, L. Y NÚÑEZ PÉREZ, J. C. (Coord.) (2007): Aprende a resolver conflictos. Programas para mejorar la convivencia escolar. Madrid: CEPE. - BALLESTER HERNÁNDEZ, F. Y CALVO RODRÍGUEZ, A. R. (2007): Cómo elaborar planes para la mejora de la convivencia. Sevilla: EOS. - BOQUÉ TORREMORELL, M. C. (2005): Tiempo de mediación. Taller de formación de mediadores y mediadoras en el ámbito educativo. Barcelona: Ceac educación. - BOQUÉ TORREMORELL, M. C. (2002): Guía de mediación escolar. Programa comprensivo de actividades de 6 a 16 años. Barcelona: Octaedro. - CASAMAYOR, G. (Coord.) (2000): Cómo dar respuesta a los conflictos. La disciplina en la enseñanza secundaria. Barcelona: Graó. - CEREZO RAMÍREZ, F. (2002): La violencia en las aulas. Análisis y propuestas de intervención. Madrid: Pirámide. - DÍAZ-AGUADO, M. J. (1996): Escuela y tolerancia. Madrid: Pirámide. - ECHEBURRÚA, E.; AMOR, P. J. Y FERNÁNDEZ-MONTALVO, J. (2002): Vivir sin violencia. Madrid: Pirámide. - FERNÁNDEZ, I. (1999): Prevención de la violencia y resolución de conflictos. El clima escolar como factor de calidad. Madrid: Narcea. - LOZANO PAZ, M. (2007)(coord.): Sobre a educación para a cidadanía e os dereitos humanos. Santiago: Seminario Galego de Educación para a Paz. - MONJAS CASARES, M.J. (Dir.) (2007): Cómo promover la convivencia. Programa de asertividad y habilidades sociales. Madrid: CEPE. - MONTERO ALCAIDE, A. (2000): La convivencia en los centros docentes. Modelo de intervención y marco normativo. Málaga: Aljibe. - SERRAT, A. (Coord.) (2002): Resolución de conflictos. Una perspectiva globalizadora. Bilbao: Praxis. - TORREGO, J. C. (Coord.) (2007): Mediación de conflictos en instituciones educativas. Manual para la formación de mediadores. Madrid: Narcea.


- TORREGO, J. C. (Coord.) (2006): Modelo integrado de mejora de la convivencia. Estrategias de mediación y tratamiento de conflictos. Barcelona: Graó. - TRIANES TORRES, Mª. V. (2000): La violencia en contextos escolares. Málaga: Aljibe. - URRA PORTILLO, J. (2000): Adolescentes en conflicto: 29 casos reales. Madrid: Pirámide. - VAELLO ORTS, J. (2007): Cómo dar clase a los que no quieren. Madrid: Santillana. - VAELLO ORTS, J. (2005): Las habilidades sociales en el aula. Madrid: Santillana. - VAELLO ORTS, J. (2003): Resolución de conflictos en el aula. Madrid: Santillana. - VEGA, A. (2001): Los centros escolares ante la inadaptación social. Málaga: Aljibe.


ANEXO I NORMAS DE CONVIVENCIA RRI


NORMAS DE CONVIVENCIA Estas normas tratan de conseguir un clima de respecto e responsabilidade, que permita aos alumnos do instituto obter o máximo aproveitamento no seu proceso educativo. Coa tipificación das faltas e coas propostas das súas correccións, o que se pretende é ensinar aos alumnos a comportarse adecuadamente na convivencia cos demais e, tamén en casos extremos, evitar que unha minoría impida o traballo normal e a convivencia harmónica da inmensa maioría. Os dereitos da maioría (ao estudo, á seguridade, á propiedade, etc.) deben estar salvagardados, aínda que sexa, ás veces, a forza de sancións para aqueles que non os respectan. Toda a Comunidade Educativa e o Consello Escolar que a representa ten a obriga de defender os dereitos dos alumnos que cumpren cos seus deberes. 1. DE CARÁCTER XERAL ) Tódolos membros da Comunidade Escolar observarán a máxima puntualidade no seu horario. O alumnado asistirá puntualmente ás clases e demais actividades académicas, segundo os horarios establecidos. Se non se presenta o profesor que lles corresponde, esperarán na aula ao profesor de garda e seguirán as súas indicacións.  )O alumnado debe permanecer no Centro durante o horario escolar, estando prohibido saír do recinto. Só se poderá saír de xeito excepcional, por cita médica ou circunstancias similares, cando os veñan buscar os seus pais ou titores legais.  ) A estancia no recinto escolar está limitada ás persoas relacionadas co Centro, prohibíndose a entrada a toda persoa allea ao mesmo.  ) Os alumnos que individual ou colectivamente causen danos de forma intencionada ou por neglixencia nas instalacións ou material do Centro quedan obrigados a reparar o dano causado ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. De non aparecer os autores do feito deben aboalos: se é na aula, todo o grupo; se é na aula específica, os grupos usuarios; se é material ou dependencia común, tódolos grupos do andar ou tódolos usuarios desas dependenzas comúns.  )Os alumnos que substraian bens do Centro, dos compañeiros ou dos profesores e demais persoal, deberán restituílo.  ) Nos dous casos anteriores, os pais ou representantes legais dos alumnos serán os responsables nos termos previstos pola lei.  ) Cando un alumno é expulsado da aula, non pode quedar nos corredores, nin no servizo, debe acudir aos profesores de garda, co papel que lle envíe o profesor que o expulsou, onde se especificarán as tarefas a realizar relacionadas coa área que imparte o profesor. Aquel alumno que se negue a realizar as tarefas terá unha falta de orde polo profesor de garda.  ) É obrigatorio traer o material escolar.  ) Durante a realización de actividades complementarias e extraescolares que supoñan a saída do Centro, os alumnos quedan obrigados a cumprir as normas que establezan os profesores responsables. l)Está expresamente prohibido consumir alcol ou outro tipo de drogas, vir ao Centro baixo o seu efecto, fumar ou portar calquera obxecto perigoso. m)Están expresamente prohibidos tódolos xogos que vaian en contra das normas de convivencia no Centro. 


n)Durante as horas de clase, e nos cambios de clase, non se pode permanecer nos corredores. Durante os tempos de lecer e ausencias do grupo da aula, os encargados da chave serán responsables de que as aulas permanezan pechadas e as luces queden apagadas. o)Durante o tempo de lecer os alumnos non poden estar nin nos corredores das aulas, nin na aula, agás acompañados por un profesor, debendo baixar ao patio, cafetería ou biblioteca e no caso de que faga mal tempo poderán estar na planta baixa. p)Non se permite o consumo de comida e bebidas nas aulas, nos corredores ou na biblioteca nin durante a hora de clase ou entre cambios, agás durante os tempos de lecer que se permite na cafetería ou no patio ou auga nas aulas en casos de forza maior. Prohíbese o consumo de chicles en todo o recinto escolar. Hai que manter limpo o Centro dentro e fóra e usar as papeleiras. q) Ao remate da xornada lectiva procuraranse subir tódalas cadeiras nas aulas de cada grupo e na última sesión lectiva nas aulas específicas. Os martes procuraranse subir as cadeiras ao finalizar a xornada de mañá e de tarde. r) Nas faltas de asistencia ás clases terase en conta o seguinte: En caso dunha longa ausencia por enfermidade ou calquera outro motivo xustificado, os pais ou titores legais comunicarano ao titor do grupo. Cando un alumno non poida asistir á clase ten a obriga de xustificar as faltas, ante o profesor titor, nos tres días lectivos seguintes á súa incorporación. De non ser xustificadas no prazo establecido, consideraranse non xustificadas. O impreso para xustificar as faltas pedirase en conserxería e deberá vir asinado polos pais ou titores legais. Se a ausencia é por causas oficiais nas que se entreguen xustificantes (médicos, exames, etc.) éstes deben achegarse ao impreso oficial do Centro. As faltas de asistencia ás clases non xustificadas serán consideradas condutas contrarias á convivencia e serán corrixidas da forma que máis adiante se establece para elas. q) A falta de asistencia ás clases de forma colectiva será considerada unha conduta gravemente perxudicial para a convivencia no Centro, a menos que conte coa autorización da Dirección e da Comisión de Convivencia. Esta autorización só se concederá cando sexa solicitada por escrito, con corenta e oito horas de antelación, e xustificando os motivos pola Xunta de Delegados previo debate ou discusión nas aulas, sobre a base dalgunha causa grave ou da convocatoria dunha organización legalmente constituída. En calquera caso debe garantirse que os alumnos que voluntariamente desexen asistir á clase poidan facelo. r) A falta de asistencia ás clases de modo reiterado pode provocar a imposibilidade da aplicación da avaliación continua. O tratamento das faltas reiteradas de asistencia á clase desenvólvese en tres apartados: - Perda da avaliación continua: pode ser solicitada polo profesor correspondente ao equipo educativo do grupo cando o considere necesario e o alumno acumule o número de faltas seguintes: Materias de 4 horas semanais: 36 faltas. Materias de 3 horas semanais: 27 faltas. Materias de 2 horas semanais: 18 faltas. Materias de 1 hora semanal: 9 faltas.


A perda do dereito á avaliación continua non suporá, en ningún caso, a perda do dereito á asistencia ás clases. Cada Departamento Didáctico deberá preparar unhas probas extraordinarias de avaliación para os alumnos que perdan o dereito á avaliación continua. - Comunicación aos pais ou titores legais. O titor comunicará as faltas de asistencia inxustificadas da seguinte maneira: - 6 primeiras faltas: aviso telefónico - A partires das 12 faltas, aviso por correo certificado con acuse de recibo. O titor prestará especial atención ás faltas producidas nas primeiras horas tras un festivo e a tarde do martes. Así mesmo, o titor comunicará as faltas de asistencia xustificadas a mediados de cada avaliación, sempre que as faltas superen un número de 15 ou máis. - Absentismo. Considerárase absentismo escolar faltar de forma inxustificada a 32 horas lectivas. Nese caso, os pais ou titores legais serán citados por escrito e con acuse de recibo pola Dirección do Centro, quen tramitará a protocolo de absentismo escolar. 2. FALTAS E SANCIÓNS: Os incumprimentos das normas de convivencia serán valorados considerando a situación e as condicións persoais, familiares e sociais do alumnado. As correccións que haxa que aplicar terán sempre carácter educativo e reparador, debendo garantir o respecto aos dereitos do resto do alumnado e, en ningún caso, poderán ser contrarias á súa integridade física e dignidade persoal. Poderán corrixirse, dacordo co disposto neste Regulamento, as condutas contrarias ás normas de convivencia do Centro realizadas polos alumnos no recinto escolar, durante a realización de actividades complementarias e extraescolares, ou ao facer uso dos servizos complementarios (transporte escolar). Tamén poderán corrixirse as condutas do alumnado que, sendo levadas a cabo fóra do recinto escolar, estean motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar, e afecten aos seus compañeiros ou a outros membros da comunidade educativa. Nas correccións son circunstancias paliativas o recoñecemento espontáneo da conduta incorrecta e a falta de intencionalidade. Serán circunstancias agravantes a premeditación, a reiteración, causar dano, inxuria ou ofensa a compañeiros ou a outras persoas da Comunidade Educativa, e incumprir estas normas en actividades fóra do Centro. Condutas contrarias ás normas de convivencia no Centro: Serán consideradas condutas contrarias ás normas de convivencia no Centro: - A falta inxustificada de asistencia ás clases. - A falta reiterada de puntualidade ás clases e demais actividades académicas. - Deterioro leve ou lixar as dependencias e material do Centro. - Os actos leves de indisciplina ou desconsideración contra membros da comunidade educativa. - A mala actitude na clase, non respectando o dereito ao estudo dos compañeiros. - Fumar en calquera dependencia do Centro.


- Asistir ás clases sen o material preciso de forma reiterada. - Permanecer nos corredores ou servizos durante as horas de clase. - Abandonar a clase cando falta o profesor, sen agardalo ou no seu defecto ao profesor de garda. - Asomarse polas ventás. - Tirar obxectos polo aire a un compañeiro. - Estar en contacto nos tempos de lecer con xente do exterior. - Ter posto na cabeza calquera prenda que a cubra, sen motivo xustificado, agás nos períodos de lecer. - Traer o móbil ou calquera aparello reprodutor ou gravador ao Centro. - Utilizar o ascensor sen ter ningún problema físico que non lle permita subir polas escaleiras. - Mercar na cafetería en horas de clase, o que inclúe os momentos xusto despois de tocar o timbre de entrada ás clases, tanto a primeira hora da mañá coma despois dos tempos de lecer. En horas de clase só poderán estar na cafetería os alumnos que se atopen mal e que vaian acompañados por algún profesor. - Calquera outra conduta leve que supoña o incumprimento de deberes propios ou atente aos dereitos dos demais membros da Comunidade Educativa. Estas condutas poderanse corrixir con: a) Amonestación privada. b) Expulsión de clase. c) Apercibimento por escrito notificándollo ao titor e a Xefatura de Estudos. d) Realización de traballos específicos en horario non lectivo. e) Realización de tarefas que contribúan á mellora das actividades do Centro ou, se procede, a reparar o dano causado ás instalacións ou ao material do Centro, ou ás pertenzas dos membros da comunidade educativa. f) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do Centro. g) Cambio de grupo do alumno por un período máximo dunha semana. h) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período máximo de tres días. Durante o tempo de suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción do seu proceso formativo. i) Suspensión do dereito de asistencia ao Centro por un período máximo de tres días. Durante o tempo da suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción do seu proceso formativo. Serán competentes para decidir as correccións previstas no apartado anterior: Calquera profesor, as establecidas nos apartados: a, b,c. Titor as correspondentes aos apartados: a, b, c, d, e. Xefa de Estudos ou Directora, oído o alumno, o profesor e o titor, as previstas nos apartados: d, e, f, g. Directora, oído o alumno e os pais ou representantes legais, se fose menor de idade, nunha comparecencia da que se levantará acta as recollidas nos apartados: h, i. Estas condutas prescriben no prazo dun mes.


Os alumnos e os seus pais poden presentar unha reclamación contra as correccións impostas no prazo de 48 horas ante o Delegado Provincial. Procedemento nos apercibimentos: O apercibimento por escrito que un profesor fai ao alumno deberá entregarse na Administración para que lla entregue ao alumno e ao mesmo tempo dúas copias, unha ao titor e outra á Xefa de Estudos. O alumno deberá traer asinado polo seus pais ou titores legais o acuse de recibo do apercibimento ao día lectivo seguinte a serlle entregado, e entregarllo ao titor do Centro. No caso de non cumprir esta norma, o titor reclamarálle unha vez o acuse de recibo e no caso de persistir en non entregalo poralle un apercibimento. Cando o alumno acade tres apercibimentos por escrito, o Equipo Directivo citará, se o considerase oportuno, aos pais ou titores legais para comunicarlles a situación, valorar os feitos e impór a sanción oportuna, segundo os apartados: d, e, f, g,h A Xefa de Estudos cumprimentará o correspondente apercibimento por escrito. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no Centro: a) A reiteración no mesmo curso escolar de condutas contrarias ás normas de convivencia do Centro. b) Actos de indisciplina, inxuria ou ofensas graves contra os membros da Comunidade Educativa. c) A agresión grave, física ou moral, contra os demais membros da Comunidade Educativa ou a discriminación grave por razón de nacemento, raza, sexo, capacidade económica, nivel social, convicións políticas, morais ou relixiosas, así como por discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. d) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación ou substración de documentos académicos. e) Os danos graves causados polo uso indebido ou intencionado nos locais, material ou documentos do Centro e nos bens doutros membros da Comunidade Educativa. f) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do Centro. g) As actuacións prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da Comunidade Educativa do Centro, ou a incitación ás mesmas. h) O incumprimento das sancións impostas. Estas condutas deberán ser corrixidas sempre despois da instrución dun expediente disciplinario. Estas condutas poderanse corrixir con: Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do Centro ou, se procede, dirixidas a reparar o dano causado as instalacións ou ao material do Centro ou ás pertenzas doutros membros da Comunidade Educativa. Estas tarefas deberán realizarse en horario non lectivo. Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do Centro.


Cambio de grupo. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases durante un período superior a cinco días e inferior a dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes e traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. Suspensión do dereito de asistencia ao Centro durante un período superior a tres días lectivos e inferior a un mes. Durante o tempo que dure a suspensión o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. Cambio de Centro. Estas condutas prescriben no prazo de catro meses. 3. PROCEDEMENTO PARA A TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES DISCIPLINARIOS A ALUMNOS. (Seción 2ª do R.D. 732/1995 do 5 de maio – BOE do 2 de xuño, polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia nos centros): 1º.- O Real Decreto 732/95 distingue dous tipos de condutas contrarias ás normas de convivencia do centro: unhas leves, reguladas no Capítulo II do Título IV; outras gravemente prexudiciais para a convivencia do centro, que prevé o Capítulo III, do mesmo título. As segundas, dada a súa maior gravidade, teñen un procedemento específico, que se recolle na sección 2ª do citado Capítulo III. No que atinxe a este último procedemento é sobre o que se fan as notas aclaratorias que se sinalan a continuación: 3.1 Iniciación do expediente (acordo de instrución): 3.1.1 Inicio: Trala recollida da necesaria información, e tamén considerando o previsto no Artigo 135 (sobre os dereitos do presunto responsable) da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, mediante acordo da Directora por: o Propia iniciativa. o A instancias do Consello Escolar. o Sempre por escrito, con indicación das condutas que se lle imputan ao/á alumno/a. 3.1.2 Prazo: dez días hábiles dende que se coñecen os feitos. A partir da data do inicio tense un mes para a resolución. 3.1.3 Comunicación: o Aos pais, titores ou responsables legais do menor. o Ao Servizo de Inspección. o Ao/Á Instructor/a, que é designado pola Directora no propio acordo de iniciación do expediente; será sempre un profesor/a do centro. 3.1.4 Recusación do Instructor/a: Por parte dos pais ou representantes do menor, por presunta falta de obxectividade. o Prazo: dous días para recusar e tres días para resolver sobre a mesma.


o Contra dita resolución da Directora, que terá que ser motivada (artigo 50 e 89 da Lei 30/92), non cabe ningún recurso. 3.1.5 Instrución: Inicio: Coa recepción do nomeamento polo/a Instructor/a. Prazo: non máis de sete días (hábiles). Medidas provisionais: Excepcionalmente, e só as referidas no Real Decreto que nos ocupa, poderá adoptalas a Directora, por decisión propia ou a proposta do instructor/a. O Consello Escolar poderá revocalas. Desenvolvemento: o Como primeira actuación do instructor/a, toma de declaración ao/á alumno/a inculpado, pais ou titores. o Demais declaracións das persoas que teñan que aportar algo ao esclarecemento dos feitos (outros alumnos, profesores, etc.) o Elaboración da Proposta de resolución polo Instructor/a. Trámite de audiencia: Prodúcese: o Instruído o expediente, con proposta de resolución incluída. o Notificación escrita da proposta de resolución ao inculpado/a e aos seus pais ou representantes se é menor. o Convócaselle para Vista do expediente (exponse completo). o Prazo: dous días, a partir da vista, para alegacións. o Comunicación da proposta de resolución ao Servizo de Inspección Educativa, aos efectos que proceda. Resolución: o O expediente completo (incluídas as alegacións, no seu caso) trasládanse ao Consello Escolar para o seu exame, en particular das posibles alegacións do interesado á proposta de resolución. o Prazo: No máximo dun mes desde a iniciación debe reunirse o Consello Escolar para dictar resolución. o Será motivada: breve referencia aos feitos e máis ampla para os fundamentos de dereito. Recurso: o Alzada perante o Delegado Provincial no prazo dun mes (Art. 114 e seguintes da Lei 30/92 de 26 de novembro, modificada pola Lei 13/99 de 13 de xaneiro.


ANEXO II CUESTIONARIOS


Enquisa sobre problemas de convivencia entre profesor/alumnos 1.-Xustificación: Neste cuestionario trátase de saber a opinión sobre os conflitos de convivencia no centro dentro da aula, cales se dan con máis frecuencia e por outro eido cales serían os prioritarios para empezar a traballar. Pregámoslles por isto que cubran este cuestionario. 2.-Instrucións: Na 1ª columna rodeen o número que corresponde á frecuencia con que se da nas súas clases os conflitos indicados: 1=Nunca; 2= Moi poucas veces (dúas ou tres veces neste curso); 3=Ás veces (unha ou dúas veces ao mes); 4=Frecuentemente (dúas ou tres veces á semana); 5=Tódolos días. Na columna do medio ven definido o conflito. Na 3ª columna rodear a necesidade que vexan de intervir neses conflitos de cara ao vindeiro curso: 0.- sería nada importante nin prioritario e 5 .-moi importante e prioritario.


Data: Profesor..........

Tempo no centro:...........

Definitivo no centro........

Tempo no centro:...........

Non definitivo.................

Tempo no centro:............

Substituto...........

Tempo no centro:............

Frecuencia do conflito

CONFLITO

Necesidade de intervención 012345

12345

Desobedecer, non respectar ao profesor/a na clase.

12345

Interromper, molestar, non deixar dar clase ao profesor/a.

012345

12345

Non tolerar as amoestacións do profesor/a con ira incontrolada, insultos e ameazas.

012345

12345

Chegar a agresión física co profesor/a

012345

12345

Insultos, alcumes entre os alumnos/as da clase. 0 1 2 3 4 5

12345

Os alumnos/as empregan agresións físicas entre eles

012345

12345

Problemas de asistencia sistemática, falta de material.

012345

12345

Alumnos/as que pegan ou acosan verbalmente sistematicamente a un ou varios alumnos

012345

12345

Esnaquizo de material e mobiliario de compañeiros ou da clase

012345

12345

Roubar pertenzas de compañeiros ou da clase

012345

12345 012345 Esnaquizo de material dos adultos Nota: non dubide moito en contestar, é máis probable a resposta que se ven primeiro á cabeza.


Enquisa sobre problemas de convivencia 1.-Xustificación: Neste cuestionario trátase de saber a súa opinión sobre os conflitos de convivencia no centro, cales se dan con máis frecuencia (os máis numerosos) e por outro lado cales, ao seu modo de entender, serían os prioritarios para empezar a traballar no vindeiro curso. 2.-Instrucións: É totalmente anónimo, só se pide que poñan o posto de traballo no centro e o tempo que levan nel. Na 1ª columna rodear o nº que corresponde á frecuencia con que se da nas súas clases os conflitos indicados: 1=Nunca; 2= Moi poucas veces (dúas ou tres veces neste curso); 3=Ás veces (unha ou dúas veces ao mes); 4=Frecuentemente (dúas ou tres veces á semana); 5=Tódolos días. Na columna do medio ven definido o conflito. Na 3ª columna rodear a necesidade que ven de intervir neses conflitos de cara ao vindeiro curso: 0 sería nada importante nin prioritario e 5 moi importante e prioritario.


Data: Posto de traballo: Tempo no centro: Frecuencia do conflito 12345 12345 12345

12345

12345 12345 12345

12345 12345

12345

CONFLITO

Desobedecer, non respectar aos profesores Desobeder, non respectar aos conserxes, aux. administrativo, persoal limpeza. Non tolerar as amoestacións/sermóns dos adultos: profesores, con ira incontrolada, insultos e ameazas. Non tolerar as amoestacións/sermóns dos conserxes, aux. administrativo e/ou persoal de limpeza, con ira incontrolada, insultos e ameazas. Chegar á agresión física cos profesores Chegar a agresión física cos conserxes, aux. administrativo, persoal limpeza Insultos, alcumes ferintes entre os alumnos/as.

Necesidade de intervención 012345 012345 012345

012345

012345 012345 012345

012345 Os alumnos/as empregan agresións físicas entre eles. 012345 Alumnos/as que pegan ou acosan verbalmente sistematicamente a un ou varios alumnos 012345 Esnaquizo de material e mobiliario

12345

Roubar pertenzas de compañeiros ou da clase

012345

12345

Esnaquizo de material dos adultos

012345

Nota: non dubide moito en contestar, é máis probable a resposta que se ven primeiro á cabeza.


Enquisa sobre valoración das prácticas escolares 1.-Xustificación: Neste cuestionario tratamos de saber a súa opinión sobre determinadas prácticas educativas do centro, xa que na bibliografía que consultada sobre convivencia, segundo as prácticas educativas e organización do centro se poden axudar a previr conflitos posteriores. Pregámoslle por isto que cubran este cuestionario. 2.-Instrucións: Cubrirase na reunión de cada departamento, ben de xeito individual ou en grupo. Será entregada ao xefe de departamento. Na 1ª columna rodear o número que corresponde á valoración da situación actual: 1. sería nunca-nada, 2. 2 moi poucas veces, 3. 3 regularmente, 4. 4 case sempre e 5. 5 sempre. Na columna do medio ven definido a práctica, organización escolar. Na 3ª columna rodear a necesidade que ven de intervir neses conflitos de cara ao vindeiro curso: 0 sería nada importante nin prioritario e 5 moi importante e prioritario. Grazas pola súa colaboración.


Data: Departamento: Valoración EDUCACIÓN EN VALORES da situación actual 12345 Fanse actividades para favorecer a integración dos alumnos no grupo clase.

Necesidade de intervención 012345

12345

Os alumnos participan na elaboración de normas de clase e a súa posta en marcha.

012345

12345

Os alumnos participan na realización de tarefas de responsabilidade.

012345

12345

Fanse actividades de traballo en equipos, grupos, na clase titorados polo profesor/a.

012345

12345

Fanse actividades de traballo en equipos, grupos, fóra do 0 1 2 3 4 5 horario escolar.

12345

Ensínanse habilidades sociais (incremento de 012345 autoestiam, técnicas de autocontrol...) para que os alumnos melloren estas co obxectivo de previr problemas de convivencia ou resolver conflitos.

12345

Nas actividades complementarias e extraescolares incídese sobre a mellora da relación de convivencia e a educación en valores

12345

Existe no centro unha formación suficiente en Educación 0 1 2 3 4 5 en valores, normas de convivencia e a súa aplicación.

12345

Os valores e principios que orientan a convivencia no 012345 centro están recolleitos de forma clara e explícita no Proxecto Educativo de centro. As normas de convivencia e a tipificación da súa transgresión son adecuados.

12345

As normas de convivencia e a súa transgresión son dadas a coñecer a toda a comunidade educativa.

012345

12345

As normas de convivencia e a súa transgresión son respectadas habitualmente e utilizadas pola maioría do profesorado.

012345

12345

Os protocolos de actuación ante conflitos de convivencia 0 1 2 3 4 5 son adecuados.

012345


Data: Departamento: Valoració n da situación actual 12345

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O profesorado dispón da suficiente información do alumnado por parte do titor.

Necesidade de intervención 012345

12345

O titor ten as ferramentas suficientes na procura 0 1 2 3 4 5 de información sobre o seu alumnado ao principio de curso.

12345

Vanse acadando os obxectivos de aprendizaxe propostos con facilidade.

012345

12345

Téñense en conta as características do alumnado no momento de realizar as programacións de aula.

012345

12345

A organización de apoios e reforzos escolares para atender á diversidade son os adecuados.

012345

12345

012345 Os recursos materiais e humanos son suficientes no centro para atender á diversidade

12345

012345 Hai suficiente colaboración familia-centro para acadar os obxectivos de aprendizaxe propostos.

12345

Nótase unha participación activa dos pais/nais dos alumnos no centro (ANPA, CONSELLO ESCOLAR...)

012345

12345

A relación-colaboración con outros servizos externos ao centro é eficaz: Equipos de orientación específica, servizos sociais, ONG´s

012345


Data: Departamento: Valoració n da situación actual 12345

ORGANIZACIÓN DO CENTRO

Necesidade de intervención

O control dos accesos ao centro é axeitado.

012345

12345

Coas persoas de garda pódese vixiar de forma adecuada.

012345

12345

Os espazos e recursos do centro facilitan a identificación dos alumnos/as do centro e do resto da comunidade educativa.

012345

12345

Nótase un ambiente de coordinación, comunicación adecuado entre os profesores do centro

012345

12345

As reunións de claustro son produtivas, eficaces. 0 1 2 3 4 5

12345

As reunións de departamento son produtivas, eficaces

012345

12345

As reunións de Comisión de Coordinación Pedagóxica son produtivas, eficaces.

012345

12345

As reunións do Observatorio de Convivencia son 0 1 2 3 4 5 produtivas, eficaces.

12345

As relacións do equipo directivo con estamentos 0 1 2 3 4 5 alleos ao centro son produtivas, eficaces.

Grazas pola súa colaboración.


CUESTIONARIO PARA ALUMNOS/AS SOBRE A CONVIVENCIA NO CENTRO

1.-Xustificación: Para analizar a convivencia no centro, detectar posibles problemas e atopar solucións parece que a vosa opinión é importante polo que vos pedimos que cubrades este cuestionario anónimo. Só necesitamos que poñades ao principio a data, o curso (sen a letra), e a vosa idade. Na 1ª columna rodear o número que corresponde ao número de veces con que se da nas vosas clases os problemas de convivencia: 1=Nunca; 2= Moi poucas veces (dúas ou tres veces neste curso); 3=Ás veces (unha ou dúas veces ao mes); 4=Frecuentemente (dúas ou tres veces á semana); 5=Tódolos días. Na columna do medio ven definido o problema de convivencia. Na 3ª columna rodear a necesidade que vedes de intervir neses conflitos de cara ao vindeiro curso: 0 sería nada importante e 5 moi importante e o primeiro que teríamos que tratar de solucionar.


2.- Cuestionario: Data:___________________ Curso:___________ Idade:______________ Frecuencia PROBLEMAS DE CONVIVENCIA do Problema 12345 Desobedecer, non respectar ao profesor/a na clase ou polo centro.

Necesidade de intervención 012345

12345

Non acatar normas do centro: uso de móbil, fumar, saír entre clases...

012345

12345

Interromper, molestar, non deixar dar clase ao profesor/a.

012345

12345

Reaccionar con ira, insultos cando algún profesor lle indica que está a facer algo mal.

012345

12345

Facer dano físico ao profesor/a(pegar, dar patadas, empurrar)

012345

12345

Agresións físicas do profesorado aos alumnos/as

012345

12345

Agresións verbais(insultos, poñer motes, rirse de alguén ) do profesorado aos alumnos/as

012345

12345

Entre compañeiros: Insultos, poñer motes, rirse de alguén

012345

12345

Entre compañeiros: facer dano físico

012345

12345

Entre compañeiros: Rexeitar, illar, non deixar participar en xogos, traballos...

012345

12345

Entre compañeiros: ameazar, chantaxear, obrigar a facer cousas que non quere o outro

012345

12345

Problemas de asistencia sistemática, falta de material. 0 1 2 3 4 5

12345

Esnaquizo de material e mobiliario do centro

012345

12345

Roubar pertenzas de compañeiros

012345

12345

Esnaquizo de material de compañeiros

012345

12345

Roubar cousas do centro

012345

Grazas pola vosa colaboración.


CUESTIONARIO PARA PAIS/NAIS DOS ALUMNOS SOBRE A CONVIVENCIA NO IES A CACHADA

1.-Xustificación: Para analizar a convivencia no noso centro, detectar posibles problemas e atopar solucións considérase que a súa opinión é importante polo que se lle pide que cubra este cuestionario anónimo. Só é necesario que poñan ao principio a data, nivel de parentesco (nai, pai, avó...) e cantos anos levan os seus fillos escolarizados no Instituto. Trátase de ler as diferentes opinións sobre a vida no instituto e rodear na primeira columna o número que corresponde ao seu acordo con ela: 1=Nunca; 2= Moi poucas veces; 3=Regularmente; 4=Case sempre; 5=Sempre.


2.-Cuestionario: Data: _______________

Grao de parentesco: _______________

Anos de escolarización do seu fillo/a no Instituto: ________________ Valoració

Opinións sobre o Instituto A Cachada.

n da situación actual 12345

A relación co equipo directivo(director, xefe de estudos, secretario) é boa

12345

En xeral non hai dificultades na relación profesor-alumno.

12345

Son adecuadas as relacións entre os alumnos/as do centro.

12345

Existe boa comunicación entre a familia e o profesorado

12345

A disciplina no centro é eficaz

12345

A familia participa na vida e xestión do Instituto.

12345

O número de alumnos que hai nunha clase é o adecuado para un só profesor. Hai suficientes recursos no centro para atender ben aos alumnos.

12345

As familias están informadas suficientemente do que acontece no centro.

12345

A información que teñen para resolver conflitos de convivencia cos seus fillos/as é suficiente.

Grazas pola súa colaboración. Este cuestionario poden deixalo cuberto na conserxería do centro.


ANEXO III GRテ:ICAS RESULTADOS DAS ENQUISA


ANEXO IV MODELOS DE PROGRAMAS PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA


APRENDE A Resolver CONFLITOS

MODELOS DE INTERVENCIÓN Adóitanse distinguir catro modelos de intervención para a mellora da convivencia: o modelo médico-psiquiátrico, o modelo conductista, o modelo cognitivo-condutual e o modelo construtivista. - Modelo médico-psiquiátrico: Desde este modelo considérase que o comportamento desaxustado ten unha orixe orgánica, física ou fisiolóxica e que a intervención debe ser de tipo neurolóxica ou neuroquímica. Nestas situacións os médicos adoitan medicar con psicofármacos. - Modelo conductista: Baséase fundamentalmente nos principios do condicionamento operante desenvolvidos por Skinner e aplicados á aula por diversos autores. Segundo este enfoque os comportamentos desaxustados aparecen nuns contextos determinados e son mantidos se xeran consecuencias reforzantes para quen os omite. Tales comportamentos pódense modificar controlando tanto os estímulos antecedentes, que lles serven de contexto como os consecuentes, que os manteñen. Deste xeito considérase que para controlar a conduta basta con manexar os estímulos e as respostas observables. - Modelo cognitivo-conductual: Considera que os procesos mentais, os pensamentos e as emocións teñen unha gran importancia na aparición de comportamentos desaxustados. As técnicas fundamentais son as de reestruturación cognitiva, que tratan de modificar as crenzas irracionais ou os sesgos de pensamento que distorsionan a realidade; as técnicas de afrontamento de situacións van dirixidas ao manexo das emocións con técnicas como a relaxación; as técnicas de solución de problemas, que tratan de desenvolver habilidades para que a persoa saiba solucionar os problemas interpersoais cotiás. - Modelo construtivista: Entende que o coñecemento é construído a través da acción. Hai que tratar aquí que a aprendizaxe sexa significativa, o que se lle ensina debe de estar conectado co que se sabe e ten que servirlle para resolver os seus problemas cotiás. Polo tanto, pór en práctica o aprendido facilita a aprendizaxe significativa e faino máis duradeiro. A aprendizaxe debe ser tamén mediadora, que quen aprende sexa guiado por alguén máis experto que el, ata que vaia adquirindo destrezas e poida ir afrontando as situacións de xeito máis autónomo e independente.


UN MODELO INTEGRADOR - A EDUCACION EN RESOLUCIÓN DE CONFLITOS (ERC): A ERC é un modelo para a mellora da convivencia escolar integrador, posto que recolle moitas achegas dos modelos anteriores. Non introduce terapia médica, aínda que sí pode complementar este tipo de tratamentos. O seu obxectivo é ensinar ao alumno a afrontar os conflitos de forma construtiva. Para iso se lles educa nas habilidades e procesos desenvolvidos desde a perspectiva cognitivo-conductual. Este adestramento realízase tendo en conta moitos dos postulados constructivistas. Como o papel activo do estudante, tratando de que as súas aprendizaxes sexan significativas e fomentando a aplicación do aprendido, cada vez de xeito máis autónomo. Os acordos aos que se chega ante un conflito correctamente resolto non deixan de ser contratos condutuais seguindo a terminoloxía condutista. Compoñentes do modelo ERC: Pódese abordar un conflito de xeito construtivista e necesitaremos dun proceso, unhas actitudes, uns principios e unhas habilidades que faciliten o seu afrontamento. Educar en resolución de conflictos supón educar nestas catro compoñentes.

UN MODELO PRÁCTICO - O PROGRAMA ARCO: Este modelo pretende abordar os conflitos mediante o fomento da negociación, a mediación e o consenso en grupo, así como a través do desenvolvemento das habilidades, principios e actitudes necesarias para a súa práctica. A formación será o elemento nuclear do programa ARCO.


ANEXO V PROGRAMA DE MEDIACIÓN ESCOLAR


MEDIACIÓN DE CONFLITOS EN INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS -Axuda a crear no centro un ambiente relaxado e produtivo. -Contribúe a desenvolver actitudes de interese e respecto polo outro. -Axuda a recoñecer e valorar os sentimentos, intereses, necesidades e valores propios dos outros. -Aumenta o desenvolvemento de actitudes cooperativas no tratamento dos conflitos ao buscar xuntos solucións satisfactorias para ambos. -Aumenta a capacidade de resolución de conflitos de forma non violenta. -Contribúe a desenvolver a capacidade de diálogo e a mellora das habilidades comunicativas, sobre todo escoita activa. -Contribúe a mellorar as relacións interpersoais. -Favorece a autorregulación a través da procura de solucións autónomas e negociadas. -Diminúe o número de conflitos e xa que logo, o tempo adicado a resolvelos. -Axuda á resolución de disputas de forma máis rápida e menos custosa, -Redúcese o número de sancións e expulsións. -Diminúe a intervención dos adultos, que é substituída pola dos alumnos mediadores ou polos mesmos disputantes. Descrición do programa: Hai que seguir unha pedagoxía pacífica ou de educación para a paz e a convivencia escolar, xunto cos coñecementos no campo do desenvolvemento organizativo e curricular. Destácanse os seguintes: -Unha concepción positiva do conflito. Entendendo o conflito como algo consustancial aos seres humanos e as súas formas de vida social, e que segundo como se afronte, pode resultar construtivo e beneficioso para as partes. -O uso do diálogo como alternativa a outras posibles respostas menos construtivas ante conflitos como son: de agresión e violencia ou as de fuxida e submisión. -Potenciar contextos cooperativos nas relacións interpersoais. -Desenvolvemento de habilidades de autorregulación e autocontrol, como elemento clave para favorecer nos individuos a toma de decisións de xeito autónomo e axustado ó contexto social onde viven, o que contribúe a unha mellor integración e ao desenvolvemento da súa autoestima. -Práctica da participación democrática, xa que a través destes procedementos experimentan a importancia das súas opinións, sentimentos, desexos e necesidades, tanto propias como dos outros, e a súa contribución á mellora de situacións inxustas ou desagradables. A responsabilidade da resolución dun conflito recae nas partes directamente implicadas nel. -O desenvolvemento de actitudes de apertura, comprensión e empatía que implica un compromiso de atención ao outro, intentando porse no seu lugar. -O protagonismo das partes na resolución dos seus conflitos, así é máis doada que a saída ao conflito sexa asumida e desenvolta comprometidamente por esas partes.


Neste programa expóñense os seguintes obxectivos: -Previr a violencia. -Ensinar as estratexias e habilidades necesarias para desempeñar a función de mediación en conflitos. -Fomentar un clima socioafectivo entre as persoas que participen no obradoiro de mediación de tal xeito que poidan experimentar unha vivencia de encontro interpersoal enriquecedor. MEDIACIÓN ESCOLAR: Que é a mediación? -Un intento de traballar co outro e non contra o outro. -Procura dunha vía pacífica e equitativa para afrontar os conflitos. -Buscar un contexto de crecemento, de aceptación, de aprendizaxe e de respeto mútuo. -Un proceso de comunicación horizontal a tres bandas, no que o mediador crea as condicións para que os protagonistas do conflito poidan compartir inquietudes e formulacións, puntos de vista e limitacións, co ánimo de elaborar o conflito e chegar a acordo. -Unha vía voluntaria e confidencial para explorar os conflitos na que os protagonistas toman as súas propias decisións mediante consenso, e sen estar coaccionados por ningunha clase de poder. Como funciona un servizo de mediación? -Cando se escoita sen interromper. -Fálase sin faltar ó respeto. -Mantense a confidencialidade acerca do contido do encontro. -Intentar cooperar a fin de chegar a un acordo. Tomar a iniciativa da mediación lévanos a: -Unha participación responsable. -Unha comunidade aberta e afectiva. -Fortalecemento e recoñecemento das persoas. -A transformación constructiva dos conflitos. -A renovación da cultura dos conflitos. -O cultivo da paz positiva. ESTRUTURA DO PROGRAMA DE MEDIACIÓN ESCOLAR: É potestade de cada centro decidir como quere incorporar a mediación, cando desexa iniciar a formación, que nivel de implicación lle resulta máis convinte, canto tempo quere adicar a iso ou que lugar lle corresponderá dentro do currículo.


OBXECTIVOS XERAIS: -Recoñecer os conflitos como parte natural da vida e fonte de aprendizaxe. -Adquirir capacidade de diálogo para comunicarse aberta e efectivamente. -Saber recoñecer e expresar as propias emocións e sentimentos, fomentando a revalorización dun mesmo e dos outros. -Desenvolver habilidades de pensamento reflexivo, creativo e crítico en tanto ferramentas de anticipación, solución e opción persoal fronte ao conflito. -Participar activa e responsablemente na construción da cultura do diálogo, da non violencia activa e da paz, transformando o propio contexto. -Contribuír ao desenvolvemento dun contexto social equitativo, pacífico e cohesionado. -Incorporar a mediación coma proceso de encontro interpersoal para elaborar os propios conflictos e buscar vías construtivas de consenso. CONTIDOS: I.Comprensión do conflito. II.Comunicación aberta. III.Expresión de emocións e sentimentos. IV.Habilidades de pensamento. V.Participación activa. VIN.Convivencia pacífica. VII.Proceso de mediación. AVALIACIÓN: É unha parte do programa que se integra en cada actividade de xeito que se faga unha valoración conxunta. É moi importante fomentar a autoavaliación e obter un feed-back directo que permita flexibilizar e readaptar as actividades ao contexto concreto. MEDIACIÓN EN ACCIÓN (BOQUÉ, 2005) 1. Tempo de mediación. Asumir os propios conflitos é un xeito de madurar e crecer. 2. O conflito. Os conflitos que non se resolven positivamente, complícanse co tempo. 3. Iniciar a mediación. A mediación é unha oportunidade para defender os propios intereses dialogando. 4. Compartir puntos de vista. O proceso de mediación básase na comunicación e o respeto mutuo. 5. Identificar intereses. Debemos loitar contra o conflito e non contra a persoa. 6. Crear opcións. Os conflitos non teñen unha, senón moitas solucións. 7. Facer pactos. O futuro mellora cando colaboramos para superar os problemas. 8. Pechar a mediación.


Sempre que renunciemos รก violencia damos un paso a favor da paz.


ANEXO VI CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA






Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.