15/3/2016
Unha ópera na escola. O proxecto LÓVA
Published on Eduga (http://www.edu.xunta.es/eduga) Inicio > Unha ópera na escola. O proxecto LÓVA
Unha ópera na escola. O proxecto LÓVA Proxeccións [1] Juan M. Fernández Fernández xoanmfernandez@edu.xunta.es [2] Clara Goás Vargas claragoas@edu.xunta.es [3] Ana I. Vázquez Rico anaiv@edu.xunta.es [4] CPI SAN SADURNIÑO (A Coruña)
A neurociencia demostra que o elemento esencial na aprendizaxe é a emoción. É neste punto onde a educación artística, a grande esquecida dos sistemas educativos, volve sobresaír polos seus beneficios para o desenvolvemento dos nenos e nenas debido a que ten a marabillosa calidade de servir de nexo de unión entre intelecto e emoción. As inquietudes dun grupo de mestres e profesores do noso centro de facer na escola algún cambio significativo e positivo que respondese ás necesidades do século XXI tiveron a súa resposta no curso 2012/13, cando, a través dun curso do CFR de Ferrol, nos chegou a noticia da existencia dun proxecto moi especial, o Proxecto LÓVA (A ópera: un vehículo de aprendizaxe). Tomamos a decisión de asistir á formación de LÓVA que se imparte cada ano en xullo no Teatro Real de Madrid. É un curso moi intensivo e completo, que nos abriu unha ventá a unha escola diferente e comprendemos que outra educación é posible. En setembro puxemos en marcha o proxecto, co apoio de compañeiros e equipo directivo, en quinto de primaria e cuarto da ESO. A experiencia foi tan boa que ao ano seguinte repetimos e no presente curso, ademais de en quinto de primaria, estase a levar a cabo en sexto de infantil. Tamén formamos un grupo de traballo LÓVA para seguir formándonos e intercambiando experiencias. Que é LÓVA? Unha clase convértese nunha compañía de ópera e dedica o curso enteiro a crear unha ópera ou breve musical. Os nenos e nenas organizados en profesións escriben o libreto, deseñan e constrúen a escenografía, compoñen a música, crean o vestiario, fan a publicidade, recadan fondos, crean a iluminación… En definitiva, crean, producen e, ao final, representan unha ópera ou musical enteiramente orixinal e sen axuda de adultos.
http://www.edu.xunta.es/eduga/print/1009/proxeccions/unha-opera-na-escola-o-proxecto-lova
1/5