Revista Pincha 14

Page 1

de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 14 | xullo-agosto 2019

BENDITA LOUCURA

Xacobe M. Antelo e o poder dunha música que remexe Revista de Gastronomía & Cultura


www.galiciacalidade.gal


C

Rebeca Munín

Con amor

@rebecamunin

ada vez que Pincha sae á rúa, Susana Pedreira invítanos a participar no seu programa Gente Viajera de Galicia, que se emite os venres pola tarde en Onda Cero. Nese ratiño na radio repasamos os temas do número e conversamos cun dos protagonistas das nosas reportaxes e entrevistas. Na nosa última intervención, Susana comentou que sempre chegabamos a persoas que viven con amor o seu traballo. “É unha condición para saír en Pincha?”, preguntou. E non é que o sexa, pero a nosa compañeira xornalista ten razón. Aqueles que se dedican á gastronomía e á cultura adoitan facelo con paixón. Quizais sexa porque son dous mundos moi duros, aos que tes que dedicar moitas horas, que non sempre reciben o recoñecemento que se merecen e onde a inestabilidade laboral é case unha norma. Cantas artistas viven só da música? Cantos actores traballan todo o ano? Cantos hostaleiros e hostaleiras collen vacacións de máis de catro días? Só elixes este camiño se realmente amas o que fas. E que boa elección de vida é facer o que che gusta! En #pincha14 volvemos a traervos un bo grupo de apaixonados e apaixonadas. Só fai falla ver como falan dos seus negocios Guillermo Moscoso, de Pan da Moa; Brígida Hermida, de Xearte Brigitte; ou Alfonso Moldes, de A Fuego Lento. Ou como describen o marabilloso mundo do viño Lorena Varela, da ruta das Rías Baixas; Javier Míguez do grupo Las Bodeguillas; e María Garrido, de Bodegas Martín Códax. A Xacobe Martínez Antelo, un dos nosos mellores músicos, ilumínanselle os ollos recordando o ben que tocan os seus compañeiros. Alfonso Cabaleiro defende con orgullo a marca Galicia Calidade. Crusat e Costas descóbrennos un proxecto vinícola que comezou como moita ilusión nun garaxe! E completamos con dous auténticos namorados da vida artística: Dj Sanma e o pintor e escultor Delio Sánchez. Eu de ti, seguiría lendo! ;)

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com

ÍNDICE

Por

EDITORIAL

04 10 12 16 18 21 22 24 27 28 31 34

entrevista | Xacobe Martínez Antelo de bares con jessi | De cata en cata con lupa | Nova lei do pan reportaxe | Xearte Brigitte #apapar | A Fuego Lento a gorida do artista | Delio Sánchez crusat & costas | Cazapitas ‘O Rebusco’ entrevista | Alfonso Cabaleiro 666rpm | Dj Sanma axenda compostelá directorios ultramarinos

Para lamber os fociños!

Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: César Varela, José Crusat, Lorena Costas, @JuanEAT_o, Inés Silvalde e Delio Sánchez.

“Unha brutalidade!”. Así describiu a nosa compañeira Ruth a torta de mousse de iogur con froitos vermellos que probou en La Flor, na rúa das Casas Reais. E claro, o resto da Redacción tivemos que ir probala. Xa sabedes o que nos gusta en Pincha papar! E tiña toda a razón! Mimadriña que rica está! Así que se visitades este coñecido restaurante compostelán, non dubidedes en pedila. E se vós tamén tendes as vosas propostas favoritas da hostalaría santiaguesa, escribídenos por redes sociais coa etiqueta #pratopincha Queremos probalas todas!

Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.re vista p in ch a .g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante. Pincha | N 14

|3|


Por

Rebeca Munín

entrevista

Xacobe Martínez Antelo Quedamos con Xacobe na galería da cafetería Lasso, no Auditorio de Galicia. Foto: Iván Barreiro

| 4 | Pincha | N 14

@rebecamunin


“O que sentes pola música é coma polos fillos, non hai forma de racionalizalo”

“Os meus compañeiros son acojonantes. Sempre teño a sensación de que eu son o peor músico de todos cos que toco”

X

acobe é un tipo grande. E xa imaxinaredes que non o digo só polo seu corpo. Ninguén discute a súa calidade como músico. Inmerso en diversos proxectos, como Chanzo, Martelo ou Sumrrá, recentemente acaba de presentar o seu segundo disco co trío que leva o seu nome. Dá gusto velo sobre o escenario fundíndose co seu contrabaixo e, como el di, “deixar o teu propio corpo e convertirte en son”. Unha música que cre inxusto que non chegue a moitos colectivos con difícil acceso á cultura. Por iso puxo en marcha, sen axuda de ninguén, un ciclo de Concertos Necesarios en lugares como residencias de maiores, hospitais ou centros de día. É ou non é este compostelán un tipo ben grande?

‘Capturas’ é o título do segundo disco de Xacobe Martínez Antelo Trío. Que querías ‘capturar’? Realmente é a primeira vez na miña carreira na que o deseño dá nome ao disco. Tiñamos as músicas xa gravadas e mandeillas a Roge Fdez, que é o deseñador, e mandoume a portada. E hostia! Vino e pareceume tan familiar e ao mesmo tempo tan elegante, tan cinematográfico, tan revelador… que me din de conta que o que estabamos facendo coas músicas á hora de compoñer era precisamente iso: capturar pequenas historias, realidades ou sensacións. Os oito temas eran como oito capturas.

Oito temas con oito títulos moi reveladores: ‘A política lingüística de Alberte’, ‘Conciliade malditos’, ‘O precariado’… Si, en todos os proxectos nos que estou metido, a música é necesaria, ten raíces, unha dirección… Entón, todos e cada un dos títulos teñen unha gran historia detrás. Unha explicación longa que moitas veces fago nos directos.

981 558 592 Pincha | N 14

|5|


entrevista

Pero eu o que intento é suxerir. Hai xente que entende á perfección as sutilezas. Por exemplo, nun tema como ‘Non alimenten ó Troll’ os que habitualmente se enfrentan aos trolls saben de que estamos falando (Sorrí).

Acompáñante no trío Xosé Miguélez (saxo tenor) e Max Gómez (batería). Que tal a relación con eles? Son dous músicos acojonantes. Eu sempre teño a sensación de que eu son o peor músico de todos cos que toco (Sorrí). Porque eu antes que músico son melómano. A necesidade de tocar vén porque flipas tanto coa música que necesitas darlle saída. Formar parte dese proceso xa é a hostia! É un auténtico agasallo do universo currar con eles. Sabemos ademais que estamos facendo o noso propio camiño, que nada temos que ver con outros tríos ou outras formas de facer música. E iso é o que o fai grande.

Con este trío tamén puxestes en marcha o proxecto Concertos Necesarios. En que consiste?

E desde cando está a música na túa vida? Buf… (Suspira) Sobre os 11-12 anos gustábame a música pero o que lembro como un frechazo foi escoitar a Jaco Pastorius nun dos vinilos do meu irmán maior. Non sabía que tipo de instrumento emitía aquel son! Pregunteille ao meu irmán, ensinoume a portada e vin por primeira vez un baixo eléctrico. Flipei! Despois con 13 anos metinme na escola de música que había en Santiago e foi para min unha pasada. E aquela loucura polo son, pola música, segue exactamente igual a día de hoxe.

“A situación do jazz en Galicia é absolutamente desesperada. O nivel de programación é residual”

Este proxecto vén desde hai moitos anos. A idea xurdiu por verme sempre tocando en espazos supostamente preparados para a música. É dicir, salas, auditorios, teatros, festivais… E como obrigado a só estar presente para determinado público. Despois, por cuestións persoais, entrei en contacto con colectivos de persoas con necesidades diversas e dinme de conta de que hai un montón máis de xente no mundo que non é a que ten o hábito de ir aos concertos. E como nós cremos que a música que facemos é poderosa, no sentido en que realmente remexe, pensamos en ir tocar para xente que polas súas circunstancias sociosanitarias está privada dela.

Que tal foi a resposta? A resposta por parte da xente dest e tipo de centros é excepcional. Estiveramos moitos anos buscando que algunha institución, pública ou privada, quixera

| 6 | Pincha | N 14

apoiar mínimamente o proxecto. Pero non o conseguimos e chegou un momento no que dixemos: pois ímolo facer! Sen apoio de ninguén. Fixemos entón unha pequena experiencia de tres concertos grazas ao desinterese e a calidade humana de Xosé, de Max e de Inés Portela, de Mada Producións. Estivemos no Psiquiátrico de Conxo, no Centro Sarela e na residencia de maiores Volta do Castro. Fomos coa idea de que eramos nós os que iamos agasallarlles a eles pero foi ao revés. Foi moi enriquecedor. Xenial. Moi chulo. Tocamos o material deste disco antes de gravalo e penso que tamén a enerxía destes concertos quedou reflectido nel.

Segues namorado dela entón? Si. Eu que son pai é coma o que sentes polos fillos, non hai forma de racionalizalo. Aínda que máis que un amor, é unha tolemia! (risos)

Dentro dos teus diferentes proxectos musicais, o máis exitoso é o grupo de jazz Sumrrá, co que estás a piques de cumprir 20 anos! Como foron os inicios? Comezamos na época na que eu empecei en serio co contrabaixo. Coincidimos en Santiago unha xeración de músicos que faciamos unha jam session semanal no Dado Dadá. E en todas as jams había un momento no que quedabamos tocando sós LAR Legido (batería), Manu Gutiérrez (piano)


e máis eu. E neses momentos non sei que pasaba pero había como un rollo moi bo. Tivemos entón a idea de facer uns concertos xuntos. O nome viu dunha broma interna porque non pensabamos que pasaríamos dese par de actuacións, pero aquí levamos 20 anos arrastrando o nome (gargalladas).

Arrastrándoo por medio mundo! Pero en Galicia, hai suficiente apoio para ‘Capturas’ é o último disco de Xacobe Martínez Antelo Trío. Foto: Iván Barreiro

o jazz? Non, a situación do jazz en Galicia é absolutamente desesperada. O nivel de programación é totalmente residual. E como o jazz, outros moitos tipos de música… Creo que a situación da cultura en xeral é de abandono. Quen diga o contrario lo flipa. E creo que para a música do país o mellor que ten pasado nos últimos anos é o nacemento da asociación Músicas ao Vivo, que traballa para que a roda se siga movendo. Porque a proposta que lle gusta a 10.000 persoas ten que ter apoio, pero o proxecto que lle gusta a dez, tamén. Porque esa música que en principio é minoritaria ao mellor acaba sendo exportada a Marrocos, a Corea, a México ou a China. Un exemplo é Sumrrá, que empezou sendo un trío de jazz galego de tres tipos que nunca tiveron ningún tipo de axuda; que os dous últimos discos están sendo producidos por un selo de Nova Iorque; e que é susceptible de ser programado en calquera país do mundo cunha resposta moi boa.

E xa para rematar, cando poderemos ver en directo ‘Capturas’ por Santiago ou comarca? De momento temos unha actuación o 15 de xullo en Tui e o 28 de agosto no Jazz Filloa de A Coruña. Pero imos actualizando datas na web xacobemartinezantelo.com Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

con leite

fresco

galego Sabores con produtos tradicionais de Galicia Xeados sen lactosa, só con froitas Xeados libres de alérxenos, consultar na tenda Xeados aptos para veganos Rúa de San Pedro, 70 Santiago de Compostela 981 973 169 www.xeartebrigitte.com

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 14

|7|


Por

Jéssica Pintor

de bares con jessi

@jpintorybarran

Javier Míguez, cuns viños en La Bodeguilla de Santa Marta. Foto: Iván Barreiro

DE CATA EN CATA

O viño non se bebe, experiméntase!

A vida é unha proba, un experimento. Probando aprendes o que che gusta e o que non. Logo un día dáste conta, por exemplo, que os viños non só se beben. Os viños son experiencias! Entendelos é pescudar na súa lugar de orixe, en quen os fai, onde se venden, que significan na contorna, con que se comen, que nos aportan... Hai que experimentalos.

Facendo a ruta do viño Rías Baixas Lorena Varela afirma que o enoturismo combina con todo, logo o viño tamén! E fálame da desestaciona-

| 8 | Pincha | N 14

lización deste produto. Non só vas probar viños en xullo e agosto ou cando estás de vacacións, ou? “O enoturismo é un dos produtos turísticos que se pode gozar de xaneiro a xaneiro. Ten un valor engadido: combina con patrimonio, deporte, termalismo, con sol e praia”. Coñecín a Lorena hai xa máis dun ano, facendo, precisamente, a Ruta do Viño Rías Baixas, da que é xerente. Fala con tanta enerxía do seu traballo, que contaxia. É desas persoas que cre no que fai e transmíteo. Gústanlle os proxectos, case tanto como o mar e o viño. E véndeos moi ben!


A Ruta do Viño Rías Baixas agrupa adegas, aloxamentos e restaurantes. É unha oferta completa de enoturismo no Salnés, no Condado, no Rosal, na Ulla e en Soutomaior. Operan dende 1996 e son os que xestionan en exclusividade o enoturismo nas Rías Baixas. A súa é a única ruta certificada en Galicia que está dentro do club de produto Rutas do viño de España. E é a sexta ruta máis visitada a nivel nacional, dun total de 29! Así que se aínda non fixeches unha cata, sendeirismo ou ioga entre viñedos, non sei a que esperas! “Queremos que cada galego(a) sexa prescriptor(a) do que hai no seu territorio. O enoturismo non é só para turistas. É algo para estar orgullosos! Como vas marchar de Galicia sen visitar unha adega?! E a relación do viño coa gastronomía é indiscutible! Cada un de nós ten que convencer aos seus de querer ver unha vez na vida a entrada dos tractores á adega en vendima, de explicar que os viñedos pertencen a centos de familias, que o seu traballo é manual, de probar os nosos viños!”. Ir a unha adega é como ir ao mercado. Xa sabes a froita, na froitería, a carne na carnicería e o viño: na

adega! “Aquí aínda hai moitas adegas familiares, con esa historia e paixón polo campo. Que che reciba un adegueiro que leva aí dende os 12 anos, que pasou as rendas aos seus fillos, é un privilexio!”. Para que vaiades anotando e facendo boca, a Ruta do Viño Rías Baixas celebra en outubro a III Edición da BTT, unha carreira en bicicleta entre viñedos e adegas. “Combinamos unha actividade deportiva con enoturismo: percorren territorio da propia denominación de orixe, os puntos de avituallamento soen estar entre viñas e nas portas das adegas, son entre 200 e 250 participantes e o ano pasado foi no Rosal. O itinerario é novidoso cada ano e a dificultade é maior porque cada ruta é nova para o participante, especialmente deseñada para cada xornada”. Desta volta será no Salnés, estade pendentes! E ademais o segundo domingo de novembro celébrase o Día Europeo do Enoturismo. E en Rías Baixas celébrano co VIII Concurso de cata amateur. Cen persoas catan diferentes referencias dos socios da Ruta do Viño Rías Baixas. Cada mesa ten viños distintos, catan cinco mostras e despois fan unha cata a cegas, na que teñen que acertar tres dos que probaron anteriormente, con premios e petiscos! Con esta actividade, asegura Lorena “intentamos desmitificar a idea de que o viño é para entendidos, con un evento divertido, no que consumidores habituais aprenden a catar, cunha explicación xeral dun sumiller, de modo que ao final poidan entender e identificar os viños, segundo a súa procedencia. Non hai outra cata así no territorio!”.

A Ruta do Viño Rías Baixas agrupa adegas, aloxamentos e restaurantes. Pincha | N 14

|9|


de bares con jessi

700 referencias de viño en La Bodeguilla Se non coñeces a Javier Míguez, ou acabas de chegar a Compostela ou aínda non probaches a comer na súa adega particular, dentro da propia cidade e con 700 referencias de viño distintas! A min presentoumo meu pai, porque fixeron a mili xuntos e foi en La Bodeguilla de San Roque onde probei o meu primeiro albariño por copa. Eu acudo sempre a xente de fiar.

“O viño xa deixou de limitarse a un público determinado”

“Eu viña da hostalaría nocturna e cando decido dar o salto á diúrna, empezo a interesarme polo mundo do viño. Buscamos abrir un local especializado en embutidos ibéricos, xamóns e aí empezou a miña paixón polas adegas e os viños”. Envicia?, pregunto. A reposta é afirmativa. Míguez é un home que transmite moita seguridade e calma, seriedade, o seu pulso non se altera, non hai altibaixos no ton de voz... Como non te vas deixar aconsellar! El tamén comete erros, confesa. “Para aconsellar a alguén tiras do teu criterio persoal e fíxaste no perfil do cliente, o que pide para comer e os parámetros que che dá. Pero é un proba, erro... E volta a probar! Neste mundo estás constantemente formándote. A gastronomía e a enoloxía non paran de evolucionar, aparecen adegas novas, novas técnicas... Francamente non me lembro cantas denominacións había no ano 1986 cando abrimos La Bodeguilla de San Roque, pero había poucas e podías escoller, porque aínda había viños malos... (Rimos) Pero hoxe non hai viños malos. Temos unha riqueza enolóxica impresionante, neste país, un índice de calidade altísimo e unha relación calidade prezo, moi boa. É cuestión de probar. Temos unha aula de cata en La Bodeguilla de San Lázaro, é onde xogamos! (Sorrí) Catamos queixos, aceites e viños, claro. As cata-maridaxe de adegas son maioritarias, evidente. Nós arriscamos moito, tamén metemos á pata! (risas) Hai unha mesa imperial (rodeada de viños de todas partes) para 26 persoas, intentamos que a xente se molle na súa experiencia, que dea a súa opinión. Un tinto con peixe? Pódese! Unha carne con branco? Tamén se pode! Pódese facer de todo!”.

| 10 | Pincha | N 14

A el chámanlle a atención os viños de Mallorca, a variedade fogoneu, “por estas latitudes xa non soan. Notamos tamén un avance cualitativo dos viños da zona de Valencia e nos de Aragón, dos viños de granel dos anos 80 houbo unha evolución moi positiva, igual que Galicia experimentou un auxe tremendo. Estamos á altura de viños de calquera denominación! Pero as adegas máis especiais son as de champaña. Ver esas cavas de Pommery, trasládante a outro mundo... A adega Belle Epoque Perrier Jouët, arquitectonicamente xa é impresionante. E por exemplo as adegas de Tacoronte e Centejo, nas illas Canarias, xa pola forma de cultivar a vide, en condicións tan extremas, chámante moitísimo a atención!”. Á cuestión: Que é maridar? Responde: “É probar e probar!” Vedes. Non coñecedes a ninguén máis claro e conciso. Bebe viño.

Asegura que Galicia mira cara un futuro moi prometedor, xa que hai adegas que apostan con seguridade no mañá e con gran calidade. “Eu aposto polo produto galego e son a maior cantidade de referencias que temos na nosa carta. É o que reclama o cliente de aquí e o de fóra. Se algo me encanta e que aquí conseguimos que os mozos teñan no noso local esa primeira cita de noivos, cando saen a cear... E escollen La Bodeguilla para tomar por primeira vez un viño. É un local no que sucede a iniciación dese rito”.

Unha tarde atlántica cos viños de Martín Códax Descubrir a orixe do proxecto é a maxia de Bodegas Martín Códax, iso e “o golpe de Atlántico que levas na cara, nada máis saír pola porta”, subliña María Garrido, mentres lle brillan os ollos. A directora de Marketing da adega resume con moita emoción e contendo a respiración os trinta e cinco anos de traballo de máis de 300 familias de viticultores, que venden experiencias ao redor da cultura do viño. “A viticultura sempre foi unha actividade complementaria na casa nesta zona, os nosos socios(as) eran e son tamén mariñeiros, mestres... Todos teñen unha vinculación co mar moi potente, co cal isto é parte da nosa identidade. Queremos que os visitantes entendan a orixe desta riqueza, de


aí que os levemos a mariscar, que os levemos a Cambados, que fagamos que proben os nosos viños con conservas, con peixes en forma de sushi, con queixos de diferentes denominacións de orixe galega... O viño sen gastronomía tampouco se entende. Por iso deseñamos experiencias que unen comida e viño, onde o fío condutor é esa nova gastronomía, eses novos embaixadores, esa nova ola de cociñeiros e cociñeiras que respectan enormemente a tradición, o produto... Eles fan de nexo entre produtor, viño e consumidor”. A través dun sumiller e dos chefs Dani García (Grupo Dani García), Iván Domínguez (NaDo), Pepe Solla (Casa Solla), Adrián Felipe (Restaurante Miga), Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Abastos 2.0 e Loxe Mareiro), en As Tardes do Atlántico de Martín Códax poderemos aprender, durante xullo, agosto e setembro, a que saben os diferentes viños desta adega e como se mesturan con distintas preparacións, en forma de pequenos bocados. Podedes informarvos na súa páxina e reservar por teléfono. Hai tres pases cada día, tres días á semana: martes, mércores e venres. Pero nesta adega ademais de vender viño, escumosos, sangría de albariño e augardentes venden un feixe de música e de cultura. Celebran os Premios Martín Códax da música e se non coñecedes Os Xoves de Códax, xa chegades tarde porque para cando leades isto, as entradas xa estarán esgotadas! María cóntame, aínda im-

presionada, que venderon as de xullo en 20 minutos! As tardes dos xoves de xullo e agosto a terraza da adega acolle un ciclo musical solidario, que fusiona sons galegos con sons do panorama nacional e internacional, para deleite de catrocentas persoas embelesadas polo crepúsculo sobre a ría e polos sabores atlánticos dos seus viños e ademais cunha finalidade social importante, xa que a recadación destínase a entidades benéficas e xa levan entregados máis de 100.000 euros. Este ano contarán con Fredi Leis, Abe Rábade e Salvador Sobral, Kiko Veneno e Baiuca, entre outros. Tranquilos todos que sempre nos quedará o Outono Códax, que trae unha morea de soul a Compostela, en outono, evidentemente, queridos! Martín Códax chámase Fillo do Atlántico, precisamente pola influencia do mar e toda esa cultura sobre os seus viños. “Os nosos albariños son a suma de clima, solo, varietal e cultura. Vir aquí é unha experiencia. Non che imos falar de procesos, ímosche falar da familia que conforma Martín Códax, eles son o que teñen de especial todos e cada un dos nosos viños. Con todas estas actividades pretendemos romper tabús, porque o viño sérvese con aperitivos, é complemento dunha tarde na praia... O viño xa deixou de ser difícil ou de limitarse a un público determinado. Cada vez hai máis interese por xente máis nova, por empresas para facer xuntanzas motivacionais en adegas... Non tes que saber de viño para vir, a quen non lle apetece coñecer de onde sae o que bebes, que hai detrás, quen o fai?!” A que emociona? María e o mundo do viño, tamén! Non sei, vós que decides? Eu vou tomar un viño! E remato cunha posdata: Brinda sempre con un (viño) galego! Que hai moitos e variados, tintos e brancos! E de cando en vez vaino mercar a adega, porque xa sabes que ir de cata, percorrer un viñedo e beber viño, son experiencias, son sensacións! Non mo contaron, experimentei e paga a pena! A vida é probar... viños incluídos! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

As Bodegas Martín Códax están en Cambados.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Pincha | N 14

| 11 |

Revista de Gastronomía & Cultura


con lupa

Guillermo Moscoso, no seu obrador. Foto: Ivรกn Barreiro

| 12 | Pincha | N 14


O PAN,

CON TODAS AS DA LEI

A

rrancamos o mes de xullo cunha nova lei sobre o pan, en vigor desde o día 1. Unha norma que substitúe o decreto do 1984 e que, despois de máis de 30 anos, xa tocaba renovar. O obxectivo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación disque é evitar fraudes e a competencia desleal. Pero é realmente este texto xusto co sector? E sobre todo, servirá de algo para o consumidor? Para respostar a estas preguntas precisabamos un experto. E quen mellor que Guillermo Moscoso, de Pan da Moa, recoñecido como un dos mellores panadeiros de España. O compostelán admite que o anterior decreto estaba “obsoleto” polo que conviña cambialo. Pero tamén cre que se “perdeu a oportunidade” de facer unha lei que realmente favorecese a todos: á grande industria panadeira e aos pequenos panadeiros artesáns.

“O bo pan cheira a fermentación, non saen todos iguais e, sobre todo, ten sabor”

Pero vaiamos ao principio. Contou o Ministeiro cos profesionais á hora de redactar a Lei? “Púxose en contacto con CEOPAN (Confederación Española de Organizaciones de Panadería), que está formada por asociacións de panaderías artesanais – non todas – e as empresas industrias. E claro, se todos tiran da corda, os grandes tiran máis”, ironiza. Como resultado, saíu un borrador “moitísimo peor” que o que finalmente se aprobou. Pero grazas ao esforzo de colectivos como La PEPA (Pequeños Panaderos Afines) – á que pertence Pan da Moa - que presentaron as súas alegacións, puidéronse modificar algúns puntos.

O positivo Dentro das medidas que Moscoso valora como positivas está o feito de que se amplíe o IVE reducido do 4%,

Pincha | N 14

| 13 |


con lupa exclusivo ata agora para o que se denominaba “pan común”, aos pans elaborados con outras fariñas distintas ás de trigo, como os elaborados con fariñas integrais, que antes se gravaban co 10%. Ademais, no que respecta ao pan integral, só se poderá denominar así o que teña fariña e fermento cen por cen integral. “Parece unha medida que cae de caixón, pero o curioso é que antes non era así”, opina. Destaca tamén que todos os pans especiais (o de centeo, o de espelta, etc.) deberán levar especificada a porcentaxe de fariña de cada tipo coas que se elaboraron. De xeito que o consumidor, saberá exactamente o que está comendo.

O negativo Por outra banda, Guillermo cre que a nova lei non é moi clara nalgúns aspectos. Por exemplo, na cantidade de sal que hai que botar ou na porcentaxe

de masa nai. Agora para poder dicir que un pan é elaborado con masa nai, esta terá que ser igual ou superior ao 5 % do peso total da fariña da masa final. “Realmente iso está mal. Porque ti podes facer un pan de fermento natural con menos do 5%”, indica. No texto especifícase que esa masa nai deberá ter un pH inferior a 4,2. “A nivel artesán, case ningunha panadería ten un peachímetro”, apunta o panadeiro compostelán como unha dificultade máis. “Ademais, se nós amasamos hoxe e deixamos a masa a temperatura ambiente duns 20-24 graos durante un día e utilizamos un 5%, esa masa sobreferméntase. Temos que utilizar menos. Eu que fago un pan de masa nai cun 1%, non podería poñer que é de masa nai. Cando toda a fermentación vén a cargo dese fermento natural”, asegura. Noutro punto din que a mención “pan de leña” só poderá utilizarse para os pans cocidos integramente nun forno que utilice como combustible a leña. “Isto é unha barbaridade porque o combustible do meu forno é gasoil pero podería ser leña, ou gas natural… Dá o mesmo. A cavidade de quecemento non ten contacto directo en ningún momento coa cavidade de cocción. Entón, que importancia ten que se lle meta leña, gasoil ou gas natural? O resultado é o mesmo. O único que están facendo é perxudicar á xente que realmente ten un forno de leña no que si que hai ese contacto. Segundo esta lei, eu un día quedo sen gasoil, uso leña e xa podo dicir que é pan de leña. Cando non ten nada que ver”, denuncia.

Pezas de pan de Pan da Moa. Foto: Iván Barreiro

| 14 | Pincha | N 14


Tampouco está de acordo coa mención que fan dos ‘maestros panadeiros’. “Non existe esa figura”, sostén Guillermo. “O que se estuda é un FP de Panadería, Pastelería e Confitería. Non hai unha formación específica e boa. En dous anos dan moitas materias. É demasiado amplo. E os profesores son todos cociñeiros reconvertidos. Ao final, os rapaces cando chegan a lugares como Pan da Moa non veñen formados e témoslles que ensinar”, lamenta.

PAN DA MOA CUMPRE 15 ANOS

E

n 2019 Pan da Moa cumpre 15 anos. Neste tempo o negocio da familia Moscoso Moure conseguiu facerse un oco entre as mellores panaderías do país, logrando recoñecementos como a estrela da Ruta Española del Buen Pan ou a elección de Guillermo como un dos seis mellores panadeiros de España na pasada edición de Madrid Fusión.

Polo nariz Que facemos entón os consumidores? Podemos fiarnos realmente do que poñen as etiquetas? Como sabemos se un pan é bo? “Realmente o pan ten que cheirar a fermentación. Ten que ter matices ácidos e doces. Ten que ter unha corteza e un volume que non sexa sempre igual. Cando compramos as baguetes no supermercado son exactamente iguais. Un pan feito de maneira artesanal nunca sae igual. E ten que ter sobre todo sabor”, explica.

Con tres tendas en Santiago (na rúa do Cubelo, en Fontiñas e no Cruceiro da Coruña), Guillermo afirma que o segredo do éxito é o moito que traballan. “Sentímonos moi reconfortados por toda a xente que vén comprar pan. Porque xa ves onde temos as tendas. A case ninguén lle cadra de paso. Veñen a propósito a mercar”, destaca.

E por que é importante? Primeiro, pola nosa saúde. “Para que un pan sexa saudable, debe transcorrer un período de fermentación mínimo de tres horas. Senón, os almidóns, que son azucres complexos que están dentro das fariñas, non están degradados mediante o proceso químico da fermentación. Se eses almidóns non están degradados, non están descompostos en partículas máis simples que o noso organismo poida consumir. E é o noso estómago quen ten que facer ese traballo”.

Para celebrar este aniversario, o panadeiro xa está a pensar nunha festa que quere que se convirta nun recoñecemento aos seus pais, Manuel e Chus. “Meréceno porque levan toda a vida dedicados ao pan”.

Outra razón para fixarnos ben no que mercamos é que o bo pan non é caro. En Pan da Moa venden as barras a 90 céntimos. “Pode compralas calqueira e estamos moi orgullosos diso”, afirma Guillermo. Ademais, a pesares da mala fama que moitos quixeron poñerlle durante moito tempo, non engorda!: “Ten hidratos de carbono e vitaminas. Non hai graxas. O hidrato de carbono é a primeira fonte de enerxía que nós queimamos. É necesario. En todas as bases piramidais de alimentación están os cereiais e está o pan”. E a terceira razón para elexir bo pan é moi obvia, pero tamén importantísima: porque está boísimo! Ou non? Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 14

| 15 |


Ruth Ríos

reportaxe Por

Brígida Hermida, xeadeira:

“Aos clientes o que máis lles gusta é a creatividade”

B

@ruthriosfernandez

rígida Hermida (Bascuas, Vila de Cruces 1981) é unha enxeñeira agrónoma que un día cambiou o campo pola Rúa de San Pedro, levando os seus coñecementos adquiridos na investigación no sector lácteo aos xeados artesanais. Así, fai cinco anos, e non sen certa oposición do seu entorno polo arriscado que semellaba o negocio nun sitio como Compostela, abriu a xeadería Xearte Brigitte. Agora ela é un referente en xeado artesán compostelán. Pero non rematan aquí as ganas de avanzar e aprender de Brígida, xa que recentemente uniuse a “20 bajo cero”, grupo de xeadeiros de ámbito nacional onde ela é a única galega dentro dun colectivo dominado pola España sureña. Grazas a Brígida o grupo reunirase por primeira vez en Compostela os días 7 e 8 de novembro de 2019, saíndo do seu hábitat natural. “É un reto. O grupo apórtame moitas cousas a nivel persoal e profesional. Síntome moi orgullosa, pero tamén é moita responsabilidade”, conta a nosa xeadeira. O grupo ademais está traballando na creación dun selo de calidade para o xeado artesán.

Xeado artesán

Os xeados de Xearte Brigitte só utilizan produtos de tempada e leite galego. Foto: Iván Barreiro

| 16 | Pincha | N 14

Preguntámoslle a Brígida como debe ser un xeado para ser considerado artesán. “Ten que ter tres ingredientes básicos: materia prima de máxima calidade, que non teña aditivos (colorantes, conservantes) e creatividade”. E como se aplica a creatividade ao mundo dos xeados? Como fuxir dos sabores convencionais de toda a vida? “Cada vez o público esixe máis e non podes estar facendo sempre o mesmo. Os sabores clásicos seguen sendo os máis vendidos, pero a xente demanda outras cousas. Cando lanzo un xeado novo, ao cabo duns días os clientes volven preguntar por el”. Hai clientes que esperan un ano enteiro para volver tomar o xeado de flan de queixo, de torta de milfollas ou de castañas. Porque outra das especiais características das creacións xeadas de Brígida é que adapta os sabores á


época do ano. Fai xeados temáticos, por festividades –en San Xoán triunfa o de sardiñas con pan de broa-, e só usa alimentos de tempada, respectando así os ritmos naturais dos cultivos de proximidade, cos que gusta de traballar.

En Xearte Brigitte podemos probar xeados de flan de queixo, de torta de milfollas, de castañas ou de tarta de Santiago, entre outros

Este uso de produtos de proximidade e coidado cos ingredientes tamén os traslada ao leite. Brígida aposta polo sector lácteo galego e ademais cre que “producimos o mellor leite do estado español. Uso leites da máxima calidade e utilizo en función do sabor do xeado”. Esta influencia do leite no resultado final do xeado aprendeuna na investigación durante un curso de experto xeadeiro, que a levou a gañar un premio. Noutra investigación explorou o uso da espirulina como colorante natural, aínda que ela non usa ningún tipo de colorante senón que deixa que a cor a dea a propia materia prima do xeado.

“Aos clientes o que máis lles gusta é a creatividade, que sempre teña algo novo que amosar”, conta Brígida. “Ademais valoran moito que lles explique o proceso de elaboración”. Se queredes ver como traballa Brígida, só tedes que achegarvos a Xearte Brigitte. Alí ten o seu propio obradoiro á vista do público. “Para min, unha das características que ten que ter o xeado artesán é que o obradoiro estea na propia tenda”, explica. Para este verán Brígida traenos como novo sabor a “Compostelana”. Ela, que atopa a inspiración en todas partes (datas, flores, a Praza de Abastos…), conta que este xeado “xurdiu un día almorzando. Vin que os peregrinos almorzaban café con leite e tarta de Santiago. Preguntando, entereime de que a xente de Santiago de sempre tamén tomaba esta combinación para almorzar. Así apareceu o xeado”.

Ademais de na Rúa de San Pedro, este verán poderemos atopar a Brígida co “carriño do xeado” na Feira de Artesanía de Agolada (Pontevedra) e no Campionato de Hípica de San Marcos. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Tamén ten en conta as preferencias dos clientes segundo a temperatura. “Por exemplo, en verán utilizo máis cítricos, mentres que en outubro apetece máis un xeado de castaña”. E é que xa pasou a historia iso de que os xeados son para o verán. “Agora a tempada dura de marzo a novembro, en parte porque as temperaturas son cada vez máis altas e tamén porque cada vez se recoñecen máis os seus beneficios nutricionais”. Brígida procura ter propostas saborosas e nutritivas durante todo o ano.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Brígida, no interior da súa xeadería na Rúa de San Pedro. Foto: Iván Barreiro

Os segredos do éxito Materia prima, proceso de elaboración e o trato que Brígida dispensa aos seus clientes son os segredos do éxito desta xeadeira do barrio de San Pedro, visitada tanto por turistas como por veciños. Os cociñeiros tamén son os seus clientes, xa que crea postres para restaurantes. Pincha | N 14

| 17 |


#apapar

ESTUFADO DE PORCO CRIADO CON CASTAÑAS NA TABERNA A FUEGO LENTO

Foto: Iván Barreiro En pleno corazón de Compostela, na rúa do Vilar, atopamos a Taberna A Fuego Lento, un dos últimos negocios en incorporarse á Zona Vella e que sorprende pola súa decoración e polo ben que trata os nosos estómagos.

Na parte de diante do establecemento, máis informal, cunha mesa central con distintas alturas e toques ingleses, charlamos co seu propietario, o hostaleiro Alfonso Moldes. Podedes ler a nosa entrevista con el, trala crítica de @JuanEAT_o.

Alí mandamos a @JuanEAT_o, disposto a probar algún dos pratos que preparan de forma tradicional e, como indica o seu nome, cociñando con moito vagar, lento, con cariño. O noso lambón escolleu a parte traseira do local para, rodeado de mobles dos séculos XVIII, XIX e principios do XX, comer coma un auténtico señor un estufado de porco criado con castañas! Os que o seguides habitualmente xa vos imaxinaredes o moito que lle gustou. ;-)

Se visitades a Taberna A Fuego Lento, atoparedes moitas propostas de peixes e carnes cociñadas á brasa ou en traballados guisos, así como unha ampla oferta de viños e cervexas. Todo cuns prezos asequibles para poder chegar a todo tipo de público, tanto turistas como veciños e veciñas.

| 18 | Pincha | N 14


@JuanEAT_o, como un señor no interior da Taberna A Fuego Lento. Foto: Iván Barreiro.

O primeiro que chama a túa atención cando entras na Taberna A Fuego Lento é a longa barra que se atopa no medio e medio do local, moi práctico se gustas dun bo viño, algo de picar e unha boa compañía. Cunha decoración que mestura o antigo e o moderno, o local invita a unha tarde de tertulia e risas. Pero se o que che apetece é máis tranquilidade, temos a opción da parte traseira da taberna. As mesas, sillas e sofás dos que xa non se fabrican, as paredes de pedra e o teito case transparente fan desta sala un espazo privilexiado para gozar dunha boa comida ou cea. Na miña visita probei o seu estufado de porco criado con castañas e guarnición de patacas con setas e cogomelos, xunto cunha reducción de xugos de varias carnes feitas á brasa.

Quero dar as gracias primeiro ao dono por acollernos neste día e, sobre todo, ao chef xa que sacou un ratiño do seu tempo para explicarme con detalle como fai este prato. En principio, a preparacion da carne debería de ser sinxela: un bo adobo, repouso e á grella. Pero aquí a carne pasa, e cito textualmente, “por un servizo de spa”. A peza enteira é adobada e masaxeada con aceite de oliva ata que está perfectamente cuberta de adobo, déixase repousar na cámara e despois pasamos á cocción que se fai nunha cociña de carbón a baixa temperatura durante unhas 12 horas. Como resultado, a carne simplemente desfacíaseme na boca. Unha delicia para os carnívoros coma min, claro! A guarnición de patacas con cogomelos e setas supoñía un conxunto divertido para degustar e mollar na salsa. De feito, asegúrovos que se o prabades deixaredes o prato limpo. Voltarei! Sen dúbida! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Datos

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Lugar:

Rúa do Vilar, 25 (Santiago)

Prato:

Estufado de porco criado con castañas

Prezo:

12,50 €

Valoración: 

Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 14

| 19 |


Alfonso Moldes

“Tratamos os produtos de xeito sinxelo, pero realzándoos” Alfonso Moldes leva 35 anos dedicándose á hostalaría. É, como el di, a súa “enfermidade”. Non descansa nin mentres estamos facendo esta entrevista, sempre atento ao que precisan os traballadores e clientes do local. Moldes chegou a Galicia fai dez anos. Empezou a traballar en distintas empresas do sector pero non acababa de atopar o seu sitio. Ata que decidiu montar o seu propio negocio. Comezou co Recuncho D’Fonso, no Hórreo –“onde puiden empezar a coñecer á clientela compostelá”- e uns anos despois decidiu abrir o seu proxecto máis especial na Zona Vella: a Taberna A Fuego Lento. Cóntanos, que é a Taberna A Fuego Lento? A filosofía deste restaurante é ter produtos de primeira calidade, cun trato moi sinxelo pero realzándoos. Non escondéndoos. A estrela aquí sempre serán os produtos e imos acompañalos con algunhas cousas. Usamos ademais coccións tradicionais, lentas e longas, como é a cociña de leña e as brasas de carbón. Por exemplo, un peixe ou unha carne, botámoslle sal, vai á grella e sae. Engadimos unha boa guarnición. Non buscamos grandes elaboracións. Pero isto que parece moi sinxelo é case máis complexo que as grandes preparacións. É moi importante controlar ben os tempos. E as carnes masaxéanse, dáselles un mimo especial.

Por

Rebeca Munín

#apapar

@rebecamunin

As racións son abundantes e non queremos ir a grandes prezos, senón que temos prezos populares. Somos unha taberna. Unha taberna pero cunha decoración moi chamativa, con toques modernos pero tamén señoriais. Ata que punto importa a imaxe? Se marcas un entorno bonito é un plus para o cliente. A imaxe é importante. Pero despois, hai que facelo ben, claro! O deseño é innovador, cunha mesa longa no medio na parte de diante e atrás, unha zona diferente. Temos mobles dos séculos XVIII, XIX e XX. Pero tamén carbón e leña á vista. Intentamos aproveitar todos os metros cadrados do local. Temos un moble que son seis pezas nunha, con seis temperaturas distintas onde gardamos os diferentes viños a dous ou tres grados máis baixos que como se serven. Temos unhas 60 referencias e unhas 80 cervexas. Somos local abanderado de Cervexas Alhambra.

Alfonso, no interior da Taberna A Fuego Lento. Foto: Iván Barreiro

E dentro de pouco, terás un novo local máis! En que consistirá? Si, o novo proxecto é Bodegón Casas Chico, que está situado no local que ocupaba a mítica ferretería Casas Chico, nas Casas Reais. Na base da cociña vai primar tamén moito o produto. Será tamén unha taberna galega. Pero alí a estrela vai ser o polbo. Vai ter o seu trono. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 20 | Pincha | N 14


a gorida do artista

Delio Sánchez

Camiñar sen brúxula, unha arte espontánea, rudimentaria e intuitiva

@oscatrogatos

Imos ata Lestedo, ao pé do Pico Sacro, a visitar o estudio do pintor e escultor Delio Sánchez, que nos recibe na súa gorida. É unha casa de aldea, onde ten un taller de escultura na planta baixa e outro de pintura no segundo andar, xa dentro do seu fogar. O seu estudio é un caos “organizado”, onde se apiñan lenzos a me-

Delio,

dio traballar e varias estanterías cheas de pinturas, acrílicos, óleos,

no seu

barnices e pinturas industriais.. “Eu sei onde está cada cousa, se

estudio.

ordeno todo, non me dura dous días, a miña orde é o caos”, afirma.

Foto: Delio Sánchez

Vemos moi diferentes estilos e motivos nas súas pinturas. Figuracións realistas e outras máis desdebuxadas, expresionismo abstracto ou abstracción pura. “O que estou a facer agora é andar sen brúxula por paisaxes abstractas, cunha pintura moi de intuición, por camiños descoñecidos, inventados, para chegar a un destino incerto dentro da obra. Nunca sei de antemán que vou facer. É un desafío saber onde parar, unha arte espontánea, rudimentaria, sen refinar. Gústame que se vexa claramente o xesto da pincelada e non me importan para nada as imperfeccións, deixar chorreóns de pintura que caen sós, outros intencionados, pero non sempre fáciles de controlar. É moi importante para min o diálogo coa obra, que ela mesma me leve polos descoñecidos camiños da abstracción”.

Esta é unha serie de paisaxe abstracta que está preparando para setembro, e que será exposta na Galería Apo’strophe de Vigo. “Moods será o título, porque cada paisaxe está afrontada con moi diferentes estados de ánimo”, sinala. En agosto estará no Coliseo Noela de Noia. “O título da expo aínda non o teño, porque vai ser unha mostra moi ecléctica. Eu nacín en Noia, vivín alí toda a miña infancia e xuventude, pero non expusen alí máis que dúas veces, e quero levar unha serie de obra dos últimos anos que será un percorrido do expresionismo á abstracción de obras moi dispares. Un pouco o que vés por aquí no taller, paisaxes, espidos, músicos de jazz …”.

Obra Jazz at Lincoln Center, que exporá en Rianxo. E falando de jazz e de exposicións, Delio foi tamén convidado a participar en dous encontros musicais. O primeiro será a finais de xullo en Frías (Burgos) dentro do WIM 2019. WIM é o acrónimo de What Is Music, un encontro internacional de música e artes que se celebra nesta cidade medieval durante 10 días. Haberá músicos, actrices, actores, artistas, artistas de circo e profesionais da danza de diferentes países realizando cursos e talleres de diferentes temáticas, actuando, tocando e improvisando en jam sessions e gozando de actuacións todos os días, de boa comida e mellor ambiente en convivencia artística. “Eu estarei por alí debuxando e pintando todo o que me pareza inspirador, que seguro vai ser moito, pois o jazz sempre formou parte importante da miña obra”, asegura. E, por último, Delio participará tamén na programación Noites de Jazz de Rianxo, que será do 30 de xullo ao 2 de agosto, aínda que a exposición terá continuidade ata o día 17 na sala de exposicións do Auditorio. A mostra titúlase N.Y. Jazz e poderemos ver obras pintadas entre Galicia e New York nos últimos anos.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 14

| 21 |


crusat & costas

LORENA COSTAS:

Porque todas as grandes ideas sempre saen dun garaxe

O

s lectores de Pincha xa estades moi afeitos a que vos sorprendamos con viños diferentes, que tal vez non vexades con asiduidade cando ides tomar un par de copas por aí. E seguro que xa estades desexando que vos deamos una nova entrega de frikismo vinícola, non si? Pois desta vez imos ir un pasiño máis aló: imos falar dunha adega nova que comeza no 2013 nun garaxe de Rianxo (si si, en Rianxo tamén hai viño, eh!) e imos falar dunha elaboración moi distinta do que adoita ser habitual pola nosa contorna: un albariño de vendima tardía. Sobre iso da vendima tardía e todo o seu proceso de elaboración falaravos o Crusat, que para iso é o experto adegueiro. Eu falareivos da historia desta adega, que uns mozos chamados David e Juan decidiron montar un día nun garaxe, en Rianxo, para elaborar viño de castes autóctonas e moi escasas, como son o Raposo e o Ratiño, das que de seguro volveremos falar en Pincha proximamente. Ese ano só puideron elaborar 50 botellas, pero xa no ano seguinte comezaron a elaborar albariño dentro da D.O. Rías Baixas, na subzona do

| 22 | Pincha | N 14

Crusat e Costas en Vide, Vide!. Foto: Iván Barreiro.

Rosal. De aí saen as súas elaboracións baixo o nome Eido da Salgosa. Cazapitas tamén elabora tinto no Rosal, aínda que fóra de D.O. Ídevos quedando co nome da adega, porque os seus viños son realmente sorprendentes e a súa filosofía de traballo ben merece que se lles teña en conta. E como todos os comezos son duros, pero case sempre merece a pena o esforzo, no 2017 por fin teñen adega propia en Rianxo, e será nese ano onde nacerá o viño do que hoxe queremos falar: O Rebusco. Pois isto é o que decidiron facer estes dous rapaces co viño O Rebusco: un viño 100% albariño como o que facían os avós, un viño que se vendima no outono, a partires das uvas de fincas situadas en Tomiño (O Rosal). O viño ten unha cor dourada-alaranxada, propia dun viño vendimado tan tarde, de uvas maduras, pero que conservan a acidez que aporta tanta personalidade ao albariño. En nariz é moi floral, e destaca a pel de laranxa, as especias coma o curry ou infusións como a camomila. En boca sae con forza o carácter do albariño, destacando a piña madura ao final do trago e una oxidación elegante.


Por

Jose Crusat

Lorena Costas Por

Podería estar falando deste viño moito tempo, pero entón non lle deixaría sitio a Crusat, así que convídovos a ler todo o que vos vai contar e que acompañedes este Rebusco cun bo arroz caldoso de bovagante.

@lorena_costas

@choumimx

JOSE CRUSAT:

CAIXA AT L Á N T I C A

Rebuscando apareceu o grial

D

esta vez imos falar dun viño enclavado no medio dun territorio vinícola como é a IXP do Barbanza e Iria, pero que non está acollido a esta protección. Isto ten os seus pequenos inconvintes (como é non poder poñer a anada do viño ou as variedades empregadas), mais tamén ten a súa parte boa (facer con liberdade o viño que un quere sen ningunha directriz máis que o querer). E sendo como é una unha decisión propia dos donos da adega, ben está. O viño do que falaremos é O Rebusco da adega Cazapitas. O rebusco era tradicionalmente o viño dos pobres; cando xa finalizara a vendima, xa pasado setembro, cando toda a uva está na adega, agás algúns acios que ben por non estar maduros no seu momento ou por esquecemento durante a vendima quedaron pendurando na planta. Pois aqueles que non tiñan viñas, cando os donos delas xa remataban a vendima, deixábanlle coller ese acios que quedaban na planta. Estes rapaces de Cazapitas pensaron ben en que podería aportarlle a un viño eses acios esquecidos ou deixados por non valer no momento da vendima. Temos moito azucre en todos aqueles acios que sen querelo quedaron atrás no momento da vendima, e ese outros que foron deixados por verdes, aportan unha grande acidez que compensa ese exceso de azucre. E finalmente o que se logrou foi un viño equilibrado que é o santo grial do viño. Equilibrio. Trátase dun viño de cor amarela dourada, incluso lixeiramente alaranxada que se identifica cunha grande maduración das peles das uvas. No nariz presenta notas de lixeira oxidación, pel de laranxa, mel, cera de avella, flor de mazanilla. Na boca é un viño lixeiro de paso, acidez moi marcada, gostosa, piña tropical ben madura e doce, con algo de azucre. Coma proposta de maridaxe voume inclinar polas sardiñas. Pola banda máis tradicional, sardiñas asadas á grella sobre un pan de broa. E pola banda algo máis elaborada, inclínome por uns lombos de sardiña afumados cunha vinagreta de aceite de oliva e tomate seco triturado. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

CAZAPITAS “O REBUSCO”

“O océano Atlántico baña as costas galegas. O mar, o vento, a luz do Atlántico penetran na terra, nas árbores, en nós. Fánnos tal e como somos, moldéannos, fórmannos, imprimen o noso carácter. O noso mar inunda recunchos esquecidos e ocultos. As vides, as uvas que medran neses lugares adquiren toda a intensidade e personal idade propias dunha terra única. É desa forza e vitalidade atlánticas de onde nacen os nosos viños.”

TODOS OS VIÑOS QUE NON IMAXINAS

FICHA TÉCNICA: ADEGA: Cazapitas D.O.: Sen D.O. (Zona O Rosal – Tomiño) VARIEDADES: 100% albariño Grao: 14º Ano: 2017 Prezo: En torno aos 16€ en Vide, Vide! Rúa da Fonte de Santo Antonio 10

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 14

| 23 |


Rebeca MunĂ­n Por

entrevista

Cabaleiro, diante do primeiro logo de Galicia Calidade. Foto: IvĂĄn Barreiro

| 24 | Pincha | N 14

@rebecamunin


25 anos de Galicia Calidade …e os que quedan!

Q

uen non dixo algunha vez iso de “Galicia Calidade”? Facémolo falando da nosa comida, da nosa música, de nós mesmos… É unha marca que calou moi fondo nas nosas mentes. Todo un éxito de marketing. É ademais un selo de garantía impulsado pola Xunta desde hai case 25 anos e que xa certifica as excelentes condicións de centos de produtos da nosa terra. Non só gastronómicos, senón tamén de sectores como a xoeiría, a moda, a biomasa, as plantas ornamentais… e o turismo. Porque non imos negalo, en Galicia temos moito do que presumir! Ben o sabe Alfonso Cabaleiro, director - xerente do ente desde 2013, co que analizamos a evolución deste fenómeno.

E cando pasa algo así quedaredes moi contentos!

Case 25 anos de marca e Galicia Calidade segue en boca de todos. Por que cre que é así?

Porque Galicia Calidade tivo e ten moitísimos debates desde o primeiro momento. Un deles é si debería ser unha marca exclusiva ou non do sector primario en termos xerais. Apostouse porque fose unha marca global da economía galega. Por que? Porque evidentemente o sector primario e gastronómico teñen unha importancia tremenda na economía galega. Pero Galicia tamén é moda, é naval, é madeira, é biomasa… E un pouco nesta liña levamos uns anos intentando introducir a marca noutros sectores económicos. Por exemplo, un sector que agora ten moita importancia dentro do selo – estamos falando duns 45 establecementos – é o turístico. O que chamamos Galicia Calidade Lecer. Estamos falando de hoteis, restaurantes e casas de turismo rural. E dentro deles, temos varias Estrelas Michelin. A última en entrar foi A Tafona, de Lucía Freitas, en Santiago.

Diría que é un éxito de márketing e un éxito de idea, de concepto. É unha marca que non se deteriorou nada. As marcas necesitan ás veces readaptacións. Nós, é verdade que tivemos unha evolución no logo, pero o que é o lema segue intacto. Se houbera que facer un concurso en España das cinco mellores ideas de marketing, desde logo que nun deses cinco primeiros postos estaría Galicia Calidade. Podo dicilo porque non o inventei eu. Se fora así, sería un pouco soberbio! (risos) Penso que tamén funciona porque xunta dous conceptos fundamentais no tema das marcas ligadas ao consumo. Por unha parte, a orixe xeográfica – Galicia – e por outra o concepto que todo o mundo busca que é o de calidade. Ocorre entón que é unha marca absolutamente popular. Utilízase nun partido de fútbol, nun desfile de moda, nunha paisaxe bonita… Mark Knopfler despediu o seu último concerto en A Coruña dicindo Galicia Calidade. E non tivemos nada que ver!

Si, a verdade é que xa podía retirarme! (Rimos) Porque que un persoeiro dese nivel diga Galicia Calidade!! E por outro lado, é reseñable que se manteña en galego. A xente non di ‘Galicia Calidad’. Di Galicia Calidade.

Knopfler é un artista coñecido mundialmente, pero que repercusión ten a marca internacionalmente? Niso teño que recoñecer que non fixemos moito. É un dos grandes retos que temos. Estamos traballando para promocionar a marca fóra de Galicia e de España. Esa é unha das nosas grandes débedas.

Galicia Calidade abrangue produtos e empresas pero non só de gastronomía. Por que?

Que chefs dese nivel apoien os produtos galegos supoño que tamén é moi importante… Si, son prescriptores. Por exemplo, nun acto solidario que organizou hai un tempo Casa Barqueiro en Negreira ao que acudiron moitos Estrelas Michelín, nós tiñamos

Pincha | N 14

| 25 |


entre musicas

un ‘stand’ e podo falar do interese de Arzak e de Berasategui pola Merluza de Celeiro. Tivo moito éxito. Pero tamén creo que hai grandísimos restaurantes en Galicia que non teñen nin queren ter Estrela Michelin.

Hai algún estudo do que supón para un produto ou unha empresa ter o selo de Galicia Calidade? Non temos datos pero de cara á celebración do 25 aniversario estamos elaborando un libro branco, no senso de que supón para unha empresa ter o selo. Sen embargo, quizais respondería á túa pregunta de dúas maneiras. Unha destacando que non hai baixas. Sinal de que mal non lles vai. E segunda, cun exemplo. Hai pouco entregámoslle o diploma de Galicia Calidade a unha empresa que fai melindres. Levaba nese momento seis meses connosco e nese periodo duplicou a facturación. E como ela, temos constancia doutras compañías que lles pasou o mesmo.

Tamén apoiades moitos eventos relacionados co deporte e coa cultura. Para cando un selo de Galicia Calidade a algún artista, festival, etc.?

Pois son debates que temos. Estamos en conversas con AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) para crear un selo para os festivais de música. Pero nunca buscamos ser un selo exclusivo. Queremos que o sector que apoiemos teña un selo propio e nós o avalamos ou certificamos. Non hai un viño ou un queixo, por exemplo, en Galicia Calidade que antes non estean nunha DO. E os establecementos de hostalaría teñen todos a Q de Calidade Turística.

E xa que estades a piques de cumprir 25 anos, haberá que facer algunha festa, non? (Sorrí) Si. Estamos barallando facer algo a finais deste ano ou a principios do 2020. Pensamos nun acto que sexa sobre todo de recoñecemento das empresas que forman parte de Galicia Calidade. E de maneira especial para esas que se manteñen desde os inicios. Por exemplo, Jealsa, Coren e Estrella Galicia levan 22 anos connosco. E ao mesmo tempo, con esa celebración buscaremos un certo eco social para que novas empresas queiran incorporarse.

Unha boa representación de Estrelas Michelín no espazo habilitado por Galicia Calidade nun acto solidario en Negreira.

| 26 | Pincha | N 14


César Varela Por

@ImitoAQ uenSon

666 rpm

Dj S a n ma ENCESTANDO PELOTAZOS DE ROCK & ROLL

N

un lugar de Santiago de cuxo nome non podo lembrarme, coñecín á nosa criatura subterránea de hoxe. Un Xigante en tódolos aspectos. Na Pincha falamos de músicos, actores, artistas en xeral, camareiros, cociñeiros… pero coido que nunca prestamos especial atención a esa cada vez máis extinguida especie, desgraciadamente tan pouco valorada, que pulula polos garitos da nosa cidade, os Dj’s. Difícil selección a que tiven que pasar pola peneira do underground, deixando nas bancadas a varios dos que considero, baixo o meu humilde criterio, personaxes realmente interesantes, que levan toda a vida ou parte dela, adicándose a este fascinante menester. En Compostela existen máis Dj’s, que cirurxiáns plásticos por metro cadrado. Sanma, tipo auténtico a mil anos luz do postureo e o concepto de Dj en si, alterna discos de plástico como bo amante do Rock & Roll, con elegancia e a cabeza sempre ben alta, con gran saber estar e en vinilo, á vella usanza. Non é novo nisto, nin tampouco se adica exclusiva e profesionalmente a este negocio. Sanma traballa no subterráneo e ao mesmo tempo sobresae 2 metros por enriba del. É un especialista en encestar agullas nos surcos máis escuros do Rock & Roll. Empezou a poñer música en festas de amigos, cumpreanos… e logo, por diferentes amizades (valentes, eles!) que rexentaban pubs, empezou a aceptar invitacións para pinchar nos seus locais, música alternativa con sans obxectivos: que a xente gozase. E se podía dar a coñecer grupos e temas non relacionados co Mainstream de cada época, pois que mellor que mellor… Riquela, Transi, Embora, Arume, A Calexa, Modus Vivendi, A Reixa, Náutico, Capitol, Ateneo… son algún dos locais polos que se deixou caer estes últimos anos. Habitualmente pincha na Sala Riquela e en canto o almanaque llo permite, vai ao Transi,

Embora e ao Arume. Pincha desde sempre con vinilo, porque na súa opinión é o mellor formato que existe, pola súa calidade de son, aínda que envidia de maneira insá aos que van pinchar cun pendrive no peto do seu vaqueiro. Cada día que pasa, a súa discoteca aumenta a pasos axigantados. Coido que perdeu a conta nos 5000 Lps e 3000 singles, aínda que é dos que prefiren máis calidade e menos cantidade. As súas sesións cavernícolas sulfatan Rock&roll, Garage, Twist, Greasy R&Blues, Punk, Swing, Exótica, Surf, Frat Rock, Ye-Yé, PowerPop, Psych, Hard 70’s, Freakbeat, Mod, Metal… Está moi agradecido co trato de tódolos locais, xa que ata día de hoxe, non lle permiten pasar sede nunca! Cando pinchaba na cabaleirizas do Modus, quedoulle ben claro, que os arcos do teito non son de cartón-pedra. Debuxante e coleccionista de autógrafos oxinais en b/n, de cine clásico, flyers de ilustradores-deseñadores underground relacionados ou influenciados polo mundo do cómic e da música, libros de fotografía e ilustración, cómics, T-Shirts orixinais, posters serigrafiados, robots… Vamos! Que na súa casa nunca se aburre, pero tampoco adoita convidar a amantes de deseños de interiores minimalistas, para evitar angustias e desfalecementos. Ex-xogador de baloncesto (Ala-Pívot 4x4), xogou ata fai 2 anos e desde 1982, no Peleteiro, Obradoiro, Rosalía, Pontevedra, Cambados, Riveira, Noia, Portas, Arzúa, Conxo, Viaxes Piña… A día de hoxe, continúa en plena forma. Gustaríalle volver pinchar no sensacional Arume e no novo Paraíso Perdido. Aí o deixo caer! Estade pendentes das súas próximas sesións, xa que adoita avisar 6 horas, 6 minutos e 6 segundos antes de cada función. Que vostedes o desfruten! Que demonios! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Fotos: Mónica Pato

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 14

| 27 |


must

TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco CANDO? 3, 10, 17 E 20 DE XULLO ÁS 20:00 H (AGÁS O DO DÍA 17, QUE SERÁ ÁS 21:00 H)

O

PREZO: DE BALDE!! (ATA COMPLETAR AFORO)

ciclo organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago chega á súa oitava edición con cinco concertos que presentan a nove bandas diferentes en espazos singulares de Compostela. O ciclo arrancou o 27 de xuño na Praciña do Olvido coa actuación María Guadaña e The Pretty Shirts

ESTES SON OS CONCERTOS QUE TEREMOS EN XULLO: MÉRCORES 03 DE XULLO

MÉRCORES 17 DE XULLO

| Hotel NH Collection Santiago | Os Amigos dos Músicos + Gener|

| Hotel Costa Vella | Ghost Beast|

Os Amigos dos Músicos (Ourense): Situada no primeiro plano da musica popular contemporánea feita en Galicia, presentarán o seu novo álbum, ‘Segundo Fogar’. Gener (Valencia): Con tres discos de altísimo nivel no mercado, veñen por primeira vez a Galicia a presentarnos o último, ‘Cante el cos elèctric’, cun pop moi luminoso.

MÉRCORES 10 DE XULLO | Terraza da Fundación SGAE | Monnone Alone + Martin Frawley| Monnone Alone (Australia): Virán a presentarnos o seu segundo álbum titulado ‘Summer of the Mosquito’, un disco audaz, enérxico e voluptuoso. Martin Frawley (Australia): O seu primeiro disco en solitario debaixo do brazo, ‘Undone at 31’, constitúe todo un tratado pop.

| 28 | Pincha | N 14

Ghost Beast (Vigo): Electrónica e art-pop, sintetizadores que gañan en protagonismo ás guitarras, ritmos programados que se mesturan con baterías de son contemporáneo…

MARTES 30 DE XULLO | Parque de Galeras | Cool Sounds + Lachlan Denton| Cool Sounds (Australia): Baixo a influencia dun amplo grupo de compositores e bandas, Cool Sounds crean música pop de guitarras, chea de arranxos e fermosas melodías. Lachlan Denton (Australia): O enfoque directo e sinxelo de Denton dálle ás súas melodías espazo para brillar á vez que ofrece unha visión xenuína da súa vida e pensamentos.


axenda

Pincha | Revista 1

Este ciclo de concertos ao aire libre e ao caer o sol é unha das citas consolidadas da época estival en Compostela. Esta é a programación en 2019: Xoves 4 de xullo: CECILIA KRULL (MADRID)

e o achegamento entre o museo CGAC e a veciñanza de Santiago. A mostra parte dunha selección de obras da Colección CGAC elixidas polo colectivo Na Varanda e artéllase arredor de dous conceptos: o espello e a diferenza.

Venres 5 de xullo: KUMBIA BORUKA (MÉXICO) Sábado 6 de xullo: LAURA LAMONTAGNE (GALICIA)

IX FESTIVAL INTERNACIONAL PEREGRINOS MUSICAIS TEATRO PRINCIPAL 1 E 2 DE XULLO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 9 €

O Teatro Principal acolle dous concertos do IX Festival Internacional Peregrinos Musicais. Sonatas para cello e piano con Amparo Lacruz e Andreu Riera (1 de xullo) e o recital de piano de Alexander Ullman, gañador do primeiro premio do 11º concurso Liszt (2 de xullo).

Xoves 11 de xullo: LABAQ (O BRASIL) Venres 12 de xullo: EUROPEJSKA ORKIESTRA (GALICIA) Sábado 13 de xullo: SOULMACKLEIN (GALICIA) Mércores 17 de xullo: MISS BOLIVIA (A ARXENTINA) Venres 19 de xullo: LADILLA RUSA (MADRID) Sábado 20 de xullo: BETACAM (CANTABRIA) Venres 26 de xullo: FLORIDABLANCA (MADRID) Sábado 27 de xullo: BERTA FRANKLIN (GALICIA) Xoves 1 de agosto: APARTAMENTOS ACAPULCO (GRANADA)

SERÁNS EN FEIXÓO PRAZA DE FEIXÓO 3 E 5 DE XULLO ÁS 20:30 HORAS PREZO: GRATIS

A terceira edición de ‘Seráns en Feixóo’, o festival de música con bandas locais e galegas coa Praza de Feixóo como escenario, di adeus á súa terceira edición coas actuacións de Coralie Yap-Chine (o 3 de xullo) e Fabio Bum Rap (o 4 de xullo). O ciclo está organizado polos locais Riquela, Borriquita de Belém e Modus Vivendi.

Venres 2 de agosto: MALRAIO (GALICIA) Sábado 3 de agosto: MONTERROSA (MADRID)

MÚSICA NO CAMIÑO PRAZA DE PRATERÍAS

6 E 7 DE XULLO E FINS DE SEMANA DE AGOSTO ÁS 20:30 HORAS

Un ano máis, a cidade de Compostela acollerá o ciclo de concertos «Música no Camiño», organizado pola Federación Galega de Bandas de Músicas Populares. Nesta edición, as agrupacións participantes serán: Banda Artística de Merza (6 de xullo), Banda de Música da Vertula (7 de xullo), Banda de Música Isabel II de Touro (2 de agosto), Banda de música da UVCD de Candeán (3 de agosto), Unión Musical de Valadares (4 de agosto), Banda de Música Municipal de Caldas de Reis (9 de agosto), Banda de Música Xuvenil de Torroso (10 de agosto), Banda de Música Sementeira de Cambre (11 de agosto), Unión Musical de Tenorio (16 de agosto), Agrupación Musical Artística de Arcade (17 de agosto), Agrupación Musical de Vincios (18 de agosto), Banda de Música Popular de Rubiós (23 de agosto), Banda de Música de Santádega (24 de agosto) e Banda Unión Musical de Meaño (25 de agosto).

Xoves 8 de agosto: AGORAPHOBIA (GALICIA) Xoves 9 de agosto: KUMBIA QUEERS (A ARXENTINA)

|2

A undécima convocatoria do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega á sala Isaac Díaz Pardo as obras de 35 artistas que un xurado experto vén de seleccionar de entre os 109 propostas presentadas. Un premio que pretende recoñecer e apoiar o talento e dar a coñecer a creación contemporánea en Galicia. Os artistas seleccionados son: Aitor-Víctor, Amine Asselman, Pablo Barreiro, Daniel Berges Visanzay, Rut Briones & Raquel Durán, Teresa Búa, Samuel Castro, David Catá, Charlito, Marcos Covela, Marcos Covelo, Roi Domínguez, Iago Eireos Franco, Yatir Fernández, Basilisa Fiestras, Sara Fuentes, María Gar, Julia Huete, Tania Lameiro, Rebeca Lar, Joan Morera, Sol Mussa, Myrce, Marta Pereira Fernández, Ana Pérez Ventura, Lara Pintos, Sabela Porto, Mar Ramón Soriano, Brais Rodríguez, José Andrés Santiago, Borja Santomé, Carla Souto, Dennise Vacarello, Diego Vites e Ariadna Yánez.

CONCERTO DE ALEJANDRO SANZ MONTE DO GOZO

6 DE XULLO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: DESDE 55 €

O Monte do Gozo acollerá o último dos concertos da xira de Alejandro Sanz por España, na que está a presentar o seu duodécimo traballo de estudo ‘El Disco’.

XOVES, VENRES E SÁBADOS DE XULLO E AGOSTO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DE BALDE!

11 DE XULLO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: GRATUÍTO

Xoves 15 de agosto: MARINAH (CATALUÑA)

Sábado 17 de agosto: BEST BOY (GALICIA)

PRAZA CENTRAL DA CIDADE DA CULTURA

AUDITORIO DE GALICIA

Sábado 10 de agosto: LAS MIGAS (CATALUÑA)

Venres 16 de agosto: DE VACAS (GALICIA)

ATARDECER NO GAIÁS

INAUGURACIÓN UNDÉCIMO PREMIO AUDITORIO PARA NOVOS ARTISTAS

COLECTIVA DUN COLECTIVO CGAC

DO 5 DE XULLO AO 1 DE SETEMBRO |

Colectiva dun colectivo é o resultado do proxecto Na varanda, un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo

Alejandro Sanz é un dos artistas latinos máis recoñecidos a nivel internacional. Compositor e autor de todas as súas cancións, vendeu máis de 23 millóns de discos. É o artista español con maior número de premios Grammy (17 latinos e 3 americanos). Conta con 15 álbums publicados, entre eles 9 de estudo. Todos obtiveron a categoría de Disco de Platino en España, Latinoamérica e Estados Unidos.

QUIQUE GONZÁLEZ, EN DIRECTO SALA CAPITOL

13 DE XULLO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 28 €

Nesta xira estival, González estará acompañado por unha banda formada por parte Los Detectives xunto a novas incorporacións, entre elas a do seu amigo Alex Muñoz, o novo guitarrista español que leva anos triunfando en Nashville, a cidade na que en cada casa hai como mínimo unha guitarra. Pincha | N 14

| 29 |


Gastronomía & Cultura axenda

estudantes de todo o mundo. Durante o curso realízanse concertos en espazos singulares, interiores e exteriores, da cidade histórica. + info: musicaencompostela.es

FESTAS DO APÓSTOLO

BILLIE JEAN

FEITO A MAN

ALAMEDA

ZONA VELLA

POR TODA A CIDADE

20 DE XULLO ÁS 18:00 E 19:00 HORAS | PREZO: DE BALDE

Nestas festas conviven a solemnidade relixiosa e oficial, o sabor popular, e a animación, que converten a toda a cidade nun gran festival. O 24 e o 25 de xullo son os días grandes, cun gran espectáculo de fogos artificiais na Praza do Obradoiro na noite do 24. Durante esta quincena as actividades culturais destacan pola súa calidade e diversidade. A música de todos os estilos, a danza e o teatro, os pasarrúas, as verbenas... invaden Compostela. A tradicional xuntanza de Bandas de Música de toda Galicia e as exhibicións de traxes rexionais e bailes folclóricos son outras das citas destas festas, que se pechan o día 31 de xullo con outro espectáculo de fogos artificiais. Podes consultar a programación completa en revistapincha.gal

Esta peza curta de La Intrusa Danza indaga na estreita liña que existe entre a obsesión por se expoñer e curiosear nos demais, e a necesidade de preservar e manter oculta unha privacidade

SEGUNDA QUINCENA DE XULLO |

MES DE AGOSTO

Feito a Man é un festival de rúa organizado pola A.C. Cidade Vella que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade de Compostela e a creación musical.

probablemente non perfecta.

IX MILLAROCK O MILLADOIRO (AMES) 2 DE AGOSTO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 12 €

Este ano, o evento contará coa participación dos grupos Nao, Cuarta Xusta, Zënzar e Dios ke te crew, cumprindo un ano máis o seu obxectivo de servir como punto de encontro entre bandas consolidadas e grupos emerxentes ao tempo que aposta polo rock en galego.

FESTIGAL CAMPUS VIDA 24 E 25 DE XULLO

A XVIII edición do Festigal celebrarase no Campus Vida de Santiago e contará coa participación do grupo De Ninghures, gañadores del concurso Novos Valores del Festigal 2019, Brassica Rapa, Banda Bassotti e Arrhytmia (o 24 de xullo desde as 22:30 horas) e co Café Concerto de Pandereteiras de Verducido, DudeCan e Güintervan (o 25 de xullo ás 17:00 horas).

Esta será unha cita especial para os seguidores do grupo Nao, que se encontran inmersos na súa xira de despedida e que escolleron o Millarock como un dos seus últimos concertos.

Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades musicais de diverso xénero, co obxectivo de dar acoñecer e difundir a capacidade creativa da cidade e o potencial da cidade vella como entorno excepcional para o seu posicionamento e visibilización. Podes consultar a programación completa próximamente en revistapincha.gal

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal MULLERENAXE A MARÍA E CORALIA FANDIÑO RICART

NOITINHAS. MELODÍAS E PETISCOS DENDE A AZOTEA

PARQUE DA ALAMEDA 18 DE XULLO ÁS 14:00 HORAS

A libraría de mulleres Lila de Lilith convoca a toda a cidadanía a xuntármonos en torno Ás Marías, a Maruxa e a Coralia Fandiño Ricart, o 18 de xullo. Na data do nefasto aniversario queren poñer o foco na dignidade das que resistiron e se rebelaron. Invitan a asistir con flores vermellas e lilas, e con todo o colorido que l e poidamos dar a ese día.

| 30 | Pincha | N 14

HOTEL NH COLLECTION SANTIAGO

LXII MÚSICA EN COMPOSTELA

7 DE AGOSTO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: GRATUÍTO!

DO 28 DE XULLO AO 10 DE AGOSTO

Cita anual que se celebra en Santiago de Compostela dende 1957 e que forma en música española a intérpretes profesionais e

A segunda edición deste ciclo de concertos que se celebra na azotea do Hotel NH Collection de Santiago continúa co concerto de Blanco Palamera desde ás 21:00 horas. Previamente, desde as 19:30 horas, haberá unha sesión Dj.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal3 |


directorio tendas

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30

Camisetas gourmet, enfornadas en Melide!

T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es

+ info T. 682 410 689 - info@seispes.com - www.seispes.com

Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

A vosa revista!!!

publicidade@revistapincha.gal Rúa Preguntoiro 9 Santiago de Compostela Revista de Gastronomía & Cultura

T. 680 223 457 info@helloonyva.es www.helloonyva.es Pincha | N 14

| 31 |


directorio Bares/Cafeterías

Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

Restaurantes Outros

Casas Reais 25 Santiago de Compostela L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela

vinotapeta@gmail.com

De L a D de 9:00 a 00:00

Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela Todos os días de 10:00 a 00:00

T. 981 566 980

T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com

De L a V de 9:30 a 17:00 e dende unha hora antes dos concertos Xantar bufete de 14:00 a 16:00

Rúa da Virxe da Cerca 20 Santiago de Compostela

T. 981 564 379 - bodeguilladesanroque.com

T. 981 573 807 www.cafeterialasso.gal

T. 626 004 591 info@oxardindejulia.com

Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela

L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30

T. 981 571 204

Rúa de San Roque 13 Santiago de Compostela De L a V de 9:00 a 00:30 S e D de 10:30 a 16:00 - 19:00 a 00:30

@Cafe_Serendipia

| 32 | Pincha | N 14

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com


Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00

Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

T. 981 589 600 www.amaceta.com

Rúa de San Pedro 28 Santiago de Compostela

Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela

De L a D de 13:15 a 15:45 e de 20:15 a 23:30

De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía

T. 981 573 789 - www.oafiador.com

T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es

Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com

Grupo

J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela

Rúa de Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com www.restauranteferro.com

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

RESTAURANTE

CASTRO Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com

Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com Pincha | N 14

| 33 |


Pincha celebrou o seu segundo aniversario cunha gran festa!

Fotos: Iván Barreiro

A

cafetería Lasso, no Auditorio de Galicia, acolleu o 9 de maio a festa de celebración do segundo aniversario Pincha. Alí estivemos boa parte do equipo da revista, así como moitas persoas relacionadas co mundo da gastronomía e da cultura en Santiago.

Tamén nos acompañaron o exalcalde Martiño Noriega; o actual alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Cultura, Mercedes Rosón; así como Xoán Bascuas, de Compromiso por Galicia; e Lois Calvelo, do BNG. Premio #somospincha

Así, puideron tomar uns petiscos connosco a chef e Estrela Michelín, Lucía Freitas; os músicos Valentín Caamaño e Alfonso Espiño; membros dos grupos A Banda da Loba ou Os d’Abaixo; a presidenta e o xerente da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos e Ramón García; os hostaleiros Rita Sobrado, do Blu; Manuel Iglesias, de A Maceta; Jesús Peón, do Bar Polígono e Sala Sónar; Gonzalo Pose, do Argentinos Burguer; entre moitos outros e outras.

| 34 | Pincha | N 14

O momento máis emotivo da noite chegou coa entrega do primeiro premio #somospincha, un galardón que nesta primeira edición serviu para homenaxear aos camareiros e camareiras da cidade e que recibiu Laura Martínez, da Bodeguilla de Santa Marta, portada do número 10 da revista e a segunda mellor tiradora de cervexa de toda España. “É un orgullo recoller un premio tan bonito coma este”,


afirmou durante a súa intervención. “Sabemos que a nosa é unha profesión sacrificada e bastante dura. Perdémonos datas sinaladas coa familia, cos amigos e amigas… e temos uns horarios nos que ás veces imos ao revés do resto do mundo. Ai, a hostalaría! Pero sabedes que? Bendita hostalaría. Para min sempre tivo mellores momentos que malos, a verdade. Nacín, crieime e morrerei nun bar. Esta profesión haina que desfrutar e, sobre todo, haina que respectar”, asegurou. Trala entrega do premio, estreamos o vídeo sobre o equipo de Pincha realizado por Seispés Producións Creativas e que podedes ver en revistapincha.gal e na nosa canle de YouTube. O evento rematou cos petiscos que serviron na cafetería Lasso, xunto cos doces de Dulce Victoria e a música de DJ Octopus.

O LIBRO DE LILA DE LILITH Remexido de patacas Eli Ríos. Bahía Editorial (2019)

N

este libro, poderiamos dicir novela negra, a autora, que xa nos ten afeitas a sorprendernos en cada traballo,

condúcenos con moito humor e retranca por unha situación que está nos límites da nosa credibilidade… Non podemos contar máis, lédeo!

Á venda na

Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

Pincha | N 14

| 35 |



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.