Revista Pincha 15

Page 1

de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura

ESTA NON SERÁ A ÚLTIMA!

Nº 15 | setembro-outubro 2019

Locais onde comer con nen@s e non morrer no intento

Revista de Gastronomía & Cultura

Revista de Gastronomía & Cultura


www.galiciacalidade.gal


Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com

Rebeca Munín

C

lara, Lucía, Iago, Manuel, Javi, Xiana, Juanito, Noa, Lía, Nico, Sofía, Emilio e Fátima son as nenas e nenos que protagonizan a nosa portada. Un número no que por primeira vez quixemos recomendarvos lugares onde poder comer con eles. Restaurantes que se preocupan porque as familias con eses tolos baixiños estean a gusto. Se sodes pais e nais recoñeceredes que non é doado atopalos. Esta reportaxe é para vós. E tamén, por suposto, para os pequerrech@s que nos aguantan aos adultos cando nos empeñamos en xantar fóra. Nestes bares non terán tempo de aburrirse! Moi divertido foi tamén xuntar a estes modelos para a foto. Pequenos destrutores que arrasan coa comida e con todo o que haxa enriba da mesa! (hahaha) Pero a que son adorables? Moitas grazas polo ben que o fixestes! Esta #pincha15 é ademais o número da estrea da sección ‘De libros con Ruth’, no que a nosa compañeira Ruth Ríos entrevistará a escritores e escritoras. Comeza cunha obra moi especial para ela, o conxunto de relatos que publicou xunto con tres amigas e que titularon ‘A Cuatro Voces’. E precisamente sobre dar voz aos que case nunca a teñen vai a reportaxe sobre a fotografía en Compostela na que, de novo, temos a un home ‘Pincha’, o noso fotógrafo Iván Barreiro. Completamos o número saíndo unha vez máis #debaresconjessi, catando un viño con Crusat e Costas, papando con @JuanEAT_o no Café de Altamira e descubrindo a un músico local con César Varela. A axenda cultural vén cargadiña de eventos, cun festival internacional de cine Curtocircuíto que promete ‘arder’ coma nunca. Convidado quedas a seguir lendo! Isto, é Pincha. E nós, #somospincha

ÍNDICE

Por

Pequerrech@s

@rebecamunin

04 10

con lupa | Aquí si comerás cos peques da casa

dos fotógrafos…

14 16 20 23 24

crusat & costas | Fasquía 2017

antiga, máis global e outra forma de culturizar

27 32 35

axenda compostelá

reportaxe | As fotos que van en busca

de libros con Ruth | Escribir A Catro Voces #apapar | Café de Altamira 666rpm | Mad Martin e o Bungalow Studio de bares con jessi | Os bares, a rede social máis

directorios ultramarinos

Para lamber os fociños!

Este está sendo un verán coas rúas de Compostela ateigadas de turistas. Sobre todo naquelas que rodean á Catedral, onde ademais de monumentos, os que nos visitan van buscando os manxares da nosa gastronomía. Seguro que máis de un e de unha gozou coma nunca con esta paella de mariscos que serven no restaurante San Jaime, na Rúa da Raíña. Un prato saboroso e contundente digno de ocupar neste número o noso espazo para lamber os fociños! E recorda, se ti tamén nos queres recomendar algún prato dalgún local compostelán, escribe nas nosas redes socias coa etiqueta #pratopincha Queremos probalos todos!

Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: José Crusat, Lorena Costas, @JuanEAT_o e César Varela.

Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.re vista p in ch a .g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante. Pincha | N 15

|3|


con lupa

Detalles como manteis para pintar gustan moito รก rapazada. Foto: Ivรกn Barreiro

| 4 | Pincha | N 15


Rebeca Munín Por

AQUÍ

SI COMERÁS

@rebecamunin

COS PEQUES DA CASA Fai catro anos: — Imos comer fóra? — Por que non! Onde? — Onde queiras! Dáme igual.

Na actualidade: — Imos comer fóra? — Por que non! Onde? — Non sei! Somos nolos dous, máis os nenos… Conta que levamos un carriño e a bolsa coas mudas. E se veñen eles (amig@s con fill@s) suma polo menos outras dúas tronas máis… E sería bo un sitio con xogos para os peques…

S

óache esta situación? Entón agradecerás moito que en Pincha pensaramos en facer esta ‘investigación’! Se tes fill@s recoñececerás que saír a comer ou cear a un restaurante pola zona de Compostela non é nada doado. E se xuntas a varias familias, a cousa se complica todavía máis. Pero non todo está perdido! Existen locais onde os pais e nais poden xantar con tranquilidade e con menús ricos e saudables, ao mesmo tempo que os máis peques da casa se divirten. Onde? Imos darche varias opcións.

Parrillada Milongas A primeira parada facémola en Aldea Nova, en Bertamiráns. Alí atopamos a parrillada galaico arxentina Milongas. Un local amplo, coa súa propia zona de aparcamento, espazo para xogos e con varias pantallas de televisión dende as que observar o que están facendo os nenos namentres comemos. “A idea xurdiu porque eu teño tres fillos e cando entraba nun local con eles moitos poñían mala cara. Aínda que os nenos se portasen ben, era

Pincha | N 15

|5|


con lupa

Zona de xogos na Parrillada Milongas, en Aldea Nova. Foto: Iván Barreiro

como se estiveras molestando”, explica o seu xerente, José Ribas. “Pasábao fatal e sempre rematabamos ou no McDonald’s ou en Muerde la Pasta (no Centro Comercial As Cancelas), pero alí non te servían. E estaba todo o rato levantándome a por máis patacas, a por kétchup…”. A historia do Milongas comeza cando este neto de emigrantes galegos en Montevideo (Uruguay) vén traballar a España e, tras uns anos máis enfocado no marketing e na formación de equipos, decide montar no Milladoiro o seu propio local de hostalaría. Un negocio no que se implica o seu irmán Mariano e o resto da súa familia. Pouco despois comezaron a rexentar o Mesón 42, na rúa do Franco. Logo chegaría a cervexería do Preguntoiro e finalmente o restaurante

| 6 | Pincha | N 15

Proximamente o Milongas do Preguntoiro terá tamén zona de xogos de Aldea Nova, no que buscaban ofrecer un espazo axeitado para familias no que comer ben sen baleirar demasiado o peto. “O maior reclamo é que traballamos con produto fresco galego e temos un prezo pechado con diferentes menús que inclúen sobremesa, pero non a bebida que vai aparte”, sinala José. Así, na súa carta atopamos hamburguesas, peixes á prancha… Un exemplo: o Menú Campera no que podes tomar todo o churrasco, con criollos e ensalada, que queiras por 11,90€.


O modelo funcionou moi ben desde o principio, enchéndose sobre todo nas fins de semana. Por iso decidiron establecer un sistema de turnos: uns comen ás 13:30 horas e outros ás 15:30. Cando chamas para reservar, tes que decantarte por un dos dous. Unha idea que exportou José de Madrid e que ao principio chocaba entre os clientes. Porque que pasa se vas a primeira hora e non te dá tempo a rematar? “Sempre servimos moi rápido polo que podes facer unha boa sobremesa. Ademais, ás 15:30 non tes por que marchar. Temos unha zona de mesas altas na que tomar café ou repousar mentras os nenos continúan xogando”, sinala o hostaleiro. E tan ben está funcionando a súa idea que xa o estableceron no seu local do Milladoiro e nun restauran-

te que abriron hai ano e medio en Vilagarcía. Próximamente o Milongas do Preguntoiro seguirá este mesmo concepto, contando coa súa propia zona de xogos, e para o 2020 xa preparan o seu desembarco en Vigo. O segredo? “Facer que o cliente estea como na casa”.

Pulpería Rial Ese mesmo sentimento, o de sentirse na casa, é o que buscan na Pulpería Rial, en Padrón. Foron José Manuel Rial e Lydia Angueira os que abriron o negocio no 1983. E xa van aló 36 anos. “É moito tempo e moitas horas traballadas pero para min, moi gratificantes”, asegura a muller.

A Pulpería Rial, en Padrón, xa cumpriu 36 anos. Foto: Iván Barreiro

Pincha | N 15

|7|


con lupa

Os Venres en Familia da Pulpería Rial inclúen actividades con monitores especializados

Os comezos non foron fáciles pero pronto o matrimonio soubo gañarse o cariño de moita xente. Entre outros, de padroneses ben coñecidos como o Premio Nobel Camilo José Cela ou o xornalista radiofónico Pepe Domingo Castaño. Na súa carta o pulpo é o rei, a pesares do moito que foi elevándose o seu prezo nos últimos anos. “É un luxo pero se queres ter un pouco de calidade, tes que pagalo”, afirma a súa filla, Begoña. “Pero paga a pena porque está boísimo, non?”, pregunto. “Por suposto!”, contestan cun sorriso. Se o preferimos, tamén podemos decantarnos por luras, raxo, pementos de Padrón e xoubas de Rianxo (cando están en época), etc. E recentemente crearon dúas tostas ben ricas: unha de polbo con queixo con pimentón verde dos

Patio exterior do restaurante O Afiador. Foto: Iván Barreiro

| 8 | Pincha | N 15


Para todos os gustos pementos de Herbón e outra con marmelada de pemento de Herbón. Mais como ‘resistir’ tantos anos? “O segredo é tratar ben o produto e o máis natural posible. O pulpo ten que saber a pulpo; o peixe, a peixe; e a carne, a carne. E tamén hai que tratar o mellor posible aos clientes”, opina Lydia. Ao que a súa filla engade: “O noso forte é a honestidade e o noso valor é a xente que temos traballando connosco, o que fai que moitos repitan. Ao final hai clientes que non son só iso, son amigos”. Pero imos ao que máis nos importa nesta reportaxe. E os nenos e nenas, que? Pois para eles teñen unha zona de xogos, que pensan renovar de cara a este inverno, e desde o ano pasado organizan unha actividade moi interesante que denominan Venres en Familia. Os proxenitores cean nun comedor e os pequechos, de entre 3 e 12 anos de idade, fanno no seu propio espazo acompañados de monitores. “Non toman hamburguesas, senón comida da nosa. Sempre metemos froita, algo que sexa san. Porque os nenos comen de todo! Somos os adultos os que os acostumamos a comer mal”, apunta Begoña. A experiencia dura de 21:00 a 23:30 horas, tempo no que se realizan dúas actividades: unha de manualidades e outra relacionada coa ciencia. Foi Begoña –nai de mellizos de catro anos- a que tivo a idea de organizar algo diferente para as familias. “Hai restaurantes con zonas de xogos, pero faltábame algo que fora instrutivo, que ensinara cousas. Os nenos aprenden e lles gusta moito”, comenta. “É un día nos que os pais e nais poden desconectar e descansar pero sen quedar na casa. Senón saír e que os pequechos fagan algo distinto e amplíen as súas amizades”, explica. Por agora, os Venres en Familia organízanse unha vez ao mes pero están estudando amplialo xa que está tendo moito éxito e todo aquel que o proba, repite.

Outra que se subiu recentemente ao carro da hostalaría familiar é a empresa Pousadas de Compostela, creadora do chamado ‘Pousadas Family’. Así, nas fins de semana e festivos os seus restaurantes de Porta Faxeira, en Santiago; Aldea de Sestelo, en Teo; e Pazo de Lestrove, en Dodro-Padrón, ofrecen un menú especial para adultos por 15€ (sobremesas e bebidas non incluídas) e un menú infantil por 7,50€ (bebidas non incluídas) con acceso á área de xogos para nenos e nenas desde 2 anos. Tamén en pleno centro de Santiago, na Rúa de San Pedro, recomendámosvos outra opción para visitar cando o bo tempo acompaña. É o caso do restaurante O Afiador, que conta cunha terraza con xardín e zona de xogos destinada a nenos e nenas. “Queriamos que as nais e os pais puideran comer tranquilamente, tendo aos fillos nun lugar seguro”, explica a súa xerente, Nuria Quintela. Cunhas vistas ao Parque de Belvís que namoran, a súa é unha cociña de tempada, con bo produto galego e elaboracións caseiras. Dispoñen ademais dunha moi ampla variedade de viños de moitos países diferentes. No Ensanche podemos decantarnos polo restaurante Cambalache, na Avenida de Vilagarcía, que ten un espazo con xoguetes, libros, pinturas… Especializados en cociña italiana, destacan na súa carta as súas saborosas pizzas. E no barrio das Cancelas, na Rúa Vintecinco de Xullo, podedes elexir A Grella, un local especializado en carne á grella con área infantil exterior con tobogáns, balancíns, randeeiras… Temos, por tanto, en Compostela e arredores opcións para todos os gustos para comer fóra cos peques da casa. Iso si, de cando en vez tamén poden quedar cos Pincha avós, que tampouco pasa nada! ;) Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 15

|9|


A

s mellores fotos son aquelas que atopan aos fotógrafos. Son documentos, episodios, instantes, feitos reais, soños, logros; son felicidade, intriga, tristuras; son morte e ata o que hai detrás dela! Por iso, as de verdade son todas de fotógrafo(a) profesional. Perdemos moito tempo disparando flashes… E nesa perda de tempo a imaxe reflectida na pantalla perde valor. Durante esta reportaxe Sandra Alonso lamentou que “curiosamente nun momento no que tantas imaxes se fan, os fotógrafos semella que somos os que menos temos dereito a facelas”. Dá para reflexionar. Denís E. F. díxome que metín pouco o dedo na chaga, que non preguntei polos egos, que non me metín no centro da cuestión. Pero coñecín un chisquiño máis ese universo que hai tralo seu obxectivo. Un escudo que lles protexe e separa do obxecto que retratan, da realidade da que falan, da estampa que constrúen. Conseguen que un momento irrepetible quede en papel para sempre. É maxia! Pero hai que pagalo! O seu é traballo tamén! E ten prezo. Como empezou Denís? “Foi en Portugal, no 95, nunha excursión. Unha persoa deixoume unha cámara de carrete e fixen unha reportaxe da xornada. Anos despois caeu nas miñas mans unha cámara herdada do meu pai: unha Nikkormat! E aí empecei, indo a Tino Martínez a comprar os carretes, indo a revelar,

| 10 | Pincha | N 15

Por

As fotos que van en busca dos fotógrafos...

Jéssica Pintor

reportaxe

@jpintorybarran

investigando pola miña conta. Fun moi autodidacta e mal estudante”. (Sorrí!) A carreira de Iván tamén comezou sen querer, querendo... “Sempre me gustaron as fotos de albums familiares. Aquelas fotos dos meus tíos, de miña nai, en branco e negro... Botar horas mirando para elas, documentos da vida real… Tiña libros de fotografía. E cando tiven idade, nun aniversario pedín unha cámara compacta. Anos despois, un amigo desfíxose de todo un equipo e regaloumo, basicamente aí empezou todo! En Mestre Mateo coincidín con Denís”. Considéranse fotógrafos de rúa. Denís fai fotografía técnica de urbanismo, de restauración. Di que de estudo ten pouco. Defíneo como un traballo moi metódico, traballa só, cuns tempos, pero con liberdade. Pero tamén ten parte de traballo artístico, que lle “alimenta a alma”. Que é ben diferente da parte que che dá de comer.

Denís E. F. fotografado polo seu amigo Iván Barreiro.


Iván di que hai rutinas, “por exemplo cando fago as fotos para Pincha, aclimátaste a unhas pautas. É mecánico, pero o escenario sempre cambia. –A luz cambia!, engade Denís-. O bonito deste traballo é iso”.

“Hai cousas que pasan no mundo que hai que ver e nós traballamos para que as vexan!”

“Unha boa foto de rúa, require horas na rúa... Posturas raras, cargar, moverse moito, horas de estar pendente. A parte dura non está editando nunha pantalla, está no directo, en non perder o momento. Unha obra cambia a diario. Unha entrevista dura unha hora. Ten un punto de tensión este traballo. Tratar coa imaxe da xente é difícil... Tratar con xente é difícil. (Rimos!!!) Non temos unha base de cultura visual. Pero cando estudas imaxe: Ves cousas que antes non vías! O encadre, a composición, como están colocadas as imaxes, as cores, as letras... -É control mental!, sorprende Denís-. (Gargalladas limpas) Calquera foto do Instagram ten máis reaccións, que unha foto ben composta que poidamos facer nós. O mundo da imaxe está subxugado ao éxito. A xente quere éxtase, pracer, estrés, con retentiva mínima... Non queremos ver. Só miramos. A imaxes son como drogas. Son disparos. Creo que non é necesario que o vexamos todo neste mundo...”. A foto favorita de Denís, a primeira que collería, para saír correndo da casa e deixar todo atrás é unha da súa muller. “Nin sequera me está mirando, non é un retrato, pero é ela. Esa cara despreocupada, que non está, un momento. É María. É insuperable”. Tamén describiu outra foto duns rapaces subindo por unha ponte abandonada de ferro, “moi alto, duns doce metros... É de hai moitos anos. Eles non me prestaron atención. Daquela non tiña ninguén necesidade de saír nas fotos, non é como agora. Antes estábamos máis na sombra”.

As de Iván son as familiares. “Estean ou non estean ben feitas, estean ou non estean ben enfocadas. Ou estean ou non estean ben expostas. Son as miñas favoritas. Son as que me vou quedar. Sobrevivirán a moitas xeracións”. Falou ademais dunha que fixo estando en Mestre Mateo, venres, 8:30 da mañá, clase de debuxo, inverno, non había ninguén na rúa. Chovía. “Eu estaba fumando un pitillo. Foi unha foto preto da cociña económica. Aí entendín o que é facer fotos. É simplemente unha fila de paraugas, todos veñen cara a cámara, menos un que cruza por enriba de dereita a esquerda... Imaxinei a foto. Foi como se me anticipara. Fixo clic algo na miña cabeza!”. Eles din que foto hai que buscala, hai que saír a encontrala. Ás veces atópate. As fotos xorden. Facer fotos ten un punto de maxia. A cámara separa a parte emocional da persoa, para que o fotógrafo(a) profesional faga o seu traballo. Ver a través do obxectivo, protéxeos. Sálvaos do que ven, ás veces. Desvincúlaos e abstráeos do que están vendo. “É perigoso porque cando estás sacando fotos, ás veces, non ves o que hai ao teu redor, podes caer, chocar. Hai que moverse lentamente, como un gato, para evitar descalabrarte”...

Iván Barreiro fotografado polo seu amigo Denís E. F. Pincha | N 15

| 11 |


reportaxe Á venda Amaia Roldán é de Pamplona e leva seis anos en Compostela. Traballaba na hostalería alí, tivo un negocio durante case 15 anos. Facendo un máster, coñeceu aos mozos do Abastos 2.0, cando daban clases alí, e ofrecéronlle vir en verán traballar e aquí quedou. Ten unha pequena tenda especializada en fotografías na rúa Ameas, nun dos postos da praza de abastos, chamada Cuarto Pexigo. “Cando se traspasou o posto nin mo pensei. Santiago é moi fotoxénico, é fotografía pura! E a foto é algo fácil de transportar, de almacenar e dende que cheguei á cidade, coñecín moitos fotógrafos e músicos (Risas)... Ás veces non sabes moi ben por que vas facendo as cousas. Pero

foi moi fácil empezar a traballar, foi sinxelo ter material para vender. E ter un espazo de residencia axúdame a que poidan vir fotógrafos de fóra. A primeira foi Marisa Manchola, unha artista visual e fixo pequenas composicións. Veñen, desenvolven o seu proxecto aquí, inspíranse coa cidade! Intento que todo teña relación con Santiago. Deixan un traballo exclusivo”. Ten traballos de ao redor de 15 fotógrafos. “Traballos que eses profesionais ao mellor nin se pensaron nunca levar a unha galería. Series limitadas, moi pequenas. Hai moita xente namorada de Santiago”. Amaia, que na familia ten vena artística, é consumidora de fotografía, de libros de fotografía... Sempre lle gustou. “Pola tenda ven moita xente nova, estou moi contenta! Cada vez entenden máis de fotografía e preguntan moito, sobre todo mozas. Interésanse por como se fan as imaxes. Os collages puxéronse moi de moda, teño traballos de Lara Lars que ten os seus afeccionados... Preguntan polas fotos en branco e negro, as analóxicas, cada estilo ten o seu público. Hai turistas tamén. Darlle valor á arte é complicado... Hai un abuso de imaxes, todos sacamos fotos, entón valorar o traballo dos fotógrafos, resulta difícil... Pero se ti explicas a historia da fotografía, como foi sacada, a traxectoria do autor... A xente valórao. Teño público local. Fago moito envío. A xente regálaas! Tento que as persoas poidan coleccionar series a prezos accesibles”. Ten uns paquetiños sorpresa, que levan unha fotografía dentro que descoñeces ata abrir o sobre na casa... A maxia das fotos.

En prensa Antes de conseguir ver a Sandra Alonso vin a Mel Gibson! Alí estaba ela a quendas, cun compañeiro (Paco), diante do Hostal dos Reis Católicos. É fotógrafa de La Voz de Galicia. Logo seguina pola zona vella, ía facer fotos dun concerto do Feito a man. Fixo Ciencias Políticas e despois fixo o máster de Medios de La Voz de Galicia. E foi un dos seus profesores o de fotografía, Xurxo Lobato, o que a animou a lanzarse de cheo neste universo. Amaia Roldán xunto a súa tenda. Foto: Iván Barreiro

| 12 | Pincha | N 15

Como é o traballo dunha fotógrafa de prensa? “Á parte de imprevisible, de sen horarios, de complicado de


organizar... (Ri) Porque a actualidade é como é. Hai partes do traballo que non me gustan, os sucesos, que vas só... Cando morre un neno, cando hai un asasinato, un accidente... Aínda que coa cámara non o ves igual, porque a cámara protéxete moito. Non estás no mesmo plano. Faime de parede. Mantente á marxe. Faite ser obxectivo. E eu que me involucro moito coas cousas... Hai momentos importantes para un fotógrafo, porque te enfrontas a unha situación moi dura, que tes que xestionar e xestionar posteriormente. Hai cousas que pasan no mundo que hai que ver e nós traballamos para que as vexan! Situacións de desesperación que teñen repercusión e alcanzan unha solución”. De todas as fotos que tes, poderías escoller unha? “Son vinte anos facendo moitas fotos... Pero para escoller tería que pensalo moito. Unha non podería, sería limitarme moito! Cada vez que ves unha foto, aínda que pasara moito tempo acórdaste perfectamente do que estabas facendo, do que fixeches antes... Non son demasiado apegada as fotos do traballo, non lles collo demasiado agarimo. Tes etapas que che gustan moito, que che deixan de gustar, que as farías doutra maneira... Non teño ningunha foto na casa! Nin Álvaro o meu marido tampouco e é fotógrafo! (Risas) Aínda que hai unha foto do ano dos incendios, aquel agosto, un ano tan duro, un inferno. Non te dabas quitado o olor a fume... E fixen unha foto: Era

unha moza mollando a parede da súa casa coa billa da ducha do baño... Que máis podía facer ela ante a situación!!” Fas fotos na túa vida privada? “Procuro non levar a cámara no meu tempo libre, non é que non me apeteza facer fotos, porque sempre hai fotos para facer, pero necesitas descansar, vén ben parar. Mirar con perspectiva. Máis que buscar fotos, gústanme esas fotos que me encontran. Porque son fotógrafa, hai fotos que non poido evitar facer! Os fotógrafos de prensa local somos todoterreo. Fago fotografías de fochas, de partidos de fútbol, de cuestións políticas, cuestións sociais... E fágolle fotos aos meus fillos, claro que si. Pero as veces hai que parar”. Non poido rematar estas letras sen escribir: Suso Rivas, Ramón Yosimura, Eutropio Rodríguez, Fernando Blanco, Tino Martínez, Alberto Novoa, Esteban de la Iglesia, Manu Suárez, Jesús Madriñán, Fuco Reyes, Valentín Varela Iglesias, Andrés Cisneros e Ksado, todos eles nomes propios da fotografía en Compostela. As fotos extraen presenzas, non só obxectos. Transmiten a veracidade dun momento. Así que menos fotos e máis fotógrafos! A meu irmán: Nunca deixes de premer o botón!

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Sandra Alonso en plena acción na Praza do Obradoiro. Foto: Iván Barreiro Pincha | N 15

| 13 |


Por

Por

Jose Crusat

Lorena Costas

crusat & costas

@lorena_costas

@choumimx

FASQUÍA 2017

Foto: Iván Barreiro.

TEXTO LORENA COSTAS

Un novo rumbo nas rías atlánticas

É

ben certo que ultimamente estamos moi “atlánticos” na nosa sección, e ben sabedes que gustamos moito dos chamados tintos atlánticos. Imos pecar de repetitivos para falarvos doutro tinto, pero desta volta, facémolo tamén por outro motivo: Para falarvos da IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria, que naceu no 2007 para dar cabida aos viños elaborados nas comarcas de Ría de Arousa e que ano tras ano demostra que se fan viños de altísima calidade noutras beiras do Atlántico distintas dos dominios da D.O. Rías Baixas. Da IXP falaravos en profundidade Crusat, posto que é ben coñecedor da zona e dos seus viños (por que será?); eu, coma sempre, falarei das persoas que hai detrás das elaboracións. Nesta ocasión trátase da Adega Antonio Saborido López, situada en Boiro, que nace tras uns 35 anos de actividade vitícola do seu propietario. Xa nesa zona había tradición vitícola alá polos anos 30 – 40, pero moitas viñas abandonáronse e foise perdendo a viticultura. Antonio, que antes traballaba no mar, decidiu, xunto con outros viticultores da zona, recu-

perar esa tradición, impulsando dese xeito a creación da IXP Terras de Barbanza e Iria, da que forma parte desde o ano 2007, ano da súa creación. Aínda que a adega de Antonio Saborido é máis coñecida polas súas elaboracións con uvas brancas, como o albariño e o raposo, unha vez máis queriamos falar dun tinto; o seu Fasquía 2017. Como Antonio foi un home de mar, gústalle lembrar a súa vinculación con ese mundo, de aí o nome de Fasquía, que fai referencia a unha peza de embarcación. Nace este viño dunha unión entre a mencía e o caíño tinto, para buscar unha expresividade distinta mediante a mestura; a mencía nestas zonas compórtase de xeito ben distinto ca no interior, e a caíño tamén resulta menos ácida que noutras zonas atlánticas, polo que nos atopamos cun viño de pouca gradación, de trago lixeiro, pero sen perder a rusticidade e salinidade que lle aporta a cercanía do mar. Aromas mentolados, de terra mollada e froitos vermellos e amoras, de trago salino e suave, perfecto para tomar cunhas verduras á grella, unhas pataquiñas con pel e pimentón, agora que as noites comezan a refrescar pero aínda temos ganas de verán, non si? Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 14 | Pincha | N 15

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura


FICHA TÉCNICA: ADEGA: Antonio Saborido López D.O.: IXP Terras de Barbanza e Iria VARIEDADES: Caíño tinto e Mencía Grao: 12,5º Ano: 2017 Prezo: En torno aos 9-10€ Foto: Iván Barreiro.

TEXTO JOSE CRUSAT

Entre o mar e a terra

F

asquía é un viño elaborado por Bodegas Calidade de Antonio Saborido López, unha das catro adegas adscritas á denominación IXP Viños da Terra do Barbanza e Iria, e da cal é un dos promotores e pertence desde o seu comezo no ano 2007. Cos anos, a adega da familia pasou de ser unha adega tradicional que vendía a produción a granel, como moitas da zona, a sufrir unha profunda transformación e modernización; iso si, mantendo a esencia do terreo no que se asenta, ese carácter arousá que se percibe nos seus viños. Esta IXP de Viños da Terra acolle adegas dos concellos de Porto do Son en parte, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro ,Padrón en parte, Pontecesures, Valga e Catoira. É dicir, toda a banda norte da Ría de Arousa, o fondo da mesma, e a metade da banda sur ata lindar cunha DO. Trátase pois dunha rexión de viños de calidade cento por cento atlántica e mareira. Onde o mar sempre condicionou a vida das súas xentes, e o resto do territorio. Nela o viño sempre foi un dos produtos tradicionais elaborán-

dose tanto viños brancos coma tintos, e incluso claretes. No caso dos viños tintos como do que estamos a falar, empréganse diversas castes coma o Caíño, Sousón, Mencía, Espadeiro, Brancellao e Merenzao. Neste Fasquía temos unha mestura de Caíño e Mencía case a partes iguais cunha pequena presenza de Sousón. Este é un viño de capa media non moi escuro que denota lixeireza na copa. No nariz presenta notas de terra, pedra, herbáceos e froitas vermellas. Na boca é un viño lixeiro, de paso fluído e sinxelo, amósanos froitas vermellas acedas coma grosellas e framboesas, acidez, lixeira adstrinxencia e secante, e unha salinidade identitaria do territorio e a súa proximidade ao mar. Como prato para acompañar este viño (ou era ao revés), e sendo prato mariñeiro, penso nun polbo á feira cun bo aceite virxe e pementón da Vera extremeña. Por outra banda, se somos máis arriscados, por que non nos propoñemos maridalo cunha ensalada de polbo e cogombro mariñado e cunha salsa de mostaza xaponesa e miso branco. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 15

| 15 |


Por

Ruth Ríos

De libros con Ruth

@ruthriosfernandez

Escribir A Catro Voces Ruth, María, María João e Silvana. Foto: Mino Andrade

| 16 | Pincha | N 15


I

"Vimos que tiñamos unhas voces literarias moi diferentes, pero que poderían xogar ben xuntas"

naugurar unha sección nunca é fácil. Comezamos sempre coas mellores intencións, pero non sabemos cara onde camiñará o noso bebé, algo así como cando empezas a escribir un libro. Casualmente –ou nonneste número veño presentarvos ‘De libros con Ruth’, un novo espazo de Pincha onde falaremos dos nosos escritores e escritoras, que en Compostela son moitos. Quixo a xefa de todo isto, Rebeca Munín, que estreara a sección falando de min, deste proxecto de escritora que eu mesma encarno. Así que vos traio a historia do meu fillo literario ‘A cuatro voces’, que viu a luz este mesmo verán, tras unha xestación longa e compartida con outras catro magníficas nais, responsables da idea de traer ao mundo a este neno de portada azul: as escritoras Silvana Lameiro Micciche, María Pérez Prol e Maria João Matos, ademais da ilustradora Jun Fernández.

A orixe Toda historia ten un principio, e seguindo a estrutura clásica de introdución, nó e desenlace, á de ‘A Cuatro Voces’ remóntase a unha tarde de novembro de 2014, cando as catro nos coñecimos nun curso de escritura creativa na Universidade de Santiago de Compostela. Tras uns meses intensos de escritura, os nosos camiños continuaron os seus propios percorridos, pero sempre “acabamos coincidindo”, en palabras de Silvana, entrelazándonos a pesares do tempo e da distancia – Maria João estivo un tempo en Cambridge e Silvana en Heidelberg-. Ademais, cada unha realizou proxectos literarios de forma independente (antoloxías, exposicións, colaboracións en libros, publicación de relatos en webs culturais…). Antes

de ‘A Cuatro Voces’, Maria João e Silvana traballaran xuntas no libro colectivo ‘Contos ao revés’, quizais o preludio inconsciente da nosa obra.

Como nacen os libros? Non o sei, pero creo que o noso foi concibido unha mañá de verán de 2018 nunha conversa entre Silvana e máis eu: Que que bonito sería reunir os nosos relatos; que por que non o intentamos; que que tal se llo propoñemos a Maria João (MJ, como a chamamos agarimosamente) e a María; que sería xenial que Jun os ilustrara… Tal como di MJ, “vimos que tiñamos unhas voces literarias moi diferentes, pero que poderían xogar ben xuntas”. E cando nos quixemos dar conta, era outono e estabamos inmersas no arduo proceso de autopublicación. E digo arduo porque, aínda que asemelle sinxelo contratar a unha editorial para que se encargue dos pasos da corrección, maquetación, impresión e asuntos legais, como autoras tivemos que sacar tempo de onde non o tiñamos para supervisar toda a produción. O camiño foi duro, pero ninguén dixo que combinar a vida cotiá –traballo, familias, nenos, escolas, facturas, compras, comidas, viaxes…- coa arte fora sinxelo, sobre todo cando se pon o máximo amor no que se fai. A vantaxe foi que, a pesar dos vórtices de tarefas diarias e ás veces da distancia física, “a comunicación entre nós para traballar sempre fluíu ben”, explica Silvana, o cal resultou imprescindible para que un proxecto así rematara con éxito. Tamén rabúñaselle tempo ás horas libres, ás noites, fins de semana, vacacións, “porque o

Pincha | N 15

| 17 |


De libros con Ruth

que facemos nos apaixona”, di Silvana; e á contorna familiar, a cal apoia “aínda que haxa xente que non entenda que te dediques a algo que non che dá cartos”. Hai sorrisos con este comentario, pero tamén un sentimento compartido.

Contido ‘A cuatro voces’ A historia ten final feliz. A nosa presentación en sociedade foi o pasado 18 de xullo na libraría Lila de Lilith, acompañados pola miña compañeira Rebeca Munín, e por todas as persoas que nos alentaron durante este tempo, ademais de lectores que se achegaban por primeira vez á nosa proposta. ‘A cuatro voces’ é un conxunto de 19 narracións diferentes entre si, creadas en diferentes épocas; con temas que van desde o intimista ata o fantástico, a ciencia ficción ou o realismo sucio de personaxes nocturnos e rueiros. Ao longo dos relatos descóbrense os persoais universos de cada unha: o mundo fantástico, un pouco costumista, e escuro de María Pérez Prol –especialmente no relato ‘Capítulo Oscuro’, sobre a noite máis negra dun escritor-; o lirismo e intimismo con reminiscencias de Virginia Woolf de Maria João, historias moi persoais vencelladas con vivenzas; as personaxes ao límite e o humor surrealista e inesperadamente tenro de Silvana –“teño un mundo interior moi florido, e a escritura ten algo de terapéutico que axúdame a sacar o que levo dentro”-; ou os seres solitarios das hiperconectadas cidades actuais, nas que estamos máis sós que nunca, que atoparedes nos meus relatos.

Jun Fernández amosa unha das súas ilustracións durante a presentación do libro. Foto: Mino Andrade

"A ilustradora Jun Fernández soubo captar o miolo do que cada unha quería contar" para cada un dos relatos son parte fundamental da obra e un dos seus elementos diferenciadores. Decidimos ilustralo porque iso lle daba “forza ao libro”, apunta María, e “nos servía para ver que sentía outra persoa ao lelo”.

As ilustracións

Ademais, entendémonos con ela desde o primeiro instante, e foi capaz de “captar o miolo do que cada unha quería contar”, resume Silvana; a pesar da complexidade inicial de traballar con catro escritoras diferentes con relatos sen fío condutor común.

As ilustracións de Jun Fernández -formada na facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Akademie für Illustration und Design de Berlín-

“Para min foi un reto, pero agradezo moito a liberdade que me brindaron en todo momento”, comenta Jun.

| 18 | Pincha | N 15


Cuatro Voces Maria João Matos Silvana Lameiro Micciche María Pérez Prol Ruth Ríos Ilustraciones de Jun Fernández

O futuro Mentres cada unha pensa en próximos proxectos no eido do relato curto ou da “novela gráfica” (no caso de María), as autoras imaxinan o seu propio destino dentro dos muros desta cidade. “Compostela é unha explosión de creatividade”, segundo Silvana. “Pasan moitas cousas ao mesmo tempo”, cre MJ. Ela vive a escrita como “unha forma de expresión”, mentres que María e Silvana confesan que para elas “escribir é todo”. Silvana séntase a escribir todos os días desde hai dous anos, e froito desa constancia nos próximos meses verá a luz o seu primeiro libro de relatos en solitario: “Con pequenos intervalos atmosféricamente poéticos”. Todas coincidimos en que lemos e escribimos en calquera lugar. Móbiles, libretas ou mesmo un pano de mesa son bos soportes para atrapar ideas antes de que fuxan cando vén a inspiración. Os disparadores de creatividade: xente que pasa, fotos, conversas, cousas pequenas… “A poesía está en todas partes”, conclúe Silvana. De momento, mentres aluman novas historias, desexamos que os lectores gocen deste ‘A cuatro voces’ tanto coma nós gozamos escribíndoo. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

‘A CUATRO VOCES’ Editorial: Letrame 2019 Autoras: María Pérez Prol, Ruth Ríos, Maria João Matos e Silvana Lameiro Micciche Puntos de venda: O libro xa está dispoñible nas seguintes librarías de Compostela.

con leite

-Lila de Lilith Rúa Travesa, 7. -Cronopios Alfredo Brañas, 24. -Aenea Rúa Irmáns Rey Alvite. -Couceiro Praza de Cervantes, 6. -Pedreira Rúa do Home Santo, 55. -Os Mundos de Carlota Rúa de San Pedro, 52. -Follas Novas Montero Ríos, 37.

Sabores con produtos tradicionais de Galicia

Ou compra en Amazon  amzn.to/30jnkge

Xeados libres de alérxenos, consultar na tenda

E tamén en A Pobra de Caramiñal e Ferrol. Pódense consultar todos os puntos de venda e información en: Facebook: acuatrovoceslibro Instagram @acuatrovoceslibro

fresco

galego

Xeados sen lactosa, só con froitas

Xeados aptos para veganos Rúa de San Pedro, 70 Santiago de Compostela 981 973 169 www.xeartebrigitte.com

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 15

| 19 |


#apapar

MERLUZA DO PINCHO NO CAFÉ DE ALTAMIRA

Foto: Iván Barreiro Situado en fronte do Mercado de Abastos –o segundo lugar máis visitado de Compostela despois da Catedral- o Café de Altamira é un restaurante cun ambiente bohemio e sempre divertido. Os seus responsables definen este local –que ocupa o baixo do hotel Pazo de Altamira– como unha taberna galega posta ao día. Un lugar que sorprende, ademais de polo seu bo facer na cociña, por unha decoración na que non só os pratos, senón tamén as sillas, son de Sargadelos! A famosa Guía Michelin distingue este Café de Altamira como un dos seus establecementos Bib Gourmand, que son aqueles restaurantes que destacan pola súa relación calidade-prezo. Na súa carta, non demasiado extensa, sobresaen os pratos onde o máis importante é o sabor. Sempre elaborados con

| 20 | Pincha | N 15

produtos frescos que adquiren na propia Praza compostelá. De aí o seu lema: ‘O sabor do mercado’. Contan ademais cunha ampla oferta de viños. Abertos todos os días desde as 7 da mañá (só pechan os mércores en inverno), ofrecen almorzos, vermús, comidas e ceas. Tamén dispoñen dun menú do día que inclúe aperitivo, un prato principal, sobremesa, café, pan e unha bebida por 15 euros. Para @JuanEAT_o prepararon a súa pescada do pincho cociñada a baixa temperatura e cebola confeitada, ou o que é o mesmo, unha merluza galega posta ao día. Este é un dos seus buques insignia da carta xunto co xarrete de porco estufado. Que lle parecería ao nosos colaborador? Continúa lendo para averigualo! ;) .


@JuanEAT_o, gozou do seu prato no Café de Altamira acompañado dun bo viño. Foto: Iván Barreiro.

Para compensar un pouco a ‘comilona’ do número anterior, decidín ir a por algo fresquiño da Praza de Abastos. Xa sabedes que é unha zona compostelá que vive un auténtico auxe gastronómico, con moitos locais que paga a pena visitar para ir #apapar. Desta volta, escollín o Café de Altamira, o restaurante do hotel Pazo de Altamira. Cando entras pola porta, podes observar que é un sitio novo pero con encanto. Gustoume moito a decoración -tan de antiga taberna galega pero á vez cun toque moderno- o esmerado coidado nos detalles e que me fixeran sentir coma na casa. Unha vez sentado e preparado, servíronme a súa merluza á galega posta ao día. Trátase dun lombo de pescada que cociñan a baixa temperatura e ao que engaden cebola confeitada e unha allada. Ofrécenna

Datos

en versión media ración ou como ración enteira. Eu aconséllovos escoller a primeira e completalo coa media ración doutro dos seus pratos estrela: o xarrete de porco estufado catro horas en mole mexicano con puré de apionabo. Pero volvendo á merluza, cabe destacar que o lombo estaba impecablemente limpo, cun sabor exquisito e unha cocción no seu punto. Ademais, a allada resultou toda unha sorpresa porque se sae da receita orixinal, o que lle dá ao peixe un toque fantástico conseguindo un sabor moi intenso. Faltoume, quizais, acompañar a peza cunhas patacas cocidas. Para beber, servíronme tres viños que refrescan e desengraxan. Por un lado, un escumoso da casa Raventós, un oloroso en rama de Jerez e un viño tinto galego de Daterra Viticultores. Os tres moi axeitados cando estás saturado de comida e necesitas axuda Pincha para seguir. Maridaxe de dez! Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Lugar:

Revista de Gastronomía & Cultura

Rúa das Ameas, 9 (Santiago)

Prato:

Merluza do pincho cociñada a baixa temperatura e cebola confitada

Prezo:

10 € a media ración e 16’50 € a ración enteira

Valoración: 

Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 15

| 21 |


Rebeca Munín

#apapar

Por

Alejandro Oubiña, xefe de sala.

“Todos os nosos pratos teñen moito sabor”

@rebecamunin

Alejandro Oubiña chegou ao Café de Altamira fai case cinco anos con moita ilusión e ganas de demostrar o ben que se lle dá o trato coa xente. E é que para calquera local, ademais da cociña, é vital contar con bo persoal que asuma o peso da sala.

vermú os sábados. Entón, o traballo é bastante difícil. Abrimos ás 7 de mañá para dar almorzos. Atendemos tamén aos hóspedes do hotel. Do almorzo pasamos ao vermú, logo á comida… Despois facemos un descanso pequeno, de 18:00 a 20:00, máis que nada para preparar o local para as ceas.

Levar as rendas do restaurante do hotel Pazo de Altamira non é nada fácil, pero Alex faino moi a gusto e contento por toda a xente que, tanto da cidade como de fóra, chega para probar o seu ‘sabor do mercado’.

Os viños son outra parte importante deste local, non si? Si, ao viño dámoslle moita importancia. Aconsellamos aos clientes e, se eles queren, poden probar diferentes opcións. As inquedanzas sempre hai que satisfacelas. Non hai que ter medo a probar cousas novas. O único que pode pasar é que non che guste.

Con ese lema que tendes, ‘O sabor do mercado’, está claro de onde sacades a maioría do voso produto! Alex, no Café de Altamira. Foto: Iván Barreiro Si, tratamos de traballar o máximo posible co produto da Praza de Abastos. E o que non atopamos, como con Ese é tamén o teu traballo: o de aconsellar ao cliente. algúns produtos específicos, buscámolo en provedores Si, a parte principal do traballo de sala é acoller ao cliente locais. desde que chega. Se xa veu máis veces, hai que acompañalo e facerlle a experiencia agradable. E se é a primeira Como pratos estrela tendes a merluza e o xarrete, pero que máis vez que vén á túa casa e está desorientado, tes que collelo atopamos na vosa carta? da man, guialo e levalo polo camiño para que teña unha Sempre temos cociña de tempada. Temos tamén steak experiencia satisfactoria. tartar de vaca de Bandeira, que é un prato moi demandado. E solombo de vaca, xarda… pratos con moito sabor. E E para eses que aínda non vos coñecen, por que dirías que veñan ao con influenza mexicana, porque sempre temos xente de Café de Altamira? prácticas que vén de México. Porque se come moi ben e o trato é bo. Ademais, temos un local moi bonito, nunha zona moi chula da cidade, onde Como é o traballo no Café de Altamira? verán moito contraste de xentes… Todo o produto fresTrabállase duro porque isto é, como din os meus xefes, co que teñen na beirarrúa de en fronte, témolo aquí para unha taberna galega posta ao día. Temos un ambiente comer. E ademais, poder comer nos nosos pratos de Sarde barrio pero situado nun punto estratéxico da cidade, gadelos, sentados nas nosas sillas tamén de Sargadelos, é como é a esquina da Praza de Abastos de Santiago. Por un motivo máis. En que outro lugar do mundo podes dicir aquí pasa todo o mundo: xente local, turistas… É zona de iso? (Sorrí) Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 22 | Pincha | N 15

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura


Por

César Varela

666 rpm

@ImitoAQ uenSon

T

Botando toda a carne no asador

Teño que recoñecer que, en case que 30 anos que levo adicándome a escribir sobre música, nunca pisara un estudio de gravación, salvo nunha ocasión na que non me quedou máis remedio, xa que eu mesmo era a voz cantante. Pero esa é outra historia que non vén agora a conto… Sempre fun máis de achegarme aos locais de ensaio, cando o grupo xa rematara de preparar o repertorio, ou se tomaban un pequeno respiro, aínda que tamén me teño chupado uns poucos ensaios de bandas locais. Teño quedado con bandas en bares e en salas de concertos, para entrevistalos despois das probas de son, ou das actuacións en directo. Tamén era habitual que cando a gravación xa estaba rematada, os músicos ma enviasen e os entrevistara en directo no meu programa de radio. Os músicos nunca soen convidarte a que te pases polo estudio cando están gravando, e é do máis normal. Aí é onde teñen que dar o callo e poñer toda a carne no asador, para que o produto final sexa convincente. Así que, cando hai uns días Martín me convidou a pasarme polo seu estudio de gravación, a idea pareceume fascinante. Era a reinauguración, evolución e trasformación do Bungalow Studio, que despois de oito anos de rule presenta un aspecto renovado, reformado e acondicionado tanto acústica coma técnicamente, con imaxe de estudio de gravación profesional, no que podes gravar, mesturar e masterizar en Compostela. De feito, xa o levan tempo facendo bandas coma a Bakin’ Blues Band, Los Chavales, Thee Boas, The Fabulous Resaca Brothers, Grüvzilla, Sinestesia, Monoulious DOP, FUME… E coñecendo como coñezo a Martín e ás bandas que por aí pasaron, estou seguro de que a calidade é 100% profesional.

A primeira vista atópaste cun Bungalow (de aí o nome) no que ao mesmo tempo que podes gravar un disco no seu interior, podes aproveitar para facerte un churrasco no exterior sen ningún problema, xa que ten uns veciños moi chachis, ou eran chachos? Con isto, non sería de estrañar que algún día se lles dera por fusionar estilos e facer algo innovador coma por exemplo, Gipsy-Rock-A-Billy! Todo sería probar e deixarse levar… Martín Esturao (Los Pharaones, Pedramol, The Tombstones, Clan Moriarty, Jacobs Name, Los Feliz, Manitou, Doctor Gringo) sempre foi moi de tríos, así que, nun principio só, e cos anos, acompañado de Chuko e Gilbert, foi pouco a pouco levantando o estudio. O mesmo lle pasa coa música, funciona como trío de Rockabilly, nesta ocasión acompañado de Trilli á batería, Mikelini ó contrabaixo e el mesmo á guitarra e voz principal, actualmente como Mad Martin Trío desde o 2014. Despois de pasarse anos percorrendo gran parte da xeografía (Noruega, Suecia, Finlandia, Alemania, Portugal, Francia, España…) e con varios discos ao lombo, agora están a piques de presentar o seu novo traballo discográfico, aínda que este terá a particularidade de estar exclusivamente feito en galego. Como adianto, xa presentaron aí atrás o tema “Rock en Belvís”, ao que se lle sumarán outros títulos, que darán forma a un E.P. que estará dispoñible tanto físicamente, como nas habituais plataformas dixitais.

Bungalow Studio M ad M arti n

Bótalle un ollo ao sitio web do estudio (bungalowstudio.es) e non te perdas as súas próximas actuacións en directo, das que informan puntualmente nas redes sociais. Estate pendiente chacho! Que se van de gira en la fregoneta!! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Fotos: Mónica Pato Pincha | N 15

| 23 |


Por

Jéssica Pintor

de bares con jessi

@jpintorybarran

A oferta gastronómica do Argentinos Burguer ten moita influencia estranxeira. Foto: Iván Barreiro

Os bares, a rede social máis antiga, máis global e outra forma de culturizar! | 24 | Pincha | N 15


P

or se ninguén se dera conta, é xusto e necesario lembrar que os bares compren unha ou/e dúas ou máis funcións sociais importantísimas. Por exemplo, teñen un papel dinamizador fundamental, especialmente nos pobos, aldeas e nos concellos máis pequenos como afirma, a boca chea, Gonzalo “Big Moe” do Argentinos Burguer. Ata a Estrada hai que ir para que nos corroboren que os bares son “a rede social máis antiga do mundo! (manda carallo!) Ou polo menos para os que pensamos con visión moi de pobo. Nós aquí seguimos indo de bares, é un costume. Nunha cidade é máis difícil que establezas conversación con alguén, pero nunha aldea, vese máis. Se es asiduo a un bar, acabas falando con todos e coñecéndoos a todos ou case! Eu vou sempre ao bar da miña amiga Silvia e aínda que non estea ningún dos meus amigos, vou falar con alguén seguro! Coa dona, co patrón que está tomando os viños, cos que están xogando as cartas... En Galicia séguese mantendo ese costume. O de ir de bares é algo moi característico de aquí, eu creo. O último en pechar nun pobo, sempre é o bar! Temos sorte de que aínda que temos soldos baixos, todos sacamos algo para ir tomar unha caña, de cando en vez... Igual tamén inflúe que temos nove meses de inverno e que chove moito. (Nove ou catorce! Rimos a gargalladas, aínda que non sexa de rir). “Ir de bares é unha vía de escape. Cando chegaron aquí meus pais, os aniversarios dos nenos facíanse nos bares. Na Arxentina só ían os adultos aos bares... Co cal xa é cultural. Aquí da igual que sexa martes, que mércores...». Os bares forman parte da axenda local e persoal. «Vas vendo como está o mercado, se vai ser frouxa a fin de semana... E fas cousas! Nós xa temos actividades fixas ao longo do ano: ‘A noite do xersei feo’, distintas xornadas gastronómicas como as Italianas, Irlandesas, as dos Estados Unidos, Mexicanas, Alemañas... E

despois, dependendo da época, almorzos de San Valentín; noites de bingo; sesións vermú; ‘O enchenta’, que é unha festa gastronómica en exterior, en colaboración con outros locais da Estrada; ‘Xoves de viño en viño’, que é unha ruta para ir de viños pola Estrada, en colaboración coa Asociación da Hostalería; máis a Festa do Salmón, a Festa da Sidra... Todo isto serve para atraer xente de fóra, pero sobre todo para mover ao público local, iso é o primordial! A xente local, a xente de toda a vida. Que en xaneiro que chove, fai frío e gastaron todo en Nadal, pois que veñan!». Aos da Revista Pincha gústanos moito que o Argentinos Burguer e o seu equipo prioricen a súa xente máis de preto, porque é parte da identidade do local e cando non es de alí e vas ás festas, ves ese ambiente do que logo che gusta formar parte. Creo que parte do problema da masificación turística ou da desaparición dos establecementos míticos, dos comercios locais, sucede cando priorizamos formas de consumir que son rendibles só a curto prazo e que non pensan na xeración de riqueza a longo prazo e cara aos cidadáns, nin fan país tampouco, evidentemente! Porque ti se vas a Estrada, por exemplo, e aínda que pareza unha parvada, non será mellor que te guíe alguén da Estrada? Home, ademais de parar na de Gonzalo eu chamo a Lorena e a Esteban, que tamén saben de bares! Pero, sobre todo, e aquí incide moito Gonzalo en algo que eu non me decatara: «Os bares inflúen na maneira de culturizar a xente en canto a gastronomía. Teñen a función de descubrirnos denominacións de orixe de viños, estilos de cervexas fóra dos habituais, gastronomías doutros mundos. Aquí na Estrada moitas xeracións probaron a súa primeira hamburguesa e o seu primeiro ‘perrito’ no Argentinos. As primeiras pizzas devolvíanas dicindo que era unha empanada

Pincha | N 15

| 25 |


de bares con jessi

mal feita (falamos do ano 1987 e en 2019 choramos da risa pensándoo... Faltiña de mundo e faltiña de papeo!). Unha das nosas tarefas, porque nos gusta probar, é meter en carta pratos doutros lugares. O que aquí pasou coas hamburguesas, agora mesmo pasa co ceviche, co sushi... E iso é cultura, tamén!».

‘A noite do xersei feo’, ‘Xoves de viño en viño’ ou ‘O Enchenta’ son actividades que organizan no Argentinos Burguer para mover ao público local

Gonzalo convence a calquera, porque o sinte e lle apaixona o que fai! «A cociña é unha representación dunha sociedade. Que hai que máis represente a Galicia que o folk e a comida? O caldo, as orellas, as filloas... No mundo anglosaxón case comen por obrigación, pero aquí é unha festa! As familias xuntámonos ao redor dunha mesa. Co cal, no bar apréndense e ensínanse costumes diferentes, chegadas doutros sitios». O proceso de elaboración dun prato estranxeiro leva á busca de ingredientes propios do punto de orixe, das receitas máis tradicionais e das asociacións ás mesmas, como festas ou datas especiais. Tamén leva toda unha serie de accesorios e abelorios que van a xogo con este elemento de comer. As comidas son parte da cultura e da identidade e, se as serven nos bares, logo eses establecementos serán axentes culturizadores! Así que deixádevos de tanto ‘Tinder’ e ide de bares. Que comedes rico, coñecedes xente e con sorte atopádesnos a Gonzalo ou a min mesma e outra cousa ao mellor non, pero unhas risas has botare! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 26 | Pincha | N 15

Dúas imaxes de ‘A noite do xersei feo’.


axenda

‘FIGURANDO LEMBRANZAS’ FUNDACIÓN GRANELL

CONCERTO DE EELS

ATA FINAIS DE SETEMBRO

AUDITORIO DE GALICIA

Nesta exposición exhíbense 17 cadros de grandes figuras galegas que se viron na necesidade de marchar a Latinoamérica como Abreu Bastos, Ángel Botello, Arturo Souto, Castelao, Eugenio Granell, Isaac Díaz Pardo, Laxeiro, Maruja Mallo, Luís Seoane, Manuel Pailós e Mario Fernández Granell. Estas obras teñen como fío condutor a paisaxe. Cada unha das pezas reflicte as influencias que estes artistas recolleron nos países onde vivían, como lles marcou o seu contorno.

8 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

A banda californiana liderada polo excéntrico Mark Oliver Everett actúa por primeira vez en Galicia nun concerto para o que se venderon todas as entradas hai meses. O grupo presentará o material incluído en The Deconstruction, traballo editado en abril de 2018. Acompañarán estas cancións algúns dos grandes éxitos incluídos na súa rica discografía.

LUKE WINSLOW KING & ROBERTO LUTI RIQUELA CLUB 10 DE SETEMBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 10 €

O mestre do ritmo da cidade de Cadillac, ao norte de Michigan, Luke Winslow-King, ofrece un concerto acústico acompañado polo xenial guitarrista Roberto Luti.

WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA DO 11 AO 15 DE SETEMBRO

Santiago de Compostela será de novo, durante cinco días, o epicentro da exploración ao redor da música electrónica e de vangarda a través dun programa centrado no diálogo entre diferentes disciplinas da arte contemporánea e a creatividade dixital, así como de contidos paralelos de cinema, charlas e performance. O festival organizado pola produtora WORK ON SUNDAY ofrecerá preto de medio centenar de actividades distribuídas en diferentes espazos, todos eles a pouca distancia da Catedral. O programa -que podes consultar por completo en revistapincha.gal - inclúe nomes como Drew McDowall, Rafael Anton Irisarri, Plaid, Gazelle Twin ou Lafawndah, entre outros.

OBRADOIRO DE PEPE SOLLA CENTRO OBRA SOCIAL ABANCA

TARDES DE TANGO

DOS BALAZOS SONARON

PALCO DA MÚSICA NA ALAMEDA

RIQUELA CLUB

Últimas dúas xuntanzas de apaixonados polo tango no Palco da Música da Alameda, onde se o tempo a acompaña, poderás bailar desde ás 20:30 ata as 23:00 horas.

Grupo formado por Sabela King, Néstor Pardo e Paulo Silva. Un trío de luxo que se atreve con versións de boleros e temas propios.

6 E 13 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DE BALDE!

‘CHORAR’, DE REME REMEDIOS

8, 15, 22 E 29 DE SETEMBRO ÁS 21:30 HORAS| PREZO: GRATUÍTO

11 DE SETEMBRO ÁS 19:00 HORAS | PREZO: 10 €

Neste exclusivo encontro, o famoso chef con estrela Michelín cociñará e explicará procedementos da súa cociña. As persoas participantes degustarán os pratos preparados, e terán ocasión de conversar con el.

RAULIDAD VIRTUAL AUDITORIO ABANCA

13 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 13 €

Personaxes televisivos, xornalistas, políticos (entre os que non faltará o alcalde de Vigo, Abel Caballero), deportistas, influencers, cantantes, estrelas de cine... todos danse cita nun show de humor no que Raúl Pérez amosa todo o seu talento.

VÍA LÁCTEA, GUÍA DE PEREGRINOS A GALICIA

OS CATRO GATOS

PAZO DE FONSECA

TACÓN GITANO RIQUELA CLUB

O espazo para a arte Os Catro Gatos volve tralas vacacións de verán cunha exposicón da artista Reme Remedios. As acuarelas sobre papel desta serie nacen nun paseo nas escalinatas Do Bon Xesús de Braga, do son, da auga, do corpo que chora.

Exposición que recolle fotografías da aparición da Galaxia en diferentes lugares únicos de Galicia realizadas por Daniel Llamas e Daniel Lois. A mostra pretende reflexionar sobre a importancia que ao longo da historia tivo a Vía Láctea como guía dos peregrinos a Compostela.

MALDITOS PENDEJOS, EN DIRECTO

11 DE SETEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: GRATIS

SALA CAPITOL

DO 7 DE SETEMBRO AO 5 DE OUTUBRO | PREZO: GRATUÍTO

DO 9 AO 26 DE SETEMBRO | PREZO: ENTRADA LIBRE

O cuarteto Tacón Gitano, formado por Moisés Fernández (caixón flamenco), Isaías Salazar (bailaor), Rubén de Marchena (voz) e Iván Barreiro (guitarra), ofrece un espectáculo flamenco con entrada gratuíta na Sala Riquela.

13 DE SETEMBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 8 € ANTICIPADA

Malditos Pendejos, trio de rock & roll formado en Ferrol, presentan o seu primeiro traballo discográfico: ‘El Puto Rock&Roll’.

|2 Pincha | N 15

| 27 |


must

CURTOCIRCUÍTO 2019 DO 28 DE SETEMBRO AO 6 DE OUTUBRO

O

Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela celebra a súa 16ª edición entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. Curtocircuíto 2019 continuará afondando na ruptura do formato clásico dos eventos cinematográficos propoñendo contidos interdisciplinarios, mantendo como eixo principal o cine de calidade e a aposta polas linguaxes contemporáneas. Ademais das sesións de proxeccións, ofrecerá tamén espectáculos audiovisuais, propostas formativas e diversas performances en distintos espazos da cidade. Entre os nomes desta edición destacan a do cineasta e teórico austríaco Peter Tscherkassky, a quen se lle dedicará unha retrospectiva; do fotógrafo e ensaísta Joan Fontcuberta, convidado a presentar unha Carta Branca e a dar unha clase maxistral; e da artista e cineasta franco-colombiana Laura Huertas Millán, que protagonizará a sección Púlsar. Peter Tscherkassky (Viena, 1958) é un dos grandes do cinema de vangarda que, ademais de acumular unha ampla e potente filmografía, ten un extenso traballo ensaístico sobre a historia e teoría do cinema. A súa técnica de traballo artesanal co celuloide desafía toda convención, movéndose entre a ruptura da linguaxe e a creación dun universo visual cunha forte carga erótica e sexual. Todas as pezas desta retrospectiva serán proxectadas en celuloide.

Coming attractions (Peter Tscherkassky, 2010)

| 28 | Pincha | N 15

Nesa transgresión dos valores tradicionais da imaxe habita tamén o fotógrafo e ensaísta Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955). Sempre buscando a subversión e a visión crítica, Fontcuberta, que se move con soltura no campo do fake, é un dos teóricos detrás do concepto postfotografía.

Joan Fontcuberta


must Continuando con esta subversión da realidade, a sección Púlsar, coa que en cada edición poñen en valor a cineastas novos, estará dedicada este ano ao traballo de Laura Huertas Millán (1983), artista e cineasta franco-colombiana cuxa práctica cinematográfica parte da etnografía para desembocar nunha sorte de ciencia ficción mesturada con fantasía e falso documental. Por outra banda, o festival Aequador (Laura Huertas Millán, 2012) Curtocircuíto seguirá coa súa aposta firme a prol do audiovisual galego, con seccións xa habituais como Planeta GZ, sección competitiva que reflicte ano a ano riqueza e variedade do cinema galego actual. O fotógrafo vigués Nacho Alonso será o protagonista da sección Terra, o espazo do festival reservado para poñer o valor dunha figura galega de prestixio e finalmente, Supernova volverá a acoller as primeiras obras de cineastas de Galicia. Esta edición estará marcada tamén pola homenaxe a Euloxio R. Ruibal e ao Equipo Lupa, creadores de importancia vital na década dos setenta que contribuíron á configuración do que hoxe é o cinema galego. Nesta homenaxe, en colaboración co Cineclube de Compostela, Curtocircuíto contará coa proxección exclusiva dos filmes Holocausto, O Corpiño, Peliqueiros, Rapa das Bestas e O edificio Castromil, no que se amosarán as imaxes do derrubamento do emblemático edificio compostelán no ano 1975.

PREESTREA DE 'O QUE ARDE', DE OLIVER LAXE

Oliver Laxe por IvanBarreiro

Esta edición de Curtocircuíto destaca tamén pola preestrea de ‘O que arde’, o último filme de Oliver Laxe. Esta sesión especial terá lugar o martes 1 de outubro ás 22:30 horas no Teatro Principal e contará coa presenza do cineasta e de Amador Arias e Benedicta Sánchez, os protagonistas do filme.

O pasado mes de maio, Oliver Laxe fixo historia ao converterse no primeiro cineasta español xunto a Víctor Erice en ser seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións. No certame, ‘O que arde’ fíxose co Premio do Xurado da Sección Oficial – Un Certain Regardde Cannes e o Premio á Mellor Creación Sonora da sección.

O filme, que ven de convertirse nun dos catro españois seleccionados nos Premios do Cinema Europeo, terá a súa estrea estatal no festival de San Sebastián no mes de setembro. Ademais nos próximos meses competirá nalgúns dos festivais internacionais máis prestixiosos como Toronto ou Nova York antes de chegar ás salas comerciais o próximo 11 de outubro da man de NUMAX Distribución. MÁIS INFORMACIÓN EN REVISTAPINCHA.GAL

Pincha | N 15

| 29 |


axenda

XX CICLO DE LIED

PEDRO PASTOR Y LOS LOCOS DESCALZOS

TEATRO PRINCIPAL

18, 23 E 25 DE SETEMBRO (HORARIO POR CONFIRMAR)

Chega o Lied outra vez á nosa cidade da man da Asociación Amigos da Ópera de Santiago. O Teatro Principal acollerá o XX Ciclo de Lied coas actuacións do baixo-barítono Luca Pisaroni e o pianista Maciej Pikulski (18 de setembro); a soprano Juliane Banse, o bailarín Itsvan Simón e o pianista Alexander Krichel (23 de setembro); e a mezzosoprano María José Montiel e o pianista Iván Martín (25 de setembro).

#LODELARISA, CON SANTI MILLÁN, DAVID AMOR E JAVI SANCHO AUDITORIO ABANCA 21 DE SETEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 15 €

Espectáculo de humor que se representa por primeira vez en Galicia, interpretado polos coñecidos cómicos e actores Santi Millán, David Amor e Javi Sancho.

SANTI RODRÍGUEZ EN ‘INFARTO’ AUDITORIO ABANCA

27 DE SETEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 13 €

En ‘Infarto, ¡No vayas a la luz!’, Santi Rodríguez cóntanos a historia dun hombre maduro e cunha vida familiar e estable que sofre un infarto que o leva ao borde da morte. Esta situación lévalle a repasar a súa propia vida e recibir unha revelación divina, unha viaxe da que consigue voltar ante a sorpresa do público.

CONCERTO TRIBUTO A MOTÖRHEAD

SALA SÓNAR

12 DE OUTUBRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: DESDE 10 €

SALA MOON

3 DE OUTUBRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 12 € (8 € ANTICIPADA)

Unha escenografía imitando columnas de amplificadores, unha inmensa batería e a similitude do cantante da banda Motörhits tanto na indumentaria como na voz, farán revivir un concerto dos míticos Mortörhead. Tamén actuará a banda de heavy metal Malasömbra.

‘CURVA ESPAÑA’, DE CHÉVERE AUDITORIO DE GALICIA 11 E 12 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS| PREZO: 12 €

A compañía Chévere - en coprodución con Teatros del Canal, Concello de Teo e MIT Ribadavia - parte dunha historia moi local para abordar un debate que habitualmente se resolve a berros e con paus de bandeiras. Que é España? É máis ben unha curva ou unha liña recta? Un accidente ou un asasinato? Dirixe Xron e actúan Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia Blanco.

DO 12 AO 20 DE OUTUBRO | PREZO: 5 €

SALA SÓNAR

A Asociación Cultural Barriga Verde organiza a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques. Titiriteiros de varios países amosarán as súas singulares producións. Espectáculos infantís, representacións ao aire libre e pases en horario nocturno. E tamén mesas redondas, exposicións e obradoiros... todo un mundo arredor dos monicreques. Podes consultar a programación completa próximamente en revistapincha.gal

4 DE OUTUBRO (HORARIO POR CONFIRMAR)

O músico, enmarcado no indie folk asturiano, presentará o seu seguno álbum de estudio, ‘Willy Naves’, formado por cancións que describen paisaxes, natureza, estados de ánimo, cidades e sensacións, dándolle así un carácter cinematográfico.

‘O RITUAL DO SACRIFIO’, DE CAMILO SEIRA CONCERTO DE REVÓLVER

OS CATRO GATOS

AUDITORIO ABANCA

Exposición de escultura que trata o tema da matanza tradicional, un claro exemplo da relación entre o home, o sagrado e a natureza; nel, a morte por sacrificio aseguraba a renovación da vida, o fortalecemento e a purificación do grupo. Os que participaban nel somerxíanse nun estado atávico presocial e sentíanse máis cerca das súas orixes e do útero materno.

Revólver chega a Santiago seguindo a ruta da súa xira #Básico4, disco que gravou por sorpresa en Madrid nun Teatro Price cheo ata a bandeira e poñendo o broche de ouro á celebración das vodas de prata do seu exitoso disco Básico I.

GALICREQUES 2019 TEATRO PRINCIPAL, SALÓN TEATRO E FUNDACIÓN SGAE

WILLY NAVES, AO VIVO

6 DE OUTUBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: DESDE 26 €

Pedro Pastor volve a Santiago, acompañado da súa banda “Los Locos Descalzos”, a presentar o seu terceiro disco ‘Vulnerables’. Nel conviven a cumbia co funk, o rap coa champeta, a música africana co folclore latinoamericano, sen perder a esencia da canción de autor.

DO 12 DE OUTUBRO AO 9 DE NOVEMBRO | PREZO: GRATUÍTO

DONDE EL BOSQUE SE ESPESA AUDITORIO DE GALICIA

18 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 14 €

Representación teatral que nos conta a historia das irmás Antonia e Isabel. O día da morte das súa nai reciben unha caixa pechada que a defunta mantivo durante anos e de cuxa existencia non sabían. Esa caixa contén algunhas cartas, fotografías e obxectos que cuestionan todo o que creron sobre a súa familia.

3| | 30 | Pincha | N 15


Pincha | Revista 1

axenda

ACÚSTICO DE DAKIDARRÍA SALA MOON

18 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 7 €

LOS LIMONES, LA NIEVE Y TODO LO DEMÁS AUDITORIO DE GALICIA

19 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €

CONCERTO DE MARK LANEGAN

DESCUBRINDO A MICHAEL JACKSON

SALA CAPITOL

SALA CAPITOL

El cantante estadounidense presentará o seu novo disco ‘Somebody’s Knocking’. A música de Lanegan está case sempre influenciada polo blues, pero o tamén compositor está disposto a levar a súa sensibilidade escuramente poética a onde a súa musa o sinale.

Unha oportunidade única para gozar en directo das mellores cancións do Rei do Pop, Michael Jackson; en compañía dos pequerrechos da casa da man de SACMJJ, a súa mellor banda tributo.

Espectáculo de Matarile Teatro interpretado por Mónica García e Ana Vallés. Dentro do CLUB C! relacionado con este show celebrarase un #CONVERSANDO: ‘Falar con Matarile mirando a un xardín’. Será o venres 18 de outubro ás 17.30 horas na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia.

24 DE OUTUBRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 28 € (22 € ANTICIPADA)

FIN DE XIRA DE ESKORZO

ZOO POSSE, EN CONCERTO

LOS BENGALA PECHAN AS NOITINHAS’19

SALA MALATESTA

SALA CAPITOL

HOTEL NH COLLECTION

Tras casi dous anos e un centenar de concertos, a lexendaria banda granadina formada no 1995, Eskorzo, despide a súa xira ‘Alerta Caníbal’ cun tour por toda España que os traerá a Compostela o próximo 19 de outubro.

O grupo musical valenciano nado en 2014 en Gandía chega a Santiago para amosar a súa música que se centra no rap, o breakbeat, o reguetón, o rock e o ska, mezclados con ritmos electrónicos. As letras das cancións tratan cuestións políticas e sociais de actualidade.

Dakidarría é unha banda galega formada por sete músicos que fusionan ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos, que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, sen deixar indiferente a ninguén, unha descarga de festa e compromiso. Actualmente o grupo atópase inmerso na presentación do seu último traballo coa xira “Filosofía incendiaria Tour”.

18 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: GRATIS!

O ciclo de concertos na azotea do hotel NH Collection Santiago remata o 18 de outubro co concerto de Los Bengala. Previamente, desde as 19:30 horas, haberá unha sesión Dj. Tampouco faltarán deliciosos petiscos temáticos.

CONCERTO DE JOVEN DOLORES SALA SÓNAR

18 DE OUTUBRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 10 € (8 € ANTICIPADA)

Presentación en Santiago do primeiro disco de Joven Dolores, ‘Galopa los días’, un traballo cun estilo pop-rock. O grupo ibicenco está formado por David Serra, Joan Barbé, Frederic Torres e Joan Carles Marí.

19 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 11 €

25 DE OUTUBRO (HORARIO POR CONFIRMAR) | PREZO: DESDE 15 €

27 DE OUTUBRO ÁS 12:30 HORAS | PREZO: 12 € (PROMO 4 ENTRADAS X 3)

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

BALLET NACIONAL RUSO PRESENTA ‘EL LAGO DE LOS CISNES’ AUDITORIO ABANCA

24 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS| PREZO: DESDE 24 €

A obra transcorre entre o amor e a maxia, enlazando nos seus cadros a eterna loita do ben e do mal. Os protagonistas son o príncipe Sigfrido e a súa namorada Odette, convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e Odile, o cisne negro e filla do bruxo.

DANCING WITH FROGS AUDITORIO DE GALICIA 26 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €

A compañía Sol Picó reflicte, cuestiona e analiza o mundo da masculinidade, esa outra metade, o complemento biolóxico do feminino. Que é masculino sen o feminino? Hai límites entre eles? Como vive, sente, acciona, sofre, se relaciona co mundo, o home do século XXI?

|4

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal

Pincha | N 15

| 31 |


directorio Bares/Cafeterías

Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

Restaurantes Outros

Casas Reais 25 Santiago de Compostela L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela

vinotapeta@gmail.com

De L a D de 9:00 a 00:00

Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela Todos os días de 10:00 a 00:00

T. 981 566 980

T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com

De L a V de 9:30 a 17:00 e dende unha hora antes dos concertos Xantar bufete de 14:00 a 16:00

Rúa da Virxe da Cerca 20 Santiago de Compostela

T. 981 573 807 www.cafeterialasso.gal

T. 626 004 591 info@oxardindejulia.com

Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela

L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30

T. 981 571 204

Avda. da Liberdade 11 Santiago de Compostela De L a V de 9:00 a 00:30 S de 10:30 a 00:30 e D de 10:30 a 16:30 T. 981 813 520 - www.bodeguilladesanroque.com

@Cafe_Serendipia

| 32 | Pincha | N 15

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com


Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00

Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

T. 981 589 600 www.amaceta.com

Rúa de San Pedro 28 Santiago de Compostela

Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela

De L a D de 13:15 a 15:45 e de 20:15 a 23:30

De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía

T. 981 573 789 - www.oafiador.com

T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es

Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com

Grupo

J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela

Rúa de Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com www.restauranteferro.com

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

RESTAURANTE

CASTRO Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com

Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com Pincha | N 15

| 33 |


directorio tendas

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30

Camisetas gourmet, enfornadas en Melide!

T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es

+ info T. 682 410 689 - info@seispes.com - www.seispes.com

Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

desenvolver ideas compartir experiencias obradoiros - encontros - presentacións

Rúa Pesqueiras 6 - Local 10 Bertamiráns T. 660 619 071 contact@dospasos.org www.dospasos.org

| 34 | Pincha | N 15

Rúa Preguntoiro 9 Santiago de Compostela T. 680 223 457 info@helloonyva.es www.helloonyva.es


Le todas as críticas de @JuanEAT_o na nosa Guía de Ocio

A

demais de moitas novas, entrevistas e reportaxes sobre gastronomía e cultura, en revistapincha.gal podes atopar unha completa Guía de Ocio con lugares onde comprar, onde durmir, onde tomar algo e onde comer en Santiago e a súa comarca. Esta última sección conta agora con enlaces directos ás críticas do noso colaborador @JuanEAT_o, para que así poidas tomar unha decisión sabendo cal é o prato estrela do establecemento e que lle pareceu ao noso comechón.

E descobre as novas Pinchapas

Outra das novidades da nosa páxina web está na chamada ‘Tenda Pincha’. Alí podes ver todas as nosas Pinchapas, ás que se acaban de sumar dous novos modelos, os correspondentes ás sección 666RPM e De libros con Ruth.

Seguimos facendo amig@s

E

n Pincha gústanos apoiar á xente emprendedora, como Inés Banet, propietaria da libraría Re-Read (Santiago de Chile, 2), un espazo onde mercan libros a un prezo simbólico (20 céntimos) e os venden todos polos mesmos cartos (un a 3 euros, dous a 5 e cinco a 10). A súa filosofía é a de dar vida aos libros e facer accesible a cultura a todos os petos. Bravo por esa idea! E ademais, agora podedes atopar alí tamén, e de xeito gratuíto coma sempre, a nosa revistiña. Por outra banda, este verán recibimos un bonito agasallo por parte de Mónica Seoane Castromil, outra muller emprendedora. Ela é a responsable da guía turística gratuíta 20xvinte, na que vinte composteláns recomendan vinte visitas imprescindibles na nosa cidade. Con máis de 10.000 exemplares, esta guía xa está dispoñible en 30 establecementos hostaleiros con textos en galego, castelán e inglés.

O LIBRO DE LILA DE LILITH Parentesco de Octavia E. Butler Adaptación a novela gráfica por Damian Duff e, Jonh Jennings publicada por Oberon neste mesmo ano.

N

ovela gráfica baseada na homónima publicada no 1979 dunha autora de referencia na ciencia ficción feminista e

antirracista. É unha historia moi envolvente que fala das viaxes no tempo dunha muller negra dos anos 70 en EEUU. Moi recomendable!

Á venda na

Libraría Lila de Lilith,

na Rúa Travesa, 7.

Pincha | N 15

| 35 |



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.