de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 16 | novembro-decembro 2019
NA BUSCA
DO TESOURO
Rincóns Rincóns composteláns composteláns que que agochan agochan ARTE ARTE
Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com
Rebeca Munín
ando estamos a preparar os contidos para a revista atopámonos moitas veces con que é difícil ter voces femininas. Hai máis homes que mulleres como xefes nas cociñas, máis músicos que músicas, máis varóns liderando ou dirixindo proxectos gastronómicos e culturais… Pero neste número – e sen buscalo – elas son as grandes protagonistas, coa excepción dos irmáns Fran e Andrés Villasenín (donos do bar Flamingo ao que foi #apapar o noso @JuanEAT_o), o escultor Jose Perozo (que coñecemos na sección A Gorida do Artista) e o promotor Manu Pombo (do que nos fala César Varela en 666RPM). Arrancamos Pincha con Ana Paula Castro, unha compostelá que sabe moitísimo de arte e que se atreveu a facer o seu particular percorrido artístico polos nosos bares e cafeterías. Seguimos coa mellor chef que temos na cidade, a gañadora dunha Estrela Michelín Lucía Freitas, que nos fala do seu amor polo produto galego de calidade. Despois veñen Mercedes Rosón, a nova concelleira de Acción Cultural, que nos desvela os seus plans para o departamento; e A Banda da Loba, un grupo formado por cinco músicas que están a piques de estrear o seu segundo disco. Por último, rematamos coa escritora Arantza Portabales, que triunfa coa súa novela ‘Beleza Vermella’. Non está nada mal para o número que publicamos en novembro, mes no que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O mellor, como vos dicía antes, é que isto non foi buscado. O equipo de Pincha non se sentou un día pensando a que mulleres podiamos chamar para encher as nosas páxinas en feminino. Xurdiron os temas e aí estaban elas. Dáme a sensación de que algo está a cambiar. Aínda que sexa amodo. Aínda que atopemos pedras no camiño. Aínda que haxa xente que trate de facernos retroceder. A cultura e gastronomía en Compostela cada vez son máis territorio da muller.
ÍNDICE
Por
C
Mulleres
@rebecamunin
04 08 10 14 17 18 22 24 27 28 32 35
de bares con jessi | Que arte que teñen os bares! reportaxe | Lucía Freitas e Galicia Calidade entrevista | Mercedes Rosón #apapar | Flamingo 666rpm | Manu Sintonizando
entre músicas | A Banda da Loba crusat & costas | Saíñas de libros con Ruth | Arantza Portabales a gorida do artista | Jose Perozo axenda compostelá directorios ultramarinos
Para lamber os fociños!
Desta vez non imos falar dun prato, senón de todo un bufete! O da Lasso, a cafetería do Auditorio de Galicia. Alí podes comer ata fartar de luns a venres un menú que sempre inclúe opcións frías e opcións quentes por 10 euros con auga e pan (a sobremesa e o café custan un euro máis respectivamente). E non só o recomendamos pola cantidade, senón tamén polo san que adoita ser e o ben rico que está! A da foto é a dourada ao forno que puidemos papar hai unhas semanas. Un peixe co que lambemos os fociños! E vós, a que outros lugares de Compostela acudides cando queredes xantar de xeito saudable? Podedes contárnolo a través das nosas redes sociais coa etiqueta #pratopincha
Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: José Crusat, Lorena Costas, @JuanEAT_o, César Varela, Inés Silvalde e Delio Sánchez.
Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017
www.re vista p in ch a .g a l Revista Pincha
BAVF
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante. Pincha | N 16
|3|
No bar Muralla pode observarse unha parte da antiga muralla compostelá. Foto: Iván Barreiro
| 4 | Pincha | N 15
Jéssica Pintor Por
de bares con jessi
@jpintorybarran
Que arte que teñen os bares! Como namoradas que somos dos bares, as persoas que conformamos o equipo Pincha non podemos deixar de falar de todo aquelo que forma parte da cultura de bar deste o noso país, o máis riquiño! Porque ti dirías que un bar é un espazo cultural? Pois claro! En Santiago, por exemplo, para esta pescuda tomamos un cafeliño ben rico no Muralla, na rúa da Senra, xunto co seu propietario, Ángel Carneiro.
Baixo os nosos pés hai un cristal... Permanecemos practicamente suspendidos enriba da antiga muralla compostelá... Sorber a escuma do leite quentiño, flotando sobre miles e miles de anos de historia non che é unha broma! Se retrocedemos ao século X, mentres a cidade comezaba a florecer, rapidamente, grazas á expansión do señorío eclesiástico, da cada vez maior afluencia de peregrinos... Santiago converteríase nun apetitoso obxectivo para os normandos, co cal houbo que protexer o sepulcro do Apóstolo... De aí a construción dun sistema defensivo. A muralla picheleira estaba composta por dous circuítos diferentes: O primeiro estaba conformado por un muro e torres reforzadas con fondos fosos enchidos de auga e discorría por Acibechería, Preguntoiro, Xelmírez e pecharía polo lateral oeste da Catedral. O segundo estaba composto por un foso e unha estacada e o trazado seguiría polas rúas de Rodas, Hospitaliño, Costa Vella, Costa de San Francisco, Carretas, Trinidade, Raxoi, Rodrigo de Padrón, avenida de Figueroa, Senra, Fonte de Santo Antonio, Ensinanza, Virxe da Cerca e Aller Ulloa.
Ana Paula Castro, taxadora de arte: “Os bares achegan a arte a un público que doutro xeito non a consome”
Cantos segredos pode atesourar un local? Cantos tesouros pode gardar? Canta arte hai nun bar? Preguntádelle a Ángel que el sabe ben do que falamos. Os bares de Santiago, como os de tantos pobos, vilas e concellos galegos, son gardiáns de pezas antigas, visten as súas paredes con cadros de grandes e noveis artistas, albergan máquinas de escribir, tocadiscos, mobiliario e todo tipo de obxectos de séculos atrás, de antano... Arquitecturas de cando o Camiño de Santiago non tiña frechas amarelas, nin redes sociais e paredes de cando non existía o Autocad... Coñecín a Ana Paula Castro dentro da fábrica de chocolate do Preguntoiro, cando era un espazo de arte… E mira ti por onde, a vida devolveuna ao meu camiño anos despois e de bares! Pero con moita arte tamén! Ela é licenciada en Historia da Arte e ten un máster de Taxación de arte e antigüidades e estudos en Xemoloxía (Ooooh!) En 2012, creou unha empresa chamada Galantiqua, na que se dedica a taxar arte, coleccións, herdanzas... “Cando unha persoa falece e
Pincha | N 16
|5|
de bares con jessi os herdeiros queren facer unha repartición equitativa, chámanme! Ou cando alguén ten unha peza e quere sacarlle un rendemento económico. Eu doulles un valor obxectivo das pezas, porque non teño interese comercial nelas. Fago un estudo catalográfico e económico das pezas, é dicir catalógoo, dátoo, investigo de que estilo é”... E logo dun minucioso e longo traballiño, indo a visitar bibliotecas, revisando e escudriñando libros, catálogos e a historia en si mesma, consultando fundacións, poderache dicir: canto vale! Ana tamén dá clases na Universidade de Santiago no máster de Patrimonio e é experta en identificación de marfil, e ensina aos do Seprona a facelo! (Ooooooh! A que mola esta amiguiña da nosa revistiña? Ten unha profesión do máis interesante!) Quedamos con ela para que nos “certifique” dalgún xeito, cos seus coñecementos experimentais, esta teoría que temos de que os bares serven de centros culturais, de promotores e de cofres da nosa cultura, para que nos dea a razón cando dicimos que: que arte que teñen os bares! (Chisco e risa!) En Santiago, precisamente podemos ver unha morea de locais de hostalaría e restauración que posúen pezas de arte. “Ademais do Muralla, hai exposicións temporais en moitos bares: no Moha, no Besbello, no que ademais teñen un parque para nenos e fan teatro... No Blu, no Pepa A Loba... No
Ana Paula é taxadora de arte e dá clases na USC. Foto: Iván Barreiro
| 6 | Pincha | N 15
Modus Vivendi e no Paraíso Perdido encontrámonos con moitas pequenas pezas antigas, como no Metate, tamén! Na Flor, Sandra ten unha colección de pezas vintage moi interesante... No Embora teñen unha parede pintada cun mural de Cestola na Cachola!!” Que marabilla non? Cantos receptáculos de arte? “Si. De feito, están en certa maneira obrigando á xente a ver arte e iso está moi guai! Porque o público destes establecementos non son probablemente clientes potenciais dunha galería ou dun museo, porque ao mellor tamén se creou unha barreira ao redor deles, unha barreira que racha nos
bares! E deste xeito, por que non, logo de gozar desta arte nun espazo menos habitual ou non específico para estes obxectos, estes usuarios poden chegar a ser mercadores de arte, poden adquirir gusto por el, poden converterse en consumidores de arte!”. Ademais de almorzar con Ana, demos un paseo con ela ata a rúa das Hortas ata a Lavandería H10. Unha que atopou chea de maquinaria antiga, e de entre as máquinas unha de lavado moi vella, precisamente! É un espazo que funciona de museo con pezas que sorprenden. Curioso e admirable nun momento no que o moderno despraza e substitúe o antigo e no que se están perdendo historias e reliquias... “Eu que vou
a casas vexo baldosas marabillosas que sabes que romperán e quitarán e que en moitas ocasións, como pasa en numerosos locais, serán substituídas por outras de imitacións das orixinais... Ben por custe, ben por comodidade... O consumismo, o minimalismo, ademais do prezo están provocando que se perdan un sen fin de elementos de moito valor cultural e histórico e é unha pena! E iso que en Santiago moitos bares conservan a pedra e mesmo a descubriron do recebado! Pero é evidente que o tratamento dunhas vigas de castaño antigo é máis caro, que poñer unha imitación... E ao final quedaremos sen pezas”. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Pero sempre nos quedarán os bares! Revista de Gastronomía & Cultura
2019
SÁBADO 19 OUTUBRO
Kim Lenz
DOMINGO 1 DECEMBRO
15 OUTUBRO A 11 DECEMBRO (EU)
(EU)
DOBRES CONCERTOS SESIÓNS OUT SESIÓNS ALLNIGHTER MINICICLO CHARLAS-COLOQUIO EXPO SANMASVILLE DJ SANMA outonocodaxfestival.com
MARTES 15 OUTUBRO
VENRES 29 NOVEMBRO
Helen&Shanna
Andrew Combs
(GZ)
(EU)
SÁBADO 9 NOVEMBRO
Los Torontos (BCN-GB)
DOMINGO 1 DECEMBRO SÁBADO 9 NOVEMBRO
Abono festival (4 datas Sala Capitol) : 48€ (+gastos) Entradas soltas: 20 (+gastos anticipada) | 24 (taquilla)
Espiño (GZ)
The fabulous Resaca Brothers (GZ)
A Reixa Tenda | RockBox (A Coruña) Honky Tonk/Elepe (Vigo) | Peggy Records (Ourense) SÁBADO 9 NOVEMBRO
The Reverend Shawn Amos & The Brotherhood (EU)
salacapitol.com | ataquilla.com (FR)
(FR)
AUTOMATIC CITY
The Rhum Runners
MIÉRCOLES 11 DECEMBRO
SÁBADO 19 OUTUBRO
Pincha | N 16
|7|
Rebeca Munín Por
reportaxe
@rebecamunin
Lucía Freitas conta co selo de Galicia Calidade no seu restaurante A Tafona e está tramitando o de Lume. Foto: Mero Afonso
| 8 | Pincha | N 15
Lucía Freitas
Galicia Calidade e o amor pola terra
T
Galicia como bandeira en unha Estrela Michelín, numerosos premios, dous restaurantes en Compostela, un
Polo seu traballo, a chef viaxa moito ao longo do ano e
que xestiona en New York e o soño de abrir
non hai nada que a faga máis feliz que percorrer o mundo
un local en Xapón. Lucía Freitas é a nosa chef
levando Galicia como bandeira. “Por España os galegos
máis internacional. E pode que tamén a que máis orgullo
temos a fama de, aparte de ser moi bos currantes, de
trasmita pola súa terra. Por eso para ela é tan importante
ter moi bo produto: na horta, nas carnes, nos peixes…
que A Tafona sexa unha das 62 empresas en toda a co-
Eu penso que o que tivo a primeira idea de impulsar esta
munidade que conta co selo de Galicia Calidade. “É unha
marca fíxoo moi ben. Porque fas que dentro das cabezas
marca coa que me identifico moitísimo. Supón apostar
das persoas se asocie a calidade á nosa terra”, afirma. E
polo produto de proximidade. Implica amor pola terra e
fóra do país? “Cando vou a New York, os produtos que
amor polos galegos”, opina.
chegan teñen o selo Galicia Calidade. Iso di algo”.
As Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, Galipizza, así
O seu novo reto está no país nipón. “Gustaríame que de
como O Curro da Parra e o Hotel Pazo de Altamira, son
aquí a dez anos en Xapón se falase da cociña galega igual
outros dos locais composteláns tamén certificados pola
que se fala da vasca. Soño con abrir o meu propio restau-
calidade dos seus servizos e das súas propostas gastro-
rante alí. E cando soño algo normalmente non paro ata
nómicas. Pronto se lles sumará Lume, o proxecto que Lu-
que o consigo”, advirte. De feito, xa leva tempo visitando o
cía abriu fronte á Praza de Abastos fai un ano. “Que o selo
lugar para amosar as virtudes da nosa gastronomía, que
estea enfocado tamén ao sector hostaleiro está moi ben
ten, curiosamente, moitas similitudes á xaponesa. “Ago-
porque nos fai crecer”, sostén. Para Freitas é o mesmo
ra vou ter unha visita duns xaponeses para ensinarlles
que teñas un pequeno bar ou un premiado restaurante.
o que fan Galicia Calidade, Artesanía de Galicia, Turismo
Ela quixo dotar á Tafona co selo Galicia Calidade porque
de Galicia… Porque hai moitos países que teñen cousas
representa os valores cos que traballa. “Non é só a Estrela
moi boas pero que non as saben aproveitar, non teñen
Michelín importante. O selo é máis galego, máis de iden-
organismos que dean forza e impulso aos produtos de
tidade. A Estrela pode estar aí aínda que non representes
orixe”, conta Lucía.
á cociña da túa terra”, explica. Despois de moitos anos de esforzo – e aínda que poida Todos estes locais santiagueses pertencen á plataforma
parecer imposible con tanto traballo - a cociñeira di estar
Galicia Calidade Lecer, que agrupa establecementos de
nun momento de moita tranquilidade: “Agora mesmo o
ocio, restauración e hostalaría galegos con calidade cer-
máis bonito que teño, aparte do meu fillo, é que a xente
tificada. Para poder amosar este selo de garantía, de-
me escoita. Podo falar e podo axudar aos que non teñen
ben contar tamén co selo Q de Calidade turística e ter,
voz. Moitas mulleres dinme que me ven como un referen-
no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con
te. E para min é un orgullo. Xa non é por min. É por tantas
produtos avalados polos selos certificación de orixe de
e tantas mulleres que só teñen que crer que valen. Eu fai
Galicia. “Penso que como galegos debemos sumar, debe-
cinco anos collía reservas para meses despois e non sabía
mos profesionalizarnos cada vez máis. E unha ferramenta
se ía estar aberta. Iso é duro. E ao final conseguino! O que
como o selo Galicia Calidade axuda a todo isto”, di Lucía.
fai falta na vida é ilusión”.
Pincha | N 16
|9|
Rebeca Munín Por
entrevista
@rebecamunin
Mercedes Rosón é concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural. Foto: Iván Barreiro
| 10 | Pincha | N 15
Máis cartos e máis industria para a nosa Cultura A nova concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, quere recuperar o liderado que perdeu Compostela
L
evar as rendas da cultura en Compostela non debe de ser doado. Son moitos os colectivos, empresas, asociacións, artistas, proxectos… que dependen en boa medida das decisións que has de tomar. Falamos dun sector do que viven moitos composteláns. E que ten tamén moito que ver co noso turismo. Unha área que leva moitos anos soportando recortes. E vaivéns lexislativos. Desde as pasadas eleccións municipais do mes de maio, esas rendas están en mans da socialista Mercedes Rosón. O posto non é novo para ela. Ocupouno xa en 2003 durante a primeira etapa de Bugallo como alcalde. Pero aquel cargo apenas durou uns meses, pasando a mans do BNG cando se materializou o bipartito. “Agora é un momento diferente da cidade. E da miña vida. Asumino con moitas ganas e enerxía, pero sendo moi consciente tamén das dificultades de levar dúas áreas tan importantes”, sinala. E é que ade-
mais de concelleira de Acción Cultural, Rosón xestiona as áreas de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica. “Son distintas pero penso que absolutamente complementarias. Por esa visión máis rica e máis real do que significa todo o noso proxecto de cidade. Unha urbe que é moi poliédrica e que necesita dunha visión máis ampla de todo”, sostén.
Industria cultural Dentro desa visión ampla, a concelleira fai especial fincapé en apostar pola nosa industria cultural. En plena campaña electoral, o seu partido prometeu a creación dun foro de coordinación dos operadores culturais para potenciar o uso dos recursos e infraestruturas, así como o apoio á creación, xunto coa USC e a Xunta, dun centro de formación en artes escénicas e musicais especializado na creación, produción e xestión. “Santiago é unha cidade que ten un tecido
A FEIRA DO GOURMET GALEGO
9, 10 e 11 de NOVEMBRO | PONTEVEDRA | Recinto Feiral www.etiquetanegragourmet.com | Facebook: @etiquetanegrafeiragourmet Promove:
Patrocinador principal:
Patrocinadores:
Colaboradores:
Tawi | Gadis | CIFP Carlos Oroza Gráficas Anduriña | Froiz Kitchen in Concellaría de Promoción Económica
Pincha | N 16
| 11 |
entrevista
cultural importantísimo, que precisa apoio. Non só a nivel de programar eventos ou de contratar artistas, senón que ten que ver coa súa formación, co apoio desde o punto de vista empresarial”, explica Mercedes. “Estamos buscando fórmulas diferentes, analizando experiencias doutras cidades de dentro e de fóra do noso país, para ver como construír espazos que permitan consolidar, por exemplo, as residencias de artes escénicas e musicais”, engade. Unha desas residencias gustaríalle que fora a de Chévere, a compañía teatral que despois de varios anos en Teo, acaba de ter que deixar a localidade por decisión do Goberno municipal. “Eu espero e desexo que Chévere non volva saír de Santiago. Por moitas razóns: porque ten un valor enorme na historia do teatro de Galiza en xeral e de Santiago, en particular. Porque é unha compañía que vin como naceu, como creceu e a onde chegou, logrando o Premio Nacional de Teatro. Porque foron expulsados da cidade por Conde Roa (alcalde do PP) de forma inxusta. Eu non me perdoaría que acabara noutro territorio que non fora o de Santiago. Para iso temos que traballar. E para darlle tamén saída non só a eles, senón a outras compañías importantes que temos aquí”, afirma. Así mesmo, asegura estar buscando fórmulas que permitan recuperar o edificio da Sala Yago para o uso que contempla o Plan Especial, que é, en parte, sociocultural. Tamén apoia o traballo que desde hai algo máis dun ano desenvolven no Multiusos Fontes do Sar, intentando que o edificio albergue cada vez un maior número de concertos e espectáculos de gran formato. “Queremos ofrecer actividades que cubran o maior número de públicos. Estes eventos multitudinarios axudan a fixar políticas turísticas e culturais que nos interesan. Sobre todo en épocas do ano con menor número de visitantes. Son importantes para a desestacionalización”, apunta.
Proxectos locais Outro equipamento que conta co apoio de Mercedes Rosón - aínda que está xestionado pola área de Xuventude que dirixe a concelleira Noa Díaz – é o Matadoiro Compostela. O edificio situado na Praza do Matadoiro leva anos sendo obxecto de críticas, con incluso diferentes voces pedindo o seu derrubamento. “Alí conviven moitos colectivos diferentes, con intereses distintos pero cunha harmonía total. É un proxecto interxeracional e – con matices – creo que vai seguir unha dinámica parecida a que ten hoxe en día”, indica. Tamén ten clara a continuidade de dous proxectos postos en marcha polo anterior Goberno local, de Compostela Aberta: a Festa do Banquete de Conxo e a Semana do Libro de Compostela (SELIC). “A recuperación do Banquete e de todo o espazo natural de Conxo, que ten tantas connotacións na historia da nosa cidade, é realmente boa. Incuestionablemente imos seguir con el. E a SELIC parécenos un proxecto importante que articulou dunha forma diferente todo o que ten que ver co libro e a edición, un sector tamén moi importante en Santiago”, afirma. Por outra banda, Rosón asegura querer resolver canto antes a problemática das actuacións en directo nos locais de hostalaría. Aínda que, de momento, están á espera de que a Xunta resolva o recurso que interpuxo á ordenanza aprobada polo Concello. “Desde logo nós apostamos pola música en directo, de forma ordenada e consensuada cos habitantes da Cidade Histórica. Hai ademais moitísimos hostaleiros que fixeron unhas inversións importantes para que os seus locais se puideran acondicionar e proporcionar unhas actividades que enriquecen a nosa oferta cultural. Unha oferta, por suposto para a veciñanza, pero tamén para os nosos visitantes. Calquera cidade cultural europea e universal, aparte dos programas en teatros, auditorios…, ten unha oferta cultural en pubs, en
“Non me perdoaría que Chévere acabara noutro territorio que non fora Compostela”
| 12 | Pincha | N 15
barrios, en café-concertos… Nós, como cidade, non podemos renunciar a iso”, sostén a concelleira.
Costa Vella
Ser líderes
Rosón, no interior do Pazo de Raxoi. Foto: Iván Barreiro
Cando remate o seu mandato, a Rosón gustaríalle que a cidade volvese a ter un proxecto cultural propio. “Creo que hai que apostar pola cultura en serio. E para iso, precisas cartos. A crise levou por diante case todo, nas cidades e en todas as administracións públicas, e os orzamentos fóronse reducindo. Agora toca reforzar orzamentariamente a área de cultura”, destaca. Uns recursos que tamén se precisan de cara ao Ano Santo do 2021. “Atopámonos nunha situación moi paradóxica, que ten que ver con todos os eventos vinculados ao Xacobeo, no que a cidade xoga un papel moi cativo. Perdeu o estatus que tivo durante varias décadas, desde o 1993 ata o 2010, onde era a cidade a que impulsaba –en colaboración con outras administracións –o proxecto dos Xacobeos”, lamenta. “Eu aspiro a que a Xunta dalgunha maneira favoreza a Santiago, posto que é a meta do Camiño. Entendo que o tratamento que se nos ten que dar non é o mesmo que o que se lle ten que dar a outras localidades”, opina. En definitiva, Rosón cre que a nosa cidade debe recuperar o liderado cultural que perdeu e que tiña “dentro da nosa contorna, dentro de Galiza e dentro de nós mesmos. Desdebuxámonos moitísimo a todos os niveis. E culturalmente tamén. Compostela debe volver ao sitio que lle corresponde”. Pincha
1999-2019 20 ANOS DE HOTELERÍA CON ENCANTO EN COMPOSTELA
Hotel Terraza
costavella.com 981 569 530 Porta da Pena, 17
Santiago
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 16
| 13 |
#apapar
WOK DE TALLARÍNS CON VERDURAS E LANGOSTINOS NO FLAMINGO
Foto: Iván Barreiro
Só ten un ano de vida pero o Flamingo xa se fixo un oco no corazón – e sobre todo nas panzas – dos composteláns. O local, rexentado polos irmáns Fran e Andrés Villasenín, vén a dar resposta a un barrio novo, con moitas vivendas pero poucos servizos. Pero non son só os veciños e veciñas da zona os que o visitan. Aínda que non é un restaurante céntrico, son moitos os que o elixen pola súa cociña honesta, con bo produto e elaboración sinxela. E tamén por un ambiente no que a música dos anos 50 e 60 – moitas veces en directo – é a grande protagonista. Ata incluso nos viños! Entre a súa oferta, ato-
| 14 | Pincha | N 15
pamos botellas únicas feitas como homenaxe a grupos e artistas tan dispares como Ruxe Ruxe ou Enrique Morente. Na súa carta temos desde polbo á grella ata raxo con patacas, picaña de tenreira ou croquetas. Tamén sobremesas caseiras e pratos menos tradicionais como hummus de garavanzos ou os tallaríns con verduras e langostinos que probou o noso @JuanEAT_o. Teñen opcións para celíacos, vexetarianos e veganos. Ofrecen un menú do día por 12 euros con bebida e sobremesa ou café. Abren todos os días, menos os domingos, desde as 12:00 horas.
@JuanEAT_o, comeu xunto ao piano do Flamingo. Foto: Iván Barreiro
No meu percorrido pola oferta gastronómica santiaguesa, tocoume esta vez visitar un bar de barrio, o Flamingo, un local no que ademais de comer ben, podes gozar con moi boa música. É un desde sitios onde fan que te sintas coma na casa. Non esperaba menos de Fran e de Andrés, aos que coñezo desde fai bastante tempo cando ningún dos tres peiteábamos canas! hahaha Observando a carta podemos ver pratos para tódolos gustos e si, tamén para celíacos, vexetarianos e veganos. Pensan en todo estes rapaces! ;) A opción que probei eu foi o wok de tallaríns con verduras e langostinos. Si, amigos, todo isto nun mesmo prato! Que gusto! Primeiro teño que comentar que me sorprendeu moitísimo a cantidade, xa que é unha proposta que facilmente poderiamos compartir entre dúas persoas. Acompañado duns entrantes e algo de sobremesa, sería un menú máis que recomendable.
De sabor estaba moi rico. Iso si, eu elexín a opción con picante. E está forte. Se non acostumades a comer este tipo de comidas, mellor optade pola versión sen el. De feito, eu penso volver para probalo, porque aínda que son un amante das cousas fortes, ás veces neutralizan outros sabores e teño ganas de saber con cal me quedaría. De entre todos os ingredientes que leva (cebola, pemento verde e pemento roxo, setas shiitake, setas portobello…), a min caéuseme a baba coa cabaza. Boísima! Respecto aos tallaríns, e aínda que eu non son ningún experto en pasta, penso que estaban no seu punto perfecto de cocción. E que dicir dos langostinos! Eran grandes e moi saborosos. Como debe ser. Teño que dicirvos, ademais, que tamén podedes pedilo sen eles, por un prezo algo máis baixo (12 euros). En resumo, para min este foi un xantar fantástico, cun prato que non deixa indiferente a ninguén. E que teño ganas de Pincha volver a tomar. Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Datos
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Lugar:
Alejandro Pérez Lugín, 11 (Santiago)
Prato:
Wok de tallaríns con verduras e langostinos
Prezo:
13,50 €
Valoración:
Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 16
| 15 |
“Non tería sentido para nós montar algo que non tivera que ver coa música” Despois de moitos anos na hostalaría nocturna, os irmáns Andrés e Fran Villasenín tiñan ganas dun cambio. Así que idearon un local onde se tiñan algo claro, era que a música ía ser unha das protagonistas. Así foi como en setembro do 2018 abría a súas portas o Flamingo, un restaurante e cafetería que homenaxea co seu nome ao mítico pub londinense polo que pasaban todos os artistas estadounidenses cando chegaban á vella Inglaterra por primeira vez. Que balance facedes deste primer ano no Flamingo? Andrés: Ao principio non tiñamos moi claro como ía ser a nosa cociña porque non tiñamos experiencia. Agora estamos aprendendo cada día cousas novas. E xa só polo que aprendemos, o balance é moi positivo. Fran: O que aportamos é estar nun ambiente agradable, con prezos o máis razoables posibles e cun produto moi bo. A hostalaría é un traballo moi complicado e o nivel que hai en Santiago é altísimo. A nós encantaríanos parecernos aos locais que nos gustan da cidade, pero é difícil, así que facemos o que cremos que podemos facer da forma máis honesta, cunha boa materia prima. Pasastes da hostalaría nocturna á diurna. O cambio é importante… Fran: Si, a nós sempre nos gustou a hostalaría e digamos que foi como un proceso vital. Empezamos na nocturna e chega un momento no que xa
| 16 | Pincha | N 15
Rebeca Munín
Andrés e Fran Villasenín
Por
#apapar
@rebecamunin
non aguantas. É un ritmo moi duro, uns horarios moi duros... O Flamingo é unha forma de seguir vinculados ao sector pero polo día. Escollimos un barrio porque creiamos que o centro xa está bastante saturado. Aquí non había oferta gastronómica e a xente estaba desexando que a houbera. Andrés: É diferente polo horario, pero ao fin e ao cabo non deixamos de vender ocio. E tempo libre. Si é verdade que a noite foi esmorecendo nos últimos anos. Moitísimo. Por varios motivos: un xeracional, outro a descentralización da universidade na nosa cidade… Tamén pasa noutros lugares. É un cambio de hábitos.
A música, como non podía ser doutro xeito para vós, é un piar moi importante aquí. De que xeito? Fran: Os xoves, por exemplo, hai un pianista amenizando as ceas. Outro día da semana podes atopar a un dúo de blues tocando. Nós sempre estivemos moi involucrados coa música e non tería sentido montar algo sen ela. Faltaríanos algo. Estariamos medio coxos. Tamén na decoración baseámonos na música e no cine porque é o que nos gusta. Por exemplo, temos un póster da Familia Monster porque nos trae recordos a Andrés e máis a min de cando eramos pequenos. Tamén de grupos que nos gustan… e despois o bar irá pouco a pouco collendo a Andrés e Fran Villasenín no interior do Flamingo. súa personalidade, que Foto: Iván Barreiro é o que mola.
Por
César Varela
666 rpm
SINTONIZANDO
@ImitoAQ uenSon
Xa está de volta SINTONIZANDO
S
e de algo podemos presumir nesta cidade, á parte de moitas outras cousas, é de poder ofrecer unha ampla e variada oferta de música en directo. Podería ser mellor ou peor, pero o caso é que hai días nos que por moito que te empeñes en asistir a máis dun evento, resulta prácticamente imposible, xa que hai varios programados en diferentes locais na mesma franxa horaria. Os culpables de que todo isto ocorra, son os coñecidos como promotores de concertos, que semana tras semana preparan a súa axenda, para poder regalar ao público unha programación estable os 365 días do ano.
quedes sen a túa. E ata aquí podemos ler! SINTONIZANDO xa está traballando no que serán os próximos concertos que nos ofrecerán o vindeiro ano na nosa cidade, pero de momento non queren desvelarnos máis información. Todo ao seu tempo! O que si sabemos fixo, é que o que nos teñen preparado para xaneiro será fino e seguro. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Manu Sintonizando, no Pedroso. Revista de Gastronomía & Cultura
Foto: César Varela
Centrándonos en materia subterránea, unha das promotoras que sempre tratou de encher ese espazo baleiro que existe entre os grandes e os pequenos concertos, sempre buscando propostas de calidade para un sector minoritario, é SINTONIZANDO, que despois de varios anos de letarxia, xa está de volta, e como non podería ser doutro xeito, coas pilas ben cargadas. SINTONIZANDO arrancaba no 2013 apostando forte polas bandas galegas, pero pouco a pouco empezaron a recibir propostas de formacións foráneas e decidiron organizar tamén concertos con elas, xa que a idea fundamental da promotora, sempre foi traer música en directo a Santiago, e se un grupo lles pedía que lle botasen un cable para conseguir un bolo en Compostela, eles sempre estaban encantados de poder botar unha man. Quizais a moitos de vós xa non vos acorde, pero a primeira vez que visitaron a nosa cidade bandas xa consagradas a día de hoxe como Biznaga, Hinds, Los Vinagres, The Parrots, Los Nastys ou Joe Crepúsculo, foi grazas á xente de SINTONIZANDO, que montaba o seu escaparate en locais coma La Radio, Cachán, Sónar ou Capitol. Tamén organizaron aquel SINTONIZANDO NO SALÓN, onde bandas coma Grampoder ou The Naked Heroes, actuaban en formato desenchufado nun salón con vistas á Quintana. De luxo! O responsable de que todo isto funcione á perfección é o Sr. Manu Pombo (Músico, Promotor e Dj), personaxe compostelán sempre a ter en conta, que arrancará a nova temporada de SINTONIZANDO coa actuación de Fino Oyonarte (Los Enemigos, Clovis, Los Eterno) o 10 de xaneiro do 2020 na Sala Riquela, no que será un concerto íntimo e con aforo limitado. Fino, sobradamente coñecido por levar máis de 30 anos sendo baixista de Los Enemigos, ademais de produtor de discos emblemáticos de bandas como Lagartija Nick, Los Planetas ou Mercromina, nesta ocasión chegará a Santiago para presentarnos o seu novo single en solitario “No mirar atrás / Calles vacías” (Buenaventura - Intromúsica, 2019). As entradas xa están dispoñibles na propia sala e tamén na internet por 8€, así que non te Pincha | N 16
| 17 |
Rebeca MunĂn Por
entre musicas
@rebecamunin
A Banda da Loba presentarĂĄ o seu segundo disco o 18 de xaneiro en Santiago. Foto: PixelinPhoto
| 18 | Pincha | N 15
A BANDA DA LOBA “O noso disco é unha homenaxe a todas esas mulleres que foron fábricas de luz nalgún momento”
Q
ras antes do último concerto da súa xira ‘Bai-
‘Fábrica de Luz’ é o título do voso segundo traballo. Que atoparemos nel?
lando as rúas’. Confesan estar emocionadas
Andrea: Chámase así porque o fío condutor de todos os te-
e moi agradecidas. Ningunha pensara lograr
mas é o concepto de nai, entendido no sentido amplo. É di-
tanta repercusión co seu primeiro disco. Un traballo que
cir, a lingua, a terra, as nosas nais, as escritoras que estive-
estreaban hai tan só ano e medio e que lles deu, entre
ron antes, as mulleres que transgrediron certas situacións
outras alegrías, o premio Aritmar da Música e da Poesía
para que agora nós esteamos aquí... Nós entendemos que
Galego-Portuguesa e o galardón da Federación de Aso-
todas esas mulleres foron fábricas de luz nalgún momento.
uedo con A banda da Loba apenas unhas ho-
ciacións de Mulleres Rurais, así como dúas nominacións aos Premios Martín Códax da Música e unha aos Premios
E por que facerlles esta ‘homenaxe’? Andrea: Porque si que estamos nun momento no que o
Opinión.
feminismo está máis presente, pero tamén temos que ser Tomamos un café na Bodeguilla de San Lázaro. Están as
conscientes de todo o que se leva feito. É como un acto de
irmás Porto, Andrea e Marcela; Inés Mirás e Xiana Lastra.
humildade e, ao mesmo tempo, un acto de empondera-
Só falta Estela Rodríguez, xa pola II Romaría Feminista en
mento ao pensar que nós mesmas tamén estamos fabri-
Barbadás, agardando ás súas compañeiras para o show.
cando algo nese sentido.
Por esta vez son eu a que estou “entre músicas” (tranquilos! Xiana voltará a Pincha nos próximos números!)
.
Xiana: Que nós creemos as nosas cousas como o facemos, sen prexuízos, tamén é grazas a como nos criaron a nós,
‘Fábrica de Luz’ é o título do segundo disco da banda, que
de onde vimos e de onde bebimos todos estes anos tanto
presentarán na feira Culturgal (do 29 novembro ao 1 de
a nivel persoal como musical, así como cultural ou social.
decembro en Pontevedra) e que poderemos gozar en
musical que de seguro vai ter, pero tamén por unhas le-
De novo, incluídes temas escritos por vós mesmas. Xiana, ti tes un especial, ‘Corazóns de xiz’, dedicado á túa nai. Por que quixeches escribir sobre ela?
tras que buscan mobilizar conciencias. Estas lobas saben
Xiana: Porque miña nai morreu de cancro hai dous anos e
moi ben o que fan. Estas lobas si que son luz.
algo, coincidindo no proceso de creación de ‘Bailando as
directo en Compostela o 18 de xaneiro na Sala Capitol. Admito que teño moitas ganas de escoitalo. Pola calidade
Pincha | N 16
| 19 |
entre musicas
rúas’. Toda a enfermidade foi un pouco vencellada á nosa evolución como grupo. Foron dous procesos que eu vivín moi en paralelo. No primeiro disco non estaba preparada para facerlle unha canción. Si que incluímos unha dedicatoria. Pero agora no segundo traballo apetecíame facer unha canción para ela.
“O noso xeito de crear é sen complexos, sen barreiras, sentíndonos fortes e libres”
nin cobertura nin wifi. Serviu tamén de desconexión. Iamos ao estudo todo o día e tamén cociñamos, fixemos unha churrascada... foi moi guai. Gravando estivemos moi cómodas, sempre había xente que che vai dando ideas... O proceso foi moi enriquecedor.
Nas 12 cancións que hai no disco, tamén empregades textos doutras poetas. Cales?
O resultado poderemos descubrilo na feira Culturgal. En xaneiro comezaredes xira. Pero cal será o tema de presentación?
Marcela: Fixemos un tema baseado no poemario ‘Tigres
Xiana: Pois precisamente o tema que dá nome ao disco,
coma cabalos’ de Xela Arias, que é unha muller que foi moi
‘Fábrica de Luz’. Fala da maneira que temos nós de facer
transgresora no mundo da poesía. Queremos reivindicala
o que facemos e de crear. Sen complexos, sen barreiras,
un pouco como unha referencia nas letras galegas. Tamén
sentíndonos fortes e libres.
temos a Manuel María, a Celia Parra, a Rosalía de Castro... Andrea: É como unha declaración de intencións do que é Andrea: Textos respectados totalmente están o de Manuel
todo o disco.
María e o de Rosalía de Castro. E despois hai temas que
deopoema de Celia Parra. E tamén un tema inspirado na
Desde a formación do grupo, hai pouco máis de dous anos, houbo moitos concertos, premios... Podiades agardar dalgún xeito este éxito?
poesía que fai Andrea Nunes, sobre todo en termos de cá-
Xiana: Cando empezamos tiñamos medo porque nunca
nones estéticos.
tocaramos xuntas, tiñamos que formarnos como banda, e
están inspirados en poemas. Hai, por exemplo, un tema que fala da situación da lingua que está inspirado nun vi-
inda por riba con temas propios. E non sabías se ían gustar Inés: Eu penso que ningunha canción se queda atrás en
ou non. Era un enigma o que podía pasar. Pero a verdade é
canto a mensaxe. Temos temas sobre a lingua, sobre as
que saíu moi ben. Por que? Non o sabemos. Pero estamos
mulleres e o mar, sobre o ecofeminismo, sobre corpos non
moi agradecidas. Nos concertos notamos unha conexión
normativos, sobre memoria histórica...
moi grande coa xente. Moitas veces estás cansadísima despois de toda unha semana de traballo, tes un concerto e
A nivel musical, que cambia?
pensas: “Meu Deus, co ben que estaba eu agora na cama!”
Xiana: É un disco moi distinto ao anterior. Pero tamén moi
(Risos). Pero sobes ao escenario e conectas tanto co públi-
ecléctico. Hai desde un reggae & ska ata un bolero ou unha
co que baixamos todas contentísimas. Dáche a vida.
canción con cuarteto de corda que parece a banda sonora dunha peli (risos).
Que foi o que máis vos sorprendeu de todo o que vos ten pasado?
Inés: O cuarteto está composto por Estela, a nosa violinista;
Inés: Eu creo que o seu alcance. É dicir, ata eu en Barcelona
e María Blanco, no violín 2; Alba Novoa, na viola; e Marga-
(onde estaba a estudar) atopaba xente que coñecía á Ban-
rida Mariño, no chelo. Foi moi cómodo traballar con elas.
da da Loba. Ou ben por recomendacións ou por suxeren-
O feito de que fosen colegas tamén fai que houbera uns
cias de Spotify. O caso é que quen nos coñecía quedaba
vínculos e uns afectos que se notan a nivel interpretativo.
tanto co nome como coas cancións.
Tiñamos todas moitas ganas de facer algo especial. Marcela: Tamén nos sorprendeu moito o alcance con disMarcela: Si, foi bastante maratón! Fixemos unha especie de
tintas xeracións. O público adulto conecta coas letras e
campamento. Fomos para unha casa, onde non tiñamos
moitas veces espertan nel sentimentos de reivindicación,
| 20 | Pincha | N 15
Xiana: Eu co que sigo flipando máis é cando estás no es-
Pois se as cousas foron ben co primeiro disco faltando ese chisco de entendemento, este segundo será unha pasada...
cenario e a xente está cantando as túas cancións. É unha
Inés: Eu penso que nos estamos
sensación moi ‘heavy’. Pensas: como é posible?
arriscando. Sobre todo con novas
de galeguismo... Pero tamén gustamos moito a nenos superpequenos. Eu cando os vexo nos concertos cantando e bailando, acabo case chorando.
sonoridades e novas temáticas
Diriades que neste tempo crecestes a nivel profesional e tamén persoal?
das que falar. E temos esa dúbida de se funcionará, non funcionará...
Marcela: Eu nótoo moitísimo. Antes non tiña tan centrado o meu xeito de tocar, pero a base de concertos, de facer o
Andrea: E xa que funcionou o pri-
noso propio estilo... medras a nivel musical moito. Tamén
meiro, temos a presión de que hai
porque nos aportamos moitas cousas unhas a outras. Pro-
que manter o nivel. Antes tiñamos
fesionalmente e tamén persoalmente. Literalmente forma-
cero expectativas. Era fácil subir.
mos unha familia.
Pero manterse é complicado.
sado e este é que agora somos unha banda e antes esta-
E por que non conformarse? Por que seguir arriscando?
bámola formando. Desde sempre houbo moita conexión
Xiana: Porque esa é a nosa base.
entre nós pero creo que coa xira de ‘Bailando as rúas’ e
É a nosa filosofía. O día que non
despois de tocar tanto, xa temos o noso propio son, enten-
arrisquemos, xa non seremos A
démonos todas moito máis...
banda da Loba.
Xiana: Eu creo que a principal diferenza entre o disco pa-
Milongas Bertamiráns Carretera de Santiago-Noia Km7 Bertamiráns Ames
881 017 990
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Milongas Vilagarcía Avenida da Mariña, 16 Vilagarcía de Arousa
986 075 433
Milongas Milladoiro
Inés, Marcela, Andrea, Estela e Xiana. Foto: PixelinPhoto
Avenida Rosalía de Castro Ames
881 977 003 Pincha | N 16
| 21 |
Por
Por
Jose Crusat
Lorena Costas
crusat & costas
@lorena_costas
@choumimx
SAÍÑAS
Foto: Iván Barreiro.
LORENA COSTAS
Este viño está moi vivo
N
esta ocasión poñémonos mans á obra para falarvos dun viño froito da sinerxía xurdida, coma case sempre, a partires dunha conversa de bar. Todo comezou o ano pasado en Bagos, Pontevedra, un deses templos do viño que adoitamos frecuentar todos os que gustamos de catar cousas novas e aprender da sabedoría de Adrián. Disque un bo cliente seu, amigo de Javier Fernández (propietario da adega da que falaremos) comentoulle que buscaba a alguén para cambiar un pouco o estilo dos viños da adega. E é aquí onde aparece o segundo personaxe nesta historia: Pablo Soldavini. Aínda que tamén haberá máis personaxes nesta historia dos que tamén falaremos. A Adega Saíñas, propiedade de Javier Fernández, xa comezou a elaborar viños no ano 1992, antes de que a Ribeira Sacra se constituíse en Denominación de Orixe. Fundamentalmente traballan a variedade Mencía, a raíña por esas terras con diferencia, aínda que tamén posúen ceca de 4 hectáreas de parcelas de viñas vellas con mestura de variedades. E velaí que aparece en escena Pablo Soldavini, un rapaz arxentino
que xa leva uns cantos aniños por aquí, primeiro en Madrid, como deseñador gráfico; e logo pola nosa terra, axudando nas vendimas de amigos e despois xa co firme propósito de facer viño de seu. A partires de súa experiencia foi coñecendo xente con diferentes sensibilidades e atopando ese ideal de facer viño máis ao seu xeito e non ao xeito industrial. O seu desexo é facer viño para beber e gozar en compañía, non hai maior ilusión para el que alguén que lle di que lle gusta o seu viño; e nós non podemos estar máis dacordo! Dentro desa filosofía comeza a traballar con Javier, xusto antes da vendima do 2018, con pouco tempo para coñecer as viñas en profundidade, pero cun grato sabor de boca produto desta elaboración da que vos falamos: unha antesala dos proxectos que proximamente sairán ao mercado, onde as crianzas en barrica tomarán protagonismo. Saíñas 100% Mencía é un viño vivo de cepas vellas, que non responde aos estándares de mercado que buscan un viño que “sempre saiba igual”. É un viño elaborado por Javier, baixo as recomendacións de Pablo: un viño para catar “por botellas” como Pablo di, e tenche razón, eu beberíao por caldeiros!!! Froito desta sinerxía tamén aparecen nesta historia Diego e César, propietarios de Viños Vivos en Santiago, algo máis que unha tenda de viños ao uso. Este viño e máis o Saíñas Granito Rosa, elabóranse só para eles, e alí deberedes mercalos! Ou tal vez poidades pedilo nalgún dos moitos restaurantes que temos nesta cidade ;) Se queredes a miña recomendación, eu mercaría un par de botellas (xa vos dixen que se bebe a caldeiros) e acompañaríaas dunha boa carne ao caldeiro. Boa idea, non? Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 22 | Pincha | N 15
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
FICHA TÉCNICA:
Foto: Iván Barreiro.
JOSÉ CRUSAT
Frescura do río Cabe
I
mos a un viño procedente da Ribeira Sacra pero que tenta aportar frescura e algo de modernidade aos viños desta zona. Trátase do Saíñas, elaborado na Adega do mesmo nome no concello de Pantón. Pantón atópase localizado no medio da Ribeira Sacra, e limitado polos tres principais ríos que esculpen o territorio; Miño, Sil y Cabe. Adega Saíñas é unha adega de sempre, existente dende a propia fundación da D.O., pero coa axuda de Pablo Soldavini busca atopar novos e frescos camiños. O viño elabórase nunha parcela de dúas hectáreas encadrada na Subzona de Ribeiras do Miño, nunha ladeira no río Cabe. Esta parcela ten chans graníticos moi descompostos, case areosos. Este tipo de chans marcan os viños que se elaboran coas uvas das parcelas. Normalmente son viños limpos, aromáticos, harmoniosos, frescos e non excesivos en grao alcólico. Os viños teñen unhas maduracións suaves que fan que conserven a súa acidez. Pola contra, os chans de lousas producen viños máis quentes, minerais de maior grao alcólico. Este viño Saíñas está elaborado con uva cento por cento Mencía, que macerou enteira en depósitos de aceiro inoxidable e cunha extracción moi suave. Isto quere dicir que non se intenta sacar moita cor das peles das uvas, intentando que sexa moito maior o aporte do propio zume. Búscase con isto un viño lixeiro e sinxelo de beber, para sentarse embaixo dunha figueira unha tarde de outono e bebelo de golpe.
Adega: Saíñas D.O.: Ribeira Sacra Variedades: 100% Mencía Grao: 13º Ano: 2018 Prezo: Sobre11€
Viños de capa media baixa, limpo e cor de cereixa. No nariz atópanse froita vermella, amorodo, cereixa, lácteos, iogur de amorodos, frescura. Na boca é un viño fresco, de trago largo, viño de “glu glu”, acidez media e sinxela, lixeiro; voltan as froitas vermellas, cereixas. Para acompañar escollín un capón de Vilalba recheo cos seus froitos secos e pasificados e acompañado de patacas e cebolas ao forno. Ou para os “milenials” que andamos cortiños de cartos, podemos optar por unhas peles de polo fritidas cunha maionesa de curry. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
981 558 592
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | N 16
| 23 |
Por
Ruth Ríos
De libros con Ruth
@ruthriosfernandez
Arantza Portabales: “O horror tamén está na xente coma nós”
Arantza, na Taberna A fuego lento. Foto: Iván Barreiro
| 24 | Pincha | N 15
A
rantza Portabales (San Sebastián, 1973) vén de converterse na raíña compostelá da novela negra. A súa ‘Beleza Vermella’, publicada ao mesmo tempo en galego (idioma orixinal) e castelán, xa vai pola terceira edición neste último idioma, cunhas ventas máis que exitosas. Ata o mesmo Mariano Rajoy, pouco dado a mostras de emocións, confesou que se deixou atrapar polo estraño círculo de relacións escuras relatado nesta novela ambientada na Compostela máis recoñecible. Falamos con ela das súas outras vidas antes e despois de triunfar como escritora. Cando e como comezaches a escribir? A miña historia é a dunha muller que cando cumpre os corenta vólvese tola e comeza a escribir. Nunca escribira, pero sabía que quería facelo. Cando me sentei por primeira vez diante dunha pantalla dinme de conta do “fodido” que é. Comezo co microrrelato por falta de tempo. Preséntome ao concurso ‘Relatos en cadena’ da Cadena SER. Despois paso á novela curta con ‘Sobrevivindo’ (2015). Atrevinme porque a pensei como trinta e un microrrelatos. Pasoume o mesmo con ‘Deixe a súa mensaxe despois da sinal’ (2017, a súa primeira novela longa), que elaborei como se fosen cento vinte microrrelatos. A túa é unha carreira fulgurante… Non me paro a pensalo moito. Cada día é unha sorpresa e gozo dela. Non podo facer unha composición global do que pasou nestes catro anos. Ademais, teño a sorte de que na miña casa a todo o mundo “se la bufa” (risas), é dicir, non lles interesa a literatura aínda que viven con emoción o que me pasa. Cando chegas a casa ao final tes que aterrar, e iso non permite que cho creas. Pero si é difícil ter alcanzado a grandes editoriais como Galaxia, Lumen e Penguin Random House (Alemaña, onde se editará ‘Deixe a súa mensaxe despois do sinal’). Como compaxinas a vida de escritora coa cotiá? Horrible (risas). Son funcionaria do Corpo de Finanzas, estou na Intervención Xeral, teño un posto de
responsabilidade, o cal non me permite levar a mente ‘limpa’ para casa, aínda que é verdade que non opero a corazón aberto, o cal téñome que repetir moi a cotío. Tiven que pedir flexibilidade no meu traballo para entrevistas, presentacións… Pero eu son de ir coa verdade por diante e traballo moito. Ademais, para min a escrita non me supón un traballo, senón unha paixón. Non me custa. Si é verdade que notei este ano o compoñente físico e psicolóxico. Pero ao final é compaxinar varias vidas, non é distinto do que lle pasa ao pai que está pola mañá nun traballo e pola tarde cos seus fillos. Como recibiches o éxito de ‘Beleza Vermella’? Teño moito síndrome de impostor porque para a escrita nunca me preparei. Entras nun mundo no que eres outsider, no que tes que aprender que non só se trata de escribir un libro senón tamén de vendelo. E tes que facelo con honestidade e paixón. Sabes que cando traballas cunha editorial grande o foco ponse máis en ti, vas a eventos, estás en modo escaparate e tes que asumilo. Eu sempre tiven a sorte de que me acompañou tanto a crítica especializada como o público. Estou nese punto no que podo responder á xente polas redes sociais e agrade-
Pulperia
Rial
Reserva a túa cea de
Nadal
+ info: 981 81 16 24 pulperiarial.gal Pincha | N 16
| 25 |
De libros con Ruth cerlles o apoio. Ségueme parecendo marabilloso que a xente gaste o seu tempo e os seus cartos en min, co fácil que é meterse en Netflix (risas). ‘Beleza vermella’ é moi compostelá, pero non no senso turístico… Si, é un libro de xente normal que vive en Cacheiras, aínda que os personaxes son moi galegos. Eu necesito que as accións transcorran polos lugares que transito eu, por preguiza (risas). Se me teño que poñer a describir a historia de Abad e Barroso polas rúas de Murcia, perdería moitísimo tempo. Dáme a impresión de que quixeches describir os microuniversos das urbanizacións. Si, porque eu vivo nunha urbanización. Quería facer unha novela cun universo pechado, de círculos concéntricos (Compostela/Urbanización/Casa/ Familia/Parella). Imos pechando círculos e iso determina que a atmosfera sexa asfixiante. Os personaxes están un chanzo por enriba da clase media; quería levar o asasinato fóra da marxinalidade. Quería falar de que os que non estamos na marxe tamén podemos estar cheos de merda. O horror tamén está en xente coma nós. A maldade é intrínseca á natureza humana. Este é un libro que fala da paixón. E tamén fala do que non se fala… Pero todos saben o que está a pensar o do lado. Os silencios son máis reveladores e literarios.
sexualidade na adolescencia ou a retorcedura humana- e dos estereotipos, de como se pode partir do estereotipo para logo profundizar ata personaxes con bordos capaces de crear no lector odio e simpatía ao mesmo tempo, como no caso de Abad. Cales son os teus escritores favoritos? No xénero curto, do que son unha apaixonada, quédome con Raymond Carver, J.D. Salinger, Paul Auster… Os americanos. En novela negra Agatha Christie, Stieg Larsson, Elizabeth George… aínda que non son gran lectora de novela negra. En Galicia, Diego Ameixeiras e Domingo Villar, que conseguiu que a xente lea en galego. Temos que reconciliar á xente coa literatura galega. O sorprendente é que estamos a falar de persoas que non falan castelán, pero que non son capaces de ler en galego. Eu escribo sinxelo tanto en galego como en castelán, quizais porque o meu espectro semántico está principalmente no castelán. Creo que hai xente que non se aproxima á literatura galega por medo a atopar palabras descoñecidas. Temos que poñerllo fácil, romper o tabú sobre mercar libros en galego. En qué estás a traballar agora? Estou traballando na tradución ao castelán de “Sobrevivindo” e escribindo un novo caso de Abad e Barroso. Porque ‘Beleza Vermella’, como a vida mesma, é unha novela de finais abertos, polo que no futuro Arantza Portabales contaranos máis aventuras desta peculiar parella de policías composteláns que xa enganchou a miles de lectores en toda España. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
No libro tamén hai espazo para a poesía en capítulos como “Cousas que facer un venres de xullo”. Ese capítulo non estaba previsto. Cando o fixen gustoume tanto que decidín repetilo tódolos venres de xullo da novela. Eses venres son reveladores, o lector descobre cousas sobre os personaxes. A novela ten dúas voces: a máis poética en primeira persoa, e en terceira persoa case como primeira. Todos din que teño una voz lírica. Falamos tamén da corrección política –ás veces hai cousas que á xente non lle gusta ler aínda que se trate de literatura ou mesmo ocorran na vida real, como a
| 26 | Pincha | N 15
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
‘BELEZA VERMELLA’ Editorial: Galaxia e Lumen Autora: Arantza Portabales Idiomas: Galego e castelán Data de publicación: 2019 Páxinas: 432
a gorida do artista
JOSE PEROZO
Expresión e emoción que nacen dunhas mans obreiras
@oscatrogatos
Jose Perozo naceu en Vigo en 1978. Estudou Escultura na Escola Mestre Mateo de Compostela e Escenografía en Escénica Técnica na Escola EPFCA de Granada. Visitamos a súa gorida, un taller cheo de obras acabadas ou esperando os seus últimos remates. O primeiro que apreciamos son os cheiros dos distintos materiais que utiliza, á vez que a vista non se cansa de mirar aquí e alá, tentando rexistrar
Perozo,
todo o que vemos: restos de escenografías, bocetos de pezas, mol-
no seu
des, mesas de traballo... Madeira, cerámica e metal son os materiais
estudo.
máis utilizados, aínda que tamén vemos outros como metacrilato,
Foto:
corda ou cristal.
Delio Sánchez
Jose paréceme un home amabilísimo que quere que nos sinta-
‘Fragmentaria’ pode visitarse no Museo Eugenio Granell ata o 12
mos a gusto. Non hai pose nin afectación nas súas palabras. Todo
de xaneiro, como resultado do proxecto Artista en Residencia 2019
é verdadeiro. Nótase que ten querenza polo seu espazo. Falamos
que tivo lugar durante este ano nas instalacións da propia Funda-
da exposición escultórica: ‘Fragmentaria’. Cóntanos que aínda que
ción. A mostra está formada por unhas vinte pezas, nas que cada
estas obras son diferentes ás da súa mostra anterior, ‘Bastións’, son
unha delas ten outras tantas encastadas que forman parte dela, e
tamén en certo xeito unha evolución daquelas.
pezas que son fragmentos das principais. “A intención era facer que a idea que está asociada á peza, saia do corpo como parte do seu interior e que emerxa dela”, explícanos. Nas cinco pezas principais hai unha figura humana rodeada, abrazada, por outros elementos que nos transportan á idea que transmite. Esas ideas emerxen da figura, sempre configurada de fragmentos, para potenciar o seu significado. Estas cinco pezas reflicten a duplicidade, a filosofía, a xeometría e arquitectura, a fraxilidade e a aventura ou a viaxe. Todas ao redor de quen as evoca e as provoca, a persoa. Aparecen tamén outras obras que se xeran a partir das primeiras, fragmento de fragmentos con identidade propia. As esculturas respiran verdade, custa deixar de miralas e non sentir o desexo de volver facelo. Non hai lugar para efectos gratuítos, a sensación que provocan é profunda, convida a pensar. Non se adornan de elementos decorativos banais porque non o necesitan. Perozo considérase obreiro no seu taller, as súas mans modelan, cortan, lixan, soldan, de modo tradicional, con ferramentas manuais as súas obras escultóricas. En canto ás técnicas que utiliza fálanos do modelado directo ou con molde. Cando traballa a madeira utiliza a talla por puntos ou directa e tamén a carpintería con ferramentas tradicionais. Esta é a primeira vez que expón unha escultura integramente de metal, fragmentada e construída sobre un modelado de barro. Tamén por primeira vez expón unha peza con luz feita de metacrilato e cortada a láser a partir dun modelado 3D. Seguídeo en joseperozo.es e no seu Facebook e Instagram
Obra en proceso.
JOSE PEROZO ESCULTURA. Pincha | N 16
| 27 |
Pincha | Revista 1 axenda
33 CINEUROPA HOLYWATER, AO VIVO
DO 7 AO 28 DE NOVEMBRO
Regresa o festival internacional de cinema Cineuropa, organizado polo Concello de Santiago. Este ano foi a produtora La Tropa Produce a encargada de organizar o certame. Podes consultar todas as novidades en revistapincha.gal
SALA RIQUELA
A AMNESIA DE CLÍO AUDITORIO DE GALICIA 10 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS
Estrea da ópera ‘A amnesia de Clío’, de Fernando Buide, unha coprodución de Voadora e o Consorcio de Santiago - Real Filharmonía de Galicia, Centro Dramático Galego e Amigos da Ópera de Santiago; en colaboración co Orfeón Terra Nosa.
15 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 13,20 €
O novo de Holywater demostra que o rock and roll non entende de volúmenes nin de piruetas, se non de verdade. E, nese xuizo, o cuarteto galego sempre resulta inocente. Por algo será.
SHOW DE GOYO JIMÉNEZ AUDITORIO DE GALICIA 17 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 22 €
O famoso e recoñecido humorista español pasará por Santiago para traer o seu ultimo espectáculo ‘Aiguantulivingamérica2’ ao Auditorio de Galicia, e no cal as risas e o bo espectáculo están garantizados.
CONCERTO DE ANDRÉS SUÁREZ SAN FRANCISCO H. MONUMENTO
CONCERTO DE VEINTEUNO
8 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 HORAS
A primeira cita con Momentos Alhambra Acustiquísimos chegará o venres 8 de novembro da man dunha das voces máis persoais da canción de autor, Andrés Suárez, que presentará ‘Desde una ventana’ no Patio de Cristal do San Francisco Hotel Monumento.
SANTIAGO(É)TAPAS E SANTIAGO(É)CÓCTEL DO 14 DE NOVEMBRO AO 1 DE DECEMBRO E DO 6 AO 8 DE DECEMBRO
SALA SONAR
16 DE NOVEMBRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 8 €
A banda VEINTIUNO, referente musical de Toledo, presentará o seu disco Gourmet na sala Sónar.
O XII Santiago(é)Tapas, concurso promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostelería Compostela, en colaboración coa Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou, celebrarase en máis de 70 locais da cidade. Neles poderemos probar máis dun centenar de tapas e unha vintena de cócteles, que competirán no I Santiago(é)Cóctel.
CONCERTO DE DEPEDRO SALA CAPITOL
22 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 18 €
Depedro regresa a Santiago cun concerto no que ademais de cantar os seus éxitos, tocará tamén os seus temas máis novos, coma “Flores y tamales”, “Vidas autónomas” e “Por qué, cómo y cuando”.
OUTONO CÓDAX FESTIVAL SALA CAPITOL E RIQUELA
9 E 29 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO ÁS 13:30 E 20:30 HORAS |
Un ano máis baixo o patrocinio de Martín Códax e coa colaboración de Pousadas de Compostela, o festival de música negra impulsado por Raíña Productions e A Reixa continúa en Santiago coas actuacións de: Espiño. Sábado 9 ás 13:30 h. no Riquela. The Reverend Shawn Amos + Los Torontos. Sábado 9 ás 20:30 h. na Sala Capitol. Andrew Combs. Sábado 29 ás 20:30 h. no Riquela. Gisele Jackson & The Shu Shu’s. Domingo 1 ás 20:30 h. na Sala Capitol.
| 228 | Pincha | N 15 |
CONCERTO DE GUADI GALEGO SALA CAPITOL
15 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H| PREZO: 17/18 €
Guadi Galego trae na sua última xira o seu álbum ‘Inmersión’, unha reconstitución de si mesma en varias linguas afíns a Guadi, por territorio, cultura e emoción, unha reinterpretación da súa própia música.
‘MISELA’, DE FERNANDO REI OS CATRO GATOS DO 16 DE NOVEMBRO AO 14 DE DECEMBRO
O espazo para a arte Os Catro Gatos presenta a exposición de Fernando Rei. Un paseo sen pegadas que recolle a abstracción da natureza. Non atoparemos elaborados efectismos que causen estrañeza, estupor ou desagrado; máis ben, nas súas pinturas permanece o eco dun diálogo pausado e continuo.
FANG (BARRO) SALÓN TEATRO
30 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS
O circo chegar un ano máis ao Salón Teatro da man do Foro D10!, que traerá a este escenario Fang (Barro), da compañía Animal Religión.
must O Centro Dramático Galego trae ao Salón Teatro a coprodución internacional
“SE FOSEN TURISTAS, LEVARÍAN GAFAS DE SOL” Salón Teatro (Rúa Nova, 34)
Do 12 ao 21 de decembro 2019 Xoves, venres e sábado ás 20.30 horas Domingo ás 18.00 horas Venda de localidades en entradas.abanca.com e no despacho de billetes do Salón Teatro
T
A peza conta a historia de separación de Chelo e Pacita no porto de Vigo nos anos cincuenta do século XX. Unha queda en Galicia mentres que a outra emigra a Uruguai. Outros personaxes son Fran e Brais, os netos de Pacita, ou Martina e Magdalena, as netas de Pepe, o primeiro irmán que emigrou.
O proxecto, promovido pola Xunta de Galicia, é unha coprodución do Centro Dramático Galego, Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa, Cía. Nacional de Fósforos de Buenos Aires, Comedias do Minho e O Mura de Montevideo.
O espectáculo busca profundar na memoria da emigración como metáfora do presente a partir das historias persoais do equipo. Aínda que o tema de partida é profundo e emotivo, o traballo resultante é unha celebración da vida, da supervivencia, do camiño percorrido. Desde a nostalxia, desde o humor, desde a metáfora pero tamén desde a crueza do presente. “Calquera tempo pasado non foi mellor, aínda que así tentamos lembralo a pesares de que a memoria sexa un arma que se dispara sen querer”, explica a compañía.
rala súa estrea no Centro Cultural de España en Montevideo o pasado mes de outubro, o Salón Teatro de Santiago recibe a Limiar Teatro e Crémilo co espectáculo “Se fosen turistas, levarían gafas de sol”. Será desde o 12 de decembro ata o 21 (ambos incluídos) para público xeral e con funcións específicas para escolares. Ademais, os xoves haberá coloquio co equipo artístico ao remate da función.
“Se fosen turistas, levarían gafas de sol” é unha comedia que reflexiona sobre a nosa emigración pasada e presente, sobre os que se foron, os que quedaron e os que acolleron. Un proxecto sobre a memoria e desmemoria con nove artistas en escena procedentes de Galicia, Portugal, Arxentina e Uruguai que fusiona teatro e música en directo. A dirección e a dramaturxia son de Fran Núñez e a dirección musical de Brais Iriarte, con Iván e Mariano Solarich en escena acompañados de Manuel Coelho (cedido polo Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa), Cristian Palacios, Juan Caputo, Brais Iriarte, Fran Núñez e Martina e Magdalena Fernández.
A música créase en directo mediante loops, disparadores electrónicos, pedais e procesadores. Mesmo a manipulación da iluminación en mans dos intérpretes e o uso de micromappings fan de “Se fosen turistas, levarían gafas de sol” un espectáculo único e especial. “Un concerto danzado, unha luz narrada”, segundo os seus creadores. Trátase, ademais, dun espectáculo realizado en residencias artísticas en Portugal, Galicia, Arxentina e Uruguai, que terá viaxado ata fin de ano por Uruguai, Arxentina e España con máis de trinta funcións.
Pincha | N 16
| 29 |
axenda
‘BAILE DE AUTOR’, CON MANUEL LIÑÁN ‘FARIÑA’ AUDITORIO DE GALICIA
30 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 22 €
Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cris Iglesias protagonizan unha adaptación teatral de José L. Prieto da exitosa obra homónima de Nacho Carretero, dirixida por Tito Asorey.
‘SOMBRAS’, DE SARA BARAS AUDITORIO DE GALICIA 6 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 45€
A recoñecida bailaora e coreógrafa flamenca gaditana, directora da sua propia compañía, trae o seu espectáculo de baile ‘Sombras’ a Santiago, tras agotar entradas en todas as cidades do mundo nesta xira.
TEATRO PRINCIPAL
TARQUE & LA ASOCIACIÓN DEL RIFF SALA CAPITOL
7 DE DECEMBRO ÁS 21:15 HORAS | PREZO: 23 €
Un dos discos e das xiras do ano, auténtica, verdadeira y entretida. Co líder e membro fundador do grupo M Clan, Carlos Tarque, un dos referentes do rock español que virá acompañado da sua banda”La Asociación del Riff”.
LAURE BRIARD, EN CONCERTO SALA RIQUELA
10 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 8 €
14 DE DECEMBRO ÁS 20:30 HORAS
Manuel preséntanos o espazo onde o director, o autor, vai creando as distintas escenas desta peza, dando vida a cada elemento: a luz, o son, o cante, a guitarra, a música, o baile... Unha fantasía que xenera lazos de unión no artista, como coreógrafo e bailaor. Un director que soña un bailaor que baila.
‘DOS’, CON JUANRA BONET E DAVID FERNÁNDEZ AUDITORIO ABANCA
28 DE DECEMBRO ÁS 20:00 HORAS| PREZO: DESDE 14€
O dúo cómico, formado por Juanra Bonet e David Fernández, cerrará o ano da sua xira por España no auditorio ABANCA de Santiago.
‘ENCONTRO CON AGNI’ OS CATRO GATOS DO 17 DE DECEMBRO AO 15 DE XANEIRO
Concerto organizado por Desconcierto Cultural, dentro do ciclo Placeres Ocultos. Elixindo inicialmente o cinema para desenvolver as súas inquietudes creativas a través da interpretación, é a partir do 2013 cando Laure Briard enfoca a súa carreira artística na música.
Para despedir o ano e dar boa benvida ao 2020, o espazo de arte Os Catro Gatos amosa unha exposición especial e diferente. ‘AGNI, Deus do Fogo, Creador da Chispa da Vida, CREACIÓN’, dunha artista sorpresa que nos levará polos mundos da purificación a través do elemento do fogo.
STORMY TRUCKS, EN DIRECTO
CEPEDA E ANA GUERRA, EN DIRECTO
SALA MOON
SALA CAPITOL
FINO OYONARTE, AO VIVO SALA RIQUELA 10 DE XANEIRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 10 €
O músico almeriense, referente do rock nacional, baxista de Los Enemigos e líder de Clovis e Los Eternos presentará o seu novo single “No mirar atrás / Calles vacías” en concerto na sala Riquela.
NAO, ‘ADEUS E GRAZAS’ RECINTO FERIAL DE AMIO 7 DE DECEMBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 18€
Nao, un dos referentes ideolóxicos do rock galego, ofrecerá o derradeiro concerto da banda en Santiago. Jasper, Gus, Torroncho e Amós preparan para a ocasión o que será un concerto único, irrepetible, cheo de emoción e que quedará para a lembranza dos catorce anos de historia dunha das bandas senlleiras do panorama musical galego.
13 DE DECEMBRO ÁS 22:00 HORAS
A banda galega de rock’n’roll tocará tanto temas propios como versión dos grandes clásicos, sempre dinámicos e directos, nun concerto no que a calidade e a diversión están aseguradas.
19 DE DECEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 39 €
Os artistas que encabezan a Xira imaginBank son dous mozos que, tras o seu paso por Operación triunfo, consagráronse como uns dos principais cantantes do pop español.
CONCERTO DE VIVA SUECIA SALA CAPITOL 17 DE XANEIRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 18 €
Os fenómeros do rock alternativo español traen a súa xira “El Milagro” a Sala Capitol para estrear o ano 2020. Coma levan facendo durante toda a xira, o seu repertorio estará formado polo seu novo traballo xunto con algúns dos seus antigos éxitos.
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal | 30 | Pincha | N 15
3|
axenda
ETIQUETA NEGRA,
must
A FEIRA DO GOURMET GALEGO, VOLVE A PONTEVEDRA
Sábado 9 e domingo 10 de novembro de 11:00 a 21:00 horas Domingo 11 de novembro de 11:00 a 20:00 horas Recinto Feiral de Pontevedra
P
ontevedra volverá a converterse no epicentro do gourmet galego coa celebración da feira profesional Etiqueta Negra. Impulsada pola concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, é xa unha cita consolidada para empresas e produtores do sector gourmet galego, profesionais da alimentación, da restauración e da distribución así como consumidores que valoran cada día máis o que degustan. Tras o grande éxito conseguido nas pasadas edicións, a feira contará coa presenza de máis dun centenar de produtores-expositores. Nos distintos stands poderanse atopar viños, licores, vermús, cervexas e outras bebidas aperitivos a base de hidromel, cafés, infusións, marmeladas, galletas, tortas, doces, xeados, castañas, produtos de quinta gama, aceites, queixos, patés, carnes, angulas, caracois, embutidos, xamóns, conservas, legumes, salsas e aderezos, pans e empanadas e un sen fin de delicias que farán gozar ao padal. Ademais, desenvolverase un amplo programa de actividades no Anfiteatro Estrella Galicia no que destacan os showcookings de cociñeiros da talla de Pepe Solla (Casa Solla), Daniel Guzmán e Julio Sotomayor (NOVA), Yolanda León e Juanjo López (Cocinandos, en León), Iván Domínguez (NaDo), Iñaki Bretal (Eirado da Leña), Manu Núñez (Arume, en Barcelona), Rubén González (El Cafetín de la Alameda) ou Moisés Rodríguez, cociñeiro e presentador do programa de televisión Estache bo! Ademais, o Espazo Etiqueta, a Zona de Catas e a Viñoteca ofrecerán unha programación continua con presentacións de produtos, catas, maridaxes, cursos e talleres, como un de elaboración de goyzas e de rolos de sushi (futomaki) con produtos galegos impartido por Lili Wo, ou sobre cociña creativa e saudable a base de legumes con Lady Compostela, ou sobre técnicas de amasado e formado de pan a cargo do mestre panadeiro Dani Pampín, por citar algúns.
Etiqueta Negra será tamén unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector, cun Punto de Encontro Profesional no que se celebrarán numerosas reunións. Ademais, para aquelas persoas que desexen pasar todo o día descubrindo sabores, exquisiteces e rarezas, haberá unha zona de comida e foodtrucks con interesantes propostas sobre rodas. Etiqueta Negra conta co apoio de Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais de Cabreiroá, como auga oficial, Deputación de Pontevedra, Eroski, Mel de Galicia e a Mancomunidade do Salnés. Tamén colaboran nesta cuarta edición Tawi, Gadis, CIFP Carlos Oroza, Gráficas Anduriña, Froiz e Kitchen in. Máis info en etiquetanegragourmet.com
Pincha | N 16
| 31 |
directorio Bares/Cafeterías
Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela
Restaurantes Outros
Casas Reais 25 Santiago de Compostela L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com
vinotapeta@gmail.com
De L a D de 9:00 a 00:00
CAFÉ BAR
MANOLO Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela
Rúa Lugo, 48 Arzúa
De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00
T. 981 500 214 pensionbarmanolo@gmail.com facebook.com/pensionbarmanolo
T. 981 571 204
Rúa San Lázaro 104 Santiago de Compostela
A ALMA DE GALICIA
Rúa das Casas Reais 21 Santiago de Compostela T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com www.orixegastronomiagalega.com
De L a V de 9:30 a 17:00 e dende unha hora antes dos concertos Xantar bufete de 14:00 a 16:00
Rúa da Virxe da Cerca 20 Santiago de Compostela
T. 981 573 807 www.cafeterialasso.gal
T. 626 004 591 info@oxardindejulia.com
Alejandro Pérez Lugín 11 Santiago de Compostela
Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela
Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela
De L a S de 12:00 a 23:45 Domingos pechado
De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00
L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30
De L a S de de 9:00 a 00:30 Domingos pechado T. 981 566 607 www.bodeguilladesanroque.com
T. 881 944 686 -
| 32 | Pincha | N 15
@flamingocompostela
T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com
T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com
Avda. Benito Vigo 70 A Estrada
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela
M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00
L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00
Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela
T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
T. 981 589 600 www.amaceta.com
Rúa de San Pedro 28 Santiago de Compostela
Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela
De L a D de 13:15 a 15:45 e de 20:15 a 23:30
De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía
T. 981 573 789 - www.oafiador.com
T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es
Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com
Grupo
J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO
Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela
Rúa de Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela
De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00
T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com www.restauranteferro.com
T. 981 577 633 - www.dezaseis.com
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala
RESTAURANTE
CASTRO Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com
Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com
Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com Pincha | N 16
| 33 |
directorio tendas
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar
De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Rúa Preguntoiro 9 Santiago de Compostela T. 680 223 457 info@helloonyva.es www.helloonyva.es
+ info T. 682 410 689 - info@seispes.com - www.seispes.com
desenvolver ideas compartir experiencias obradoiros - encontros - presentacións
Rúa Pesqueiras 6 - Local 10 Bertamiráns T. 660 619 071 contact@dospasos.org www.dospasos.org
| 34 | Pincha | N 15
Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30
Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com
Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
Revista de Gastronomía & Cultura
Únete a nós!!! Revista de Gastronomía & Cultura publicidade@revistapincha.gal
Revista de Gastronomía & Cultura
Volvemos no mes de febreiro! C
omo sabedes, Pincha publícase en papel cada dous meses. Este que tendes entre as vosas mans é o número que permanecerá na rúa en novembro e decembro. Por tanto, a seguinte revista debería estar en xaneiro. Pero desta vez é diferente. Imos retrasar a súa saída a febreiro. Por que? Porque temos moitos cambios na nosa cabeza e necesitamos tempo para facelos! ;)
Seguiremos, iso si, con vós a través de revistapincha.gal, onde podedes coma sempre enterarvos de todas as novas relacionadas coa cultura e a gastronomía en Santiago e a súa comarca. Tamén estaremos nas redes sociais Facebook, Instagram e YouTube. E seguiremos enviando os newsletters con todos os nosos artigos a través do correo electrónico. Recorda que se ti tamén queres recibilo, atoparás un Algunhas das portadas de Pincha. Foto: Iván Barreiro formulario de inscrición na nosa páxina web. A partir do número 17, que será o que se editará en febreiro, regresaremos á noso ritmo habitual de publicacións, con revistas na rúa cada dous meses. Gozade desta etapa final de 2019 e arrancade 2020 como aquí nos gusta: con moita papatoria e moita música! #somospincha
O LIBRO DE LILA DE LILITH Árbores que non arden As mulleres na prevención de incendios forestais
P
ublicación coordinada polo Proxecto Batefogo onde participan varias autoras. Aborda o papel
das mulleres na prevención e na extincións dos incendios forestais, desde múltiples disciplinas. Ademais, o libro está ilustrado por Xoana Almar, de Cestola na Cachola, e vén cunha lámina, preciosísima, de agasallo.
Á venda na
Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.
Pincha | N 16
| 35 |