de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 8 | xullo-agosto 2018
Un verán para comelo! Compostela conta con numerosos recunchos para pasar ao fresco e papando de luxo
Figui, o multiartista: debuxante, cociñeiro e músico
Gastronomía & Cultura
EDITORIAL
ÍNDICE
Sol
E
por fin chegou a luz a Santiago! Os composteláns levabamos tanto tempo esperando ver o sol que quizais se nos esquecera o fermosa que é a nosa cidade e os moitos recunchos verdes que temos nela para gozar do bo tempo. Agora que estamos en pleno período estival, en Pincha queremos amosarvos algúns dos lugares con máis encanto para pasar este verán. E, como non, falamos de sitios onde comer moi ben e onde bailar ao son das máis variadas músicas. Sempre co ceo como único teito.
Por Rebeca Munín
reportaxe
a rte & d eseno 666 rpm
ouvido
entrevista
#apapa r
Música e cociña é o que combina Ramón Figueira ‘Figui’, un dos artistas máis polifacéticos que temos en Compostela. A el temos que agradecerlle a publicación da primeira viñeta na nosa revista. O tamén debuxante tivo a amabilidade de facer unha en exclusiva para nós. A ver se recoñecedes a todos os presentes! ;) Moitas grazas, crack!
4 Compostela, ao fresco! 10 Vestir co traxe galego, de novo de moda 14 Ramón Figueira ‘Figui’ 18 Taberna A Fuego Lento 20 Liridade Noctámbula 24 Restaurante Castro 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 35 Paga a pena
Como el, moitos músicos e hostaleiros andan pendentes estes días de como lles afectará a nova Lei de Espectáculos de Galicia, unha norma que fixo cambalear as actuacións en vivo nos locais da cidade. Un tema complexo e continuamente cambiante do que vos informamos en detalle na nosa páxina web revistapincha.gal En canto ao papel, completa este #pincha8 unha entrevista co grupo Liridade Noctámbula, unha reportaxe sobre dúas tendas de artesanía galega e a visita de @JuanEAT_o ao Albergue Restaurante Castro, en Palas de Rei. Sen esquecer as seccións habituais de axenda cultural e Paga a Pena. Temos por diante un verán para comelo! Gozádeo moito! Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com
Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Ruth Ríos, Jéssica Pintor, César Varela, @JuanEAT_o e Vicky Morales.
Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017
www.re vista p in ch a .g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha
Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.
3|
Pincha | Revista 8
reportaxe
Compostela, ao fresco
Almorzar no Blu ou no Costa Vella, comer na Maceta ou na Horta do Obradoiro, pasear polos parques da cidade… Santiago é un auténtico pulmón verde
A sobremesa no restaurante A Horta do Obradoiro resulta deliciosa. Foto: Iván Barreiro.
|4
Gastronomía & Cultura
Por Ruth Ríos
5|
Pincha | Revista 8
reportaxe
O
verán en Compostela é animado. Nos meses de xullo e agosto, os viaxeiros visítannos máis que nunca grazas a que nos estamos convertendo na cidade de moda aquí ao noroeste. Somos o norte dos do sur. E iso atrae. Pero nesta santa cidade hai vida moito máis aló da Catedral, visita imprescindible, por suposto. Nun só día, visitantes e residentes podemos gozar comendo, bebendo e paseando en xardíns e terrazas especiais, afastándonos do ruído e a présa, en busca de paz e refresco para os sentidos.
Pasamos un día xuntos?
Almorzo O día empeza mellor cun bo almorzo. Santiago é unha cidade histórica, caracterízase por estar repleta de cafeterías e restaurantes que antigamente eran casas ou espazos destinados a outros usos. Hostaleiros con especial sensibilidade recuperáronos para devolvernos o encanto da natureza e o acougo en plena cidade. Un bo exemplo é o do Blu Café. Situado en Caldeirería 49, o seu letreiro azul e a súa decoración acolledora depárannos unha sorpresa máis: unha terraza interior con apenas catro mesas, retiradas do ruído. Só tes que entrar, atravesar o local e chegarás a este pequeno retiro urbano. E sen dúbida, unha das mañás do verán hai que dedicala a deixar pasar o tempo no xardín do hotel Costa Vella. Trátase dun dos lugares máis fermosos de Compostela, protagonista de todas as listas nacionais de ‘Sitios que tes que ver en Santiago’. José Antonio Liñares, o seu responsable, é moi consciente diso. Preguntámoslle cal é a clave do éxito deste lugar: “É un espazo singular, situado na parte alta da cidade, nunha localización alternativa lonxe do rebumbio turístico”, dinos. O seu atractivo portalón de entrada, directamente comunicado coa rúa, asemella o acceso ao xardín do Edén. |6
Para almorzar, propoñemos visitar o xardín do hotel Costa Vella. Foto: Iván Barreiro.
Gastronomía & Cultura
Ademais, está cercado pola muralla da antiga cidade medieval e as súas vistas convidan á relaxación, co convento de San Francisco e o mosteiro de San Martín Pinario como testemuñas mudas.
A música ao aire libre de ciclos como Atardecer no Gaiás ou TerraZeando será a protagonista este verán
“Nós non saturamos o xardín. Non colocamos todas as mesas que realmente caberían”, comenta Liñares. Esta actitude responsable por parte do hotel favorece a tranquilidade para o visitante. Prezos locais, almorzos e brunchs atraen a estranxeiros pero tamén a clientes do barrio, habituais durante todo o ano. Para almorzar podemos pedir unhas deliciosas tostas de pan tradicional galego, tostado a lume e combinado con tomate, aceite de oliva e o toque galego de queixo de tetilla. Produtos naturais, xamón e tortas como a carrot cake, mazá ou chocolate belga completan a oferta. Se a mañá no Costa Vella se alonga, a hora do vermú chegará con música en directo. Ah, e se vos dá a noite, non vos perdades o atardecer desde o alto da escalinata á beira do hotel. Poderedes ver como se esconde o sol tras as torres da igrexa de San Francisco. Un dos atardeceres máis espectaculares da cidade.
Sesión vermú Momento ideal para parellas, familias, grupos de amigos ou simplemente estar cun mesmo, a sesión vermú en Compostela tamén se pode gozar ao fresco. Na cidade temos innumerables terrazas onde pasar un bo rato, como as que ateigan a entrada ao parque da Alameda ou as do entorno da Praza de Abastos. Tamén o revitalizado Ensanche, coas terrazas da Praza Roxa, poden ser unha opción se queremos escapar do bulicio da Zona Vella.
Comida Seguimos de xardíns. Para comer rodeados de árbores e prantas temos varias opcións en Compostela. Restaurantes que gardan no seu interior segredos ao aire libre, como A Maceta, “un espazo no que gozar do 7|
Pincha | Revista 86
reportaxe tempo e do relax”, tal como eles mesmos se definen. Na súa breve traxectoria – acaba de cumprir dous anos - xa se converteu nun dos locais máis recomendados da cidade. En plena rúa de San Pedro, mellor ir con reserva porque todo o mundo quere gozar da cociña do novo e premiado chef Jorge Gago. E se a cousa vai de xente nova, temos que mencionar a A Horta Do Obradoiro, capitaneada por Kike Piñeiro e Eloy Cancela. Recibíronnos unha mañá de xuño nun dos espazos máis suxestivos da súa casa: o invernadoiro. Cores brancas e verdes, prantas, madeira, o silencio, a luz suave e a vista dos tellados composteláns serán o acompañamento da nosa comida. O restaurante está incluído na lista de locais BibGourmand da Guía Michelin, que se outorga a aqueles locais con mellor relación calidade/prezo. Ocupa unha casa de 1690, cun xardín traseiro que Eloy e Kike coidan e onde se pode pasar unha longa sobremesa. Ambos coinciden no desexo de que os seus clientes gocen da paz desta “pequena aldea”, pensada para lembrarnos as sensacións das casas dos nosos avós. Mesmo teñen unha pequena horta onde experimentan para eles mesmos, aprendendo a nobre arte de plantar. De momento, o que cultivan non o serven ao público, pero aínda así a súa cociña caracterízase polos vexetais, o produto fresco, natural e de tempada, comprado a produtores locais e na lonxa. Definen a súa cociña como “sinxela, tradicional, sen grandes artificios e rica”. Do mesmo xeito que no “Costa Vella”, poderían obter maior rendemento económico colocando máis mesas no xardín, pero para eles o máis importante é a comodidade e tranquilidade dos visitantes, deixando que gocen deste recuncho verde en pleno Santiago, acubillados baixo a sombra das propias árbores.
espazos naturais tan populares como o da Alameda, Belvís, Bonaval, Galeras, e o seu recuncho secreto na “Finca do Espiño”, silenciosa e cunhas espectaculares vistas á Catedral. Tamén o Concello ven de recuperar rutas como a de Brañas do Sar, que conecta o barrio de Sar co parque Eugenio Granell, un auténtico bosque no barrio de Conxo. E falando de bosques, podemos visitar o recentemente revitalizado Bosque do Banquete de Conxo, onde se celebrou en 1856 a mítica reunión de intelectuais galegos, como Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e que serviu como punto de partida do rexurdimento da literatura galega. Se queremos gozar das mellores vistas de Compostela, subiremos ata a Cidade da Cultura atravesando o Bosque de Galicia. Alí atoparemos un parque para os nenos e un merendeiro nun lago. Un auténtico luxo.
Tarde
Noite musical
E tras a sobremesa en “A Hora do Obradoiro”, é momento para dar un encantador paseo por algún dos numerosos parques que nos agasalla Compostela. A nosa cidade é un auténtico pulmón verde cunha extensa rede de parques, atreveríame a dicir que única en Galicia. Dispomos de
E xa que estamos na Cidade da Cultura, podemos quedarnos aos Atardeceres do Gaiás. A praza central do complexo arquitectónico acollerá este verán 21 bandas e artistas para tódolos gustos. O ciclo será os xoves, venres e sábados desde o 5 de xullo ao 18 de agosto. A entrada é de balde.
|8
A praza central da Cidade da Cultura acolle este verán os concertos de Atardecer no Gaiás
A mellor música mentres contemplamos o solpor no máis alto da cidade. En conxunto, a Cidade da Cultura convértese nun aunténtico espazo recreativo e cultural para toda a familia durante os meses de verán. Outras propostas musicais ao aire libre son as de TerraZeando e o Festival Feito a Man. Por unha banda, o Feito a Man é un festival de música ao vivo nas terrazas e prazas da zona vella de Santiago que se desenvolve durante o mes de agosto a diferentes horas do día, organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella. Ao peche desta edición, todavía non tiñan presentado a súa programación.
O cartel dos Atardeceres do Gaiás sempre xera expectación para estar ao día da actualidade musical tanto a nivel internacional como galega, que conta cun peso relevante e de estilos variados. Así, nesta oitava edición poderase escoitar a música combativa de A Banda da Loba. O ciclo é tamén un escaparate das última tendencias musicais. Por iso nesta edición estarán algúns dos representantes máis actuais dos sons urbanos como son o hip hop, trap ou a electrocumbia. Neste último caso da man de Tremenda Jauría, unha das formacións do panorama estatal que máis está a triunfar neste estilo con letras feministas e socias, que será a encargada do peche por todo o alto o 18 de agosto. Os sons internacionais veñen da man da híbrida formación Shirley Davis & The Silverbacks que mestura compoñentes australianos e españois para ofrecer un funky do máis bailable; a paixoal arxentina Nathy Peluso; os mexicanos La Redada; ou Dom La Nena, do Brasil. Ademáis, teremos representantes do indie, desde o intimista de Pajaro Sunrise, o punk de Las Odio ou o intelixente humor de Pony Bravo.
Por outra, TerraZeando é un ciclo de concertos organizado pola asociación Desconcierto Cultural, que nos traen bandas alternativas nacionais e internacionais para actuar ao aire libre, en espazos singulares da nosa cidade. Comezou o pasado 26 de xuño e durará ata o 26 de xullo, cun cartel que inclúe a Dear Telephone , Los Reyes Magos, Exnovios e Alberto & García + Helen and Shanna. Se queres máis información sobre estas propostas musicais, consulta as páxinas de Axenda neste mesmo número de Pincha ou en revistapincha.gal En definitiva, se tes pensado pasar o verán en Compostela, hai unha enorme oferta para refrescarte e divertirte en recunchos verdes da nosa cidade. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
LE AS ENTREVISTA COMPLETAS A Revista de Gastronomía & Cultura
JOSÉ ANTONIO LIÑARES, DO HOTEL COSTA VELLA, E KIKE PIÑEIRO E ELOY CANCELA, DE A HORTA DO OBRADOIRO, EN
REVISTAPINCHA.GAL
Pincha | Revista 8
a rte & d eseno
Dur
Vestir co traxe galego
volve a estar de moda!
ante moitos anos os panos e os bordados máis valiosos dos galegos e galegas permaneceron agochados en huchas! Queimouse moitísima roupa. Moitos sentían vergoña daquela herdanza, daquela tradición, do de antes, do noso... Di Montse Liñares que o programa de televisión Luar abriu moitas portas, para que a xente maior das aldeas sacara do baúl e das artesas, entre aturuxos, todo ese patrimonio que, hoxe, volve lucir nos nosos armarios! Leva toda a vida dedicándose ao folclore, levaba grupos e aínda segue dando clases de baile... Fai doce anos, diante do problema de non atopar os tecidos que buscaban, para facer os vestiarios, xurdiu a idea de facer unha tenda onde encontrar todo!! “En Bulideira hai zapatos, medias, instrumentos, mercería, xoiería, complementos, dende os botóns ata o tecido ideal, para un traxe. Ese foi o noso punto de partida e temos un taller onde che facemos o traxe a medida e alugámolos, tamén, sobre todo para nenos máis pequenos. Intentamos a parte do tradicional, partir de pezas antigas e orixinais e evolucionalas para lucilas a diario, hoxe, e en calquera sitio! Temos unha sección de xoiería deseñada por nós, recuperamos pezas, reproducímolas en prata e bixutería. E realizamos un gran traballo que non se ve, o de investigación. Estamos en contacto con museos e andamos polas aldeas, petando nas portas, (xa vedes, rebuscando nas huchas) recollemos pezas auténticas, para poder reproducilas. Reproducimos,
por exemplo, panos antigos, tanto en seda, como en raión, para que todo o mundo poida ter acceso ao que facemos. Temos copias exactas de pezas antigas, as teas son os nosos deseños, mandámolos facer, exclusivamente para nós, baseándonos nos traxes antigos que atopamos, aínda que os teares de hoxe non son iguais, claro. Pero intentamos achegarnos ao máis posible”. Un traxe galego de muller pode pesar, ben, 16 quilos. Bordar como hai 150 anos, leva moitas horas. Depende de se o traxe é de traballo ou de garda e do número de pezas, pero pódelles levar ata un ano enteiro! E cada día, aínda que aos pouquiños, dáselle máis valor a este traballo. “A nosa indumentaria é un mundo espectacularmente diferente e marabilloso! Isto non vai morrer nunca, hai moitos namorados, cada vez máis, que valoran o vestiario tradicional galego. Parte do noso traballo é poñer en valor o que temos! É moi satisfactorio que os clientes marchen convencidos do que levan! Non polo valor (económico) da peza, senón porque estás gardando unha tradición, son parte de esa recuperación. Contribúen a que isto non morra, a que a tradición se manteña viva e a que cada vez sexamos máis os que gocemos dela! Aquí atopas pezas de todos os prezos! Podes levar unha reprodución dun pano de hai 200 anos, que utilizou unha muller de Santiago. Nós non queremos que as nosas pezas ou traxes sexan só para o folclore, queremos achegarnos a todos os demais. Podes levar uns brincos, cunha diadema a traballar”...
“Non queremos que as nosas pezas ou traxes sexan só para o folclore, queremos achegarnos a todos os demais”
| 10
Por Jéssica Pintor
Gastronomía & Cultura Xoería artesanal. Foto: Iván Barreiro
A Bulideira é a paixón de Montse, o seu soño. Entre rasos, brocados e xustillos, pandeiretas e aneis, imaxino outra Galicia... A de antes! E volvo logo á de hoxe, onde unha enagua con encaixe de Camariñas, unha blusa a xogo e un San Cosmeiro, serviron de traxe para unha voda nas Canarias e onde un traxe galego tradicional viaxou ata Shangai, para servirlle de vestimenta á dona dunha casa de té, na cerimonia da bebida chinesa (as marabillas de Internet)... Sigo embelesada coas telas, cos brillos, coa maxia do traxe galego. Eu teño un pano, lila e prata, mercado aquí por certo, pero xa fai tempo! Creo que necesito outro...
Nas tendas Bulideira e De Cotío podes atopar traxes, xoiería, complementos, bolsos, zapatos..
De San Lázaro viaxamos á rúa de Xelmírez. En De Cotío agárdanos Rosa Segade, unha das donas da tenda, xunto con Montse Rivera. A andanza deste local comezou con elas no 1996. Antes funcionaba como local comercial e tiña xa a parte de tradicional, alí onde está a lareira. “O novo nome engloba todo o que vendemos, cousas de poñer todos os días... Ao traxe galego máis pobre ou de traballo, chámaselle tamén de cotío, o de todos os días... E ao mesmo tempo, o nome tamén recolle todo o resto que vendemos na tenda. Aquí podes encontrar todo o que ten que ver co traxe
tradicional, aínda que é difícil, porque hai teas que xa non existen... Pero intentamos reproducilos o máis fielmente posible. E na parte contemporánea, buscabamos algo que se diferenciase do resto: bixutería artesá (primando aos artesáns galegos), sombreiros, bolsos, zapatos, picamos un pouco de todo... Tamén temos librería e discos relacionados co mundo tradicional e só en lingua galega! Ao principio ata vendiamos alimentación, porque aquí non había practicamente ningún sitio que os vendera. E cos libros pasou igual, non había libros relacionados co mundo tradicional e escritos en galego. Aquí podes atopar libros de usos e costumes, etnográficos, do traxe, libros infantís en galego, que non había por aquel entón, tampouco”. Daquí teño unha saia de lá, cor prata con brillos. Ten tres botóns Calzado en De Cotío. Foto: Iván Barreiro. 11 |
Pincha | Revista 8
a rte & d eseno
de cada lado das cadeiras e unha boneca, na fronte, coloreada cuns beizos moi vermellos e de cabelos negros azabache. En De Cotío tamén fan o traxe tradicional por encargo, teñen algunhas pezas feitas, que tamén están á venda, para que os visitantes poidan ver, tocar e probar. “Todo o feito é tradicional, tradicional! Ou a iso aspiramos”, -remarca Rosa-. “É difícil, evolucionamos constantemente, bebemos dos nosos propios erros, buscamos documentación, hai xente que se dedica á recollida do traxe, como a miña socia. É unha labor de investigación constante. En algunha ocasión fixemos algún traxe inspirado no tradicional que non o é, algunha noiva... A Leilía no seu último espectáculo, fixémoslle nós un vestiario que bebía do tradicional, aínda que non tiña nada que ver, vestidos como de festa, feitos en panos dos que se usan para as saias e bordados ao aire, macro dimensionados... Facémolo de cando en vez, pero ao que nos dedicamos e ao tradicional”.
Panos en Bulideira. Foto: Iván Barreiro.
Rosa Segade, en De Cotío. Foto: Iván Barreiro.
Aquí tamén merca xente vinculada ao tradicional, basicamente, aínda que a zona de diante é para todo tipo de clientela, pero Rosa di que cada vez hai máis xente que se atreve! “Temos moita xente que non está vinculada ao mundo do folclore e que leva, por exemplo, un pano tradicional para levar á rúa... A min sempre me gusta facer chiscos, encántame sacar a roupa de tradicional á rúa, de xeito descontextualizado. Gústame moito cando de repente pois alguén vai como Sabela King de The Lákazans, a recoller o premio ao mellor grupo de Blues nos Premios Martín Códax da Música cunha das nosas saias... Temos unha clienta que leva chaquetas de tradicional con vaqueiros e botas e un cliente masculino que en verán leva bermudas e pano de namorar!” Gotiña a gotiña a xente vai levando, imos levando o traxe galego á rúa, porque volve a estar de moda... E queremos que sexa, desta vez, para sempre! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
| 12
Montse Liñares, en Bulideira. Foto: Iván Barreiro
isto_196x259.pdf
1
30/10/17
10:18
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
i sétoe e l
cr
Es #ocio, it is #leisure, il est #loisirs, é #lazer, es ist #freizeit …
Dise case igual en todo o mundo, pero é unha forma de gozar moi de Galicia.
SON SERVIZOS TURÍSTICOS CERTIFICADOS POR GALICIA CALIDADE
RESTAURANTE A PONTE RIBEIRA • A CARBALLEIRA RESTAURANTE • A TABERNA RESTAURANTE • ASADOR VACAVELLA • BAR BERBERECHO • BAR TAMARINDO • BODEGUILLA DE SAN LÁZARO • BODEGUILLA DE SANTA MARTA CORAL RESTAURANTE MARISQUERÍA • EIRADO DA LEÑA • LA POSTRERÍA • MESÓN A CEPA • O BARAZAL • O CURRO DA PARRA • RESTAURANTE A MIRANDILLA DE RINLO • RESTAURANTE BIDO • RESTAURANTE CANTINA RÍO COVÉS RESTAURANTE CARMEN • RESTAURANTE EL COTO RESTAURANTE CASA DE LOS PECES • RESTAURANTE CHICOLINO • RESTAURANTE EL REFUGIO • RESTAURANTE ESPAÑA • RESTAURANTE FINISTERRAE LA TORRE RESTAURANTE MARDIVINO ASADOR • RESTAURANTE O GRELO • RESTAURANTE YAYO DAPORTA • HOTEL ALFONSO IX • HOTEL BOSQUE MAR • HOTEL CAMPOMAR • HOTEL EGO / RESTAURANTE NITO • HOTEL PAZO DE ALTAMIRA HOTEL ROTILIO • HOTEL SPA NANÍN PLAYA • TALASO HOTEL LOUXO - LA TOJA • HOTEL AUGUSTA SPA RESORT **** SUPERIOR • HOTEL BLUE CORUÑA • HOTEL MONUMENTO PAZO DO RÍO • A PARADA DAS BESTAS • CASA DAS XACIAS CASA DE CACHEIRO • CASA RURAL ABADÍA EIRAS • CASA VIXIDE • O RINCÓN DA BAIUCA www.galiciacalidade.gal
galiciacalidadelecer.gal
Pincha | Revista 8
666 rpm
S
H
O
Por César Varela
W
RamÓn Figueira
“Figui”
Mr. Philharmonic Cartoonist Chef Man
A
Santiago vou lixeiriño camiñando, coa miña filharmónica sen saber que a cociña do Mou’s me está agardando. A Santiago vou lixeiriño debuxando o camiño do blues, sen ser moi consciente de que é o futuro que me está agardando...
Dende a República Independente do Barbansa, e despois chupar moito merengue nas Illas Canarias, afíncase en Compostela, onde reside e traballa en diferentes proxectos a día de hoxe. Desde os fogóns do Mou’s Bar, ata os garitos de blues de Compostela, farache sentir bolboretas tanto no bandullo como nos teus oídos. O SEÑOR, con maiúsculas, Ramón Figueira, “Figui” para os amigos, elabora un trifásico con ingredientes esenciais. Toca a harmónica, ou coma o seu avó lle chama, a Filharmónica, debuxa viñetas e cociña melodías coma só el sabe facelo. Socorro! Non o agobiar que van saír todas as comandas. Que jevi! Sr. Halloran, que hai na 101? Iso se preguntaban os hóspedes do Hotel Los Trillizos anos atrás en Boiro, cando usaban ese cuarto que parecía o camarote dos irmáns Marx para ensaiar. Guitarrista frustrado, que comezou no mundo da música cun proxecto que nunca conseguiu levar ao directo enriba dun escenario, a pesar de ser o seu obxectivo: o grupo Cochinillos y Bebés (igual de aí xa viña a súa paixón pola gastronomía, coa súa avoa como máximo referente). Anos máis tarde, despois de ver en directo en Compostela a Los Reyes del K.O. caeu no pantano do blues, o Río Coroño de Boiro, afluente do Misisipi. Esa noite cruzouno e rehogóuse nel coma un exquisto
Figui, ‘cociñando’ harmónicas no Mou’s Bar. Foto: Iván Barreiro
manxar. Esto no es Hawai. Que wine! Blues ao roxo vivo. Ollo! Non é mudo! Oído cociña! Super fan de Jamie Oliver e Anthony Bourdain, que hai poucos días decidiu apertar ao máximo o cinto e poñerse Eternamente a Dieta, debuxa viñetas con aire culinario, cotidiano e alma negra. “Eternamente a Dieta”, a súa colección de viñetas que cada día engorda máis, presentouse por 1ª vez en forma de Expo en La Borriquita de Belén (Compostela), e nun futuro non moi lonxano, pero si lonxevo, volverá...
Gastronomía & Cultura
Percorre o país con bandas como The Lákazans ou Andhrea & the Black Cats A gastronomía é o novo Rock And Roll. The Lákazans, Andhrea & the Black Cats, Sabela King & The Heartbreakers, The Fabulous Resaca Brothers, The Big Lis Gumbo Band son unha boa mostra das súas habilidades no ámbito musical. Bandas coas que percorre desde hai anos a xeografía deste país, onde deixa boa mostra da súa paixón polo blues, o soul, o rock and roll, a música con sentimento, alma, e sobre todo, moita elegancia, onde sen dúbida algunha, afía a súa harmónica e saca o seu lado máis canalla. De luns a venres á hora do xantar pódelo pillar coas mans na masa, entre os fogóns do Mou’s Bar (Rúa Melide 17, Compostela). Amasoume! Hai anos facían boa pasta en Vite ou Pontepedriña, agora todo se cociña ao punto de sal con follas de Saljeiro. Que fachenda! Al Capone, Al Pacino, Al carallo! Al lío! Toca cociñar! Se non, non se fai pasta. E
Costa Vella como din alí: “O que non mata, engorda”. Os seus pratos están para chucharse os dedos, e se o visitas con frecuencia acabarás de bo ano, camiñando logo cara o lado escuro como Dar Váter. Non é por facerlle a pelota, pero é mundial, e máis cuns cacharros enriba... A pouco máis vírome encarnao. Ai non! Debo estar morao! No Mou’s, aínda que se vistan de amarelo, triunfa o humor negro e a alma negra, mais non cociñan con tixolas de cobre. Iso si! Son tan salgados, que ata me meteron entre as súas ensaladas. Figui toca coma un anxo disfrazado e saca todo o seu demo interior (Devil in Disguise) e cociña comida refogada con aires de blues.
Hotel Terraza
costavella.com 981 569 530 Porta da Pena, 17 Foto: Iván Barreiro
Santiago
15 |
Pincha | Revista 8
666 rpm
Con The Lákazans (Figui é o segundo pola esquerda).
Marabilla sonora o 3º traballo de The Lákazans, que se esconde baixo o título de Sandwina (Banda que o presente ano foi galardoada co trofeo ao mellor grupo de Blues nos Premios Martín Códax da Música), do que recentemente publicaron o seu 1º videoclip “My Darling”. Perlaza visual e auditiva.
“Eternamente a dieta” é o nome da súa colección de viñetas
Naufraga no pantano do blues, e con todos os seus proxectos deixarase caer este verán por Compostela, Allariz, Pontevedra, Vilagarcía, A Coruña, Pobra do Caramiñal, Narón, Combarro, Salamanca, Jaén,... Quédalle un verán duro por diante, coma dicían Los Coyotes de Victor Abundancia.
Se aínda non o coñeces, xa estás tardando! Figui é amor! Ou como dicía Bob Marley: Is This Love! Non te perdas as súas próximas actuacións en directo, as súas novas creacións viñeteiras e desde logo, nin se che ocorra non ir degustar os seus pratos. Ponte eternamente a dieta... Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Figui recreou a súa entrevista para Pincha nunha viñeta.
| 16
Atardecer no Gaiás
VERÁN NO GAIÁS 2018
Concertos ao aire libre ao caer o sol
Xoves, venres e sábados do 5 Xul ao 18 Ago PRAZA CENTRAL
Máis información:
cidadedacultura.gal
As Nocturnas
Visitas Xincanas Astronómicas literarias Todos os sábados, do 7 Xul ao 15 Set, excepto o 28 Xul e 25 Ago
Visitas distendidas ás exposicións con música e petiscos
Actividade lúdica ao redor de Otero Pedrayo
Concerto
III Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia
22 Xuñ
1 Xul
PRAZA CENTRAL
MUSEO CENTRO GAIÁS
Unha noite no Bosque
Camiño ao Gaiás
Día da Música:
SondeSeu Arraianos
Acampada para a cativada no Bosque de Galicia
Andainas desde o casco histórico á Cidade da Cultura
Todos os venres, do 29 Xuñ ao 17 Ago
Todos os xoves, do 5 Xul ao 13 Set
BOSQUE DE GALICIA
ESPAZOS EXTERIORES
Cidade Imaxinaria
Encontro de Artistas Novos #EAN8
Espectáculos para toda a familia ao redor do circo
Residencia artística
11 e 18 Xul
24 e 31 Ago 7 e 14 Set
25 Ago
26–30 Ago
ESPAZOS EXTERIORES
EXTERIOR BIBLIOTECA
MUSEO CENTRO GAIÁS
PRAZA CENTRAL
MUSEO CENTRO GAIÁS
XV Romaría Coral Galega
Concerto de Emilio Rúa
Galicia Universal. A arte galega nas Coleccións de ABANCA e Afundación
Baldomero Pestana, a verdade entre as mans
Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica –AAMA Intervención artística nas Torres Hejduk
Exposición
Exposición
16 Set
21 Set
30 Ago–26 Nov
Ata o 14 Out
Ata o 2 Set
PRAZA CENTRAL
MUSEO CENTRO GAIÁS
TORRES HEJDUK
MUSEO CENTRO GAIÁS
MUSEO CENTRO GAIÁS
No museo, pola cara
Betula Pendula
Reb/veldas na paisaxe
Exposición de retratos fotográficos de alumnas/os de Ed. secundaria
Intervención paisaxísitica nas Torres Hejduk
Recollida de bastóns de peregrinos
Visitas arquitec– tónicas
Ata o 2 Set
Ata o 19 Ago
MUSEO CENTRO GAIÁS
TORRES HEJDUK
ORGANIZA
Intervencións artísticas nos espazos naturais do Gaiás
Recompilación para a intervención artística no Bosque de Galicia
Ata o 21 Oct
Todo o verán
BOSQUE DE GALICIA E PARQUE DO LAGO
OFICINA DE ATENCIÓN AO PEREGRINO
FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA
Coñece todos os recunchos do complexo arquitectónico INFORMACIÓN E HORARIOS EN CIDADEDACULTURA.GAL
Pincha | Revista 8
ouvido
Cervexa sen présas na... TABERNA A FUEGO LENTO Chega
á Compostela unha nova cervexería que promete descubrirnos todo un mundo de sabores artesanais. Estamos a falar da Taberna A Fuego Lento (Rúa Vilar, 25). Trátase dunha aposta do hostaleiro Alfonso Moldes, que une a súa experiencia para traernos toda unha variedade de cervexas servidas dunha forma especial, prometendo os mellores sabores para os días e noites de verán. Moldes, con máis de 30 anos de experiencia no sector hostaleiro, quería crear unha cervexería diferente en Santiago, con personalidade propia, dentro da súa filosofía de non ter clientes senón amigos. E así foi que naceu a Taberna A Fuego Lento. O propio nome da taberna, “A Fuego Lento”, é unha declaración de intencións xa que tanto as cervexas como á cociña están feitas sen présas, con agarimo, receitas tradicionais para que o cliente poida gozar dos sabores. Recordemos que a cervexa necesita cocción; elabórase a partir dun cereal que leva un tratamento, pero o 88% é auga. Por iso, as cervexas ben feitas fanse a fogo lento. O produto, a receita e a maquinaria son os ingredientes segredos para unha cervexa saborosa.
Neste novo local podemos atopar todo o amplo portfolio de Mahou San Miguel. Hai Alhambra, San Miguel Selecta, Barrica de Mahou… Así como microcervexerías de Mahou como Nómada Brewing ou Founders Brewing. De feito Founders é a cervexa número un dentro das que se fan en Estados Unidos. Para conservar todo o sabor, a Taberna A Fuego Lento dispón de seis grifos, sempre coa cervexa en frío. Ademais, todo o produto consérvase en cámaras de frío, semellantes as vinotecas que xa coñecemos. É a forma de tratar como merecen ás cervexas de calidade. A Taberna busca contribuír á cultura cervexeira de Compostela e de feito ten previsto realizar catas e maridaxes. Dentro deste obxectivo de crear amor pola cervexa, Mahou está apostando por potenciar a xente que sabe facer cousas distintas. Alfonso Moldes pon o exemplo de Nómada, da que se confesa namorado. Nómada era unha marca independente que foi adquirida por Mahou. Pero a gran marca respecta á pequena; inclúe ás persoas, coa súa marca, e lle aporta todo o material suficiente para facer cervexas distintas. Unha cervexa para cada intre Na súa casa, Alfonso Moldes quere aconsellar aos clientes para que gocen das cervexas máis axeitadas para cada hora do día. Cada cervexa ten o seu momento. “Eu teño cervexas que se mas piden a primeira hora da mañá, intento convencerlles para que pidan outra. Porque as cervexas divídense,
E é que a boa cervexa merece un trato coidado, mimando a temperatura, a exposición e dándolle unhas atencións semellantes as que xa recibe o viño. A cervexa é moito máis que un simple refresco, é unha arte. Alfonso Moldes, na rúa do Vilar, onde abre o seu novo negocio: a Taberna A Fuego Lento. Foto: Iván Barreiro. | 18
Gastronomía & Cultura
independentemente dos estilos, no tipo de trago”, explica Alfonso. Hainas de trago longo, semilongo e curto. As que son de trago curto son cervexas con moito sabor que tes que saber saborear. Todas as cartas da Taberna levan a súa ficha de catas, e o persoal pode responder a todas ás dúbidas e necesidades dos clientes. Cociña O agarimo en Taberna A Fuego Lento non só está na cervexa senon tamén na cociña que a acompaña e marida. É unha cociña con toques de autor. O concepto de cociña é regresar ao tradicional e verdadeiramente importante: o produto, apostando tamén por coccións moi lentas. “Traballamos con cociña de leña, exclusivamente, recuperando as receitas antigas das nosas avoas adaptándoas ás técnicas modernas. Temos tamén forno de brasas de carbón”, engade Alfonso Moldes.
Podemos atopar todo o amplo portfolio de Mahou San Miguel: Alhambra, San Miguel Selecta, Barrica de Mahou... Así como microcervexerías de Mahou como Nómada Brewing ou Founders Brewing
Decoración A cargo do prestixioso arquitecto Rafa Novio, ten un toque moderno pero imitando ao antigo, inspirado nos cafés de París dos anos 20, cunha mesa central con distintas alturas, todas de mármol; botelleiros de cervexas forrados de cinc e, o máis espectacular, unha barra pegada á parede, de forma que non se separa ao camareiro do público. Tamén hai toques ingleses no mobiliario. Con estas propostas, a Taberna A Fuego Lento únese á nova tendencia en cervexerías; vivas, imaxinativas e con diferentes produtos, moitos de tempada. A bo seguro que gusta aos composteláns, sempre abertos a coñecer cousas novas, grazas tamén á maior cultura viaxeira. Por fin as mellores propostas en cervexas chegan á Compostela. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Taberna A Fuego Lento Rúa Vilar, 25 Horario De 10:00 a 00:00-01:00 Revista de Gastronomía & Cultura
Proxecto do novo local
19 |
Pincha | Revista 8
entrevista
A banda tocarรก no Toural o 20 de xullo dentro das Festas do Apรณstolo
| 20
Gastronomía & Cultura
Por Jéssica Pintor
Liridade Noctámbula,
de cando o blues en galego chista máis que en castelán!
En Liridade Noctámbula son nove integrantes. Foto: Iván Barreiro.
21 |
Pincha | Revista 8
entrevista
D
úas figuras masculinas camiñan ao lonxe. Visten de escuro. Altos, delgados. Moi tesos e rostros serios. Non se deteñen. Non sorrín. Parece que estou una escena dunha peli de hai tempo, desas de branco e negro! O ceo está tinguido dun gris tormentoso, semella que vai chover e o camiño é longo... As pegadas fan eco. Máis preto, un leva gafas, maletín, traxe de chaqueta... É avogado. É cantante. É cantante e é avogado. É Ramón Rey!, a voz de Liridade Noctámbula. O outro é o noso querido fotógrafo Iván Barreiro. Imos falar de música, imos falar de poesía, de poetas, de jazz... Imos escoitar blues, pero ímolo facer en galego!
baixo, “ademais de coautor do proxecto é encargado dos arranxos musicais”; Alejandro Daniel Casqueiro, a cargo do piano, hammond e fender rhodes; Carlos Arévalo, o batería; Javier Cedrón, ao violín; Rodolfo Amaral, á guitarra e Ramón, líder do grupo, quen ademais de cantar e ser coautor dos temas, dálle á guitarra. Mentres me fala de cada un, non esquece tampouco ao produtor, Javier Abreu, ao Estudos A Ponte e Atrapason, en Santiago,
Liridade Noctámbula naceu cando Ramón estudaba Dereito en Granada, en 2004. En 2009, volveu a Santiago e montou a banda, que foi premiada co Música Xove. Viaxou despois a Madrid para facer un máster e foi en Alcalá de Henares, onde xurdiu o disco “9 poemas de Lorca”, seis deles en galego (“Seis poemas galegos”) e dous en castelán de “Poeta en Nueva York”. No grupo son nove integrantes. Tres voces femininas, Sara de Sousa, “cunha voz moi moi grave, pouco habitual”; Cristina Castro, “unha voz moi lírica”; e a de Laura Villanueva “que tamén é moi particular, todas elas o son, voces con moita personalidade, moi delas. Non só fan coros, senón que son, tamén, voces principais”. Fabbio Alonso, no | 22
Ramón Rey canta, compón e toca a guitarra no grupo. Foto: Iván Barreiro.
Gastronomía & Cultura
e Estereoarte, en Vigo, onde comezou a gravación do seu traballo. Financiado por Castelao Abogados, a masterización fíxoa Pepo Scherman, un coñecidísimo enxeñeiro de son, e a fotografía o noso Iván. E neste punto sorrimos todos! A banda móvese por diferentes estilos, “non é para nada estática, collemos toda a música de raíz sen facer fusións, utilizamos cada pao no seu sentido máis primario... Blues, swing, rock progresivo, reggae, funky... Aí está a alegría de Liridade, cada tema é un estilo distinto. Xa se nos asocia cunha sonoridade característica, na que se mesturan en diferentes capas: música e voces, que fan un son propio, máis ben cara o jazz. Pertencemos á world music, pero o jazz é a onda por onde imos, poderíamos dicir. Temos claro o que queremos, tiñámolo dende o principio: boa música, mesturar a riqueza da lingua galega, sen caer en tópicos, sen caer en ningún tipo de ideoloxía, tampouco. O galego é unha linguaxe rica, cunha sonoridade especial, máis rica que a do castelán, non hai que darlle tinturas de ningún tipo, nin cara ningún lado!” Aínda que neste disco hai dous poemas en castelán, Liridade Noctámbula canta maioritariamente en galego e levará á Praza do Toural os seus “9 poemas de Lorca”, nas festas do Apóstolo (o venres 20 de xullo). Xa tocaron no campus Sur, na Alameda, no Teatro Principal e a súa máxima aspiración é chegar a actuar, por suposto, na Quintana! Ramón anímame a que descubra algún dos seus temas, antes desta cita. De feito, tres deles pódelos escoitar cando visitas a súa páxina web. Así o fixen, recoñecín algún... O primeiro é “Chove”, e a esas alturas do día, chovía xa, de feito! “O característico do disco é que ten un percorrido especial. O repertorio está deseñado, os temas van enlazados, hai cortes, porque no CD hai cortes, pero se o escoitaras en vinilo, podería soar todo seguido! As melodías de voz que hai nun tema, aparecen como melodías de violín noutro e en piano noutro, é típico. Entón o directo irá por aí, facer todo o percorrido da obra de Lorca así, porque nós entendémolo así, da forma que está no disco, intentar executalo de maneira continua, aínda que teñas que interactuar co público, o que o espectador vai atopar con
“Démoslle vangarda á obra de Lorca, toda a forza que pedía nos seus poemas”
Liridade é basicamente música, a beleza de música, sen discurso... Igual un pouco de discurso poético si, pero sen discurso político, nin de ningún tipo máis aló do musical! A nosa proposta é que a música se sustente por si mesma, non é música de festa, nin de tristeza, pasa por diferentes episodios. Ao igual que a poesía de Federico García Lorca: que pasa por momentos de namoramento, momentos de tristeza máxima... É como un camiñiño que fixemos sobre a súa poesía e en directo soa moi cru e moi duro, porque son moi bos músicos, e é moi efectivo! Acabamos de tocar na Fundación Paideia, na Coruña, e tivemos moi boa acollida. A xente pensa que por ser poemas de Lorca, vai atopar un grupo tipo canta autor e “ñoño” e non, é todo o contrario! Démoslle vangarda á obra de Federico, démoslle toda a forza que el pedía nos poemas ou iso é o que intentamos facer”. E fano ben, confirmo. Agora están buscando produtora ou unha axencia que xestione o seu proxecto, porque cren que non é bo que os propios músicos leven a xestión do grupo. Pretenden que sexa alguén que achegue a súa proposta a todos os recunchos, feiras de libros, diferentes espazos culturais... Ramón di que non se imaxina vivir só da música, nin só vivir do Dereito. Resúltame moi curioso. Moitos músicos na actualidade combinan diversas facetas. A artística é unha forma de evadir, quizais, a agresividade doutro mundo máis terreal... Non? Centrarnos na beleza, a das harmonías, por exemplo como di Ramón... Ao fin, a poesía sempre me pareceu unha forma de escape, incluso da choiva... Dicía Manuel Antonio, quen deu nome a esta banda, grazas ao seu poema XI (intitulado como Liridade noctámbula): A choiva entrou na noite/ fechou por dentro a porta/ e púxose a escribir o seu Poema... Agora silencio. Soa un blues, un blues en galego. O “Blues” de Liridade. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
23 |
Pincha | Revista 8
#apapa r
ARROZ CON LAGOSTA NO ALBERGUE RESTAURANTE CASTRO
Aproveitando o tirón do Camiño de Santiago, o Albergue Restaurante Castro abriu as súas portas en Palas de Rei no ano 2013. Neste establecemento familiar os peregrinos poden atopar unhas confortables habitacións de 4, 6 ou 8 prazas (en total dispoñen de 62). Cada liteira ten cortinas, luz individual e enchufe, o que permite un grao de intimidade que os clientes agradecen moito. Tamén contan con aire acondicionado, calefacción, WIFI, lavandería, secadora e sabas de tea. Todo por só 10 euros a noite. Pero @JuanEAT_o non se desprazou ata Palas para durmir. O seu é a papatoria. E niso, no Albergue Restaurante Castro tamén son expertos. Na súa cafetería ofertan pratos combinados, hamburguesas e bocadillos. No restaurante, que frecuentan por igual veciños e turistas, podemos decantarnos pola carta ou polo menú do día. Non se esquecen tampouco dos vexetarianos, cun menú exclusivo para eles que estrearon este mesmo ano. Sexa como sexa, a experiencia promete ser boa. Na nosa visita prepararon un arroz con lagosta que deixou a @JuanEAT_o relambendo os dedos. Por que? Cóntanola unha vez máis el mesmo nesta nova entrega de #apapar
| 24
Foto: Iván Barreiro
Datos Lugar: Albergue Restaurante Castro Av. Ourense, 24 Palas de Rei Prato: Arroz con lagosta Prezo: 40 € para dúas persoas Valoración:
Gastronomía & Cultura
Por @JuanEAT_o
S
aín de Santiago con moita curiosidade por coñecer o Albergue Restaurante Castro, en Palas de Rei. Non é un lugar que frecuente moito e tiña gana de saber como cociñan pola zona. Ao final, a experiencia resultou todo un pracer. Fernando Torreiro e a súa xente foron moi amables, ensinándonos o restaurante e como traballan entre fogóns. Iso non o fan en todos os sitios e sempre é de agradecer poder ver onde van facer o que vas levar á boca. Na miña mesa puxeron un fantástico arroz con lagosta. Que destacar del? Podería destácalo todo. Confeso que ao principio pensei que o arroz non estaba no seu punto. Gran erro de novato! Conviña deixalo repousar. E efectivamente, a cada bocado o arroz collía máis e máis sabor. O que lle daba a lagosta, que se notaba que era ben fresca. Con dicirvos que comín case todo e iso que é un prato para compartir entre dúas persoas! E quedando, ben. A gusto. Aínda que a min se me puxeran outra lagosta máis grande, tamén a comía (hahaha!). Se vos decidides a ir ao Albergue Restaurante Castro, recoméndovos probar tamén algo de carne. Eu quedei coas ganas despois de ver os produtos que tiñan expostos no propio comedor! Notábase nas cores e tamaños que son pezas de moita calidade. Na miña próxima visita a Palas non o dubidarei: Para min, unha costaleta á grella, por favor!! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
@JuanEAT_o dando boa conta da lagosta. Foto: Iván Barreiro
25 |
Pincha | Revista 8
#apapa r
Fernando Torreiro Castro
“No Camiño de Santiago cada vez estamos máis profesionalizados”
A
s paredes do comedor principal do Albergue Restaurante Castro están repletas de referencias a estas típicas construcións galegas. Un nome que escolleron tamén para este negocio familiar como homenaxe ao seu apelido. Fernando Torreiro Castro amósase orgulloso do que teñen conseguido, apostando por un establecemento no que miman aos clientes coma se foran da casa. Nos últimos anos fálase de cifras récord no Camiño, con cada vez máis peregrinos. Tamén se nota no voso albergue?
Eu noto por exemplo que antes non viñan americanos. Desde o 2015 empezaron a vir de forma masiva. En canto ao crecemento global é difícil de dicir porque nós abrimos no 2013 e a partir desa data abriron nesta zona uns sete ou oito establecementos entre albergues e pensións. Entón a oferta de cama é moi alta. Para min estase ‘superpoboando’, e non de peregrinos, senón de negocios. De onde proceden a maioría deles?
A maioría son españois. E despois tamén veñen moitos italianos, franceses, de países nórdicos e americanos. É o peregrino un bo cliente? Ou é un turismo low-cost?
É moi bo cliente. É un pracer atendelos. Hai sempre un antes da ducha e un despois da ducha. Cando descansan, teñen outra cara. A maioría son encantadores. Dígoo de corazón. En canto aos cartos que gastan, hai de todo. Por desgraza, os que menos temos somos os españois. E con que sensacións chegan? Hai queixas sobre como está o Camiño?
Cada vez imos a mellor. Polo que contan, cada vez estamos máis profesionalizados no Camiño. Eu recordo que no ano 1993 un vaso de auga da fonte a un peregrino pedíanlle cen pesetas. E teño visto en Santiago, cando os | 26
Por Rebeca Munín
Gastronomía & Cultura
Fernando Torreiro, no interior do seu restaurante. Foto: Iván Barreiro
“O peregrino é moi bo cliente pero, por desgraza, os que menos cartos teñen son os españois” menús do día custaban 500 pesetas, cobrarlle aos peregrinos 5.000 ou 6.000. A xente foi dándose de conta que isto era unha galiña que había que explotar. Pero sendo profesionais. Iso intentamos. Cales son as especialidades do restaurante?
Temos un menú do día moi variado e completo. Por 12 euros ofrecemos catro ou cinco primeiros e catro ou cinco segundos. Sempre procuramos meter unha culler: caldo, lentellas, callos… Pero o caldo galego é moi moi moi pedido. O caldo, xunto co pulpo á prancha, son dous dos nosos pratos estrela dentro do menú. Despois temos unha carta con boa carne traballamos churrasco, costeleta, solombo…- peixe fresco, e vendemos moitas paellas. Ademais acabamos de poñer en marcha un menú vexetariano que está saíndo moi ben. Este ano tamén ampliamos a vinoteca. Temos 22 referencias, de viños moi coñecidos e bos. Competimos moito no prezo e cunha calidade boa. Que tipo de provedores tendes?
Todo é produto galego. Intentamos primeiro comprar na zona. Con provedores de Palas de Rei. Evidentemente hai produtos que non atopamos aquí, pero os máis básicos, a horta, si. Sempre temos todo fresco, do día. E non traballamos con grandes cooperativas ou tendas, senón con produtores pequenos. Coa familia. Con esta señora que ten unha leira e pranta alí. O mesmo coa carne. Non traballamos con grandes cadeas, senón con matadoiros de aquí. E Melide, que é un dos pobos máis grandes que hai ao redor, tamén nos abastece. Que é o máis importante na cociña?
O equipo. Confiar na xente que tes. É importantísimo ter uns bos compañeiros. Sen dubidalo! Cen por cen. Por que recomendarías vir aquí?
Porque poñemos moita ilusión e corazón neste proxecto. E porque temos un bo equipo e un moi bo produto da terra. Aquí todo o mundo pode pasar unha moi boa experiencia! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
27 |
Pincha | Revista 81
axend a CONCERTO DE CLAUSURA
4 DE XULLO ÁS 20:30 HORAS NO AUDITORIO DE GALICIA ■ PREZO: 9 €
Solistas coa Real Filharmonía de Galicia.
TERRAZEANDO MOSTRA COLECCIÓN CGAC 25
Ciclo de concertos en espazos singulares composteláns organizado por Desconcierto Cultural. Todos son gratuítos.
MUSEO CGAC
Programa:
ATA O 30 DE SETEMBRO ■ PREZO: GRATUÍTO
Esta mostra, comisariada por Santiago Olmo, percorre o primeiro cuarto de século de historia do CGAC a través dun total de 89 pezas escolmadas entre as 1.276 que conforman la colección. Inclúe obra de artistas como Mampaso, Vito Acconci, Leiro, Xavier Toubes ou Berta Cáccamo, recentemente falecida.
DEAR TELEPHONE
4 DE XULLO EN O XARDÍN DE XULIA
LOS REYES MAGOS
11 DE XULLO NA TERRAZA DO NH COLLECTION
EXNOVIOS
18 DE XULLO NO HOTEL COSTA VELLA
ALBERTO & GARCÍA + HELEN AND SHANA
26 DE XULLO NO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE
DIVINAS PALABRAS REVOLUTION SALÓN TEATRO
DO 5 AO 7 DE XULLO ÁS 21:00 HORAS E O 8 DE XULLO ÁS 19:30 HORAS ■ PREZO: 7€/10€
Adaptación a partir da obra de Valle-Inclán para a última produción do Centro Dramático Galego. Na versión que asinan Manuel Cortés e Xron, con dramaturxia deste último, os personaxes son os concursantes dun programa de telerrealidade, durante o que teñen que convivir nunha casa-plató vixiados polas cámaras 24 horas. Deste xeito, a ‘traxicomedia de aldea’, como subtitulou Valle a obra orixinal, convértese aquí en ‘traxicomedia de aldea global’.
‘EL LAGO DE LOS CISNES’ DO BALLET DE MOSCÚ AUDITORIO ABANCA
8 DE XULLO ÁS 19:00 HORAS ■ PREZO: 35 €
Hoxe en día, o Ballet de Moscú ofrece as mellores obras do ballet clásico. Esta academia rusa de bailaríns de ballet foi a única nese país convidada a participar en xiras por todo o mundo, viaxando por Suecia, Irlanda, Inglaterra, Xapón ou Noruega. Estrelas do Teatro Bolshói, xunto con outros corenta bailaríns, participan neste espectáculo.
II FESTIVAL DE MÚSICA ‘SERÁNS EN FEIXÓO’ PRAZA DE FEIXÓO PREZO: GRATUÍTO
Festival de música con bandas locais e galegas coa Praza de Feixóo como escenario. Organizado polos locais, Riquela, Modus Vivendi e Borriquita de Belém.
VIII FESTIVAL INTERNACIONAL PEREGRINOS MUSICAIS Festival que une a mozos solistas de todo o mundo e ademais conta con actuacións de músicos de renome internacional, establecendo nos Concertos “Mestres e Laureados” colaboración estreita entre diferentes xeracións e escolas musicais.
Programa:
ES UN ÁRBOL
4 DE XULLO ÁS 21:00 HORAS
CONCERTO EXTRAORDINARIO
3 DE XULLO ÁS 20:30 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL ■ PREZO: 9 €
Jean Johnson, clarinete e Ilona Timchenko, piano.
| 28 2
MAD MARTIN
6 DE XULLO ÁS 21:00 HORAS
MERCADO COMPOSTELA ECO&ART
TECEDORAS DO CAMBIO
PRAZA ROXA
A exposición composta por 23 fotografías de mulleres de 14 países imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades. Labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas, mariscadoras... Mulleres que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar, man a man, con ONGD galegas en procesos de desenvolvemento e de mellora das condicións materiais e emocionais das súas comunidades.
7 E 14 DE XULLO DE 11:00 A 19:00 HORAS
Compostela Eco&Art é un mercado de alimentación ecolóxica certificada, convocado conxuntamente pola Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (APEGA), e a Fundación Santiago Centro. Conta cuns vinte expositores de produtores de proximidade, tendas, elaboradores, transformadores e envasadores, ademais de actividades de divulgación sobre os beneficios de adquirir este tipo de produtos.
MUSEO DO POBO GALEGO ATA O 24 DE XULLO
Gastronomía & Cultura
Venres 6 ▼ Rels B (Baleares) + Sesión Dj. Sábado 7 ▼ Modelo de Respuesta Polar (Valencia). Xoves 12 ▼ La Redada (México).
Xoves 2 ▼ Pajaro Sunrise (Castela e León). Venres 3 ▼ Silence Lovers Club (Galicia + Protugal).
Xoves 9 ▼ Pony Bravo (Andalucía) + Sesion Dj.
Sábado 14 ▼ Dom La Nena (O Brasil). Xoves 19 ▼ Nahty Peluso (A Arxentina) + Sesión Dj. Venres 20 ▼ Yellow Belly e David Vázquez (Australia e Galicia).
Xoves 26 ▼ Mordem. Galicia.
AGOSTO
Sábado 4 ▼ Baiuca (Galicia).
Venres 13 ▼ A Banda da Loba (Galicia).
Sábado 21 ▼ Oh! Ayatollah (Galicia).
Sábado 28 ▼ Nastasia Zürcher (Suíza e Galicia).
Nastasia Zürcher
Venres 10 ▼ Rodrigo Cuevas (Asturias). Sábado 11 ▼ Las Odio (Madrid) Xoves 16 ▼ Paula Valls (Castaluña). Venres 17 ▼ N3rdistan (Francia + Marrocos). Sábado 18 ▼ Tremenda Jauría (Madrid) + Sesión Dj.
CONSULTA A PROGRAMACIÓN EN REVISTAPINCHA.GAL
paula valls
Xoves 5 ▼ Shirley Davis & The Silverbacks (Australia/Madrid) + Sesión Dj (NingúnDj).
Venres 27 ▼ Queen Simphony - Banda Artística de Merza (Galicia).
tremenda jauría
XULLO
shirley davis & the silverbacks
ACTUACIÓNS EN DIRECTO, DE BALDE, TODOS OS XOVES, VENRES E SÁBADOS DO 5 DE XULLO AO 18 DE AGOSTO, ÁS 21:00 HORAS NA PRAZA CENTRAL DA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
a banda da loba
ATARDECER NO GAIÁS
must
29 |
Pincha | Revista& 8Cultura Gastronomía
axend a
FESTAS DO APÓSTOLO SEGUNDA QUINCENA DE XULLO
Chegan as festas máis grandes de Compostela! Solemnidade relixiosa e oficial, o sabor popular e a animación conviven para converter a toda a cidade nun gran festival. Os festexos inclúen o tradicional espectáculo dos Fogos do Apóstolo, a noite do 24 de xullo, e o fin de festa con fogos artificiais desde a escalinata do Campus Universitario Sur o 31 de xullo.
axend a
WOLFMOTHER
30 DE XULLO ÁS 22:00 HORAS NA PRAZA DA QUINTANA
Os australianos Wolfmother son unha das bandas destacadas das Festas do Apóstolo 2018. O trío de Sydney é famoso polos seus shows incendiarios nos que descargan a súa adictiva mestura de hard rock, stoner e ese son vintage tan recoñecible.
CONCERTO DE BAD BUNNY
IV CICLO CULTURA NO CAMIÑO
MULTIUSOS FONTES DO SAR
| PREZO: GRATUÍTO
24 DE XULLO ÁS 21:00 HORAS ■ PREZO: DESDE 25 €
Benito Antonio Martínez Ocasio, mellor coñecido como ‘Bad Bunny’, é un novo cantautor de música urbana, máis recoñecido no subxénero do Trap Latino e Reggaeton. Chega a Compostela dentro da súa xira ‘La nueva religión tour’.
Ao peche desta edición, aínda non estaba pechado o programa cultural. A continuación, destacamos as actuacións xa confirmadas. Podes consultar o programa por completo proximamente en revistapincha.gal
Ciclo organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia en colaboración con 103 concellos das rutas xacobeas que trae a Santiago diversos espectáculos este verán.
ROJO, DE PISTACATRO Espectáculo de novo circo. 1 DE AGOSTO ÁS 19:30 HORAS NA PRAZA DA QUINTANA
ANIMACREQUES, DE CATROPÉS
XVII FESTIGAL CAMPUS UNIVERSITARIO SUR RUBÉN BLADES & ROBERTO DELGADO SALSA BIG BAND 29 DE XULLO ÁS 22:00 HORAS NA PRAZA DA QUINTANA
Un dos maiores representantes da cultura latina e toda unha icona da música suramericana chega a Santiago para encabezar as Festas do Apóstolo 2018. Serán 20 músicos enriba do escenario os que acompañarán ao “Poeta da Salsa” na súa despedida do público galego.
| 30
24 DE XULLO DESDE AS 22:00 HORAS E 2 DE XULLO DESDE AS 17:00 HORAS ■ PREZO: GRATUÍTO
Un espazo ao aire libre que une espazos de animación, de ideas, de ocio, de literatura... e sobre todo, de música, diversidade e reivindicación. As claves do Festigal: músicas, cultura, tendencias e diversidade. O día 24 actuarán The Lelli Kelly’s, Ses, Rebeliom do Inframundo e DJ Bambooh. O día 25 será o turno de Os Viqueiras de Ordes e Cabezudos, Sonia Lebedynski e A Banda da Balbina.
Espectáculo de teatro infantil. 14 DE AGOSTO ÁS 13:OO HORAS NA ZONA VELLA
THE NEW YORK SKA-JAZZ ENSEMBLE SALA MALATESTA
25 DE XULLO ÁS 21:00 HORAS ■ PREZO: 10€
Fieis a súa cita aterra de novo en Europa (por primeira vez en Compostela) un dos grupos máis recoñecidos da escena xamaicana internacional. Un bloque compacto de músicos con 13 discos as súas costas e miles de excitantes directos, por elo son unha das bandas máis demandadas polos festivais de medio mundo.
OH, OLIMPIADAS!, DE PISTACATRO Espectáculo de novo circo. 29 DE AGOSTO ÁS 19:30 HORAS NA PRAZA DA QUINTANA
3|
Pincha | Revista 1 Gastronomía & Cultura
axend a o segundo ano da súa residencia “All In” no Park theater de Las Vegas. Tal e como fixo durante a súa admirada traxectoria artística, Ricky presentará un gran espectáculo, tocando todos os seus grandes éxitos, entre eles: ‘Disparo al Corazón’, ‘La Mordidita’ ou ‘Livin’ la Vida Loca’.
desde o punto de vista físico como o cultural e melódico, con nomes de prestixio internacional. Os concertos abarcarán desde jazz, bravú, rumba catalá, ritmos africanos, son cubano, flamenco, indie e folk galego e brasileiro. Programa
GIVE IT A SPIN, DE PISANDO OVOS
5 DE XULLO
como poucos aquelo que non se ve, ofrece con Camiñantes unha mostra na que o peregrino deixa de ser por un momento un anónimo camiñante e se converte nun protagonista do Camiño que, coa experiencia que lle ofrece a peregrinación, se manifesta ante a cámara que documenta esa especial e sentida vivencia.
GUADI GALEGO + IVÁN FERREIRO – CANCIÓN DE AUTOR
Espectáculo de danza contemporánea. 31 DE AGOSTO ÁS 19:30 HORAS NA PRAZA DA QUINTANA
12 DE XULLO
XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE – FOLK/ TRADICIONAL 19 DE XULLO
VIII MILLAROCK APARCADOIRO DA TRAVESÍA DO PORTO (MILLADOIRO) 3 DE AGOSTO ÁS 21:00 HORAS ■ PREZO: DE BALDE
O Concello de Ames organiza a oitava edición do festival Millarock. O cartel deste ano conta co grupo The Teta´s Van, unha banda moi divertida e que xa é un referente dentro do rock feminino. Este grupo abrirá o festival co obxectivo de que as familias poidan ver o seu espectáculo. De seguido, actuará o grupo Supernatural, do que forma parte a amesá Thais Rudiño. Posteriormente subirán ao escenario dous grupos de rock xa consolidados como son Astarot e Ruxe Ruxe.
NOITINHAS MUSIC: CANDELEROS HOTEL NH COLLECTION
22 DE AGOSTO ÁS 20:00 HORAS ■ PREZO: DE BALDE
NoitiNHas MUSIC confórmase como un novo ciclo de concertos que une música con gastronomía na azotea do Hotel NH Collection Santiago. Nesta ocasión actúa Candeleros. Sons afrocaribeños como identidade, folclore e modernidade nun só recital. Ritual de tambores, guitarra e percusión. A sesión musical completarase coa oferta gastronómica deseñada polo Chef Nacho Martínez.
MARCOS TEIRA TRANSLATIONS QUINTETO + A NEGRA – FLAMENCO-FUSIÓN 26 DE XULLO
UXÍA SENLLE & DEPEDRO – CANCIÓN DE AUTOR 2 DE AGOSTO
BANDA XANGAI – BRAVÚ 9 DE AGOSTO
NAJLA SHAMI E FORRO MIOR – MÚSICAS BRASILEIRAS 16 DE AGOSTO
AFASTANDO VARGAS + PANCHO AMAT E O CABILDO DO SON – MÚSICA CUBANA 23 DE AGOSTO
JENNY & THE MEXICATS + TOÑYTO GARZIA – ROCKABILLY/FUSIÓN
Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal
Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal
VII CICLO MUSICAL OS XOVES DE CÓDAX CONCERTO DE RICKY MARTIN MONTE DO GOZO
18 DE AGOSTO ÁS 20:00 HORAS ■ PREZO: DESDE 44 €
Ricky Martin regresa en 2018 aos nosos escenarios tras culminar con rotundo éxito
|4
ADEGAS MARTÍN CÓDAX (CAMBADOS)
XOVES DE XULLO E AGOSTO ÁS 20:30 HORAS ■ PREZO: 15 €
Adegas Martín Códax presenta a VII edición do ciclo musical Os Xoves de Códax, no que ofrece unha programación transfronteiriza e multicultural, tanto
CAMIÑANTES, DE TINO MARTÍNEZ MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO TODO O VERÁN
O experimentado fotógrafo compostelán Tino Martínez, afeito á fotografía directa e chea de forza, que capta
31 |
Pincha | Revista 8
directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros
Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00
Casas Reais 25 Santiago de Compostela
Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela
L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado
L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00
T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com
@Cafe_Serendipia
Rúa Nova 36 Santiago de Compostela
Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00
T. 981 566 980
T. 981 577 633 - www.dezaseis.com
Rúa de San Roque 13 Santiago de Compostela
Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela
Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela
De L a V de 9:00 a 00:30 S e D de 10:30 a 16:00 - 19:00 a 00:30
L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30. Xoves Pechado
Todos os días de 10:00 a 00:00
T. 981 564 379 - bodeguilladesanroque.com
T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com
T. 981 569 290
T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com
J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO
Rúa de Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com www.restauranteferro.com
| 32
Rúa da Muiña 2 Baixo Santiago de Compostela De luns a venres de 9:30 a 00:00 Sábados e Do. de 11:30 a 00:00 T. 981 577 742 info@omuineirorestaurante.com
Rúa do Vilar, 25 Santiago de Compostela
Gastronomía & Cultura
Avda. Benito Vigo 70 A Estrada M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00 T. 981 571 226 - argentinosburguer.com
Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela
Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela
De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00
L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00
T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com
T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com
Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela
vinotapeta@gmail.com Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela
Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela T. 981 589 600 www.amaceta.com
De L a D de 9:00 a 00:00
De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es
ALBERGUE HOSTEL
CASTRO Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com
Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela
Av. Ourense, 24 Palas de Rei
Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30
Luns a Domingo de 12:00 a 23:00
T. 696484123 - sonarcompostela.com
T. 982 380 321 - alberguecastro.com
Rúa Fonte de Santo Antonio 10-Baixo Santiago de Compostela
Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela
T. 981 582 911 - info@videvide.net
T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com
Grupo
Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala
F: VIDE, VIDE T: @vide_vide
33 |
Pincha | Revista 8
directo rio tenda s
Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela
T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar
De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00
Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30
Camisetas gourmet, enfornadas en Melide!
T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es
Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com
RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y
T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com
GASTOS HIPOTECARIOS RECLAMA TU CLÁUSULA SUELO Y EN SANTIAGO DE COMPOSTELA GASTOS HIPOTECARIOS Javier DE Alvarellos EN SANTIAGO COMPOSTELA Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 Javier 570 393 – 608 883 589 Alvarellos
Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589
Únete a nós!!! publicidade@revistapincha.gal Revista de Gastronomía & Cultura
| 34
#somospincha
paga a pena Por Vicky Morales
Probar...
Sopa de Mango con Xeado de Chocolate Branco
Unha sobremesa moi lixeira e refrescante! Nuns minutos e de maneira moi fácil poderemos sorprender aos nosos comensais. Ingredientes (para 4 persoas): 500 gr. de polpa de mango 200 gr. de zume de laranxa 40 gr. de azucre mascabado 4 boliñas de xeado de chocolate branco
Preparación: ✓✓ Tritura o mango co zume de laranxa e o azucre, (se non tes azucre mascabado podes utilizar azucre branco). A mestura debe quedar líquida. ✓✓ Conservar no frigorífico ata a hora de servir, debe estar moi fría. ✓✓ Presentar nun prato fondo e colocar enriba unha porción de xeado de chocolate branco (eu escollino con anacos de chocolate negro).
...segue as propostas de Vicky en talle rd eazuca r.e s
Visitar....
ler...
o patrimonio histórico da USC
‘O Corpo de Cristo’, de Bea Lema
O Colexio de Fonseca, o de San Xerome, a Facultade de Xeografía e Historia coa súa impresionante biblioteca ou os balcóns da Praza do Obradoiro son algunhas das sorpresas que deparan as visitas guiadas ao patrimonio histórico da USC. Realízanse de luns a sábado ás 12:00 horas e de luns a venres con varios horarios polas tardes. Podes consultar os prezos e información para reservas na páxina web da universidade www.usc.es
Publicada pola Deputación da Coruña e gañadora do XII Premio de Banda deseñada Castelao no ano 2017, esta novela gráfica conta desde o punto de vista dunha nena a relación que mantén coa súa nai, que ten unha enfermidade mental. A pesares da dureza do tema non é un “dramón” e, malia o que puidera parecer, non ten moita relación coa relixión... Orixinal e moi recomendable. Á venda, na Libraría de Mulleres Lila de Lilith, na Rúa Travesa.
PROBAr... a auga da billa Se vas comer ou cear a algún restaurante de Santiago e ves enriba da mesa unha xerra como a da imaxe, poderás acompañar o teu menú con auga da billa. Pero por que facelo? Porque ten calidade, é gratuíta e axudas a coidar o medio ambiente. Santiauga é o nome deste proxecto que pretende reducir a xeración de residuos no sector da hostalaría e que foi presentado recentemente trala sinatura dun convenio entre a Asociación Hostelería Compostela e o Concello.
www.revivesantiago.gal
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Unha maneira de facer Europa