Revista Pincha 11

Page 1

de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 11 | xaneiro-febreiro 2019

ENORME MORRIS “Fáltanos querernos máis”

Revista de Gastronomía & Cultura

Revista de Gastronomía & Cultura

Compostela, baixo a mirada da ilustración



EDITORIAL

ÍNDICE

4 Debuxando a cidade Crusat & Costas 10 Loxarel Vintage 2013. Brut Nature entrevista 14 As vidas de Morris d e ba res con jessi 16 Se vas comer as uñas,

2019

reportaxe

F

eliz Aninovo! Pincha arranca este 2019 falando de talento. Do enorme talento que ten un dos mellores actores galegos, Premio Cineuropa 2018, o gran Antonio Durán ‘Morris’. Da creatividade a esgalla que demostraron os participantes no festival Compostela Ilustrada. Do enxeño que amosan nas súas letras e nas súas músicas grupos como NAO ou Os Novos. Das mans talentosas do escultor Tino Canicoba. Da arte que hai que ter para elaborar un saboroso viño. E do bo facer entre os fogóns do persoal da Cafetería Lasso ou de Iván Nieto, cociñeiro do restaurante A Casa da Viña.

que sexan as de San Lázaro!

19 Os Novos, tres balas perdidas #apapa r 20 Lasso Cafetería 23 A gorida de Canicoba entre musicas 24 NAO 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 35 Paga a pena 666 rpm

Pero isto non é nada novo. As páxinas de Pincha énchense cada dous meses de xente á que admirar. De profesionais, tanto do mundo da hostalaría ou da cultura, que se gañan a vida facendo felices aos demais. E non é iso o mellor do mundo? Para nós é un pracer poder contalo. Un privilexio que nos permitides cada un de vós cando nos ledes.

Pincha camiña xa cara o seu segundo ano de vida. Facémolo nun 2019 que agardamos chegue cargado de moito respecto e apoio á cultura. Sen importar quen estea ao mando tralos comicios que nos tocarán vivir. Nun ano no que non sexa non. E no que todos sigamos podendo saír de bares, bailando nas rúas e papando coma nunca. Recorda, nós #somospincha. Ti, tamén?

Edita: Rebeca Munín ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com

Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Jéssica Pintor, José Crusat, Lorena Costas, Ruth Ríos, César Varela, @JuanEAT_o, Inés Silvalde, Delio Sánchez e Xiana Lastra.

Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.re vista p in ch a .g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

3|


Pincha | Revista 11

reportaxe

Debuxando

Cos ilustradores Miguelanxo Prado, Laura Romero e Sandr

En Galicia hai unhas 200 persoas facendo un traballo regular no eido da ilustraciรณn. Foto: Ivรกn Barreiro.

|4


a cidade

Por JĂŠssica Pintor

ra Romero

Compostela Ilustrada ĂŠ un evento que nos descobre outra forma de arte urbana

5|


Pincha | Revista 11 6

reportaxe

Sandra Romero é a artífice de Xente de Compostela. Foto: Iván Barreiro.

|6


O

Músicas Galegas Ilustradas é unha serie sen fin das mulleres que fan música en Galicia

utra maneira de andar, ver e coñecer Compostela - ou calquera outra cidade - é a través de escenas pintorescas e pintadas. Ou, polo menos, é a conclusión á que un chega logo de falar con Miguelanxo Prado, un ilustrador que pouca presentación necesita. É un grandísimo do debuxo e ben coñecido en Galicia e parte do estranxeiro, e ademais é o organizador de Compostela Ilustrada, un evento que conforma un novo escaparate sobre Santiago e que nos descobre outra forma de arte urbana, unha que “ofrece espazos máis alá do típico, un modo moi diferente de coñecer as cidades e que converte a cada unha das persoas que participan nela, nun anuncio vivinte, alguén que vai estar falando ben da cidade para sempre”.

No movemento Compostela Ilustrada participan 200 persoas, “un número limitado, -explica Miguelanxoprecisamente para non traizoar ese espírito que teñen de convivencia, ese ambiente familiar... Que a xente se coñeza, que a partir da segunda xornada xa se identifiquen as caras, que se vaian atopando polos restaurantes ou tomando unha cervexa. É un movemento moi novo, os que se chaman bosquexeiros -ou urban sketchers en inglés- en realidade o que retoman é unha tradición que ven do século XVIII, cando empezaron os cadernos dos naturalistas, logo no s. XIX os cadernos dos viaxeiros ingleses, franceses, alemáns, sobre todo, e a finais dos 90 e máis ben a principios do 2000 colle moito pulo esta modalidade, que reactiva unha paixón nos adultos e na xente madura que xa tes de pequeno, a de contar o mundo, a través dos debuxos. Todos os cativos debuxan!, pero cando chegas aos nove ou dez anos, iso queda aparcado, na maioría dos casos, e a xente perde ese contacto. E moitos destes adultos, nalgún momento determinado das súas vidas, cando lles soe gustar viaxar e compartir con amigos esas viaxes, comezan a facer esta especie de diarios, nos que van anotando... E a partir de aí xa se desenvolve este movemento... O que hai ao redor deste mundo é o redescubrimento do pracer do debuxo e asociado sempre ás viaxes, a coñecer sitios novos e a

facelo dun xeito pausado e demorado, sen a présa que normalmente ten o turismo máis estándar. É outra forma de vivir!”.

Laura Romero é de Ordes e é ilustradora e música. Si! Estudou Belas Artes, pero dálle ao baixo co grupo Zënzar, unha banda de rock en galego. “Non son una ilustradora ao uso, non fixen moitos libros... Agora mesmo fago ilustracións en directo para espectáculos e comecei un proxectiño, algo moi descoñecido, que fago eu soa... Para demostrar que hai moitas mulleres músicas. Así que dedícolles unha ilustración a cada unha, para que se vaian coñecendo e levo 120! Músicas Galegas Ilustradas (o nome do proxecto) leva un ano e medio e é unha serie sen fin das mulleres que fan música en Galicia, para demostrar que non somos tan poucas, como parecemos, que hai peso feminino na música, para cambiar algo, para mudar cifras!” Laura leva participando dende a primeira edición do Compostela Ilustrada, “eu tiña cadernos na casa, pero con moito texto, con resumos de libros que lía, cousas que atopaba na rúa, cando estaba de viaxe e pegábao aí... Como un diario, pero non tan gráfico. Pouco a pouco funme viciando máis ao debuxo urbano, dábame unha inmediatez que non me daba a pintura, por rápida que a quixera facer... Collín conciencia do que é o urban sketcher. Pensaba que ese tipo de debuxo se facía para desconectar, para coller man, facer bosquexos... Pero é unha forma

reserva

o teu cocido

con

Carne da Serra de Larouco

981 586 459 acasadavina.gal acasadavina@gmail.com

San Lázaro, 54 Santiago 7|


Pincha | Revista 11 6

reportaxe de traballar, agora está moi de moda o estilo sketch (por definición unha escena breve, normalmente cómica, que se integra nun conxunto audiovisual, ben teatral, televisivo e neste caso aplicado á pintura). Non é que leves o caderno xa pensado, ti lévalo e improvisas! Como é un caderno non tes a presión de facer un lenzo e cagala, porque os materiais son caros e tes moitas horas de traballo investidas nel. Aquí, se non che gusta pasas páxina! Entón ten esa frescura que non che dá ou polo menos a min non me dá outro estilo”. E como é iso de ilustrar Compostela? “A min interesábame o que pasaba na rúa. Isto é ao final como un diario gráfico, outra maneira de compartir. Por moito que sexa o mesmo modelo, dúas persoas non van ver o mesmo, nin van debuxar o mesmo. No debuxo tamén están o tempo e o espazo, é o que me gusta... Sempre digo que nos debuxos está o espazo que ti debuxas e o tempo que investiches nel. Cando ves o debuxo, acórdaste do frío que facía ou que debuxaches iso, porque estabas nunha sombra, porque facía unha calor horrorosa. Ou do tempo que tiñas, porque estabas esperando o autobús. Non sei, a min gústame volver a retomar os debuxos... Este é outro tipo de turismo, de sentarse, de ver o que hai e debuxalo!” E Laura debuxou o que vían os seus ollos na cidade e gañou o Compostela Ilustrada 2018!

gustou moitísimo debuxar persoas. Creo que se pode vivir como ilustrador, aquí. Eu estou arrancando aínda, estou centrada na miña empresa de turismo, pero gustaríame aproveitalo precisamente para iso... Facer ilustracións para a páxina web... A miña empresa e o que fago nas redes descansan na idea de que ata o de agora o turismo se centrou na riqueza histórica da cidade, esquecendo o que é a xente de Compostela, se non coidas á xente que vive aquí e non fas que a cidade siga viva, vas deixando que a zona vella se converta nun parque temático... E o que queremos é un sitio que che diga algo, que vexas a xente vivindo o lugar! Entón é unha forma de reivindicar aos picheleiros: á muller que vai mercar á praza, o que está na obra, xente anónima... Aínda que hai xente que se recoñeceu! (Risas). Saír un pouco do meu barrio, para debuxar aos que pasean por Xeneral Pardiñas, por Alfredo Brañas, zonas que se esquecen. Igualmente quero facer propostas de circuítos por parroquias do rural, visitas a granxas. Santiago é máis que a Quintana! E ás veces ves só unha caricatura da nosa cidade. Eu debuxo liñas para situar nun contexto, pero céntrome nas persoas. Xente que está quieta, algún turista, as monxas, os obreiros... Persoas reais, recordos que me levan á infancia! A xente maior, xente traballando, os de aquí!”

Hai quen viaxa con lapis, acuarelas e vaille dando cor ás cidades a través dos seus cadernos... Debuxan perE nas redes descubrimos Xente de Compostela, unha soas, situacións, recunchos, detalles, curiosidades, as conta de Instagram na que aparecen debuxos de per- formas da luz, a vida das rúas e dos bares. Persoas que nos presentan os lugares a través dos soas atopadas polas nosas rúas. Sandra seus ollos, dos seus trazos... En pequeRomero, a súa artífice, é unha ex locutora de radio, reconvertida ao turismo Xente de nos libros de instantáneas, bosquexos, arrebatos, siluetas, recordos... Postais e que, xa de paso, retoma a pintura, Compostela vivas e de cores! que deixara un tanto abandonada, para dedicarse a tempo completo ao xornaé unha conta En Galicia pode haber unhas 200 perlismo. “Dende pequena estiven co lapis de Instagram soas facendo un traballo regular no a voltas. Estudei Ilustración na Pablo Picasso, pero estiven traballando na con debuxos eido da ilustración (na prensa, no humorismo gráfico, en narrativa ilustrada, radio e nun xornal e o tema de debuxar de persoas libros de texto, etc.) Na nosa cidade esquedou aparcado”. tarían entre 60 e 80 delas. E as formas atopadas polas de pintar Santiago, xa vedes, son infiAo reinventarse profesionalmente, conosas rúas nitas! E infinitamente enchoupadas!! meza como guía de turismo e retoma (Gargalladas ata que volva a chover ou esa faceta debuxante, abrindo a conta alguén debuxe a cidade chovendo!). Pincha a modo de entretemento: “Sempre me Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

|8

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura


Laura Romero é ilustradora e música na banda Zënzar. Foto: Iván Barreiro.


Pincha | Revista 10

Crusat & Costas

Foto: Iván Barreiro LORENA COSTAS

Un brinde pola identidade

X

a estamos rematando o Nadal, rapaces! E claro, un Nadal sen burbullas... non é o mesmo. Posiblemente vos esperedes que falemos dun escumoso galego, porque temos xa uns cantos no mercado, e ben bos, pero como somos así de imprevisibles e nos gusta sorprendervos, imos falar dun escumoso catalán. E por que? Pois porque cando falamos de escumoso catalán todos temos a mesma palabra na cabeza: “Cava”. Pois non, non todo o escumoso catalán é cava. E sabiades que o cava tamén se elabora noutras zonas fóra de Cataluña? Pois así é; en nada menos que 180 municipios de España! Así que desta vez decidimos falar dun escumoso elaborado baixo a D.O. Penedés, Classic Penedés. A adega que nos ocupa, Loxarel, é unha adega de tradición familiar, que cultiva as viñas desde hai cinco xeracións, pero non foi ata relativamente ben pouco cando Josep Mitjans lle propuxo ao seu pai facer 1000 botellas de cava para a familia. Na actualidade traballan en ecolóxico e biodinámico, e si, seguro que lestes de novo a palabra “cava”, pero é que fai sete anos que Loxarel decidiu abandonar o Consello Regulador Cava e pasarse á D.O. Penedés. Nesta D.O., todos os produtores deben ter certificado ecolóxico , e ademais só se pode facer Classic Penedés nese territorio, a diferenza do que acontece co cava. | 10

FICHA TÉCNICA: Adega: Loxarel D.O: Clasic Penedés Variedades: 60% Xarel.lo, 30% Macabeu e 10% Chardonnay Grao: 12,5º Ano: 2013 Prezo: En torno aos 11,50 € Onde mercalo? Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)


Por Lorena Costas Por Jose Crusat O método de elaboración é o mesmo nos dous casos, e sobre el vos falará o meu compañeiro Crusat, que de escumosos sabe un tanto! Pero imos falar do viño, non? Este Loxarel Vintage 2013 está elaborado con Xarel.lo , Macabeu e Chardonnay, uvas moi empregadas na elaboración de escumosos e das que tamén vos falará un chisquiño Crusat. Trátase dun escumoso de cor amarela clara, con toque dourados, de burbulla moi potente cando se bota na copa, pero que se fai máis fina co repouso. Ten un nariz elegante, de mazá Pink Lady, iogur de piña e toques herbáceos, de vimbio, cereais e froitos secos. Na boca resulta lixeiro e, sobre todo, moi salino e mineral, cunha oxidación elegante que nos fai seguir bebendo. E con que tomaremos este escumoso? Por favor, non sigamos co clásico “escumosos para a sobremesa”!! Que despois das comidas tan abundantes de Nadal xa chegamos ben cheíños para a sobremesa, e as burbullas non serían o mellor aliado. Eu recomendo tomar este escumoso ou ben co aperitivo que, aínda que sexan festas, agora que ando por outras latitudes, ben poderían ser uns chicharróns de Cádiz, ou xa co xantar, cunha boa carne rechea. E a brindar!!

CAIXA AT L Á N T I C A

Segue as historias de

JOSE CRUSAT

Escumoso que non cava

I

mos cun escumoso, pero neste caso non cun viño galego, senón cun Classic Penedes, que non cava. Trátase dunha adega que escapou da denominación buscando a identidade da súa terra, que traballa os seus propios viñedos de xeito responsable baixo as premisas da agricultura ecolóxica e a biodinámica. E falamos de escumoso, e coma tal imos falar da súa elaboración que é común a moitos territorios, polo que a diferenciación vén de aí, da terra, do territorio, das súas uvas arraigadas dende anos, do seu clima. Para un escumoso elaborado polo método tradicional ou champanoisse (porque hai moitos máis), partimos facendo viño. Escollemos a mestura que máis gusta ao elaborador, e engadimos novos lévedos e alimento (azucre ou mosto sen fermentar) e xa metidos na garrafa prodúcese unha segunda fermentación. Nesta obtemos gas carbónico que ao estar na garrafa non pode escapar e queda atrapado no líquido. Hai que, despois do tempo que decide o adegueiro, limpar e retirar os restos de lévedos da garrafa. Isto realízase mediante o degolo para despois voltar a tapar a garrafa para que repouse antes de consumir. En canto á cata, sendo un escumoso xa non son soamente tres, senón cinco, o sentidos que empregamos. Cando abrimos a garrafa, depende de nós que sexa coma un estoupido ou un susurro de aire, independentemente delo, o viño presenta forza e presión do gas propio da elaboración do escumoso. De cor é un viño amarelo palla, con toques dourados pálidos. No nariz froitos secos, lácteos e lixeira panadería sen pasarse, froita, pera. Na boca temos por un lado o taco, a comezo algo abrupto pero despois é sedoso e envolvente, agarimoso. Acidez media, salinidade, cítricos frescura, froitos secos, piña, pera e melocotón. Para desfrutar desde viño, ademais de bebelo só ao carón dunha chimenea agora no inverno, ou á sombra dunha árbore nunha tardiña de verán, imos maridalo con algo para asentar o estómago. Xa que estamos en época de Nadal imos con algo clásico como unhas ostras de O Freixo, escollede vós, planas ou rizadas. E se somos un algo máis rompedores, propóñovos comer un cochinillo con este viño. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

José Crusat @choumimx

“O océano Atlántico baña as costas galegas. O mar, o vento, a luz do Atlántico penetran na terra, nas árbores, en nós. Fánnos tal e como somos, moldéannos, fórmannos, imprimen o noso carácter. O noso mar inunda recunchos esquecidos e ocultos. As vides, as uvas que medran neses lugares adquiren toda a intensidade e personal idade propias dunha terra única. É desa forza e vitalidade atlánticas de onde nacen os nosos viños.”

no seu blog

Del Comercio y del Bebercio |

http:// delcomercioydelbebercio. blogspot.com

TODOS OS VIÑOS QUE NON IMAXINAS

Segue as historias de Lorena Costas

@lorena_costas no seu blog

Bake my Day |

http://lorena-bakemyday. blogspot.com

Rúa da Fonte de Santo Antonio 10

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

11 |


Pincha | Revista 11

entrevista

As vidas

“A comedia esixe unha enerxía moi alta e combinar gags con verdade, non facer simplemente un debuxo”

Morris, na cafetería do Hotel AC Palacio del Carmen, onde realizamos esta entrevista. Foto: Iván Barreiro.

| 12


Por Ruth RĂ­os

s de Morris


entrevista

A

ntonio Durán “Morris” é un deses actores que nos acompaña desde sempre, tanto no drama como na comedia, a través do cine, o teatro e a televisión. A súa traxectoria é tan prolífica que nun momento dado a vida (e o director Fernando León de Aranoa) levoulle a un certo desdobramento de personalidade: en Galicia seguía sendo coñecido polo gran público polos seus papeis en series como Pratos Combinados ou Padre Casares, mentres que no resto de España indentificábano con personaxes escuros e torturados. Tras un 2018 marcado polos éxitos da serie Fariña e a película Dhogs, ten por diante varios proxectos que verán a luz este ano. Pero para “Morris”, máis aló dos premios, cumprir novos soños é o máis ilusionante. Vés de recibir o Premio Cineuropa, do festival internacional de cine que xa cumpriu trinta e dous anos en Compostela. Que supón para ti? Foi unha alegría, como todos os premios, aínda que moi especial para min porque Cineuropa é un festival que coñezo ben. Teño unha anécdota: cando ensaiabamos co CDG (Centro Dramático Galego), fai moitos anos, recordo estar co gran Xosé Manuel Olveira ‘Pico’ na porta do teatro, ver as grandes colas que sempre tivo Cineuropa e dicir: “Joder, macho, a merda esta de Cineuropa, a cantidade de xente que atrae!”(risas). Era impresionante. Ten moito mérito, cunha programación potente… e que me caese a min esta mención fíxome moita ilusión. Que son para ti en xeral os premios? Cando son coma este no que se fala das traxectorias, queiras ou non, botas un pouco a vista atrás. Son moi bonitos. Pero recoller un premio sabendo que teñes proxectos pendentes dáche máis tranquilidade porque, se che dan un premio cando levas dous anos tirado na casa, pensas “acabouse Morris” (risas). Como é a túa relación con Compostela? Teño unha etapa no CDG que vivín aquí totalmente convulsa, entre o 85 e o 90, que sempre andabamos eu e mais os meus compañeiros coa bolsa enriba buscando un hotel. Dicíamos que “moi mal tense que dar a noite para acabar nun hotel” e acababamos nun hotel sempre (risas). Pero foron tempos moi divertidos, nunha ebulición total

| 14

en Compostela. Recordo sitios como La Oficina, Más Madera, a Rúa Franco con outro tipo de vida, máis tascas, menos turismo, tertulias “acojonantes”... Despois vivín aquí no periodo de Pratos Combinados, debido a que tiven un accidente de tráfico na autopista. Vivía cunha gran amiga cerca de Bonaval, a escritora Anxos Sumai, e tiñamos unha moi boa pandilla. Pero levaba máis ben vida de estudante. Era chegar, estudar o guión e levantarse. Que proxectos tes actualmente? Teño unha peli pendente con Alfonso Zarauza, que vai ser moi chula, un guión moi especial, moi sensorial, de aquí de Galicia. Tamén estou grabando unha produción con Bambú para Netflix que se chama Alta Mar. Ao longo da túa carreira fixeches tanto drama como comedia. Que destacarías de cada rexistro? Ambos rexistros son tremendamente difíciles. Pero a comedia é a gran maltratada en España. Fracasa incluso máis xente na comedia que noutros xéneros. É un xénero

“En Charlín vin esa mirada triste, de maldade, infelicidade, dura, de Galicia profunda…”

O actor vai estrear unha película de Zarauza e unha serie para Netflix. Foto: Iván Barreiro.


moi difícil, desde a escritura ata a interpretación. Esixe unha enerxía moi alta e combinar os gags coa verdade no personaxe, non facer simplemente un debuxo. A comedia necesita moito oficio. Noutros rexistros, se tes profundidade interpretativa, podes sacar cousas moi interesantes. A comedia ten un tempo que xa vén escrito no guión e ten un tempo de execución moi concreto. No drama, manda o tempo interno do personaxe, xunto co director. Por exemplo, en Dhogs premiáronme a pesares de ser unha película na que non digo nada, nin unha palabra. É una película de atmósferas. Eu, tras traballar con Fernando León en Princesas, e vir de traballar en comedia en Galicia con Padre Casares, atopeime facendo personaxes torturados fóra de Galicia e aquí seguía facendo comedia. Entón tiña unha dobre vida en España. E no 2018, como recibiches o éxito de Fariña? Dunha forma moi especial. Eu sabía que Fariña sairía ben porque foi un proxecto que se levantou con moitísimo cariño; o relato de Nacho Carretero era potentísimo; nós coñeciamos aos personaxes; o director, Carlos Sedes, naceu profesionalmente en Galicia; déronlle a aprobación a que os actores foran galegos e non tivéramos que forzar o acento… Ao final eramos todo o equipo intentando sacar cun pudor tremendo algo que cautivase, que tivese verdade, que non foran estereotipos os personaxes. Cando saíu sabía que ía ter calidade, pero que se entendese e que enganchase fóra de Galicia era a gran dúbida porque é un retrato medio documental, dunha época que se viviu aquí. Foi un pracer; ver as localizacións, escoitar as músicas, que eu as vivín con vinte anos na rúa pasándoo ben (Morris foi un dos protagonistas da movida viguesa). Foi un premio. Como conseguiches mimetizarte con Manuel Charlín? Tiña a imaxe del dos 80 na prensa, esas imaxes do xuízo, recabei fotos... De feito, leveilles á xente de caracterización unha carpeta chea de fotos a tamaño folio de miradas del. Vin esa mirada triste, de maldade, infelicidade, dura, de Galicia profunda… Todos coñecemos a alguén que se acerca a ese carácter. Era metelo na trama. Ademais, peleime a cabeza para asemellarme máis a el e non ter que preocuparme durante seis meses de se se movía unha calva. Esta profesión ten moito que ver co sacrificio.

Canto traballo hai detrás de cada personaxe que interpretas? Intento non ter contacto cos personaxes reais porque son moi obsesivo, en seguida saco apuntes, e intento non facer traballos de imitación. Tamén me baseo en historias que me contan, ou leo sobre a época na que está ambientada a historia. A época da Fariña vivina, pasei pola “zona cero” mil veces e teño a miña propia visión sobre o mundo das drogas (aquí Morris sorrí de forma pícara). Fariña, Vivir sin permiso, La sombra de la ley... Parece que estamos vivindo un momento doce en canto a producións feitas en Galicia. Como ves o audiovisual galego? O momento é de orgullo. Temos que sabelo aproveitar. Temos case máis nome fóra que dentro. Eu véxoo como un dos momentos máis apaixoantes. Temos moito cine e moi variado, vanse gravar series para plataformas… Temos material, talento, equipos técnicos, directores e directoras, escritores… Fáltanos querernos máis. Necesitamos que a xente “de fóra” se sinta tan ben traballando aquí que se meta dentro da nosa historia. Todos os que estamos, os de aquí e os de fóra, somos unha industria emerxente. Ás veces parece que seguimos pelexando polo oco persoal en vez de polo conxunto da industria. Que soño profesional tes por cumprir? Todos. Tódolos actores, coa idade, e se a saúde cho permite, temos máis vida e máis ilusión por contar historias que antes non contamos coa nosa mirada e coa nosa forma de ver as cousas. E de interpretalas por dentro, grazas a que temos máis percorrido sentimental. Pincha981 Revista de Gastronomía & Cultura

558 592

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

15 |


Pincha | Revista 11

d e ba res con jessi

Iván Nieto explicounos como se preparan as uñas de San Lázaro. Foto: Iván Barreiro.

Por Jéssica Pintor

Iván Nieto, de A Casa da Viña: “O segredo está nunha cocción lenta. Tres horas e media, ben!"

| 16


Se vas comer as uñas, que

sexan as de San Lázaro!

— De que vai a Festa das uñas de San Lázaro? — Vai de comer! Rimos. Elemental, o meu querido Watson, elemental!

A

sí comeza a miña conversa con Iván Nieto, cociñeiro de Casa da Viña. Xa podemos ir relambendo nos fociños, porque xa sabedes que do porco, en Galicia, comemos dende a cabeza ata o rabo! (Non é de rir, que empachamos!) E as uñas non ían ser menos. E é que coincidindo co quinto domingo de Coresma, tamén chamado “domingo de Lázaro” ou “domingo de Paixón”, que dá paso á Semana Santa, no barrio de San Lázaro, durante catro días (-ou máis-, depende! Gargalladas moi galegas), celébrase a súa festa relixiosa e gastronómica máis tradicional. Unha que mesmo inclúe, o día propio da festa, unha poxa de uñas. Faise na igrexa de San Lázaro, e os cartos ofrecidos chegan a superar os 30 euros á peza! Este ano a celebración barra enchenta cae o domingo 7 de abril e neste restaurante en concreto poderemos comelas uñas dende o mércores anterior, ata o mércores seguinte, máis ou menos. Tamén haberá empanada de millo, canelóns, carpacho de uña prensada e algunha sorpresa... E por suposto as pezoñas! Duascentas cincuenta en total e para probalas, hai que encargalas, así que reservade con tempo. Iván aparta o produto, nos seus provedores habituais, a principios de xaneiro (un par de meses antes), como o poden facer en Doña Ana, o Mesón de Lázaro, La Bodeguilla de San Lázaro e O Muiñeiro, que son outros dos locais nos que poderedes comer este manxar tan raro. Raro, raro! “Porque este corte da pata non é habitual, o codillo vai para o xamón, para a paleta, logo están as maniñas de porco e este corte é máis longo. É fresco, logo sálgase... De aí que haxa que pedilo con tempo, porque ademais somos moitos demandantes. A tradición non é soa dos establecementos, a xente encarga para comelas na casa ou mesmo as prepara. De feito todas as carnicerías da Praza de Abastos e de Santiago prepáranse para a choiva de pedidos desa carne, que soe haber dende principios de ano”.

— E como se preparan, que leva o prato de uñas? — A uña de San Lázaro, cachelos, chourizos e bertóns. — O segredo? — Unha cocción lenta. Tres horas e media, ben! Despois cocemos a pataca enteira, botamos un chourizo e a verdura. — Con que as acompañamos? — Cun bo viño. Tinto. Un Mencía, por exemplo. Algo potente. É un prato contundente, é un quilo douscentos gramos de uña, máis catrocentos gramos de bertóns, un chourizo e un cachelo, por persoa. (Eu súo!) — E hai sobremesa? (Tremo!!) — Si, claro. As flores, que levamos facendo xa dende hai uns anos. Ou pode haber filloas, ben soas, ben recheas, ou un pastel de queixo, que está brutal! Moi suave e moi cremoso! Non creo que metamos máis doces... (Diolopaje! Rezo a tal hora!) — E como se fan as flores? (Non vexo a hora de papalo todo, xa volo digo!) — É unha masa parecida a das filloas, (Socorrooo!) Leva un pouquiño máis de ovo e faise cun molde de aceiro que quentas en aceite e telo aí en remollo. Despois sácalo do aceite, para introducilo no muado, como se fai coas filloas, como está tan quente o ovo calla ao redor do molde e entón xa tes a flor feita e frítese en dez ou quince segundos. Nós pasámola por azucre e por un chisquiño de canela! É un produto moi puntual, véndense soas, porque non as hai en moitos sitios. — Xa, xa... (Choro!) E por se vos parece pouco ou non vos aquela este conto... HAICHE COCIDO TAMÉN!! (Seee!!! Mamaíña do ceo!) Outro dos pratos estrela do inverno galego, que se pide por encarga, sempre (normalmente nos meses de xaneiro, febreiro e ata despois do Entroido) e que ten cada vez máis 17 |


Pincha | Revista 11

d e ba res con jessi éxito, e aínda que non o imaxinarades, entre a xente máis nova tamén! “Aquí en Casa da Viña ten moito éxito. Demándanolo moito, a xente volve as tradicións, non só nos pobos, nas cidades tamén, sorpréndeme para ben. E a carne é impresionante! Vén da Serra do Larouco, en Ourense, preto de Cabeza de Manzaneda, alí na montaña, onde hai unha temperatura ideal para curar este tipo de produto. E vén tratada como facían antes: con salgadura e curación, cun toque de afumado. Traemos cacheira, touciño, lacón... E o caldo do cocido non ten nada que ver co feito con outras carnes. Levamos catro anos, máis ou menos, traballando con esta aposta e tivemos moi bos resultados. Vendemos o dobre”. — E que leva o cocido? (Señor, lévame pronto!) — Botelo, se nolo piden, porque é máis ben típico da zona de Lugo. Cacheira, orella, morro, maniñas, lacón, costela, chourizo, grelos e cachelos. E previamente

poñemos o caldo. Feito desa mesma auga, coas fabas e a verdura. (Apuf!) Normalmente, a primeira hora ponse todo a cocer, cando está listo retiramos a auga e aportamos o grelo, a pataca escachada, que é a que lle da textura ao caldo, e o amidón das fabas. Poñemos ao lume e se coce cinco horas, sen esaxerar, que non coza catro. Ao mínimo e chop, chop!... Hai que intentar que a carne estea no seu punto. — O sal e o aceite contan? — Si, claro. Eu non boto sal. Buscámoslle o punto cando desalgamos. E o aceite é virxe extra e bótase ao final, ademais de pementón de la Vera. Estou esgotada de tanto comer coa mente, voume facer un favor e ir encargando un cocidiño e as uñas eu só mordo as de San Lázaro. Porque, señoras e señores, as ensaladas son para Terito, os vellos e os fracos. O porco é o futuro! Demos gracias a Deus. 0Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Un dos espazos de A Casa da Viña. Foto: Iván Barreiro.

| 18


666 rpm Por César Varela

Os Novos tres balas perdidas A primeira vez que oín falar de Os Novos, o primeiro que me veu á cabeza, foi aquela serie de televisión británica, da que estou seguro de que moitos de vós vos lembraredes. Acordádesvos de cando en Galicia só se sintonizaban a 1ª, a 2ª e logo apareceu unha 3ª canle de Tv? Pois aí, na terceira (TVG), a finais dos 80´s foi cando apareceron Neil, Vyvyan, Rick e Mike. Catro peculiares estudantes universitarios (un hippy, un punk, un anarquista e un mod) que compartían unha casa porcalleira no norte de Londres, que lle alugaran a un exiliado ruso. A serie emitírase entre 1982 e 1984 na BBC2 e chegou ás nosas pantallas uns anos máis tarde. Facíase chamar Os Novos (The Young Ones). Moito choveu desde aquela, pero para a maior parte de nós, o impacto que producían nos nosos cerebros series coma esa en tempranas idades, quedaba gravado no disco duro interno, e estou seguro de que aos nosos personaxes de hoxe lles serviu de inspiración para facerse chamar así. Agora Os Novos, xa non son tan novos, e desde hai uns anos cabalgan entre o punk e o rock and roll da vella escola e o country e o bluegrass. Será que se van facendo vellos ou que van abrindo novas fronteiras no territorio musical? De vellos nada! Polas súas pintas, dá máis ben a impresión de que son uns bandoleiros, foraxidos ou quizais uns proscritos, e que lles vai o Western de Serie B. Ou serán máis de Spaghetti Western? Onde andarán agora? Coido que os andan buscar vivos ou mortos e que ofrecen un puñado de patacóns coma recompensa. As malas linguas din que non hai moito, víronos cruzando o deserto de ArínsZona, que seica beberon do Cactus Jack e que pillaron La Fiebre del Oro. Ou sería La Fiebre del Loro, de tantas cintas que escoitaron no radio casete? Outros din que os viron no bar La Cueva do Webster rodeados de tigres rabiosos. Bailarían coas mozas do cancán ou sería con Rantanplan? Que plan terán? Asaltar trens con Jesse James ou ir de festa con saias e a rachar? Vai ti saber?! Só espero que non acaben en Sad Hill ou ardendo no O.K. Corral…

Caralladas aparte, Os Novos son tres personaxes composteláns que levan anos liándoa parda alá onde van, con outros proxectos coma: Dirty Barriguitas, Pesadelo em Mouronçom, Por Teléfono, Samesugas, Tommy Gun, Ukestra do Medio, Redullos, Royalties, Contrastes, Ekkaia, Exu ou Madame Germen. Os Novos formáronse en Compostela no 2012. Dous anos máis tarde, Lixo Urbano publícalles o seu primeiro disco “Nom Lugar”, que presentan pola xeografía galega e norte de Portugal. Nalgún deses concertos deixan de lado a Yamaha Phil e a Fender Telecaster, o Fender Precision e a batería Mapex, e experimentan o formato acústico, conseguindo resultados nos que son capaces de plasmar a súa enerxía con guitarra acústica, baixo acústico e un mínimo set de bateria. No 2017 voltan de novo ao estudio e rexistran dous temas nese formato, coa colaboración da Ukestra do Medio e Caxade. Os temas escollidos, “Nom Lugar” e a inédita “Vam por ti”, publícanse nun single 7’’ titulado “Assalto Acústico”. Aínda que actualmente están centrados na súa aventura desenchufada, Soni, Alberte e Quiquinho aproveitaron o verán do ano pasado para gravar o seu novo videoclip, “Quero Fugir” (unha historia de fuxida da rutina na procura de aventuras) co xoven realizador compostelán Aarón Vilariño e estano presentando estes días na pequena pantalla virtual. A que estas agardando para velo? Desenfunda o teu móbil e aperta o gatillo antes de que che fagan picadillo!! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Foto: Novo

19 |


Pincha | Revista 11

#apapa r

BUFETE LIBRE NA CAFETERi'A LASSO Tras tres anos pechada ao público, a cafetería do Auditorio de Galicia comezou fai un ano unha nova andaina da man de Noa Díaz e Gonzalo Abal ‘Zalo’. Os que foran propietarios do pub Ultramarinos, atoparon neste recuncho un lugar onde seguir cultivando as súas dúas grandes paixóns: a hostalaría e a música. Puxéronlle o nome de Lasso, o apelido materno do arquitecto do Auditorio, porque todas as salas do edificio fan referencia a algún home e Noa quería buscarlle un toque feminino. Abertos de luns a venres de 9:30 a 17:00 horas, contan con almorzos pola mañá e comidas con sistema de bufete e autoservizo. Tamén abren polas noites e as fins de semana cando hai algunha actuación no Auditorio con servizo de cafetería. Á hora da comida ofrecen dous carros, un de propostas frías – maioritariamente diferentes produtos para facer ensaladas – e outro de pratos quentes – onde nunca falta un de culler, un peixe, unha carne, un vexetariano (habitualmente tamén vegano) e as guarnicións. No que se refire ás sobremesas, téñenas caseiras e tamén traballan coa casa galega Versos de A Ruda. Na súa visita, @JuanEAT_o puido probar, entre outras cousas, o seu bacallau, unha das propostas, xunto coas vexetarianas, que máis tirón teñen entre os seus clientes.

| 20

Foto: Iván Barreiro

Datos Lugar: Lasso Cafetería do Auditorio de Galicia Prato: Bufete libre Prezo: 10 € (7 € para menores de 10 anos) Valoración: 


Por @JuanEAT_o

H

ai que empezar ben o ano e por iso neste número fomos gozar da comida no bufete libre do restaurante Lasso, afincado no Auditorio de Galicia. O enclave é marabilloso para comer. Tes vistas ao lago do Parque da Música de Compostela e se o día é soleado, rematar a papatoria cun café na súa galería é o mellor dos finais. Pero centrémonos na comida. A elección queda nas túas mans, xa que o bufete do Lasso ofrece moitas posibilidades. Cada día hai algo novo no menú e así podes ir toda a semana e desfrutar dunha proposta diferente en cada ocasión. Eu empecei cunha ensalada con millo, queixo fresco e tomatiño cherry. Pero tamén tes a opción de escoller unha ensalada de pasta con olivas e quizais noces, feita a medida! Ou ao mellor algo máis quente coma lentellas ou crema de cabaza. Eu tomei esta última e, aínda que non son moito destas texturas, debo dicir que estaba moi saborosa. Como complemento, decanteime por un anaco de pizza con verduras, moi rica ademais de sa, a verdade. De segundo… ben, é un falar porque se fas coma min, repites varias veces! É o bo de ser un bufete libre de autoservizo. Podes comer todo o que queiras! Un paraíso! Ademais, no menú sempre hai tanto carne como peixe. Desta vez eu escollín o bacallau, do que tiña boas referencias. Estaba bo. Non moi salgado e no seu punto. Acompañeino dun arroz en branco, coa boa soltura, como a min me gusta! Quédame agora por saber con que me sorprenderán a seguinte vez que os visite. Mentres tanto, feliz Aninovo a todos e todas! Esperemos que este 2019 sexa polo menos como o ano anterior, xa non digo mellor. E que sigamos saíndo todos #apapar coma tolos! hahaha Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

@JuanEAT_o pensando no prato que se ía servir. Foto:Pincha Iván Barreiro Revista de Gastronomía & Cultura

21 |


Pincha | Revista 11

#apapa r

Noa Díaz, propietaria da

Cafetería Lasso

“Do noso bufete valoran a variedade e que é unha cociña sa”

L

asso cumpriu un aniño o 22 de novembro. Na revitalizada cafetería do Auditorio de Galicia serven unha media de 60 comidas diarias, co seu concepto de bufete de autoservizo. Á súa fronte está Noa Díaz, unha xa experimentada hostaleira que viña do mundo da noite. Xunto coa súa parella, rexentou durante sete anos o pub Ultramarinos, despois de traballar na Casa das Crechas. Como foi este primeiro ano de vida do Lasso?

Moi bo. A idea xurdiu porque eu levaba moito tempo con ganas de que en Santiago houbese un bufete de ensaladas. Ao principio tivemos un par de meses para situarnos nós pero pouco a pouco empezou a funcionar. Había moita expectación cando abrimos. Temos xente que viña na anterior etapa e regresou e outra que probablemente aínda non sabe que o Auditorio volve a ter cafetería. Axúdanos moito o boca a boca. Todos os días vén alguén novo.

Tamén hai espazo no Lasso para a cultura?

A nosa idea é programar actuacións de pequeno formato. Fixemos algunha cousiña xa. Unha actividade que se llama ‘A modo’, que consiste nun día de actividade na cafetería, para tomar con calma, cun brunch, sesión vermú, visita á exposición do Auditorio, algún xogo polo parque para nenos… E tamén temos a idea de facer ceas con música en directo. Ademais a Asociación de Actores e Actrices de Galicia organiza aquí todos os meses unha actividade que se chama ‘Escaramuzas artísticas’, que son debates sobre temas relacionados co audiovisual. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

“Queremos programar actuacións de pequeno formato”

Pola vosa situación teredes moita clientela da universidade…

Si, vén moita xente da universidade. Máis profesores que estudantes. Tamén os traballadores do Auditorio e os que van actuar. Pero ademais temos clientes doutras zonas de Santiago que teñen aquí un sitio onde comer ben e con fácil aparcamento. Incluso moitos grupos porque temos un espazo grande. Moita xente repite, que é algo moi gratificante. Por que cres que repiten?

O que destaca moito a xente é que non é o típico bufete no que tes aí a comida dúas horas. Intentamos ir repoñendo a medida que se vai consumindo a comida para que saia o máis fresca posible. Tamén valoran a variedade e que, aínda que non o pretendamos, é unha cociña bastante sa. Gusta moito ademais o de poder ver a comida antes de elexir e o de xestionar ti o tempo como queiras. E, por suposto, polo espazo que temos, coa galería coas vistas ao Parque da Música. Abrides de luns a venres só ata as 17:00 e só traballades de noite ou en fins de semana se hai algunha actuación no Auditorio. Debedes de ser a envexa de toda a hostalaría compostelá!

Si (risos). A verdade é que no Ultramarinos pasámolo moi ben. Temos traballado moito e é un sitio que aínda hoxe, moitos o recordan. Pero traballar na noite eu penso que é para unha época. Despois o corpo xa pide descansar. Decidimos poñer este horario porque pensamos que polas tardes non funcionaría e o certo é que para ser hostalaría somos uns privilexiados.

| 22

Noa Díaz e a súa parella xestionan a cafetería do Auditorio desde fai un ano. Foto: Iván Barreiro


A GORIDA DE CANICOBA Por Os Catro Gatos

V

isitamos o estudio de Tino Canicoba, en Ponteulla (Vedra). Tino non preci- é de madeira , non é pesada e movela non é complicado. Son ordenado dentro dun sa presentación como artista. As súas esculturas, recoñecibles á primeira orde, sei onde están as miñas cousas. O estudo ás veces é agradábel e outras vólvese ollada, falan por el. hostil. Según como vaia o traballo e tamén do estado de ánimo. Os artistas somos un Neste tempo que nos regalou xenerosamente, mostrounos un home afable, cálido e pouco neuróticos. tenramente irónico, cuxa forma cercana e intelixente de contar as cousas non se pode Tes algún ritual ou manía cando esculpes? reproducir na escrita. Son maniático e son cerebral tamén. Adoito respectar os horarios. Normalmente pola Naceu en Compostela e vive entre Ponteulla (Vedra) e Vigo. Estudou nas Escolas de mañá empezo o traballo bastante tarde e paro para comer. Ese é un momento que Artes de Zaragoza e de A Coruña. hai que respectar, non esquezo comer. Despois de comer fumo un pitillo, e logo volvo Que é a arte e cal é a súa función? traballar ata as nove ou dez. A arte non ten unha determinada función práctica, non che leva de aquí para alá, non Que condicións valoras nunha sala á hora de expoñer nela? podes vivir dentro. Partindo diso, a arte é indispensable para o ser humano, todo o Normalmente miro se ten luz, se é espaciosa. As luces son moi importantes. As outras mundo necesita ter arte arredor. A nivel xeral a arte é boa para a alegría e relaxo do espí- cousas son circunstanciais. rito. Os artistas tratamos que a xente estea dentro desa movida artística que nos rodea. Cal e a túa opinión sobre la interdisciplinariedade artística? Como descubriches a arte? Eu non fago ese tipo de actividade. Non son interdisciplinar porque só fago escultura, Xa dende que ía a escola os mestres solían fomentar isto, sobre todo o debuxo. Aínda pero si coñezo outra xente que o fai. Paréceme correcto aínda que eu non o faga. que eu fun escolar do franquismo, algúns mestres ensinábannos a debuxar. Estudei en Como debería ser a arte do século XXI? varias academias en Santiago cando preparaba o ingreso no bacharelato e sempre tiña Penso que a arte é cousa de cada artista, e cada un ten unha forma de ver a vida. Podes o mesmo cadro pintado para impresionar ao messer un artista politizado e farás arte politizada. Potre. E aquí na Ulla, cando viñamos a casa dos avós des ser poeta e facer arte poética. A sociedade na tallaba barquiños en cascaras de pino. Penso que que vivimos marca tamén os temas que se tratan. aí empezou todo. Falamos do que está pasando nos momentos que Como decidiches ser escultor? vivimos. Ben, eu pintei. Xa fai unha morea de anos, si, pinQue etapas pasaches na túa traxectoria artística? tei. Empecei traballando barro que xa traballara Primeiro a etapa de pintar e logo pasei un tempo na escola de Artes. Fixen unha pequena escultura facendo mobles. Recollín a escultura ata conseguir de barro, unha muller espida, e regaleilla a miña atopar a miña liña. O importante para un artista é moza Marisa, e como tivo éxito empecei a traballar conseguir que se lle recoñeza ao autor sen necesiescultura. Daquela vivía nun piso en Vigo, os veciños dade de ver a firma. Iso leva tempo é non é doado. deixaron de falarme en canto empecei a facer ruído. Que proxectos tes agora e para o futuro próximo? Ao final collín un estudio en Vigo e estiven alí quince Aparte das exposicións en diferentes galerías, a anos. exposición de Afundación en Vigo. Para o ano que Cales son os teus referentes artísticos? ven, un intercambio de Galicia-Baviera en Alemaña. Como cando empezamos todos, onde miras é aos Como te definirías como artista? clásicos. Despois vas evolucionando. Tratei de non Non me gusta falar moito de min. En todo caso o ter influenzas que me impedirán desenvolver a miña que din outros, que son expresionista con influenliña. Aínda que sempre bebes de algo, do que se zas do expresionismo alemán. As pezas que fago trata é de que os demais cheguen a beber do teu. son figurativas e teñen policromía, que ao mellor Que importancia ten o espazo onde traballas? é o que lles dá a impronta. As personaxes que O taller é importantísimo . No meu caso teño un esesculpo son persoas da rúa, xente normal, como tudo pequeno, non necesito máis. A miña escultura Tino Canicoba no seu taller. Foto: Delio Sánchez somos nós.

23 |


Pincha | Revista 11

entre musica s NAO despĂ­dese dos escenarios cunha xira durante todo 2019.

| 24


Por Xiana Lastra

NAO:

“Fomos unha banda pobre en diñeiro pero rica en coherencia e honestidade”

N

esta ocasión toca falar de despedidas. Desde aquel outubro do 2005 no que NAO deu o seu primeiro concerto no Centro Social A Revolta, en Vigo, xa choveu! Chegou despois o seu primeiro disco ‘As palabras espidas’ (2007), ao que seguirían ‘Coas túas mans’ (2010), ‘Cancións de amor e
liberdade’ (2012) e ‘Cartas no caderno’ (2014). No 2015, ano no que gañan o Premio Martín Códax da Música na categoría de Metal e probablemente no momento máis álxido da súa carreira, anuncian que abandonarán os escenarios tras sacar unha triloxía de despedida baixo o nome ‘Apocalipse NAO’. Tras ‘Soñar’ (2016) e ‘Crear’ (2016), nace agora ‘Ata que o lume se apague’ e, así, chega o adeus definitivo de Jasper, Gus, Amós e Torroncho como Nao, o gran final, cunha intensa xira que arrincou o 5 de decembro na Sala Capitol compostelá e que rematará no mes de decembro de 2019, probablemente no mesmo lugar. Marcha unha das bandas de referencia do noso panorama musical que nos deixa moitas cancións que cantar e tamén moitas consignas que berrar. 25 |


Pincha | Revista 11

entre musica s Falamos con Jasper (Pablo Carracedo), vocalista do grupo, arredor do que foi e do que virá.

 Como nace Nao? Cales eran as pretensións cando comezastes? Nao nace da confluencia de músicos que coincidiramos noutras bandas e que xa, cunha visión máis madura da música, decidimos facer un proxecto que coidase os textos e o son. Sempre tentamos pór unha semente de pensamento crítico, tentar concienciar e loitar contra o pensamento unidimensional estendido nos medios. A nosa pretensión era ser unha pequena resistencia que tentase chegar a canta máis xente mellor. Como foi a evolución do grupo? Despedídesvos precisamente polo medo a non dar mantido o nivel acadado como banda. Como chega Nao a este punto? Comezamos facendo rap metal, porque permite empregar moito máis texto. Nunca desbotamos este son duro, pero si que tivemos outros matices na composición das cancións. Co tempo empregamos moita máis melodía nas voces. A nivel literario comezamos cun discurso moi global, de tentar facer crítica sen caer no panfletarismo. Fomos trocando isto por un discurso máis galego e por tentar darlle esperanza á xente, que se reafirmase nas súas propias conviccións, mais nunca deixamos atrás a crítica social. A nosa forza foi a xente que nos seguiu. Penso que dicimos cousas que poucas din e moitas pensan. Nós facémolo cantando. Por outra banda, penso que a xente valorou moito a nosa coherencia e honestidade. Isto é algo que está moi caro ultimamente. Nós fomos unha banda pobre en diñeiro pero moi rica nisto. Custounos vetos, entrar en certas listaxes | 26

negras... Mais sabemos que fixemos o correcto. A cantidade de xente que nos segue así o demostra. Manter este nivel de compromiso coa música e os fans non é doado nun país no que os medios públicos nos silencian. Despois de 13 anos foi con este disco a primeira vez que pisamos un plató da CRTVG. Non é normal. Sabiamos que o sacrificio que supón tocar nunha banda destas características non o poderiamos prolongar no tempo. Por honestidade coas seareiras decidimos despedirnos. Pero facelo ao grande! A liña ideolóxica da vosa música é o que máis vos define e, ao mesmo tempo, tivo que pecharvos moitas portas. Como foi tomar a decisión de camiñar cara a aí? Tiñamos claro dende os comezos que NAO non ía cantar estupideces. Vivimos momentos difíciles que logo de 13 anos semella que van a peor. Vivimos nun país

anormal, onde falar a túa propia lingua está mal visto ou fai que te sinalen co dedo, onde a censura impera nos medios de comunicación, onde os presidentes se fotografan con narcos e non pasa nada, privatizacións, caciquismo... A isto hai que darlle resposta. Nós facemos da nosa música unha arma para loitar contra todo isto, tentando tocar o lado emocional da política. E penso que o conseguimos. Indubidablemente isto fechounos portas, pero abriunos moitas outras: as do afecto e compromiso sincero e leal de moita xente. Esa é a gran lembranza que levaremos de todo isto. Como é o día a día de Nao? Que dirías se tiveses que describir os teus compañeiros en poucas palabras? NAO ensaia cando pode, non cando quere. Durante longas tempadas a banda ocupa o noso pensamento as 24 horas


persoa moi metódica e cunha gran intelixencia musical. Torroncho é un fóra de serie. Musicalmente é polifacético, perfeccionista, elegante...

O grupo gañou en 2015 o Premio Martín Códax da Música na categoría de Metal.

do día. Á hora de montar as cancións temos varios “métodos”. Poden vir cunha idea miña ou de Gus xa da casa, ás veces facemos tormenta de ideas no local, ou de algo que sae de xeito espontáneo e imos construíndo. Gravamos esas ideas e logo tentamos pulilas. Eu fago as letras e voulles dando forma ás estruturas. Logo no estudio facemos algo similar: primeiro gravamos a idea como vén do local e logo coa axuda do enorme Iago Pico, o noso produtor nos últimos anos, modificamos, creamos e dámoslle a forma definitiva. Gus é o meu irmán xemelgo en NAO. Todo paciencia, compromiso, moita creatividade e intelixencia. A persoa coa que mellor me entendín nunca á hora de compoñer. Amós é todo groove, amabilidade e positivismo. Unha

E cando xa remata todo o proceso... saen discos como este Ata que o lume se apague. Como foi a súa creación? Fixémolo en moito tempo. Hai cancións que teñen anos. Gardamos moitas ideas na recámara e tamén houbo moita inspiración nos meses anteriores a entrar no estudio. Dúas cancións gravámolas en Euskadi no Estudos Garate da man de Kaki Arkarazo. Alí fixemos Txoria Txori, unha versión de Mikel Laboa, e tamén o tema que fecha o derradeiro disco da banda. Aquí en Galiza gravamos no noso estudio de referencia, Estudios Pouland, con Iago Pico. Tivemos a sorte de contar co piano de Belém Tajes, os ventos de José Carou, Óscar López e Santiago Colmenero, as voces do coro de Cantigas e Agarimos, Patty Castro, Eladio Santos, Cristopher Nervo, Dani Lavesedo, as pandeiretas e voces de Tanxugueiras e cos SonDaRúa. Comezastes xira de despedida na Sala Capitol e foi apoteósico. Como o vivistes vós? Antes de saír, con moitos nervios. Chegábannos whatsapps de fotos coa

“Dicimos cousas que poucas din e moitas pensan”

enorme cola que había fóra e intuiamos que ía ser unha noite épica. Logo no escenario foi súper emotivo todo. Ver unha sala tan grande chea, cantando as cancións, saltando, berrando consignas... O mellor da música é isto. E non dá algo de mágoa marchar aínda que vos quede un ano de concertos por diante? Son moitas emocións e moita carga de traballo. Temos por diante unha xira moi longa e estamos moi satisfeitos de como está funcionando a banda a nivel de produción e management. Demos un paso cualitativo nisto. Falando co corazón si que dá moita mágoa albiscar o final. Penso que vai a ser unha xira de fortes emocións, mais tamén de re-atoparnos con moitos amigos e amigas. Onde poderemos vervos, cantarvos e bailarvos? Comezaremos na Estrada o 19 de xaneiro e continuaremos por Melide, Cambados, Vigo, Ourense, Pontevedra, Lugo, Sarria, Viveiro, A Guarda, Ferrol, Lalín, A Gudiña, A Coruña, Ribeira, Carballiño, Boiro, Bueu... Tentaremos visitar tamén Portugal e Euskadi. O verán vai ser un non parar de festivais. Hai datas que coinciden e estamos incluso vendo de facer dobletes... Penso que vai ser unha xira moi intensa. Así queremos que sexa, saciarnos de directos. Para quen aínda non foi a un concerto de NAO... que dirías que pode atopar? Un bo espectáculo dunha banda de rock que move moita xente. Penso que isto é algo que se contaxia entre o público, o bo rollo, a unidade, soltar a raiba, sorrir, bailar, cantar... Os nosos concertos gañan moito se sabes as letras. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

27 |


1 Pincha | Revista 11

axend a de advento e haberá tamén obradoiros creativos e actividades para descubrir como se viven estas festas noutras culturas afastadas e achegadas á vez.

NOVOS TALENTOS DE GUITARRA 2019 4 DE XANEIRO ÁS 18:30 HORAS NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL Recital de guitarra clásica a cargo de Lus A. Cruz Ramos e Álvaro García Peón

ESPECTÁCULO DE COMEDIA IMPROVISADA 7, 14 , 21 E 28 DE XANEIRO ÁS 22:00 HORAS N0 DADO DADÁ Con Improvisibles

EL CASCANUECES AUDITORIO ABANCA

2 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 20 EUROS

FINAL DO NADAL EN COMPOSTELA ATA O 27 DE XANEIRO

Remata a programación local por estas Festas do Nadal con moitas actividades nos centros cívicos; a pista de xeo da Alameda (ata o día 27); o Belén tradicional en San Fiz de Solovio e o Mercado de Nadal na Carreira do Conde (ata o día 5). A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música ofrecerán cadanseu concerto de Reis o 4 e o 6 de xaneiro, respectivamente, no Teatro Principal. Tampouco os Reis Magos faltarán á súa cita coas nenas e nenos de Compostela. Este ano, a gran cabalgata do 5 de xaneiro levará por lema “A viaxe das marabillas”, e nela Melchor, Gaspar e Baltasar faranse acompañar por Alicia e por algúns dos personaxes que comparten con ela ‘O país das marabillas’, como o sombreireiro tolo, o coello ou a raíña de corazóns. Consulta a programación en revistapincha.gal

A prestixiosa compañía de Moscú, Russian Classical Ballet, dirixida pola famosa bailarina Evgeniya Bespalova, presenta unha das obrasprimas do ballet clásico. Cheo de romance e fantasía, ‘El Cascanueces’ exalta a capacidade de soñar dos nenos e a inxenuidade dos seus sentimentos.

GRAN TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS: MUIÑADA

Seis locais do Franco impulsan unha nova promoción chea de premios para todos os seus clientes. De xoves a domingo, por cada 5 € de consumición entregarase un cartón que os clientes terán que rascar para saber se tiveron sorte e levan algún premio, entre os que se atopan unha viaxe a Cabo Verde, unha cámara GoPro, ceas e estancias hoteleiras e miles de consumicións gratuítas. A agrupación Fran&CO está integrada por O Boteco, Casa Elisa, Mesón 42, Porta Faxeira, A Barrola e ACDC, e nace coa intención de reactivar a visita dos composteláns a esta mítica rúa do centro histórico.

CONCERTO TRIBUTO A QUEEN AUDITORIO ABANCA

3 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 25 EUROS

SALÓN TEATRO

| 28 2

ATA O 13 DE XANEIRO

CONCERTO DE IRATXO SALA MOON 10 DE XANEIRO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 8 EUROS

Concerto-presentación do disco ‘P’a bestias no hay senderos’ de Iratxo, proxecto autoproducido e autoeditado de Juan Manuel Cifuentes formado en 2007 que mestura rock, ska, reggae, rumba... con letras críticas, sutís, inconformistas e poéticas.

3 DE XANEIRO ÁS 19:00 HORAS E 4 DE XANEIRO ÁS 12:30 HORAS| PREZO: 6/8 EUROS

CIRCO EVOLUTION: IMAGINATIO

Circo Evolution é un espectáculo máxico con coreógrafos, dirección artística e unha banda sonora incomparable. Este Nadal chegan a Santiago de Compostela para presentar a súa nova montaxe Imaginatio.

RÚA DO FRANCO

SALÓN TEATRO

Muiñada é unha viaxe ao pasado para as nenas e nenos de hoxe. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria das nosas avoas e avós. O espectáculo acompáñase con talleres dúas horas antes de cada función, deseñados a partir do que se vai ver no escenario.

ATA O 13 DE XANEIRO ÁS 18:00 HORAS| PREZO: NENOS 10, 12 E 15 EUROS. ADULTOS 15, 18 E 25 EUROS

RASCA E GAÑA CON FRAN&CO

CIDADE DO NADAL MUSEO CENTRO GAIÁS ATA O 6 DE XANEIRO DE 10:00 A 20:00 HORAS

Na ‘Cidade do Nadal’ do Gaiás hai actividades todos os días para gozar en familia. Cada mañá os visitantes poderán abrir o seu particular calendario

The Best World Queen Tribute Band chega a Santiago para recrear as cancións de ópera rock, os himnos universais e as poderosas baladas que situaron ao grupo liderado por Freddie Mercury no máis alto das listas de éxitos durante dúas décadas. Así, poderemos escoitar temas como ‘We Are the Champions’, ‘I Want to Break Free’, ‘We Will Rock You’ ou ‘Bohemian Rhapsody’.

MISSISSIPPI GOSPEL CHOIR AUDITORIO ABANCA

10 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 23 EUROS

Coro formado por 20 artistas que conseguen plasmar a historia do gospel nun percorrido único polas raíces desta música. ‘Hallelujah!’ lévanos desde as cancións espirituais do século XIX, de profundas raíces relixiosas, ata unha homenaxe ás cancións de protesta e marchas pola liberdade, onde non faltan temas tan coñecidos como ‘Oh Happy Day!’.


Gastronomía & Cultura

axend a Vitalista, alegre, expansivo… volve Andrés Suárez con ‘El corazón me arde’, primeiro adelanto do seu novo álbum, que se publicará o próximo mes de xuño.

HOLY MOTORS NO PLACERES OCULTOS

INAUGURACIÓN DE PERENCONTRO

SALA SONAR

ZONA C

11 DE XANEIRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 10 EUROS

A banda, formada por tres guitarristas amantes da reverberación, un baterista e a magnética voz da cantante Eliann Tulve, debullarán no Sónar Compostela as composicións do seu último disco, ‘Slow Sundown’. O concerto enmárcase dentro do ciclo Placeres Ocultos que organiza a asociación Desconcierto Cultural.

CONCERTO DE TOUNDRA

PEQUEFILMES 2019

16 DE XANEIRO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: GRATUÍTO

SALA CAPITOL

MUSEO CENTRO GAIÁS

A Zona “C” acolle a última das intervencións que foron seleccionadas, na segunda edición, por un grupo de expertos baixo a denominación de Proxectos de intervención artística: ‘Perencontro’ (a través do encontro) de Alejandra Pombo. A artista poñerá as condicións para dar lugar ao Perencontro con catro artistas invitados para a ocasión deste proxecto: María Xerez, Mårten Spångberg, Silvia Zayas e Josu Bilbao.

19 DE XANEIRO ÁS19:30 HORAS | PREZO: 16 EUROS

26 E 27 DE XANEIRO

Toundra acaban de sacar un novo disco chamado ‘Vortex’, o quinto da súa carreira. Trala súa extensa xira por Europa e festivais de verán, recalan en Santiago para presentar este traballo.

Volve ao Gaiás o festival de cinema que a cativada da casa levaba un ano agardando: Pequefilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias. Durante os días 26 e 27 de xaneiro, o Museo Centro Gaiás ofrecerá unha emocionante e amplísima escolma das mellores producións internacionais actuais para esta audiencia.

GUATEQUE ESPECIAL (LA SRA. ESTÁ MUERTA II) CONCERTOS NECESARIOS

2 DE FEBREIRO ÁS 23:00 HORAS EN EL CORZO

RESIDENCIA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO 25 DE XANEIRO ÁS 11:00 HORAS

RELS B + ITCHY & BUCO SOUNDS SALA CAPITOL

17 E 18 DE XANEIRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 15 EUROS

Rels B é un mozo rapeiro e produtor mallorquino considerado como un dos artistas referentes na escena musical urbana. As súas cancións son letras autobiográficas con bases de R& B. Vén presentar o seu terceiro disco ‘Flakk Daniel’s’.

TARQUE, EN DIRECTO SALA CAPITOL

12 DE XANEIRO ÁS 21:15 HORAS | PREZO: DESDE 23 EUROS

A xira de Carlos Tarque chega a Compostela nun directo no que poderemos ver e escoitar a unha das bandas máis poderosas que se pode reunir hoxe día no panorama do rock en castelán, cos músicos que tomaron parte na gravación do disco que presentan: Carlos Raia, Coki Giménez e Ivan González “ Chapo”.

O músico compostelán Xacobe Martínez Antelo remata a primeira quenda do seu ciclo de Concertos Necesarios cunha actuación na residencia de maiores de Volta do Castro. Trátase dunha iniciativa solidaria para achegar a música a diferentes centros socio-sanitarios. A formación está integrada por Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á batería, e o propio Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo.

MUSEO DO POBO GALEGO ATA O 3 DE FEBREIRO

‘GO ON!’, DE MALASOMBRA 18 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS N0 SALÓN TEATRO | PREZO: 10 EUROS Representación teatral con Xoque Carbajal e Jouse García

‘D.E.P.’, DE MALASOMBRA 19 DE XANEIRO ÁS 20:30 HORAS N0 SALÓN TEATRO | PREZO: 10 EUROS Representación teatral con Xoque Carbajal e Jouse García

MOSTRA: ALBA DE GLORIA. A EXPERIENCIA

ANDRÉS SUÁREZ, EN ACÚSTICO SALA CAPITOL

25 E 26 DE XANEIRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 18 EUROS

Setenta anos despois da alocución histórica de Castelao en Boas Aires, o Consello da Cultura Galega organiza unha innovadora homenaxe cunha narrativa multimedia baseada na exploración e observación participante da mellor peza de oratoria escrita en galego. A través da combinación de realidade virtual, recursos audiovisuais e materiais documentais, a mostra transcende os formatos expositivos tradicionais cunha experiencia interactiva na que as novas tecnoloxías median un diálogo sensorial e emocional cun pasado no que Castelao nos sostén a mirada con conmovedora viveza.

293 |


Pincha Pincha || Revista Revista 11 1

axend axend a a Hoboken (New Jersey) ten explorado desde os extremos do noise rock e o shoegaze ata o pop melódico e a composición académica.

TERRITORIOS DE INTIMIDADE AUDITORIO DE GALICIA ATA O 3 DE FEBREIRO | PREZO: DE BALDE

A exposición Territorios de intimidade trata de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo e achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras. Todas elas romperon os estereotipos temáticos tradicionalmente asociados ás artistas mulleres neses anos, mais tamén innovaron e penetraron en temáticas como a fantasía, o compromiso social ou o relato da súa contorna máis próxima.

DESVÍO I

CGAC

Peza breve posdramática, interpretada pola actriz Paula Sanmartín, moi singular pola mestura que fai de aspectos rituais, concentrados na figura alegórica dunha especie de bruxa- medium teatral. Ao mesmo tempo, trátase do deus Príapo, xa que a bruxa axita entre as pernas un membro descomunal. Con todo, o gran pene acaba por ser algo circense, cun nariz de pallaso por glande, para desactivar ese poder falocéntrico.

ATA O 3 DE FEBREIRO | PREZO: DE BALDE

O traballo de Julião Sarmento formalízase desde o fronteirizo. Moitas das súas obras conteñen imaxes de imaxes e están relacionadas entre si, aínda que funcionen de maneira independente, abrazando a ambigüidade do seu significado. Trátase de microrrelatos que asumen a múltiple potencialidade do cine, entre o expreso e o secreto, entre o persoal e o estraño.

FILOCAFÉ

ESCENAS DO CAMBIO 2019

CGAC

CIDADE DA CULTURA

3 DE FEBREIRO DE 18:30 A 20:00 HORAS | PREZO: DE BALDE

Os filocafés son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiaren inquedanzas ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento. As sesións están dirixidas por profesionais de diversas disciplinas. Nesta ocasión será o turno de Román Padín, especialista en museos e moda.

|| 30 4

EXPOSICIÓN DE JULIÃO SARMENTO: WITHOUT

UNITARIA

8 DE FEBREIRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: 5 EUROS

Consulta o programa completo en revistapincha.gal

HOTEL PALACIO DEL CARMEN 9, 10 E 11 DE FEBREIRO

Sexta edición do Festival Internacional de Tango en Compostela que cada ano organiza a asociación Compostela Tango Club. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, conta coa presenza de bailaríns e musicalizadores de renome internacional para impartir seminarios, realizar shows, e seleccionar os mellores tangos para bailar. Ademais dos obradoiros específicos para afeccionados, os bailes (milongas) constitúen un espectáculo único e unha excelente oportunidade para o público xeral de coñecer e achegarse ao tango.

NACH PRESENTA ‘ÉXODO’

DO 7 AO 16 DE FEBREIRO

Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción organizado pola Fundación Cidade da Cultura. Entre outros, contarán coa presenza de dous creadores principais da vangarda española, Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina, que compartirán co público as súas accións políticas, irreverentes, sempre disidentes.

VI COMPOSTELA TANGO FESTIVAL

SALA CAPITOL

CONCERTO DE YO LO TENGO SALA CAPITOL

8 DE FEBREIRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 22 EUROS

Con 15 discos de estudo ás súas costas, entre os que destacan ‘I Can Hear the Heart Beating as One’ (1997) e ‘And Then Nothing Turned Itself Inside- Out’ (2000), a banda fundada en en

9 DE FEBREIRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 19 EUROS

Un dos maiores expoñentes do xénero urbano en lingua castelá, regresa aos escenarios co seu novo disco. O artista alacantino, coa súa inconfundible capacidade de crear imaxes e sensacións a través da acción da palabra, recalará en Santiago (data única en Galicia) cunha proposta escénica innovadora, sen esquecerse dos temas máis emblemáticos da súa carreira.


Gastronomía & Cultura

axend a do éxito literario do século XIX, ‘A Dama das Camelias’ de Alejandro Dumas. Trátase dunha gran ópera que destaca de entre a obra verdiana polo seu carácter realista, situada no París da segunda metade do século XIX. Protagonízaa a soprano Laura Alonso Padín. Xunto a ela, Giorgio Germont e o tenor Carlos Alberto Velázquez.

MIRIAM RODRÍGUEZ, EN DIRECTO SALA CAPITOL

15 DE FEBREIRO ÁS 20:00 HORAS

A artista coñecida como “a leoa” inicia o seu esperado circuíto en solitario por toda a xeografía española. Miriam Rodriguez embárcase nunha viaxe chea de emocións que non deixará indiferente a ninguén. Forza, paixón, sentimento, dozura e contundencia son algúns dos adxectivos que mellor definen á artista galega, finalista do concurso OT 2017.

JUANCHO MARQUÉS, EN XIRA

de presentación do seu primeiro disco. Un album no que atopamos cancións propias elaboradas coa complicidade do productor e compositor David Sansebastián, coñecido polo seu traballo xunto a India Martínez, Antonio José ou María Parrado, entre outros moitos.

RAFA PONS, AO VIVO SALA SÓNAR

SALA MALATESTA

16 DE FEBREIRO ÁS 22:30 HORAS | PREZO: 12/14 EUROS

Vibra Mahou tráenos a Santiago a xira Noroeste de Juancho Marqués. O artista leva 5 anos xirando polas principais salas de todo o territorio español, na súa presentación do álbum ‘Blue Sundays’. Dificil de catalogar só dentro do hip hop, a súa música tamén bebe da electrónica e do pop.

Rafa Pons presenta o seu novo disco ‘La guerra del sexo’, un traballo formado por 14 cancións eminentemente rockeiras, gravadas coa intensidade habitual pero sen usar ningunha guitarra eléctrica nin sintetizadores. Apostouse pola madeira das guitarras acústicas, os pianos e os violíns para darlle a todo o conxunto sonoro un aire máis folk que favorece moito ás cancións.

15 DE FEBREIRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: DESDE 14 EUROS

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

Pin

Revista de G

Pin

Axenda suxeita a posibles Revista de G modificacións. Consulta novidades en

Pin

revistapincha.gal

VICKY GASTELO PRESENTA DISCO ÓPERA: LA TRAVIATA PALACIO DE CONGRESOS 15 DE FEBREIRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 10,99 EUROS

La Traviata é sen dúbida una das obras de Giuseppe Verdi máis recoñecidas polo gran público. A ópera baséase na adaptación teatral

SALA SÓNAR

CEPEDA COA XIRA PRINCIPIOS PALACIO DE CONGRESOS 16 DE FEBREIRO ÁS 21:30 HORAS | PREZO: DESDE 24 EUROS

O exconcursante de Operación Triunfo, Luis Cepeda, chega a Compostela dentro da súa xira

Revista de G

23 DE FEBREIRO ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 12 EUROS

Vicky Gastelo presenta o seu novo disco ‘Lo he vuelto a hacer’ en Santiago. Un disco polo que está a recoller innumerables eloxios. O album contén nove cancións inéditas e unha versión acústica xunto ao galego Andrés Suárez da súa canción ‘Aunque no sea yo’.

315 ||


Pincha | Revista 11

directo rio Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Rúa da Caldeirería, 42 Santiago de Compostela

L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado

L a S de 7:30 a 23:00 (V e S a 1:00) D de 9:30 a 22:00

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

@Cafe_Serendipia

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

T. 981 566 980

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

Rúa de San Roque 13 Santiago de Compostela

Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela

Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela

De L a V de 9:00 a 00:30 S e D de 10:30 a 16:00 - 19:00 a 00:30

L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30. Xoves Pechado

Todos os días de 10:00 a 00:00

T. 981 564 379 - bodeguilladesanroque.com

T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com

T. 981 571 204

T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com

J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

| 32

Rúa de Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com www.restauranteferro.com

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00 T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

Rúa do Vilar, 25 Santiago de Compostela


Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00

Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

T. 981 589 600 www.amaceta.com

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

vinotapeta@gmail.com Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela De L a D de 9:00 a 00:00

RESTAURANTE

De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es

Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com

Grupo

CASTRO Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com

Revista de Gastronomía & Cultura

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

Rúa Fonte de Santo Antonio 10-Baixo Santiago de Compostela T. 981 582 911 - info@videvide.net

F: VIDE, VIDE T: @vide_vide

Únete a nós!!! Revista de Gastronomía & Cultura publicidade@revistapincha.gal

#somospincha Revista de Gastronomía & Cultura

33 |


Pincha | Revista 11

directo rio tenda s Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30

Camisetas gourmet, enfornadas en Melide!

T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es

Avda. Peregrina 1 baixo 981 939 352 - Bertamiráns Rúa de Galicia 18 981 873 907 - Ribeira Rúa de Galicia 5 981 825 630 - Noia

www.silvaldehogar.com

desenvolver ideas compartir experiencias obradoiros - encontros - presentacións

Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

A vosa revista!!!

publicidade@revistapincha.gal

Rúa Pesqueiras 6 - Local 10 Bertamiráns T. 660 619 071 contact@dospasos.org www.dospasos.org

| 34

Revista de Gastronomía & Cultura


paga a pena Escoitar....

o disco do 170 aniversario da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Santiago acaba de publicar un disco co que conmemora o seu 170 aniversario. Entre os temas que figuran nel hai obras orixinais de membros da propia Banda e tamén colaboracións con Treixadura e con Cantigas e Agarimos. Así, neste traballo podemos escoitar pezas como “Arzúa”, composta por un dos bombardinos da Banda, Javier Ces, e composicións de Juan Lois (trompeta), Javier González (trompa), Simón Couceiro (requinta) ou o director Casiano Mouriño. Ademais o repertorio complétase con pezas tan coñecidas como “O Carro”, “Lela”, “O Cuco” ou a “Foliada de Santiago”.

Patinar...

na pista de xeo máis grande de Galicia

Aproveita os últimos días para patinar na pista de xeo máis grande de Galicia. Ocupa unha gran carpa na Praza de Europa, dentro do centro comercial Área Central. Horarios: de luns a venres de 16:00 a 22:00 horas (público xeral). Sábado e domingo de 11:00 a 23:00 horas. O prezo da entrada xeral con patíns incluídos e para 50 minutos é de 8 euros. Lembra: o uso das luvas é obrigatorio e os menores de 8 anos teñen que estar acompañados na pista por un adulto.

Ler...

‘Diáspora do amor balea”

Autoras: Andrea Nunes Brións e María Rosendo Priego. Caldeirón 2018 XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas. Poesía galega que vai desde o pracer das mareas, do corpo, das carqueixas, dos líquidos corporais, ate a distancia, a través dos amores sans....Un gozo de lectura. A obra está á venda na libraría de mulleres compostelá Lila de Lilith, na rúa Travesa, 7.

35 |



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.