Revista Pincha 12

Page 1

de Gastronomía & Cultura Revista de Revista Gastronomía & Cultura Nº 12 | marzo-abril 2019

ARDE FREITAS

A chef compostelá, recente Estrela Michelín, ábrenos a porta de Lume



EDITORIAL

ÍNDICE

Ao quentiño

R

egreso á dirección de Pincha trala Por Rebeca Munín miña baixa por maternidade e fágoo moi a gusto, envolta pola calor dos meus dous pequechos (Juanito, co que celebramos o San Xoán, e Iago, co que festexaremos todavía máis o Apóstolo hahaha). Quizais por iso este número saíunos tan quentiño. Por un lado, Jéssica Pintor adéntranos en dous locais onde o lume é protagonista: o novo proxecto da chef compostelá, Lucía Freitas, tras gañar unha Estrela Michelín para A Tafona; e o Asador O’Pazo, en Padrón, que ten un menú con doce pratos feitos á brasa. E que, ademais, destina parte do beneficio a un loable proxecto de reforestación denominado ‘Árbores de cinza’. Tamén @JuanEAT_o visita nesta ocasión un restaurante, o ACDC, onde defenden a cociña a fogo lento e onde podemos gozar de acompañamentos elaborados na lareira da casa familiar. Ai, é que ben se está ao carón dunha lareira! Por outro lado, que mellor para quecer as nosas mentes e almas que un bo libro? Ruth Ríos fainos nesta #pincha12 unha viaxe pola literatura compostelá, analizada desde tres puntos de vista diferentes: aut@r, edit@r e libreir@. Recén saído do forno, Xiana Lastra tráenos o novo disco de Budiño. César Varela descóbrenos a LambSkin e os nosos amigos de Os Catro Gatos mergúllannos na cova do artista Zamo Tamay. A temperatura sube tamén grazas á recomendación do Albariño que cataron Lorena Costas e José Crusat. Aproveito estas liñas para agradecerlles tanto a todos eles, como ao noso maquetador, Alberto Seoane, e ao noso fotógrafo, Iván Barreiro, o esforzo feito durante a miña ausencia. Quéresevos equipo! Ah! E lembrade, un número máis e cumprimos #somospincha dous aniños!

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com

4 Lucía Freitas reportaxe 8 Escribir en Compostela d e ba res con jessi 14 Asador O’Pazo 666 rpm 17 LambSkin Crusat & Costas 18 Sacabeira 2016 #apapa r 20 ACDC Restaurant 23 A gorida de Zamo Tamay entre musicas 24 Budiño 28 Axenda Compostelá 32 Directorios 35 Paga a pena entrevista

Publicidade: Jéssica Pintor e Ruth Ríos publicidade@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: Jéssica Pintor, Ruth Ríos, César Varela, José Crusat, Lorena Costas, @JuanEAT_o, Inés Silvalde, Delio Sánchez e Xiana Lastra.

Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.re vista p in ch a .g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

3|


Pincha | Revista 11

entrevista

LUCĂ?A FREI O Lume dunha estrela

|4


ITAsS

Por Jéssica Pintor

É

como una chispa. Salta, prende, acende… Venlle ben o nome do seu novo restaurante: Lume (na rúa das Ameas). Fai uns anos xa que coñezo a Lucía Freitas, parecen máis dos que son. Debe ser que fala moito esta rapaza! (Risas). Fai moito, tamén. Cando non está na cociña, está collendo un avión, baixando do outro lado do charco, comprando na Praza de Abastos de Santiago, atendendo xente en A Tafona (na Virxe da Cerca) ou aos xornalistas ou nunha sesión de “chapa e pintura” como di ela, porque quere saír guapa nas afotos. En realidade non lle fai falta, porque o que transmiten eses ollos azuis e o sorriso que concede, de cando en vez, son suficientes! Para min xa era parte deses astros que nos fan gozar dos manxares da terra e do mar, pero agora... Es unha estrela, querida! (Ri tímida). Cambiouche algo? A estrela Michelín supón máis clientes, o que equivale a ter máis estabilidade económica, o que leva a ter tamén máis equipo e por tanto máis tempo para min e para o meu fillo. Teño máis viaxes, máis responsabilidades. Teño que compaxinar con outras moitas cousas... Pero teño dous equipos moi bos, que son xente da casa! Que me permiten seguir medrando e medrar xuntos. Permítenme viaxar a Cataluña, onde estou cun proxecto novo e facer máis cousas...

Freitas recibiu recentemente unha Estrela Michelín no seu restaurante A Tafona. Foto: Iván Barreiro.

Combinar dúas cociñas e o resto con ser nai será difícil, supoño? Si. Se non tivera a familia que teño, sería imposible. Teño a gran sorte de ter uns pais e irmáns que me axudan ao máximo. A nosa estrutura de familia é un todo que nos inclúe a todos, ao meu neno e a min tamén. Gústalle cociñar ao pequecho dos Freitas? Cando vou cociñar, arrastra unha cadeira e ponse ao meu carón. Eu facía galletas co meu pai, coa nata do leite e agora 5|


Pincha | Revista 12 6

entrevista fainas el comigo, dende que era pequeno de todo. Amasar encántalle, pero líaas moi pardas, é moi destroyer!! O de lanzar cousas ao aceite é un perigo! (Gargalladas). Pero non quere ser cociñeiro, a el gústanlle máis os coches, quere ser piloto, coma seus tíos. (Máis risas)

“En Lume temos propostas rápidas, pero con cociña de verdade, máis divertida, con máis frescura”

Como fas agora, multiplícaste? Nooo!! Teño dous equipos magníficos. Fago a compra para os dous sitios, á vez. En Lume dependemos moito do xénero, do día a día. En base ao que haxa, decidimos que facer. É unha cociña moi dinámica, cousas que saen e entran, o que mercamos, as ideas que temos... É moi cambiante, estamos sempre dándolle á cabeza... Temos máis cousas fóra de carta que dentro, imos probando... Pero a máxima é sempre a mesma, como na Tafona, sen medo, con seguridade. Buscando dar o mellor de nós e cun produto excelente.

Sandra Romero é a artífice de Xente de Compostela. Foto: Iván Barreiro.

|6

Que hai de diferente entre Lume e A Tafona? En Lume hai máis influencia das miñas viaxes, iso dálle un toque fresco. A Tafona diría que é cociña tradicional galega coas miñas mesturas e aquí estás no mercado compostelán, comendo produtos frescos, ben cociñados. Manteño grandes clásicos, imprescindibles para min: como o capuchino de caldo galego, a empanada líquida de millo, papadas, moito guiso... É cociña rápida, pero con moita elaboración, moi traballada. Facemos as nosas propias pastas frescas, que facemos todos os días, os nosos brioches, as masas, caldos e xugos... Algo que non é moi habitual na cociña rápida. Queríamos facer un lugar onde poder parar e comer un par de pratos e seguir pola rúa!

Estase facendo unha ruta moi guapa aquí ao lado do mercado!! Sitios onde poder picar: alí uns berberechos ou percebes, aquí unhas alcachofas da horta á brasa en moito xugo ou peixe do día. Temos propostas rápidas, pero con cociña de


verdade. Queremos que a xente comparta un par de cousiñas e a outro bar! Por iso case non admitimos reservas. Si para xente que vén de fóra ou especificamente aquí. Pero o ritmo é moi dinámico e non nolo permite. Por iso é unha cociña máis divertida, con máis frescura. Temos algunhas suxestións, unha pequena proposta, pero normalmente aconsellarémoste e teremos comida en función da tempada e da Praza. En Lume hai un equipo con escola, temos brasa! (Evidente e elemental, querido Watson! Podedes rir que Lucía éche moito! E sábeo). E si, teñen brasa para cociñar tamén! (Risas e risas). Abaixo é unha cociña de mar e de horta e aquí máis de carne e horta, poderíamos dicir. Temos pratos máis contundentes, en pequenas porcións, pratos para compartir, unha cociña que che permite probar máis, en pouco tempo. Pincha

P E N S I Ó N

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

De aí a distribución do restaurante. Unha mesa longa con tallos. Un par de espazos pequechos, por se non queres compartir. Miradas atentas ás brasas, ao wok, a Freitas en acción!!: Aí tes ao demo!!! Berro, mentres Iván (o noso fotógrafo) lle quita a estampa, a Lucía aos mandos do Lume... Non din que Deus prové alimentos e o diaño manda aos cociñeiros? Pois ló!! Só que ela ten cara doce e anxelical, aínda que eu non me fiaría! (Chisco, chisco) Si oh! Da súa cociña a cegas. Xa sabedes que eu por comer, viaxaría ao inferno... Tomando unha cervexa, a miña amiga Lucía confesoume unha gran verdade e é que cada persoa que entra na súa casa (ben na Tafona, ben agora en Lume tamén), quere o mellor dela!! É así. Todos ou case todos, sendo egoístas - como somos moitas veces cando imos de restaurante -, queremos comer un anaco mesmo da estrela, se podemos! Por fortuna esta gran cociñeira (e reposteira non o esquezades!) ten lume para rato!

domusgallery@pensiondomusgallery.com www.pensiondomusgallery.com T. 881 979 053

Rúa Xosé Neira Vilas, 18

ARZÚA Reserva aquí:

Lucía, no centro, co seu equipo en Lume. Foto: Iván Barreiro.

7|


Pincha | Revista 12 11

reportaxe

Foto: Ivรกn Barreiro.

|8


Por Ruth RĂ­os

Escribir en Compostela

9|


Pincha | Revista 6

reportaxe

O

acto de escribir é algo íntimo e solitario. Nace dunha necesidade de contar tan antiga como nós mesmos. O ser humano necesita expresarse.

Con todo, o capitalismo converteu a literatura en todo un mercado, ás veces voraz, ás veces máis amigable, como é o caso da literatura galega. Pero, en calquera caso, desde que un escritor comeza a incubar unha idea nas súas entrañas ata que ti, querido lector, acariñas a portada dun libro sobre a mesa de calquera libraría, existe todo un camiño que analizaremos nesta reportaxe; un mundo formado por creadores, editores e libreiros. E é que pór na rúa un libro non é tarefa fácil, especialmente nun país onde, segundo datos do último Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros, un 40% dos españois afirma “non ler nunca ou case nunca” e, a xulgar polas listas de vendas, ten máis éxito Terelu Campos que Paul Auster. Quixemos ademais palpar o pulso particular do estado da literatura en Compostela, cos seus claroscuros. Contemos a historia dun libro calquera, o que poidan alumar escritoras como Anna R. Figueiredo, que un bo día deu o salto do relato curto á novela sobre as miserias da emigración moderna, ou María Reimóndez, que entre Vigo e Compostela leva anos narrando historias con transfondo feminista.

Contemos a historia de editores que se arriscan como Fernando Cimadevila, de Contos Estraños, filla fantástica de Urco Editora, que naceu da necesidade de dar voz a un xénero inexplorado na literatura galega. Contemos a historia de libreiras valentes como Patricia Porto, da libraría Lila de Lilith, un espazo feminista para crear, compartir e coñecer. O amor por escribir O relato do noso libro imaxinario podería comezar en calquera cafetería, como a do Costa Vella, onde citamos a Anna R. Figueiredo. Ela mesma recoñécenos que acode moitas veces a escribir aquí. Poucas cousas hai máis literarias que un escritor esbozando palabras nun café calquera. Metatexto, contexto, subtexto e intrahistoria encérranse nesta simple confesión da escritora entrevistada. Anna, ten nome de personaxe de Ingmar Bergman, é unha doutorada en Física pola Universidade de Sheffield. A súa primeira novela, ‘Os bicos feridos’, unha historia sobre esa gran broma xeracional do “se estudas moito, terás un bo traballo”, obtivo o Premio Viadutos de Novela 2018, logrando así o pase directo á primeira división: publicar con Galaxia. De onde veñen os escritores? Preguntámoslle a Anna, a ver se ten algunha pista. Anna conta que foi lectora antes de escritora.

Patricia Porto, en Lila de Lilith.

Foto: Iván Barreiro.

| 10


A crise e Internet fixeron proliferar pequenas editoras coas que un autor novel pode probar sorte

“Defínome como escritora. Para min escribir é unha necesidade. O estraño é non escribir”, di. Esta autora, que durante o día desdóbrase en profesora de Física -“na Ciencia tamén hai creatividade, contamos historias”-, obrígase a “escribir todos os días”, consello este común de todos os escritores, e que tamén comparte María Reimóndez en conversa telefónica. “A escribir apréndese escribindo”, explica María. E lendo. E indo a obradoiros de escritura. E presentándose a concursos. “E dando a ler a outros o que escribimos, preferiblemente persoas que adoiten ler habitualmente, para recibir comentarios e críticas”, engade María. Tanto María como Anna coinciden en que Compostela é unha cidade ben dotada para a escritura. Anna defínea como “máxica” debido a que existen múltiples “lugares de encontro” -librarías como Cronopios, Couceiro, Chan da Pólvora; cafetarías como Airas Nunes ou o Casino, que está a impulsar a difusión das obras do Premio Novela Europea; espazos artísticos como Os Catro Gatos- onde acollen desde presentacións de libros a clubes de lectura, obradoiros, recitais ou charlas. Ademais, existe a posibilidade de “coñecer persoas de diferentes disciplinas. Hai moita xente que escribe, quedamos para cafés, ceas, intercambiamos historias, técnicas…En Compostela púidenme sentar cun dos meus mitos: Suso de Toro”, relata Anna. Pero, como se chega a publicar cunha editorial? É tan complicado como din? Un chega ao momento de desesperación de John Kennedy Toole e a súa famosa conxura? E unha vez que se asina o contrato coa editorial, é tan tortuosa a relación? Anna e María desmitifican o camiño. Non é fácil, hai que ter “paciencia”, coinciden ambas, debido aos prazos das propias editoriais, ademais das características das mesmas, moitas delas pequenas e independentes, nadas á calor de Internet.

María recomenda achegarse directamente a elas, algo relativamente fácil en Galicia. A escritora tamén destaca como vantaxe - ás veces hai que facer da necesidade virtude - a escasa mercantilización da literatura galega. Non existe a monstruosa maquinaria de mercadotecnia das grandes editoriais en castelán así que, aínda que as editoriais locais non arroxan grandes cifras de vendas, permiten maior liberdade creativa aos autores. Ademais, tanto Anna como María recoñecen que as súas respectivas editoriais foron respectuosas cos textos orixinais, sen sentirse obrigadas a realizar cambios substanciais nas súas obras. Editoras Unha vez que o escritor lle pon punto e final á súa obra, chega o momento de que esta comece a viaxe en busca dun editor que vexa suficiente creatividade e potencial comercial como para decidir publicala; se é que o escritor non decide acudir a fórmulas alternativas como a autopublicación, os ebooks e o crowdfunding. Para falar do mundo editorial, sentámonos con Fernando Cimadevila, que en 2011 propúxolle a Urco Editora crear un

Festa das uñas de San Lázaro

reserva as túas

uñas do 3 o 10 de abril 981 586 459 acasadavina.gal acasadavina@gmail.com

San Lázaro, 54 Santiago 11 |


Pincha | Revista 12 6

reportaxe

A escritora

O editor

Anna R.

Fernando

Figueiredo,

Cimadevila,

na Biblioteca

na cafetería

Ánxel Casal.

Agarimo.

Fotos: Iván Barreiro.

selo especializado en “literatura fantástica galega”, un xénero propio e que non quería parecerse a nada do que se fixera antes. Foi así como alumou Contos Estraños, centrado en autores galegos de terror, ciencia ficción e o que eles denominan “agroterror”, historias ambientadas no rural galego, caracterizado por esa atmosfera desasosegante da soidade das grandes paisaxes galaicas. Acollen así a autores como Manuel Lourenzo, Ramón Caride, Xurxo Esquío… e apostas arriscadas como “Plug & Play”, colección de relatos de ciencia ficción erótica. Con todo, Fernando conta que, aínda que eles “arriscan e publican o que lles gusta”, non todas as editoras actúan así. “As máis grandes non están demasiado abertas a publicar a autores novos porque as vendas non están garantidas”. Por tanto, se un escritor se achega a unha delas, terá que armarse de “paciencia” xa que os tempos de espera son longos. Como contrapartida, a crise e Internet fixeron proliferar pequenas editoras coas que un autor novel pode probar sorte para “facerse nome”. Do mesmo xeito que nos contaban Anna R. Figueiredo e María Reimóndez, Fernando recomenda aos novos creadores introducirse no ambiente literario, facer contactos, acudir a concursos e, sobre todo, “gozar escribindo”.

| 12

Santiago é unha cidade con múltiples lugares de encontro para lectores e escritores “En Contos Estraños á hora de decidir publicar un texto, guiámonos non só pola orixinalidade -aínda que é difícil sorprender a un editor se coñece a fondo a ciencia ficción-, senón tamén pola calidade técnica, o ritmo narrativo, e que estea enfocado a xente nova, pero sen a moralina que en tempos pasados víase nos libros enfocados aos institutos”. E para ser editor? Que cualidades hai que ter? “Pois moita ilusión porque o que gañamos serve para reinvestir (ri Fernando), visión, cultura literaria, e man esquerda, xa que temos que saber tratar cos autores”. Ás veces os escritores son como fillos díscolos. Fernando termina coa mensaxe de que ser editor supón tamén unha “obriga moral”, xa que calquera industria cultural debería de dar oportunidades a xente nova. En Santiago sitúase a Asociación Galega de Editoras, que agrupa ás especializadas en literatura galega.


As librarías, o soño romántico E unha vez que por fin o libro fíxose carne (ou papel e tinta), chega o momento de distribuilo nas librarías, que adoitan quedarse cun 30% aproximadamente dos ingresos por vendas do libro. Pero mais aló das cifras, as librarías son eses redutos culturais que contribúen a facer cidade, tal como reivindican as libreiras Patricia Porto (Lila de Lilith) e Mercedes Corbillón (Cronopios). “As librarías xa non son simples colectores de libros”, lembra Mercedes. Forman parte do tecido cultural grazas ás súas múltiples actividades. Clubes de lectura, presentacións de libros, obradoiros de escritura, contacontos… son só parte da oferta que podemos atopar nun sitio como Compostela , especialmente ávido deste tipo de actividades. “Nese sentido somos unha cidade privilexiada, vivimos unha auténtica efervescencia cultural”, comenta Patricia. Na era da lectura dixital, que achegan as librarías? Por que seguir con ese soño romántico? Patricia e Mercedes coinciden: son espazos vivos onde os lectores teñen a oportunidade de coñecer aos creadores; forman comunidade (entre lectores ou entre escritoras, como é o caso de Lila de Lilith, punto de referencia de autoras feministas); intercambian recomendacións -Mercedes conta que en Cronopios ela e o seu equipo aconsellan aos lectores só o que lles gustou-, reciben un trato próximo, asesoramento… En definitiva, factor humano, algo que de momento non nos dá Amazon. Ademais, as librarías teñen algo de lugar onde perderse e soñar. “Os libros están coidados”, di Patricia con orgullo. Por onde van os gustos dos lectores? Que é o que máis se vende? “No caso de Cronopios, literatura infantil e novela, salvo “Fariña”, que foi un éxito inesperado. En canto a autores galegos, teñen moito éxito Arantza Portabales e Inma López Silva. Ultimamente vemos que interesa moito o tema do feminismo”. Mercedes coincide con Patricia, cuxa Lila de Lilith céntrase nos xéneros de ficción, ensaio e literatura infantil e xuvenil desde unha perspectiva feminista. É o que se chama “librarías feministas”, das que existen 50 no mundo. “Nós notamos que o público demanda cada vez máis literatura feminista. A xente interésase pola sexualida-

de e os afectos cunha visión de xénero, aínda que tamén percibimos interese polo tema da maternidade. Mulleres que tentan conxugar o seu papel de nais co de militantes”, conta Patricia. “Ademais, desde as editoriais están a recuperarse a autoras que foran borradas da historia; vemos máis oferta de literatura feminista nos catálogos; e os lectores cada vez pídennos máis a autoras clásicas como Virginia Woolf ou Simone de Beauvoir”, explica. De que madeira ten que estar feito o libreiro? “Buscamos o fomento da lectura -deberían facerse campañas para que non se perda o hábito no paso á idade adulta- e o compromiso coa cultura galega”, defende. “Vocación e ganas de compartir” é o que cre Mercedes que hai que ter para montar unha libraría nos tempos que corren. Quizáis estes valores tamén sirvan para os que se atrevan a escribir ou a editar un libro nun mundo onde as enquisas mostran cifras desoladoras de pirataría e de lectura, baixo a escusa da falta de tempo. Que Paul Auster nos perdoe. LE AS ENTREVISTAS COMPLETAS A ANNA R. FIGUEIREDO E MARÍA REIMÓNDEZ EN REVISTAPINCHA.GAL

13 |


d e ba res con jessi Por Jéssica Pintor

Óscar Vidal, no Asador O’Pazo. Foto: Iván Barreiro.

Óscar Vidal: “Cando o restaurante é a túa casa, cociñas sen présa, sénteste cómodo"

| 14


Comes á brasa e axudas aos nosos bosques Así son os doce pratos do menú Rescaldo do Asador O’Pazo en Padrón

Ó

scar Vidal, saberedes queridiños, é o cociñeiro do Asador O’Pazo de Padrón. Moito me gusta ir velo, porque é todo naturalidade e sinxeleza, como os seus pratos! Sen demasiados aderezos ou algún moi especial, que non se ve, pero que está. Como o fume. Ajá!! Que non sabiades que era un condimento esencial?! Nunca te deitarás, sen aprender unha cousa máis. —Pero quen come todo isto? —Calquera. Esta experiencia xa comezou cunhas gargalladas, como vedes. Porque eu teño peito, pero un menú de doce pratos... Da congoxa! Pero tranquilos, non fixo falta nin que viñera o Chapulín Colorado axudarme. “O menú Rescaldo é moi fácil de comer. É todo á brasa, pouco condimentado, non hai pataca... É produto, produto e produto!! (Con maiúsculas) Moi lixeiro, sinxelo, rápido de comer. Non resulta pesado. Leva algunhas salsas moi representadas no noso día a día, é todo moi natural. Cómelo ben, Jessi!”. Confiade en Óscar, el sabe do que fala. Eu confío. Non de balde leva dez anos ao fronte da cociña deste restaurante. Medrou correndo entre as súas mesas e manteis, xa herdou daquela, de seus pais e de súa avoa, o gusto polas potas, os aromas... “Gústanme os guisos, un peixiño á tixola, tan só co aceite por riba! (Relambo...) A naturalidade (xa volo dixen), o mellor produto posible, brasa, non disfrazalo e acompañalo moi ben. Exaltalo, pero non matalo! Eu adapteime a isto, porque no Asador todo é á brasa, é cociña de toda a vida! Aproveitamos esa dinámica”. Por exemplo, a vieira do seu famoso menú ‘Rescaldo’ vai con un guiso de pata de tenreira ao forno, como se fose xarrete, despois córtanlle os tendóns, apartan as peles... É un pouco máis complexa que outros dos once pratos, pero acompaña re-que-te-su-per-ben, é moi suave e deliciosa! Outras cousas van máis ao natural, pero sempre na mesma

liña: bo produto, intervindo o mínimo posible! “Hai que volver ao de antes. Os rapaces teñen que saber cociñar, perder medo aos utensilios, ao aceite... Que toquen, que sintan, para saber que algo está ou que aínda lle falta... Como facían as nosas nais! Non que lle lo diga unha máquina. Eu levo aquí xa uns anos (ou toda a vida, vaia) e vou adaptando a cociña cara o que eu quero. Para vir traballar contento, teño que facer o que me gusta e a xente tamén o agradece. Non se nos da mal”. Nada mal, diría eu. Nadiña de nada mal. Ten trinta anos e meteuse a cociñeiro, porque disque saía antes que os camareiros... Xa vexo, xa! (Gargalladas ata chorar). “Agora é ao revés, pasamos máis horas ca eles”. (El riu abondo, tamén). Conta que o que fai único en Galicia ao menú Rescaldo do Asador O’Pazo é que son doce pratos, e os doces tamén, todiños á grella! “Se ben non todo pode ir á brasa, leva algún dos ingredientes pasados por ela ou afumado. Iso dálle o sabor e o último toque, baseámonos no fume, no lume e na brasa. Esa é a diferenciación”. Primeiro empezan cun salmón afumado; logo unha anchoa, sobre pan á brasa; unhas zamburiñas con xema de ovo e outros condimentos, aberta á brasa; ao igual que os berberechos, que van con caldo galego; despois un carabineiro, dividido en tres partes, queda un prato moi vistoso sobre un caldo feito coa cabeza e a cola do bicho; a vieira (da que xa falamos); a escoller entre cocochas de bacallau en caldeirada á galega, con chícharos de bágoa ou lamprea; costeleta con ensalada; cogollo con curry verde e un toque picante; pulpo; (faltoume algún, seguro. Pero non volo vou dicir todo, ide probalo, oh!!) e, para rematar, serven unha tartiña de limón, afúmanlle un pouco as xemas, antes de facela, e póñenlle unha rabañada da tía Delia, (sorrisos) que é unha versión da que facía a súa tía Delia, esa de cando ías á aldea: de nata ácida con azucre... Pois esta é en xeado e co pan feito á grella! Como vos quedades? Eu desmaiei!! 15 |


Pincha | Revista 12

d e ba res con jessi En equipo “Na cociña non te aburres, cada día cambias algo e cando pasan 200 días: tes unha evolución! Sempre hai cousas que son corrixibles. Fas o que che apetece comer a ti tamén, creo que o facemos a maioría de cociñeiros, o que vén sendo de toda a vida: o prato do día! É intentar facer o que sabes, evolucionar... E ao comedor ten que saír un gañador sempre!” Nunca o pensei desa forma. Pero é evidente que dende que mercan o produto, ata que o estas partindo cos cubertos, debe ser o mellor. Cada bocado ten que selo! Que difícil parece, non? E para iso, fan falta bos profesionais, xa supoñeredes. “Estamos contentísimos co equipo do Asador. Xente nova, dúas cociñeiras que empezaron comigo de prácticas, Diego estudou comigo... Tiramos uns dos outros. Sen equipo é imposible. Custa moito arriscar sen que alguén confíe en ti. Ter xente que te entenda, fai todo máis fácil, máis dinámico... Xente que te defenda! Dar coa xente é o máis importante de todo, de verdade, que te acompañen tamén á sala, son moitos pratos, os ingredientes... E eles son os que transmiten o da cociña na mesa... Son toda a nosa imaxe, transmiten a sinxeleza. Por exemplo, o pulpo, só leva pulpo e aceite. E intento que o digan, porque vai cociñado no seu xugo, aí está a sorpresa. Non vemos o fume como tal, pero é unha especia máis, aínda que non se vexa. Segundo a maneira que ti lle deas, os produtos collen un gusto ou outro. O terceiro ingrediente aquí, sempre é o fume”. Óscar di que a cociña é como todo, que o padal edúcase, porque tes que comer! (Outra evidencia, xa vedes!) E tes que comer o máis variado posible. “Ti colles un rexistro de sabores. Un sabor dáche unha idea. Canto máis comes, pois máis medras e hai que ler moitísimo. Hai

que aprender dos que saben. A cociña está inventada fai moito tempo... Hai xente que innova. Nós no Asador O’Pazo intentamos facer algo moi persoal, máis que diferente. Eu medrei correndo por aí (sinala ao comedor). Ao que lle gusta isto é moi divertido. Eu nacín aquí, criáronme os traballadores, en parte. Entón non tes presa, cando cociñas estás cómodo... Estou na miña casa”.

‘Árbores de cinza’

Pero o “Rescaldo” ten outro elemento moi especial, e é que unhas poucas cinzas de cada menú son envasadas e entregadas ao cliente, nun frasquiño de cristal, e parte dos ingresos que recibe o restaurante por cada pedido destes doce pratos á brasa, son entregadas para replantar árbores. A iniciativa denomínase ‘Árbores de Cinza’ e comezou andaina en 2017, para recuperar o bosque autóctono galego, logo dos graves incendios forestais dese ano. No Asador utilizan entre 25 e 30 quilos de carbón por servizo. Teñen dous fornos e una grella aberta. Ao día o cubo grande cheo de cinza aproveitase como abono nas viñas, nas leiras e nas hortas, onde teñen plantados grelos, cebolas, etc. Dálle forza á terra. Pero sabías que coa cinza tamén se pode facer lixivia?! Quedei parva eu tamén. Sep. Se a lavas e a escorres ben, (aínda sigo imaxinando como ies eso...), a auga que sobra éche ese produto de limpeza, moi alcalina, seica. Pero ademais con cinza lavada e mesturada con branco, píntanlles algúns dos pratos nos que se serve o menú. “Aquí inténtase aproveitar todo. (E tanto!) É moita a xente que pasa por aquí, todos os días. E tendo campo e animais pois xa reciclas os restos. As cunchas do marisco, como toda a vida”... Interrompo: Van para as jaliñas! Esa sabíama... “Aínda que non todas, senón os ovos saberán con un toque sabor neveira”, avísame. Nunca nos pasou, confirmo sen dubidar. É que na nosa aldea non che comemos tanto marisco de mar, somos máis de marisco de cortello, que queres que che dija! (Jajajaja) “Somos o que Parte do menú Rescaldo. comemos”, responde Óscar. Amén. Pois Foto: Iván Barreiro. sexamos ‘Rescaldo’! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 16

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura


666 rpm

LambSkin

Por César Varela

Metal Clonado en Meixonfrío

L

embrádesvos daqueles contos que escoitabamos cando eramos pequenos? O daquel pastor que berraba de coña: Que vén o lobo!, o do lobo da Carapuchiña Vermella, ou o que lles voaba as casas aos Tres Porquiños coa intención de zampalos vivos e logo saía escaldado? Pois os anos pasan e o lobo segue aí axexando, con pel de cordeiro. Nada é o que parece, baixo a beleza e a bondade escóndese o esperpéntico e o cruel. Ninguén é quen di ser, as formas exquisitas esconden os segredos máis turbios. A xustiza non é un amable rostro con venda nos ollos, a xustiza mírache fixamente mentres che vendan os ollos. Nun mundo no que nada é o que parece, o teu artista favorito probablemente tampouco sexa o que parece. Iso é LambSkin. Chegou o lobo! Auuuuuuuuuu!!! Bendito sexa aquel pastor que en nome da caridade e da boa vontade saque aos débiles do Val da Escuridade. Que non vos conten contos chineses! A famosa Ovella Dolly foi clonada en Meixonfrío e deixou 6 lindos añiños con distintos ADN’s. Miñocas, gansos e moscas gordas forman parte da fauna dese ecosistema santiagués de tan bo nome. E aí nacen LambSkin, banda de Rap-Metal formada hai tres anos nun laboratorio de ensaio de Meixonfrío, por seis fenómenos da escena musical do rap e do metal compostelán de sobra coñecidos: Javier Gestal (Irmandiños, Embrace Me Ocean, Fulsomes, Octubre 28, Primitive) á batería; Manuel de Mallos (Mutan), ao baixo; Javier Mosquera (C191) e Alberto Bonome (Labazada), ás guitarras; Mestre Pi (Alto Asalto) Scratch, samples e coros; e Óscar Varela (Mo’ Fo’ Force, Da Fundación Cru, La Familia Pazos, Octubre 28) letras e voz. Tres aniños servíronlle para ir confeccionando un repertorio de composicións propias (‘Puta SGAE’, ‘Maltrato Anal’, ‘Palmaditas en la espalda’, ‘Votantes de pro’) o suficientemente amplo, e pulir o diamante que presentaron ao público compostelán o mes pasado no Moon Music Club, onde tiveron que colgar o cartel de Sold Out. E non! Aínda non teñen disco, nin intención de gravar algo longo.

Iso si, senten curiosidade por escoitarse a si mesmos, e posiblemente nos próximos meses decidan meterse nun estudio, gravar algún tema e regalalo en forma de videoclip, aínda que tampouco descartan que nun futuro se poida editar algo sólido e palpable. De momento, o único xeito que vas ter de escoitalos, será en directo. Pero polo de agora aínda non teñen datas pechadas, mais xa empezan a choverlles ofertas, e imaxino que en breve poderemos desfrutar dos seus directos. Sabedes perfectamente que non me gustan as comparacións, pero por orientarvos un pouco, diríavos que soan na onda de bandas coma Body Count ou SX-10. Os expertos na materia saberedes de quen falo. Dicíavos que non tiñan ningún material gravado? Pois non é de todo certo. Vistes algunha vez a curtametraxe galega ‘O Home do Sacho’? Pois a música dos créditos finais desa Rural Horror Storis #1, dirixida por Diego López Curros, é obra súa. Botádelle un ollo! Está dispoñible en YouTube. Se xa os coñeces, saberás que teñen páxina no Facebook e merchandising dispoñible, apto para tódolos públicos. Se non é o caso, convídote a que os descubras e te leves unha grata sorpresa. A pesar da pinta de malotes que poidan mostrar na foto, son unhas belísimas persoas, coas ideas ben claras e do máis divertido que puiden entrevistar últimamente a grabadora pausada. Longa vida a LambSkin! Auuuuuuuuuuuuu!!!! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Foto: Pixi Arnoso

17 |


Pincha | Revista 12 10

Crusat & Costas

Segue as historias de

José Crusat @choumimx no seu blog

Del Comercio y del Bebercio |

http:// delcomercioydelbebercio. blogspot.com

Segue as historias de Lorena Costas

@lorena_costas no seu blog

Bake my Day |

Foto: Iván Barreiro

http://lorena-bakemyday. blogspot.com

LORENA COSTAS

SACABEIRA 2016 – A pureza da alma

S

acabeira, píntega, salamántiga… son algúns dos moitos nomes que este pequeno anfibio adoita ter na nosa terra. Protagonista de múltiples lendas en Galicia, dise dela que por onde vive a auga é máis pura e limpa. Lembro este dito desde hai ben anos e, certo é, que neste caso paréceme máis que axeitada a comparación co viño do que imos falar. A pureza está moi presente neste branco de Rías Baixas feito con albariño 100% e a pureza forma parte tamén do xeito de ser e traballar de Iria Otero, a enóloga responsable da creación deste viño. Iria é muller brava, loitadora e traballadora incansable, que non dubida en perseguir os seus soños alá onde faga falta. Comezou Farmacia, pero axiña se deu de conta que o do viño ía moito máis alá de axudar nunha vendima en verán e decidiu estudar Enoloxía. Dende entón, leva xa unhas cantas vendimas e moito aprendido e viaxado; tanto é así que, en 2015, decidiu facer Sacabeira, na D.O. Rías Baixas. E dese soño cumprido catamos hoxe Sacabeira 2016, a segunda colleita deste marabilloso viño.

FICHA TÉCNICA: Adega: Iria Otero, Viños con Memoria D.O: Rías Baixas Variedades: Albariño Grao: 13º Ano: 2016 Prezo: En torno aos 16 € Onde mercalo? Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)

| 18


Por Lorena Costas Por Jose Crusat

CAIXA AT L Á N T I C A

As uvas proveñen de tres parcelas distintas, situadas no Val do Salnés, a zona máis emblemática do Albariño. Iria escolleu coidadosamente estas parcelas para facer un viño que fala por si só: pureza, equilibrio, identidade. Cada unha das parcelas aporta algo diferente que conflúe neste Sacabeira para que nos fala con total franqueza da zona da que provén; iso busca Iria, “Viños con Memoria”, tal e como se chama o seu proxecto vinícola , que leva a cabo en Ribeira Sacra, Rías Baixas e agora Ribeiro. Das parcelas, da elaboración e dunha cousiña que se chama “Fermentación Maloláctica” falaravos o meu compañeiro Crusat, que para iso é o experto! Como xa dixen antes, Sacabeira 2016 é, para min, unha expresión de pureza, é un viño limpo, brillante, de aromas a flores amarelas, a xestas e froitas brancas, pero tamén con matices herbáceos e graníticos que nos lembran o chan do que provén; cunha potente acidez que percorre a boca, que nos fai salivar e lembrar o mar... un viño para gardar moito tempo na nosa casa, un viño para abrir dentro de moitos anos e lembrar por sempre a súa orixe. Para os que non teñades tanta paciencia, sempre o podedes tomar agora acompañado dun tartar de salmón, que vos parece?

“O océano Atlántico baña as costas galegas. O mar, o vento, a luz do Atlántico penetran na terra, nas árbores, en nós. Fánnos tal e como somos, moldéannos, fórmannos, imprimen o noso carácter. O noso mar inunda recunchos esquecidos e ocultos. As vides, as uvas que medran neses lugares adquiren toda a intensidade e personal idade propias dunha terra única. É desa forza e vitalidade atlánticas de onde nacen os nosos viños.”

JOSE CRUSAT

SACABEIRA 2016 – Acidez bendita

F

ermentación Maloláctica dixo Lorena, pois aínda que neste viño non a hai, haberá que explicar o palabro; que algunha outra vez ten saído na descrición doutro dos viños dos que vimos falando. Neste caso a fermentación malo-láctica refírese a unha segunda fermentación que pode ocorrer nos viños, no que as bacterias lácticas transforman o agresivo ácido málico (o da mazá, pensade nun repinaldo), en ácido láctico (o do iogur) moito máis amable. Isto pasa case sempre nos viños tintos, pero nos brancos é unha decisión do adegueiro. Os viños brancos onde ocorre, a acidez é máis redonda, mentres que nos que non a fan, esta é máis afiada e punzante. Como xa dixen neste caso, este viño non fai esta segunda fermentación, pero ten unha crianza de 11 meses en barrica de madeira de carballo usada, o que compensa o viño e fai que sexa de paso directo pero o mesmo tempo sen acoitelar. O mesmo tempo na crianza mantense o contacto coas lías (os lévedos mortos) que lle aportan complexidade, protección fronte a oxidación, e que redondean dun xeito envolvente esta acidez. E falemos xa cos sentidos; á vista este viño é limpo, brillante, transparente dunha cor amarela, con lixeiros tons verdosos no redor. No nariz é un viño de intensidade media, que non satura, mazá, cítricos, herbas frescas, caste e fondo mineral, de pedra golpeada, pureza da uva albariña afastada de lévedos espurios e caribeños. Xa na boca é longo, persistente, cítrico como o zume limón, acidez marcada, fresco, salino, para beber hoxe, mañá e tamén de aquí en dez anos. Como acompañamento para desfrutalo, escollan unha tosta de sardiña afumada onde a graxiña do peixe combina perfectamente coa acidez do viño, e se lle poñemos un pouco de tomate ben picado pois mellor que mellor, xa que lle aporta un toque de doce. Pincha

TODOS OS VIÑOS QUE NON IMAXINAS

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Rúa da Fonte de Santo Antonio 10

19 |


Pincha | Revista 12

#apapa r

RABO DE VACA ESTOFADO NO ACDC RESTAURANT

F

ai catro anos que Paula Paz e Manuel Varela, dous namorados da profesión hostaleira, decidiron abrir xuntos o seu propio negocio. Escolleron a rúa do Franco, coa idea de proporcionar algo diferente e, sen deixar de lado aos turistas, contar tamén cun lugar agradable para os clientes composteláns. A súa é unha cociña tradicional, pero onde nunca falta o toque divertido e rockeiro dos seus responsables. Apostan polo produto de tempada e de proximidade e teñen na honestidade a súa máxima para tratar a todos os que traspasan a súa porta. O que poñen no prato é galego. E de calidade. Sen enganos. Abren todos os días e ofrecen un menú que destaca pola súa relación calidade-prezo (13,50 euros). Nas fins de semana tamén hai suxerencias. E na súa carta atopamos, entre outras cousas, un estofado que adoita ser de rabo de vaca. Exactamente como o que probou @JuanEAT_o na súa visita ao ACDC. Por que escolleron ese prato para el?: “Porque representa a tradición, a maneira de cociñar como se facía sempre. O que busca a xente agora son elaboracións rápidas e nós apreciamos esas coccións lentas”. E tan lentas! Ata 9 horas tarda en prepararse. Iso si, paga a pena a espera.

Foto: Iván Barreiro

Datos Lugar: Rúa do Franco, 41 (Santiago) Prato: Rabo de vaca estofado Prezo: 16,90 € Valoración:



| 20


Por @JuanEAT_o

M

agnífico! Así resumo a miña visita ao ACDC Restaurant. E diredes: “Igual é pasarse un pouco”. Pero a verdade é que tanto o trato como o prato foron de dez. Paula e Manuel fixéronme sentir coma na casa. Só me faltaban unha bata e unhas zapatillas! ;-) Centrándome xa na proposta que vos traemos neste número de Pincha, rabo de vaca estofado, diría que é un clásico que non pasa de moda. Falando co seu autor, o chef Manu, gustoume unha frase que me dixo: “É un prato sinxelo pero feito con paciencia”. E é que a preparación en si non ten moito segredo, pero si que leva moito tempo. Os ingredientes son un pouco de cebola, pemento roxo, aceite de oliva, allo, pimentón, algunha especie e o rabo. Despois de nove horas de cocción superlenta e un pouco de mimo, transfórmase nun manxar. A presentación do prato tamén é moi acorde coa proposta. Gustoume a ‘minipota’ de toda a vida onde atopamos o rabo mergullado en salsa xunto cuns cachelos. Todo acompañado duns pementos en bote que fan na lareira da casa familiar, conseguindo así un gusto diferente e un marcado toque afumado. As patacas estaban moi moi boas, tenras, cun sabor enriquecido pola carne. Non facía falta nin coitelo. Estaba suave, separábase soa do óso, sen esforzo algún, no seu punto, desfacéndose na boca. E todo cunha salsa espesa e contundente, pero sen ser pesada. Na ‘minipota’ non quedou nin resto, xa que din boa conta dela cun bo pedazo de pan. En conclusión, o respecto pola tradición e a paciencia dan coma resultado un prato magnífico que penso volver #apapar. Se sodes amantes desta parte da vaca, tendes que pasar por A Casa Da Collona, sen dúbida. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

@JuanEAT_o desexoso de probar o prato do ACDC. Foto: Iván Barreiro

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

21 |


Pincha | Revista 12

#apapa r

Paula Paz e Manuel Varela,

do

ACDC :

“O Franco é para os de Santiago tamén”

N

aceron como A Casa Da Collona – pola expresión que sempre repetía a avoa de Paula – pero pronto pasaron a ser o ACDC Restaurant para evitar malentendidos coa xente de fóra. O nome víñalles como anel ao dedo a estes dous apaixoados da hostalaría e tamén da música rock. De feito, cando abriron as súas portas en febreiro de 2015 a que soaba era unha canción do famoso grupo australiano. Paula ocúpase da sale e Manu, o chef, dálle forma a unha cociña tradicional pero cun toque divertido. Unha cociña na que respectan ao produto e, sobre todo, respectan ao cliente. Tanto ao turista como ao compostelán, ao que queren atraer de novo a unha zona tan de guiris como o Franco. Cal é a historia da ACDC Restaurant? Paula: É a historia de dous mozos aos que lles apaixona a hostalaría, teñen a oportunidade de coller un restaurante no Franco e pensan: ao tolo! Os dous tiñamos xa experiencia na zona pero unha vez que xa non estás traballando para outros, ves a realidade. Os invernos son duros. E a nosa idea é recuperar á clientela de Santiago. Pero é que os composteláns somos moi de pensar que se imos ao Franco imos marchar coa carteira tremendo… Manu: Quitar esa visión é difícil. Eu teño clientes que só baixan ao Franco ao meu local. Alégrame? Si. Pero é unha pena que coa rúa que foi, que hoxe sexa unha caza-guiris. A cuestión é que os prezos teñen que ir en consonancia coa calidade que ofreces. O que non se pode facer é elevalos e dar unha calidade baixa. Eu non vou dar nada de comer que eu non comería. Podiamos optar pola vía máis fácil de facer o que todo o mundo fai, pero preferimos coller a máis honesta: a de a vaquiña polo que vale. E poden ‘convivir’ turistas e composteláns no voso local? Paula: Esa foi a nosa evolución nestes catro anos. Buscar un equilibrio entre clientela de Santiago e turista. Entre o que está de paso e o que vén todos os días a tomar os viños. Buscamos ese ambiente cercano. Apostades pola tradición pero cun toque divertido. Onde xorde a inspiración?

| 22

Por Rebeca Munín

Manu: Á hora de crear sempre penso en como o facía a miña nai, pero adaptándoo á tolemia, á diversión. A inspiración podo sacala dun libro, dun soño, indo en autobús… Cando gañamos un premio no concurso Santiago(é)Tapas foi inspirado na película ‘Up’ que lle gusta ao noso fillo. Tiñamos que facer un prato que voase. Así que fixemos un tartar cun globo comestible de helio. Fóisenos un pouquiño a olla! (risos). Traballades produto de tempada e de proximidade. Por que? Porque as cousas cando nacen é por algo. A tendencia da gastronomía vai agora por aí, polo respecto pola terra. Hoxe en día se a xente quere un pemento roxo, vai ao súper e ten que atopalo xa. Nós vémolo cando a partir de outubro non temos pementos de Padrón e a xente di: pero o local de ao lado si que os ten. Pois vaite ao do lado! Gran parte da solución, témola os cociñeiros. Debemos traballar coa estacionalidade do produto. Porque se nós o demandamos, está claro que o que nolo vende ten que facer o posible para telo. E como? A base de químicos. E a terra sofre.. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Paula e Manu, no interior do ACDC. Foto: Iván Barreiro


A

A GORIDA DE ZAMO TAMAY Arte e complicidade na Rúa Nova de Compostela

Por Os Catro Gatos

arte como proceso de estímulo reflexivo. A arte como reinvención e xerador de emoción. A arte como necesidade e experiencia vital.

No proceso creativo decidiu romper con algunhas das técnicas aprendidas e utilizadas ata entón, logo que en Colombia exerceu como profesor de arte, e asumir apuntes de debuxo arquitectónico, humor gráfico e outros rexistros de gusto expresionista, ZAMO TAMAY é nado en Colombia e cidadán compostelán dende hai vintecinco anos. directamente sen bocexo previo a lapis, como un reto persoal e unha ruptura co xa A súa cadencia no falar delata a súa orixe, pero cando entramos en conversación experimentado. é un galego máis que nos mostra a querenza por Viviuno coma unha provocación, un exercicio Compostela. de liberación do lastre do que se entende como Con exquisita afabilidade ábrenos as portas do “artista”. seu espazo de arte, a súa gorida, onde ademais de Cos anos, namorouse desta tenda que hoxe traballar, ofrece ao público unha ampla mostra de rexenta, onde tiña costume de mercar os moobras de artesáns e artistas, ademais da súa propia nicreques de Sandra Barros. Foron tres anos creación. comprando monicreques, cóntanos, ata que deÉ moi doado conversar con Zamo, a súa cabeza vai cidiu facerse cargo deste espazo que non utilizou moi de présa, as ideas xorden e exprésaas cunha durante dous anos porque non sentía a necesisoltura que nos deixa sen preguntas, non son nedade de facelo, xa que estaba inmerso na súa cesarias. Zamo ten a habilidade de encantar, de experiencia creativa dos debuxos de Compostela envolver, de seducir. traballando na rúa. Zamo Tamay chega a Composteua nos anos noventa E dende iso, xa son quince anos nese espazo de para participar nun Máster de Creatividade da USC, arte e diálogo na Rúa Nova. dos primeiros que se fixeron en Galicia, logo que non Coincidimos coa opinión de Zamo de que Comtiñamos aquí experiencia neste ámbito de estudo. postela é unha cidade onde a efervescencia culCóntanos que en certo modo, foi unha fuxida da tural é comparable a de outras grandes cidades. vida inmobilista, promovida pola necesidade de E é evidente que o seu espazo, a súa gorida é, cambio vital a favor do benestar social contraposto ante todo, un espazo de comunicación. O seu ao seu benestar material. obxectivo é que os nosos recordos se materiaO seu primeiro encontro con esta terra foi un frelicen nun debuxo, onde nós sexamos partícipes chazo, caeu no feitizo galego como el di. E tamén e cómplices. Por iso é que está especializado na aquí naceu a súa filla: “Viñestes ti, fermosa galega improvisación á hora de facer unha obra persoda alma a alegrarme a vida, e xa son dezaoito anos”. nalizada ao momento. Agasallos que de seguro Empezou facendo un diario de viaxe que só coñecen levaron a medio mundo os visitantes de Comos seus íntmos, debuxos a bolígrafo e estilográfica postela. directamente sobre o papel. Para Zamo Tamay é necesario construír para desQuería facer un rexistro da cidade, e como os seus truír. É importante ter unha formación para debuxos tiñan moito éxito e non quería desfacerse logo crear unha linguaxe propia. Pero non semdos orixinais, fixo reproducións dos seus traballos. pre unha formación académica é garantía de Ao principio foron fotocopias e logo reproducións calidade na obra. en offset que Zamo mostraba e vendía na Praza de ZAMO TAMAY, moitas grazas. A túa gorida ule a Praterías, onde dialogaba coas xentes interesadas en canela, azahar e arte. Non deixedes de visitala. coñecer o que había detrás e dentro deses debuxos. Está na Rúa Nova 14 de Santiago. Pincha Zamo Tamay. Foto: Delio Sánchez Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

23 |


Pincha | Revista 12

entre musica s Budiño presentará o seu disco o 15 de marzo na Sala Capitol. Foto: Iván Barreiro

| 24


Por Xiana Lastra

Budiño “Fulgor nace da necesidade básica e primitiva de cantar”

A

rtista polifacético e arriscado, Xosé Manuel Budiño deu o “pelotazo” dende o minuto un co seu primeiro álbum Paralaia (1997), co que gañou varios premios importantes da industria musical e que significou a súa consagración definitiva como artista. A Paralaia seguíronlle Arredor (2000), Zume de Terra (2004), Home (2007), Volta (2010) e Sotaque (2013). O denominador común no seu traballo: a creación e a innovación, o que sen dúbida adquire a súa maior expresión no seu último traballo, Fulgor (2019), que se presentará en directo por primeira vez o vindeiro 15 de marzo na Sala Capitol. O envoltorio, orixinal, coidado, fermoso e sustentable -pois está feito de papel de pedra grazas ao mecenazgo cultural da Adega Ponte da Boga na súa edición, un papel a base de mineral que non usa auga, nin ácidos, nin químicos na súa elaboración-, arroupa o traballo probablemente máis sincero do artista que, por primeira vez, se lanza a cantar e deixa atrás a música instrumental. Quedamos con el no Dezaseis compostelán para que nos conte máis polo miúdo como vive a música e este momento da súa vida.

25 |


Pincha | Revista 12

entre musica s Comezas a túa carreira en solitario con Paralaia tras comezar no mundo asociativo da música tradicional. Todo saíu moi ben pero tíñaslle algo de medo? Non era medo por facer un disco en solitario, pero si que me daba un pouco de respecto enfrontarme a un mundo novo e sobre todo con algo que eu tiña moi claro que quería facer, que era compoñer. Non quería facer un disco de música tradicional aínda que eu veño da música tradicional tamén. Paralaia non se fai ata que teño 12 cancións para amosar, aínda que hai tamén algún tema tradicional polo medio. Sentía esa necesidade de sacar o primeiro disco con cancións propias, pero tamén a de prepararme moito de cara á produción. Eu era moi novo, tiña 24 anos, pero tiña moi claro que quería producir ese disco musicalmente, artisticamente, e creo que o conseguín. E como se aguanta o tirón despois dese éxito? Non se sente presión por conseguir manter “o nivel”? En tódolos discos pasoume exactamente o mesmo. Remataba un disco e sentía que non ía poder facer outro. Como vou compoñer 12 cancións orixinais outra vez? Imposible! É algo que sucede de carambola, dicíame. Pero volve suceder con Arredor, e co terceiro, co cuarto, co quinto... Cada un significou dar outra vez o salto ao baleiro e o “non sei que vai pasar”. O único que tiña claro é que cada disco tiña que dar un paso máis e investigar noutros campos que non tiña investigado. E creo que nese senso hai unha evolución lóxica en tódolos meus traballos. | 26

“Hai un momento determinante no que aparece Fulgor, que é con Fran (Narf), nunha viaxe que facemos a Canadá” Desde logo, nos teus traballos queda patente que bebes de moitas fontes. Cales eran os teus referentes? Empezo na música tradicional pero ao mesmo tempo eu bebía do pop, do rock, do jazz... Hai unha clave antes de comezar Paralaia. Eu estaba estudando na Universidade Popular de Vigo con Antón Corral, e, paralelamente a isto, comezo a estudar na Escola de Jazz de Vigo. Desde aí consigo escribir todo o que tiña na mente, e esa é a clave que a min me permite dar un novo paso. Dicir, vale, entendo a música tradicional, entendo o resto de músicas que a min me gustan, pero preciso poder entender e escribir todo o que eu teño na cabeza, plasmalo nunha partitura. Cando consigo facelo, nace Paralaia. Bebín de moitísimas músicas e todas elas me deron moitas satisfaccións. Moitos estilos, innovación e creación durante toda a túa carreira, mais dáse sen dúbida en Fulgor o cambio máis radical. Non che dá un pouco de respecto saír da zona de “confort”?

Xa perdín todo o medo. Creo que nunca o tiven, porque é unha fórmula que sempre vin repetindo. Cada disco tiña que ser un mundo diferente, colaboracións distintas, composicións distintas... sempre fun bastante inquieto. E Fulgor nace dunha necesidade moi básica e moi primitiva que é cantar. Practicamente tódalas melodías que fun facendo ao longo dos anos nacían cantando. Teño a máxima de que, se sabes cantar unha melodía, sabes tocala nun instrumento. Eu, para aprender tódalas melodías da música tradicional ou de calquera outra que escoitase, tiña que cantalas, porque moitas veces non tiñamos partituras e ademais confésome músico de oído de toda a vida. A lectura, o jazz e todo isto veu bastante despois. Nos teus discos sempre cantaran as túas cancións outras persoas e agora sentías a necesidade de facelo ti… Chega o momento no que iso aparece e sentes a necesidade, e era unha cuestión de honestidade. Neste momento apetecíame facer un disco cantado e non instrumental e, como conto habitualmente, hai un momento determinante no que aparece Fulgor, que é con Fran (Narf), nunha viaxe que facemos a Canadá. Quedei precisamente aquí para xantar con el, no Dezaseis, e propúxenlle que viñese comigo a Canadá, coa miña banda, pero tocando temas seus. El quedou sorprendido porque pensou que o chamaba para que tocase a guitarra con nós ou algo así. Empezamos a preparar as cancións e eu comecei a facerlle os coros e, nun determinado momento, estando nunha proba de son nas Cataratas do Niágara, el escoitoume e díxome: temos que facer unha canción xuntos ou algún proxecto. El viu


claramente que tiña que cantar e que, se eu quería, el daríame o empurrón para saltar, pero que tiña que estender as ás e empezar a planear. E finalmente estendíchelas e planeaches. Si, de repente hai ano e medio, case dous, decido emprender unha viaxe moi en solitario, sen falalo e sen comentarllo a ninguén, nin sequera a miña familia sabía que ía cantar neste disco. Díxenme, quero estar só neste momento, quero estudar moita harmonía, piano e guitarra que tocaba desde hai anos, e sobre todo ir a clases de canto coa miña mestra Mónica de Nut, que me deu moitísima caña e é unha mestra marabillosa. Colocoume o corpo, diafragma, padal, lingua, respiración... (ri), foi clave neste traballo e ademais ía escoitando tódolos borradores que eu tiña e, cada clase, cantabamos unha canción nova, preparabámola, e abriamos o abano das posibilidades que tiña para que eu elixise a que mellor me ía en cada caso. E así foi. Cando chegaba á casa ía probando esas posibilidades que ela me daba e vai nacendo este álbum. Que dirías que se pode atopar en Fulgor? Que tamén supuxo o teu comezo como letrista. Eu vexo moitas das músicas que fun escoitando durante tantos anos, pero non sei como o ve a xente, porque aínda é moi cedo, o disco acaba de saír. Como anécdota dicir que a miña familia acaba de escoitalo, non oíra nada aínda. Entón non son moi consciente das sensacións que esperta. Hai un abano grande de tódalas músicas que me gustan pero ao mesmo tempo quería que fose un disco pouco ecléctico; que si houbese unha gran diversidade de músicas, pero que

fose un todo. E creo que o conseguimos. É un disco desde o primeiro tema ao último cunha banda base con Ton Risco na batería e Fran Sanz no baixo que dan ese peso ao longo de todo o traballo e que logo se van complementando na maioría das cancións con guitarras acústicas que gravan grandes amigos como Jairo Zavala, de Depedro, Xoel López, Luiz Caracol e Antonio Casado. Catro guitarristas fundamentais neste disco. Tato tamén colabora nunha canción. Son guitarristas que eu admiro. Respecto ás letras, hai unha de Xoel López, unha de Antía Otero e outra de Vega. Quixen que me acompañasen neste primeiro momento de necesidade de comezar a compoñer letras, que sempre me pareceu dificilísimo e non me atrevera ata agora. Necesitaba que alguén me dese unha pequena axuda e esas tres primeiras letras déronme a clave para parar e dicir: xa está, teño tres letras de grandes amigos que escriben como ninguén, teño que lanzarme. E todo saíu moito máis rápido do que pensaba. Por que Fulgor? Supoño que por ese brillo, esa iluminación, que é o que busca sempre calquera artista para estar ben consigo mesmo e buscar un traballo novidoso, un traballo que teña solera, con peso. E creo que era o mellor dos títulos que podía atopar. Estaba escribindo a canción que abre o disco e, de repente, saíu esa palabra e foi maxia. Vin que ese tiña que ser o título. Que poderemos ver nos directos e en concreto o día 15 na Sala Capitol? Fulgor nace coa idea de facer dez cancións que estivesen no directo. Tiña claro que non ía tirar da miña música dos

últimos vinte anos porque era música instrumental, entón a idea era clara. Tiñan que poder ser levadas ao directo e da maneira máis achegada ao disco posible. De aí ter a Fran e a Ton facendo a base principal do disco. E aínda que hai diferentes guitarristas no traballo, grandes amigos aos que admiro, necesitaba un guitarrista que cubrira ese campo e, de repente, saltou a chispa. Eu levaba moito tempo seguindo a Brais Morán, un músico excepcional, de primeirísima liña, que compón e ten o seu proxecto en solitario. A idea foi formularlle que escoitase o disco e que el me dixese que quería estar coa nosa familia, non ao revés. Non me parecía o máis lóxico. Ti escoita e, se che gusta, prefiro que ti me digas se che gustaría estar aquí. E así foi. E por outra banda, o disco está cheo de sintes e pianos que eu toco, e necesitaba unha persoa que o reproducise en directo. Para iso sumouse Álex Salgueiro, outro megacrack que levo seguindo desde hai tempo e que toca moito en trío con Ton. Unha banda de cinco músicos que se entenden cunha soa mirada. É moi importante ter unha banda compacta e que creo que vai funcionar moi ben. Que metas tes con este novo traballo? É difícil sabelo. É un salto ao baleiro, non hai volta a atrás, non hai plan B... É unha aposta clara. Así que a medio prazo non sei que vai pasar. Espero que á xente lle guste e chegar a vivir cousas como a que me dicía a miña amiga Vega, que un día chegue a un concerto e que a xente que paga por verme cante as miñas cancións. Iso non me pasou nunca na miña vida enriba dun escenario. Non sentín como o público canta unha canción miña. Entón teño moita curiosidade de ver que pasa e que sensacións se teñen . Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

27 |


1 Pincha | Revista 12

axend a

IDIOTA, DE REDRUM TEATRO TEATRO PRINCIPAL 6, 7 E 8 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS| PREZO: 12 €

FESTIVAL ATLÁNTICA 2019

BALLET: LA BELLA DURMIENTE

Carlos Varela preséntase a unha probas psicolóxicas remuneradas pensando que será unha maneira sinxela de resolver os seus problemas económicos. Unha atractiva psicóloga formularalle preguntas e enigmas que o porán nervioso obrigándolle a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace...

AUDITORIO ABANCA

CONCERTO DE BURNING

CONCERTO DE DR SON

ENREDADAS: COPLAS E ALALÁS

8 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 27 €

A compañía St. Petersburg Festival Ballet, fundada en 2011 por Maxim Zhuchin, reúne a ambiciosos mozos e mozas bailaríns de San Petersburgo, todos eles cun enorme talento para representar un clásico do ballet: La Bella Durmiente.

AUDITORIO DE GALICIA 9 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS| PREZO: 18 €

8 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 30 €

8 DE MARZO ÁS 22:00 HORAS NA SALA MOON | PREZO: 10 €

Este espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que revisitan a copla, a jota ou os alalás. O elenco está formado por Carmen París (piano e voz), Martirio (voz), Uxía (voz), Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarras) e Sérgio Tannus (guitarra española e viola caipira).

CONCERTO DE THE LAST INTERNATIONALE

CONCERTO DE NOVEDADES CARMINHA

CONCERTO TRIBUTO A QUEEN CON DR. QUEEN

8 DE MARZO ÁS 21:30 HORAS NA SALA MALATESTA | PREZO: 12 €

9 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

10 DE MARZO ÁS 19:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 25 €

DO 12 AO 23 DE MARZO

Festival Internacional de Narración Oral que levará un mar de contos por toda Galicia. A gala inaugural será no Teatro Principal o 13 de marzo ás 21:00 horas (14 euros), coa participación de Leilía, María da Pomtragha, Celso F. Sanmartín, José Luis Gutiérrez ‘Guti’ e Sole Felloza, baixo a dirección escénica de Quico Cadaval. Consulta a programación completa de Compostela en revistapincha.gal

CONCERTO DE BUDIÑO 15 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 14 €

CONCERTO DE BERRI TXARRAK + TRUE MUNTAINS 16 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

Concerto de Zahara

7 de marzo ás 21:30 horas | Sala Malatesta Prezo: Sold Out! A cantante e compositora de Úbeda (Xaén), Zahara, considerada como un dos maiores referentes da música indie en España, actuará en Compostela, dentro ‘Escenarios Vibra Mahou’ o próximo 7 de marzo e xa están todas as entradas vendidas! Con este concerto na Sala Malatesta iniciarase este ciclo que, un ano máis, achega a Galicia a artistas e bandas nacionais de primeiro nivel. En total, serán nove datas as deste ‘Escenarios vibra Mahou’ que se prolongarán desde o 7 ata o 29 de marzo por outras salas de Vigo, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Boiro. Esta é a axenda completa de concertos: 7 de marzo. Zahara. Sala Malatesta. Santiago. SOLD OUT 9 de marzo. Viva Suecia. Sala Rouge. Vigo. 14 de marzo. Depedro. Sala Sinatra. Vigo. SOLD OUT 15 de marzo. Shinova y Nunatak. Sala Pantalán. A Coruña. 17 de marzo. Xoel López. Sala Tebras. Lugo. 21 de marzo. Nikone. Sala Island. Vigo. 22 de marzo. Carlos Sadness. A Pousada. Boiro. 28 de marzo. Zetazen. Sala Bunker. A Coruña. 29 de marzo. Second. Sala Karma. Pontevedra. | 28 2


must

Novo espectáculo do Centro Dramático Galego ESTREA:

11 de abril Funcións no Salón Teatro: do 12 de abril ao 5 de maio Xira: maio e xuño

O

Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), estreará a súa nova produción propia, ‘Neorretranca e posmorriña’, o próximo 11 de abril no Salón Teatro baixo a dirección escénica de Gena Baamonde.

As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que conforman a montaxe: ‘Fantasía nº 5 en sol ou non’, de Esther F. Carrodeguas, e ‘Boisaca ou a divina desgraza’, de Roi Vidal Ponte. Un elenco íntegramente feminino que se suma a un equipo tamén maioritariamente formado por mulleres. Así, participan nesta nova produción Marta Pazos, a cargo do deseño da escenografía; Saturna, do vestiario; Esther Quintas, da caracterización; Wilma Moutinho, da iluminación; Ailén Kendelman, da

música e do adestramento vogal; María Cabeza de Vaca, da coreografía e do adestramento físico; e Rosa Moledo, da asesoría lingüística. Cóntase, ademais, con Iria Azevedo como asistente de dirección; Carmen Triñanes, de escenografía; María Alonso Velázquez, de música e adestramento vogal, e Hugo Torres, de produción. Identidade galega As obras que dan forma a este espectáculo xurdiron do grupo de escrita teatral DramaturXa, que en 2018 desenvolveu unha primeira edición coordinada por Manuel Lourenzo. O común denominador dos dous textos de ‘Neorretranca e posmorriña’ é a identidade galega, sobre a que ofrecen dúas olladas diferentes a modo de

colaxe. En palabras da súa directora, ‘Fantasía nº 5 en sol ou non’ preséntase como unha “fantasía aberta ao xogo escénico, catálogo-secuencia de múltiples imaxes dunha terra por facer”, mentres que ‘Boisaca ou a divina desgraza’ é “humor negro en cemiterio turístico nun tour completo polos límites da vida”. “Penso que imos sorprender bastante. É un espectáculo máis incisivo do que a xente cre. Ten moitísima retranca. É, como eu digo, un humor moi serio”, engade nunha entrevista que podedes ler por completo en revistapincha.gal

Ensaios de ‘Neorretranca e posmorriña’. Foto: Iván Barreiro 

29 |


Pincha | Revista& 12 Gastronomía Cultura

axend a

axend a CONCERTO TRIBUTO A HÉROES DEL SILENCIO

CONCERTO TRIBUTO A PLATERO Y TÚ E A EXTREMODURO

22 DE MARZO ÁS 22:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 10 €

30 DE MARZO ÁS 22:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 10 €

CONCERTO DE LOS ZIGARROS 23 DE MARZO ÁS 20:45 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 18 €

CONCERTO DE CAFÉ QUIJANO PALACIO DE CONGRESOS 16 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 25 �

Cando se cumpren 20 anos desde o seu debut discográfico, Café Quijano regresa aos grandes escenarios no tour ‘La vida no es la la la’ con todo o seu potencial eléctrico e acústico. Nesta xira, os irmáns Quijano fan xustiza a todos os grandes momentos da dúa carreira incluíndo tanto o pasado como o presente.

CONCERTO DE ZARA + WORLD RALLY BOYS 19 DE MARZO ÁS 22:15 HORAS NA REIXA | PREZO: DE BALDE

MISS CAFFEINA, EN DIRECTO

MONÓLOGO DE DAVID SUÁREZ

SALA MALATESTA 4 DE ABRIL ÁS 22:00 HORAS| PREZO: 20 €

AUDITORIO ABANCA

MONÓLOGO DE LUIS PIEDRAHITA

David non deixará títere con cabeza neste monólogo dunha hora no que non hai ninguén ao volante. A comedia negra, a provocación e o incómodo son as claves deste cómico galego en ‘Tanta tolerancia me está ofendiendo’.

AUDITORIO ABANCA

21 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS| PREZO: DESDE 10 €

29 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: DESDE 15 �

O coñecido cómico regresa a Compostela para presentar o seu espectáculo ‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas’.

A banda Miss Caffeina será a protagonista da Xira Mahou 2019, un percorrido moi especial que terá a súa primeira parada galega en Santiago de Compostela o 4 de abril na Sala Malatesta. Así, os madrileños presentarán en Galicia e outras 12 cidades de toda a xeografía española, o seu novo traballo de estudo ’Oh Long Johnson’, que sairá ao mercado a principios do ano que vén.

‘Fetiches’ Os Catro Gatos

Do 23 de marzo ao 21 de abril

Xabier Liz tráenos unha colección de obras nas que se analiza a influenza da arte africana na pintura contemporánea e o elemento máxico-matérico a través de cadros cheos de significado e materiais próximos á natureza. O emprego de cinsa, metal, madeira ou pedra pómez crea texturas e paisaxes nos seus cadros, que rompen as dúas dimensións para proxectarse cara o público e xogar coas sombras e volumes no espazo. O proceso pictórico de Liz traspasa o mundo da pintura para situarse nun percorrido case escultórico nas primeiras fases das súas obras, completándose capa tras capa coa inclusión de formas e obxectos. Chama a atención a case total ausencia de pintura nesta colección de obras, traballando coas cores que a mesma natureza proporciona e soamente alterándoas por medio de pigmentos. Pódese dicir que o que habitualmente se chama técnica mixta no mundo da arte, é investigado e despregado en múltiples dimensións co uso de máis de dez materiais distintos en cada cadro. Son pezas que agaradecen un percorrido visual detido, deambulando polas arquitecturas e superficies que guían ao espectador nos seus camiños. Ademais poderemos ver una serie dos que o autor denomina “papelines”, en honor a Leopoldo Nóvoa e tamén dúas esculturas inéditas, nas que fai una lectura moi personal dos obxectos fetiche tradicionais. Entra en revistapincha.gal para ler a nosa entrevista co artista. | 30

TAMÉN

‘36 Disparos’ de Pablo Tomé Ata o 16 de marzo

36 debuxos a lápiz e acuarela pintados do natural, usando o ollo como lente fotográfica, de momentos vividos no día a día. 3|


Pincha | Revista 1

axend a CONCERTO DE ADRIÁN COSTA 26 DE ABRIL ÁS 22:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 10 €

SÉS PRESENTA ‘RABIA AO SILENCIO’ TEATRO PRINCIPAL

FREEDONIA, AO VIVO SALA CAPITOL 5 DE ABRIL ÁS 21:30 HORAS | PREZO: 20 €

O fin de xira do dobre disco “ Shenobi” vén cargado de enerxía. Shenobi, a muller valente, fíxose máis e máis forte, e non dará un paso atrás... Concerto enmarcado dentro do ciclo Son Estrella Galicia.

13 DE ABRIL ÁS 20:30 HORAS| PREZO: 12 €

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados.

ALICE WONDER, EN DIRECTO SALA SÓNAR 26 DE ABRIL ÁS 22:30 HORAS| PREZO: 7 €

Tralo éxito do seu primeiro single “ Strategy” e tras publicar o seu álbum “ Firekid”, xa podemos gozar das cancións de Alice Wonder en directo.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal CONCERTO DE RUBÉN POZO & LICHIS

FERIA DO LIBRO

FESTA DA UÑA

SALA SÓNAR 13 DE ABRIL ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 14 €

PARQUE DA ALAMEDA

SAN LÁZARO DO 5 AO 8 DE ABRIL

O compostelán Barrio de San Lázaro celebra durante catro xornadas unha das súas festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais, a Festa da Uña, un manxar que se poderá degustar en diferentes restaurantes da cidade.

‘Mesa para dos’ é o nome elixido para o dúo composto por Rubén Pozo (fundador de Pereza) e Lichis (La Cabra Mecánica) que ofrece ao público a oportunidade de escoitar e emocionarse con temas dos dous músicos e temas inéditos.

CONCERTO DE TEENAGE FANCLUB

DO 27 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

Feira anual onde se expoñen e comercializan libros de diferentes editoriais, librarías e organizacións, tanto galegas coma do resto de España. Tamén hai unha serie de actividades complementarias: firma de libros por parte de autores coñecidos, sorteos, campañas de promoción da lectura, visitas guiadas, etc.

18 DE ABRIL ÁS 22:00 HORAS NA SALA CAPITOL | PREZO: 20 €

Pin

Revista de G

Pin

Axenda suxeita a posibles Revista de G modificacións.

CONCERTO DE AURORA 18 DE ABRIL ÁS 21:00 HORAS NA CASA DAS CRECHAS | PREZO: 6 € /8 €

Consulta novidades en

Pin

revistapincha.gal

DIRECTO DE REBELIOM DO INFRAMUNDO

CONCERTO DE BOB DYLAN

SALA MALATESTA

29 DE ABRIL ÁS 21:00 HORAS | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS

12 DE ABRIL ÁS 22:00 HORAS | PREZO: 12 € (8 € ANTICIPADA)

‘Ilegal’ é o nome do terceiro álbume da banda galega Rebeliom do Inframundo - conformada por Nervo (voz), Frank (voz/produción), Malvares de Moscoso (voz), Movementss (produción) e o seu Ichi (dj) - que presentarán en directo na Malatesta. Como artista convidada actuará a galega High Paw.

|4

MULTIUSOS FONTES DO SAR

ENTRESOÑOS TEATRO PRINCIPAL 24 DE ABRIL ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 €

Obra de baile e música tradicional galega cun elenco artístico de tres bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.

Revista de G

Baixo o aura dun espectáculo íntimo e irrepetible que se mergulla no cancionero tradicional estadounidense, o músico que fixo historia ao gañar o premio Nobel de Literatura chega a Santiago dentro da súa xira interminable, coñecida como Neverending Tour, que arrancou en 1988 e desde entón non se detén.

31 |


Pincha | Revista 12

directo rio

CAFÉ BAR

Bares/Cafeterías

MANOLO

Restaurantes Outros

Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Rúa Lugo, 48 Arzúa

L e M: 12:00 a 00:30 Me e X: 12:00 a 1:30 V e S: 12:00 a 02:30 Domingos Pechado

T. 981 500 214 pensionbarmanolo@gmail.com facebook.com/pensionbarmanolo

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00 T. 981 571 204

Avda. da Liberdade 11 Santiago de Compostela De L a V de 9:00 a 00:30 S de 10:30 a 00:30 e D de 10:30 a 16:30 T. 981 813 520 - www.bodeguilladesanroque.com

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980

De L a V de 9:30 a 17:00 e dende unha hora antes dos concertos Xantar bufete de 14:00 a 16:00 T. 981 573 807 www.cafeterialasso.gal

Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela Todos os días de 10:00 a 00:00 T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com

Rúa do Vilar, 25 Santiago de Compostela

J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

| 32

Rúa de Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

Rúa do Franco 41 Santiago de Compostela

T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com www.restauranteferro.com

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

L a D de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

T. 881 031 025 - www.acdcrestaurant.com


Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

L a V: 06:00 a 00:00 Sáb., Dom. e festivos: 06:00 a 15:00

Rúa de San Pedro 120 Santiago de Compostela

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

T. 981 589 600 www.amaceta.com

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

vinotapeta@gmail.com Virxe da Cerca 7 - Baixo Santiago de Compostela De L a D de 9:00 a 00:00

De Me a S de 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 Ma e D só mediodía T. 981 562 314 - www.restauranteatafona.es

Grupo

Preguntoiro 35 Santiago de Compostela www.riquela.com

RESTAURANTE

CASTRO Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00 T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Rúa Fonte de Santo Antonio 10-Baixo Santiago de Compostela T. 981 582 911 - info@videvide.net

F: VIDE, VIDE T: @vide_vide

Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com

Rúa Mazarelos 4-5 Santiago de Compostela Jueves, viernes y sábados: 22:00 a 05:30 T. 696484123 - sonarcompostela.com

33 |


Pincha | Revista 12

directo rio tenda s Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Rúa do Hórreo 46 Santiago de Compostela De L a S de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30

Camisetas gourmet, enfornadas en Melide!

T. 678 430 636 missrock@missrock.es missrock.es

+ info T. 682 410 689 - info@seispes.com - www.seispes.com

desenvolver ideas compartir experiencias obradoiros - encontros - presentacións

Rúa das Rodas 13 Santiago de Compostela www.oscatrogatos.com

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Luisa Pazos - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

A vosa revista!!!

publicidade@revistapincha.gal

Rúa Pesqueiras 6 - Local 10 Bertamiráns T. 660 619 071 contact@dospasos.org www.dospasos.org

| 34

Revista de Gastronomía & Cultura


paga a pena VISITAR....

Café con ‘El Género’

O Hotel AC Palacio del Carmen acolle esta exposición, posta en marcha por iniciativa de Galantiqua e Mareiras, e que é o resultado dun proceso creativo conxunto e interdisciplinar no que artistas e organizadores debateron sobre o xénero e como desfacelo. Achegando cada participante a súa visión particular, búscase ofrecer ao espectador a posibilidade, inherente ao propio desenvolvemento do procedemento creativo, de facerse preguntas ou debuxar respostas sobre un asunto vital como é a construción cultural dos corpos e as identidades. Cada unha das obras que compoñen o conxunto expositivo nace dunha interpretación individual para integrarse nun conxunto sólido e unido, que parte da idea de deconstruír como punto de partida para avanzar no desenvolvemento de novas formulacións en torno ao xénero e as posibilidades que para iso ofrece a arte, como medio de produción cultural. A obra de Belén Chorén, Mareiras, Óscar Aldonza e Carlota Salgado, no ámbito das artes plásticas, e a de Alicia Balado, Silvana Lameiro, e Patricia Meira, no literario, articulan un suxestivo discurso sobre un tema tan esencial como é o amor á diferenza. A mostra pódese visitar gratuitamente ata maio en horario libre.

PROBAR...

a lamprea de Padrón

Ler...

Memoria do Silencio Tres voces ben diferentes achégannos á Ribadavia da 2ª Guerra Mundial, e ás irmás Touza, que salvaron a centros de persoas que fuxían do horror nazi. Unha historia ben interesante, achegada a nós e necesaria, contada desde un achegamento respetuoso, integrador e cos lentes violetas. A autora é Eva Mejuto e a editorial Xerais. Podedes atopalo na libraría de mulleres Lila de Lilith, na rúa Travesa, 7.

As V Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón celebraranse os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de marzo, organizadas polo Concello. Os que se acheguen ata esta vila poderán degustar nos locais colaboradores menús elaborados especialmente para a ocasión con este peixe, que é ben feo pero está boísimo! Ademais, hai infinidade de receitas diferentes para facer con el. Nestas xornadas de exaltación haberá tamén actividades de ocio e cultura relacionadas co mundo da lamprea. Podedes consultar toda a programación en terrasdeiria.com/lampreapadron e tamén na nosa páxina web revistapincha.gal

35 |


8M 2019

PARAMOS COMPOSTELA, TERRITORIO DAS MULLERES

SÓ PARA COLLER

IMPULSO tm.santiagodecompostela.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.