3 minute read
entrevista Dospasos: unha porta á aprendizaxe
from Revista Pincha 18
Jéssica Pintor Por
Unha porta á aprendizaxe máis viva, máis táctil!
Advertisement
Sabías que a aprendizaxe ten que ser táctil? Por iso entramos en Dospasos. Para aprender! Nesta pequena aula, con olor a té verde e cun claro acento inglés de Norwich (Inglaterra), atopei a unha muller que transmite tanta serenidade, como azuis e profundos son os seus ollos! Sarah Philips, unha persoa entrañable, sabia, doce... É acolledora, educadísima e ten tanta curiosidade, como a que fomenta! Teño que
Sarah e Fara dan clases en Dospasos. Foto: Iván Barreiro
explicarvos todo isto, para que poidades entender como é o seu espazo. Xa sabedes: hai sitios que son persoas!
Vive e traballa en Ames, dende hai case 30 anos. É en Bertamiráns onde creou un pequeno universo, nun espazo polivalente. Aquí esta palabra cobra todo o sentido que pode ter! Non mo contaron, eu vin comprobalo! O seu ton de voz convida a escoitar. Gústalle ofrecer hospitalidade, ademais de café ou
té (chisco, chisco e sorriso!). “A idea é facer comunidade. Crear vínculos entre a veciñanza e que a xente considere este un espazo onde poder celebrar momentos importantes, presentar un libro e traer os nenos a aprender inglés, ciencias naturais, cociña saudable... De feito, toda esta situación levounos a pensar en ofrecer distintas actividades para grupos reducidos, para pais que necesitan organizar actividades para os seus fillos, diante da posibilidade de que non haxa escola. Aquí coñecémonos todos. Temos que colaborar iso... en comunidade!”.
Dospasos é un lugar onde cociñar aprendendo inglés. Ou onde falar inglés aprendendo a cociñar! É un sitio onde conversar, expoñer e descubrir arte, presentar un libro, escoitar un contacontos, celebrar un aniversario… Un curruncho onde aprender e aprender de forma infinita! Porque son infinitas as posibilidades que ofrece, como son interminables as afeccións de Sarah, as súas inquedanzas e as súas ganas de facer cousas e de ter un lugar propio onde facelas e compartilas con outros, para que proben e aprendan. “Dentro da programación de cara ao novo curso haberá obradoiros de serigrafía, estampado, bordado, de fotografía con móbiles, de gravado de madeira... Traballamos en conxunto con distintos colexios ofrecendo actividades de cociña saudable, onde combinamos sociais, nutrición e matemáticas, xa que os nenos tamén calculan os ingredientes! (Sorrí!) Este lugar é multidisciplinar, multifacético. Alugamos o local para calquera persoa que queira utilizalo nun evento e á vez procuramos aproveitalo ao máximo”.
Non podía ser senón profesora e non só de profesión, senón de vocación! Ademais dedícase
A sala Dospasos está en Bertamiráns. Foto: Iván Barreiro
á formación de profesores e escribe libros de texto para a materia de inglés, para nenos e mozos. Cada detalle de Dospasos está sumamente coidado, escollido e aporta ao continente e ao contido! Ten dúas salas onde o de ter varias funcións e servir para diversos fins faise entender de
vez. Neste local agóchanse un baño, un encerado, armarios, cociña, mesas, cadeiras... É un sitio máxico, que pasa de aula a comedor, converténdose en escenario polo camiño!
Sarah abriu esta aula en 2018 e dende entón non para de medrar a listaxe de actividades que ofrece e con ela medra o proxecto. Que dicir que no confinamento se nos volveu unha “instagramer” profesional, compartindo as súas receitas, lecturas e clases, facendo peripecias para non deixar de repartir iso que ela fai tan ben “integración de contido con linguaxe. Que é unha parte ben importante do que facemos aquí! O que non podes é coller un libro, traducilo e pretender que os alumnos o aprendan. A aprendizaxe e a ensinanza teñen que ser moi prácticas”, e isto Sarah aplícao a todas as facetas da súa vida. “A aprendizaxe ten que ser táctil, dinámica. Por iso aquí as clases únense, por exemplo, coa repostería, cun café e chateo, para activar o inglés que levamos dentro e para utilizalo no día a día!”. Esta muller, que tanto me embelesa, quere transmitir que aprender é algo máis que memorizar: trátase de tocar, de rir, de reflexionar e mesmo de
amasar.
O curso que empezará en breves virá cargado de novidades, entre elas clases de ioga para nenos e meditación para adultos. Pouquiño a pouco Dospasos faise oco na comunidade, ensinando, aprendendo de forma viva, dinámica... e táctil!